Ra

Ra é o nome galego para designar os anfibios anuros de varias familias, especialmente dos ránidos (Ranidae) e, máis especificamente, os membros do xénero Rana.

Para a xente non moi versada en herpetoloxía, todos os anuros de pel máis ou menos lisa, que dan grandes saltos e viven preto da auga, son ras, mentres que os de pel rugosa, corpo máis repoludo, movementos máis torpes, de hábitos máis terrestres, son sapos. Porén, de seguirmos no criterio filoxenético, veremos que a ra de Santo Antón ou rela (Hyla arborea), está moito máis emparentada co sapo común (Bufo bufo) que coa ra verde (Rana perezi).[1]

Porque para o común da xente a palabra sapo suxire un animal feo, de cor discreta, desagradábel, torpe e nocivo. O escaso interese que suscitan e a tradicional aversión do mundo rural por eles, propicia o descoñecemento das diferenzas entre especies, e todas son chamadas vulgarmente "sapos". En realidade, todas as especies de sapos que habitan en Galicia caracterízanse polo seu aspecto repoludo, coas patas traseiras curtas e a pel verrugosa en maior ou menor grao, a maioría de costumes nocturnos e bastante independentes da auga.[2] Pero non hai que esquecer que todas as especies galegas de sapos non son velenosas, e que noutras partes do mundo, hai "ras velenosas" (tamén "sapos velenosos"), e que hai sapos de cores rechamantes.

Reprodúcense por ovos, dos que nacen os cágados. O cágado (tamén chamado cabezolo, cabezudo, cagote, cagulo, cullarapo, cullareto, culler, ou relo)[3] é a larva dos anfibios, especialmente dos anuros como ras e sapos, que despois dunha metamorfose convértese en anfibio adulto. Xeralmente son larvas acuáticas, aínda que tamén hai algunhas terrestres.

En todo o mundo existen unhas 4 800 especies de ras. A maioría pasa a súa vida dentro ou cerca da agua. O seu tamaño é variábel. Entre as máis pequenas ras encontramos o coquí (Eleutherodactylus coqui), de Puerto Rico, mentres que a maior é a Conraua goliath de Camerún e Guinea Ecuatorial).

Ra
Ra vermella, Rana temporaria

Ra vermella, Rana temporaria
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Amphibia
Orde: Anura
Suborde: Neobatrachia
Superfamilia: Ranoidea
Familia: Ranidae
Rafinesque, 1814
Subfamilias

Ver texto

Sinonimia

Ceratobatrachidae
Dicroglossidae
Micrixalidae
Nyctibatrachidae
Ptychadenidae
Ranixalidae

Ras en Galicia

En Galicia hai catro especies de ras:

  • Dúas son do chamado "grupo das ras pardas" (de cor parda, beis, laranxa ou avermellada, cunha mancha escura aos lados da cabeza).
    • Rana iberica, coñecida polos nomes comúns de ra patilonga, ra de patas longas, ra ibérica, ra dos regos ou zampexa. É unha ra moi frecuente no noroeste peninsular, e é a ra máis pequena das galegas, con patas posteriores moi longas. Ten o fociño rematado en punta, os ollos grandes e o seu canto é baixo. Está moi ligada á auga, e base a súa alimentación en pequenos invertebrados, principalmente artrópodos.
    • Rana temporaria, coñecida polos nomes comúns de ra vermella ou ra do monte. Ten a cabeza máis ancha que longa, o fociño arredondado, os ollos prominentes e o tímpano grande e ben marcado. O canto non é moi forte e está distribuída polo centro e norte das provincias da Coruña e Lugo, e nalgunhas serras pontevedresas.
  • Rana perezi, chamada popularmente ra verde. Pertence ao "grupo das ras verdes" e posúe un canto moi forte. Trátase dunha ra grande, co fociño rematado en punta e os ollos grandes e moi xuntos. Chega a vivir como mínimo uns 10 anos. Aliméntase de artrópodos, moluscos e oligoquetos.
  • Hyla arborea, chamada popularmente rela ou ra de Santo Antón. É unha pequena ra de costumes gabeadores, unha pequena ra de pel lisa e cor verde brillante. Ten o fociño curto e arredondado que se pode ver en todo o territorio galego.

As ras habituais en Galicia teñen o dorso verdoso ou pardo, o abdome claro e os ollos saltóns. A palabra "ra" é un epiceno, carece de masculino: O sapo é un animal diferente.

Especies

Frog and insect, river Umia, Pontevedra, Galicia
Ra e insecto no río Umia.

Algunhas das especies denominadas "ras" son:

  • Agalychnis callidryas - Ra arbórea de ollos colorados
  • Centrolenella spp. - Ras de vidro
  • Ceratophrys ornata - Ra propia da Arxentina, en español "escuerzo"
  • Cyclorana platycephalus - Ra do deserto
  • Dendrobates ssp. - Ras velenosas
  • Eleutherodactylus coqui - coquí
  • Gastrotheca marsupiata - Ra marsupial
  • Hyla arborea
  • Hyla faber - Ra ferreiro
  • Leptodactylus ocellatus - Ra crioula
  • Lithobates blairi - Ra leopardo norteamericana
  • Lithobates clamitans - Ra verde norteamericana, ra de cobre
  • Litoria caerulea - Ra arbórea de White
  • Litoria nasuta - Ra foguete
  • Phyllobates ssp. - Ras velenosas
  • Pseudacris crucifer - Ra crucífera
  • Pseudis paradoxus - Ra patiño
  • Rana berlandieri (e outros xéneros) - Ra leopardo
  • Rana catesbeiana - Ra touro
  • Rana esculenta - Ra europea
  • Rana iberica - Ra patilonga, ra de patas longas, ra ibérica, ra dos regos ou zampexa.
  • Conraua goliath
  • Rana perezi - Ra verde.
  • Rana temporaria - Ra vermella, ra do monte.
  • Rhacaphorus nigripalmatus - Ra voadora asiática
  • Rhinoderma darwini - Ra de Darwin ou sapiño vaqueiro

Galería de imaxes

Rana temporaria no Muíño de Cerceda
Rana temporaria no Muíño de Cerceda 

Notas

  1. Galán Regalado, Pedro e Gustavo Fernández Arias (1993): Anfibios e réptiles de Galicia. Vigo: Xerais, p. 177.
  2. Galán Regalado, Pedro e Gustavo Fernández Arias (1993): Anfibios e réptiles de Galicia. Vigo: Xerais, p. 141.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cágado. Consultado o 14 de febreiro de 2017.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Galán Regalado, Pedro e Fernández Arias, Gustavo (1993): Anfibios e réptiles de Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-722-6.

Outros artigos

Ligazóns externas

Actinio

O actinio é un elemento químico de símbolo Ac e número atómico 89. É unha das terras raras e dá nome a unha da series, a dos actínidos.

Aguia

Para consultar o artigo sobre a constelación, véxase Aquila

A aguia é o nome común que se lle dá a varias aves rapaces da familia Accipitridae, xeralmente de grande porte, carnívoras e de grande acuidade visual. O nome é atribuido a animais pertencentes a xéneros diversos e non corresponde a ningunha clase taxonómica. A maioría atópanse no Vello Mundo. Son membros das aves de presa, da orde dos Accipitriformes (ou Falconiformes, segundo unha clasificación alternativa), familia Accipitridae, subfamilia Buteoninae.

Como tódalas aves rapaces, as aguias teñen un pico grande, poderoso e afiado para desgarrar a carne das súas presas. Contan tamén cunhas garras poderosas e unha visión que lles permite albiscar as presas a grandes distancias.

As aguias son tamén símbolos utilizados en varios contextos e culturas:

Como símbolo das lexións romanas

Como animal nacional dos Estados Unidos de América

Como símbolo de poder nos pobos maias, aztecas e exipcios. Amón-Ra, a máis grande deidade dos antigos exipcios, era representado coma un home coa testa dunha aguia.

Amón

Amón era unha deidade local de Tebas, símbolo do poder creador e "Pai de todos os ventos" na mitoloxía exipcia. Amón é helenización do nome exipcio Amen ou Imen, en grego: Amón, que corresponde á deidade grega Zeus. Orixinalmente unha deidade tebana, cuxo culto se popularizou cando a cidade de Tebas pasou a ser unha das máis influentes de Exipto, tras a expulsión dos hicsos a mans dos príncipes tebanos que darían orixe á dinastía XVII.

Andre Geim

Andréy Konstantínovich Gueim (en ruso Андрей Константинович Гейм), nado en Sochi (Unión Soviética) o 21 de outubro de 1958, é un físico holandés de orixe alemá do Volga de Rusia.

Anuro

Os anuros (Anura do grego antigo ἀ(ν-) a(n-) (negación) e οὐρά ourá 'cola') son unha orde de anfibios, coñecidos vulgarmente como ras e sapos. Caracterízanse por carecer de cola, por presentar un corpo curto e moi ensanchado, e unhas patas posteriores moi desenvolvidas e adaptadas para o salto. Os anuros son o grupo máis numeroso de anfibios; estímase que existen más de 5.000 especies, repartidas en 48 familias. A maioría pasa a súa vida dentro ou preto da auga. O seu tamaño pode variar dende uns escasos 8,5 milímetros, como é o caso das especies do xénero Eleutherodactylus, ata tallas que superan os 30 centímetros, destacando a Conraua goliath, o anuro máis grande do mundo.

Bario

O bario é o elemento químico número 56, o que significa que no núcleo ten 56 protóns, e, no estado neutro, outros tantos electróns. Forma parte do grupo 2 da táboa periódica dos elementos, o dos alcalinotérreos.

Bro gozh ma zadoù

Bro gozh ma zadoù (en galego: A terra dos meus devanceiros) é o himno da Bretaña. Foi composto o 1919 e a letra é de François Taldir-Jaffrenou (1879-1956). Este himno está inspirado no himno de Gales, Hen Wlad Fy Nhadau, composto polo bardo galés Evan James o 1856 e musicado polo seu fillo James James.

Escoitouse por primeira vez en 1898 durante a Resistencia de Morlaix, imprimíndose en follas volantes co subtítulo Henvelidigez (Adaptación). A melodía dos tres cantos é idéntica. Foi recollida no libro An Delen Dir en 1900, e empezou a ser cantado nas reunións de estudantes bretóns de Rennes, que fixeron o seu propio himno. No Congreso de Lesneven de 1903 foi escollido polo xurado da Unión Rexionalista Bretoa como "canto nacional" por mor da irmandade entre os galeses e os bretóns. Maurice Duhamel rexistrou a cantiga para piano en 1910.

Horus

Horus "o elevado", deus celeste e deus curador na mitoloxía exipcia. Consideróuselle iniciador da civilización exipcia.

Nome exipcio: Hor. Nome grego: Horos. Deidade grega: Apolo Febo. Nome latino: Horus.

Hílidos

A dos hílidos (Hylidae) é unha familia de anfibios anuros, coñecidos como ras arborícolas comúns, moi variábeis morfolóxica e ecoloxicamente.

Algunhas destas ras son verdes, aínda que existe unha gran diversidade na súa pigmentación.

Xeralmente aliméntanse de insectos, pero algunhas cazan pequenos vertebrados; outras, como as do xénero Cyclorana, entérranse na lama e pasan boa parte da súa vida baixo terra.

Kelvin

O kelvin (símbolo: K) é a unidade SI de temperatura e é unha das sete unidades-base do SI.

Lingua bretoa

O bretón (brezhoneg) é unha lingua celta insular de tipo britónico, estreitamente emparentada co córnico. Fálase sobre todo nos territorios occidentais da Bretaña, aínda que se está a recuperar noutras partes do territorio da rexión, mesmo naquelas zonas onde tradicionalmente non se falou ou non se ten falado dende hai varios séculos.

A lingua bretoa tamén tivo unha certa repercusión en Galicia, influíndo sobre a lingua galega e propiciando a aparición dun dialecto mindoniense nos seus asentamentos, que perduraron ata o século XV no norte da actual provincia de Lugo (na comarca de Mondoñedo) e mais nalgunhas outras zonas costeiras de Galicia. Estes asentamentos de colonias bretoas foron derivados da fuxida das Illas Británicas durante a invasión anglosaxoa[Cómpre referencia] cara a terras do noroeste ibérico. Así as cousas, non se conserva texto ningún redactado nunha posíbel ramificación galaica do bretón.

Mi Da Ra Matenrou

"Mi Da Ra Matenrou" (MI DA RA 摩天楼) é o décimo single do grupo xaponés de J-Pop chamado Melon Kinenbi, lanzado ó mercado o 10 de setembro do ano 2003 baixo o selo Zetima e producido por Tsunku.

PDBsum

PDBsum é unha base de datos que proporciona unha visión xeral dos contidos de cada estrutura macromolecular tridimensional depositada no Protein Data Bank (PDB). A versión orixinal da base de datos desenvolveuna polo ano 1995 Roman Laskowski e os seus colaboradores da University College de Londres. En 2014, PDBsum era mantida por Laskowski e colaboradores no laboratorio de Janet Thornton no European Bioinformatics Institute (EBI).

Todas as estruturas da base de datos PDBsum inclúen unha imaxe da estrutura (vista principal, vista inferior e vista lateral dereita), compoñentes molecular contidos no complexo (estrutura), diagrama da reacción encimática se é apropiado, asignacións funcionais de Gene Ontology, unha secuencia 1D anotada por Pfam e asignacións de dominio de InterPro, descrición das moléculas unidas e gráficos que mostran as interaccións entre as proteínas e a estrutura secundaria, diagramas esquemáticos de interaccións proteína-proteína, análise das fendas contidas na estrutura e ligazóns a bases de datos externas. Utilízanse os programas de gráficos moleculares RasMol e Jmol para proporcionar unha visión en 3D das moléculas e das súas interaccións en PDBsum.Desde o lanzamento do 1000 Genomes Project en outubro de 2012, todas variantes dun só aminoácido identificadas polo proxecto foron mapeadas nas secuencias de proteínas correspondentes no Protein Data Bank. Estas variantes tamén se mostran en PDBsum, con referencias cruzadas cos identificadores de UniProt relevantes. PDBsum contén moitas estruturas de proteínas que poden ser de interese para o deseño de fármacos baseado na estrutura. Unha rama de PDBsum, chamada DrugPort, está enfocada nestes modelos e está ligada coa base de datos de dianas de fármacos DrugBank.

Ra (deus)

Ra, tamén chamado Rê segundo o nome copto reconstruído como *Rīʕu (ri-ah), tamén Phra e despois como Amon-Ra, significando literalmente "Sol". Foi a principal deidade na relixión do Antigo Exipto.

Identificado inicialmente co Sol do mediodía, o centro principal de culto estaba en Heliópolis ("Cidade do Sol").

Nas postreiras dinastías, Ra pasou a Horus. Estaba asociado cun falcón.

Ra Patera

Ra é un volcán ou patera que está situado na superficie da lúa de Xúpiter, Ío. Trátase dun volcán activo.

Ra patilonga

A ra patilonga, ra de patas longas, ra ibérica, ra dos regos ou zampexa, Rana iberica, é un anfibio anuro da famila dos ránidos (Ranidae) pertencente ao grupo das ras vermellas, que habita en Galicia, norte de Portugal, a parte centrooocidental de Asturias, centro da cordilleira Cantábrica, sistema Central ibérico e nos sectores occidentais e centrais dos montes de Toledo.

É unha ra de típica de montaña, cuxo hábitat natural son os regatos, pozas de auga fría sobre substrato rochoso e entre vexetación de ribeira. Captura sobre todo presas terrestres, principalmente insectos, vermes e arañas.

Radio (elemento)

O radio é un elemento químico da táboa periódica. O seu símbolo é Ra e o seu número atómico é 88.

É de cor branca inmaculada, pero ennegrécese coa exposición ao aire. O radio é un alcalinotérreo que se atopa a nivel de trazas en minas de uranio. É extremadamente radioactivo. O seu isótopo máis estable, o Ra-226, ten un período de semidesintegración de 1.602 anos e transmútase dando radon.

Santa Cruz de Tenerife

Santa Cruz de Tenerife é unha cidade e concello español, capital das Illas Canarias (xunto coas Palmas de Gran Canaria), da provincia de Santa Cruz de Tenerife e da illa de Tenerife.

Temperatura

A temperatura é unha magnitude física que indica a densidade de enerxía interna dun sistema referida ás nocións comúns de quente, morno ou frío que pode ser medida cun termómetro. A temperatura é un parámetro termodinámico do estado dun sistema que caracteriza a calor, ou transferencia de enerxía térmica, entre ese sistema e outros. En física, defínese como unha magnitude escalar relacionada coa enerxía interna dun sistema termodinámico, definida polo principio cero da termodinámica. Máis especificamente, está relacionada directamente coa parte da enerxía interna coñecida como «enerxía cinética», que é a enerxía asociada aos movementos das partículas do sistema, sexa nun sentido traslacional, rotacional, ou en forma de vibracións. A medida de que sexa maior a enerxía cinética dun sistema, obsérvase que este atopase máis «quente»; é dicir, que a súa temperatura é maior.

No caso dun sólido, os movementos en cuestión resultan ser as vibracións das partículas nos seus sitios dentro do sólido. No caso dun gas ideal monoatómico trátase dos movementos traslacionais das súas partículas (para os gases multiatómicos os movementos rotacional e vibracional deben tomarse en conta tamén).

O desenvolvemento de técnicas para a medición da temperatura pasou por un longo proceso histórico, xa que era necesario darlle un valor numérico a unha idea intuitiva como é o frío ou o quente.

Multitude de propiedades fisicoquímicas dos materiais ou as substancias varían en función da temperatura á que se atopen, por exemplo o seu estado (sólido, líquido, gaseoso, plasma), o seu volume, a solubilidade, a presión de vapor, a súa cor ou a condutividade eléctrica. Así mesmo é un dos factores que inflúen na velocidade á que teñen lugar as reaccións químicas.

A temperatura mídese con termómetros, os cales poden ser calibrados de acordo a unha multitude de escalas que dan lugar a unidades de medición da temperatura. O Sistema Internacional de Unidades (SIU), define unha escala e unha unidade para a temperatura termodinámica baseándose nun segundo punto de referencia facilmente reproducible como é a temperatura do punto triplo da auga. Por razóns históricas, o punto triplo da auga foi fixado en 273,16 unidades do intervalo de medida, que foi chamado kelvin (en minúscula) en honra do físico escocés William Thomson (Lord Kelvin) que definiu por primeira vez a escala kelvin ou escala absoluta, que asocia o valor «cero kelvin» (0 K) ao «cero absoluto», e gradúase cun tamaño de grao igual ao do grao Celsius. Con todo, fóra do ámbito científico o uso doutras escalas de temperatura é común. A escala máis estendida é a escala Celsius, chamada «centígrada»; e, en moita menor medida, e practicamente só nos Estados Unidos, a escala Fahrenheit. Tamén se usa ás veces a escala Rankine (°R) que establece o seu punto de referencia no mesmo punto da escala kelvin, o cero absoluto, pero cun tamaño de grao igual ao da Fahrenheit, e é usada unicamente en Estados Unidos, e só nalgúns campos da enxeñaría.

A temperatura é unha das principais propiedades estudadas no campo da termodinámica, neste campo son particularmente importantes as diferenzas de temperatura entre diferentes rexións da materia xa que estas diferenzas son a forza motriz do calor, que é a transferencia da enerxía térmica. Espontaneamente, a calor flúe só das rexións de maior temperatura cara as rexións de menor temperatura. De modo que se non se transfire calor entre dous obxectos é porque ambos os obxectos teñen a mesma temperatura.

Segundo o enfoque da termodinámica clásica, a temperatura dun obxecto varía proporcionalmente á velocidade das partículas que contén, non depende do número de partículas (da masa) senón da súa velocidade media: a maior temperatura maior velocidade media. Polo tanto, a temperatura está ligada directamente á enerxía cinética media das partículas que se moven en relación ao centro da masa do obxecto. A temperatura é unha variable intensiva, xa que é independente da cantidade das partículas contidas no interior dun obxecto, xa sexan átomos, moléculas ou electróns, é unha propiedade que é inherente ao sistema e non depende nin da cantidade de substancia nin do tipo de material. Para que se poida determinar a temperatura dun sistema, este debe estar en equilibrio termodinámico. Pódese considerar que a temperatura varía coa posición só se para cada punto hai un pequena zona o seu ao redor que se pode tratar como un sistema termodinámico en equilibrio. Na termodinámica estatística, no canto de partículas fálase de graos de liberdade.

Nun enfoque máis fundamental, a definición empírica da temperatura derívase das condicións do equilibrio térmico, que son expresadas na lei cero da termodinámica. Cando dous sistemas están en equilibrio térmico teñen a mesma temperatura. A extensión deste principio como unha relación de equivalencia entre varios sistemas xustifica fundamentalmente a utilización do termómetro e establece os principios da súa construción para medir a temperatura. Aínda que o principio cero da termodinámica permitiría a definición empírica de moitas escalas de temperatura, o segundo principio da termodinámica selecciona unha única definición como a preferida, a temperatura absoluta, coñecida como temperatura termodinámica. Esta función corresponde á variación da enerxía interna con respecto aos cambios na entropía dun sistema. A súa orixe natural, intrínseco ou punto nulo, é o cero absoluto, punto onde a entropía de calquera sistema é mínima. Aínda que esta é a temperatura mínima absoluta descrita polo modelo, o terceiro principio da termodinámica postula que o cero absoluto non pode ser alcanzado por ningún sistema físico.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.