Rúa de San Francisco (Santiago de Compostela)

A rúa de San Francisco é unha rúa do casco histórico de Santiago de Compostela que vai desde a praza do Obradoiro até a igrexa de San Francisco.[1]

Coordenadas: 42°52′53″N 8°32′45″O / 42.88139, -8.54583

Facultad de Medicina de Santiago de Compostela
A Facultade de Medicina na rúa de San Francisco.

Características

ConventoSanFranciscoSantiago.jpeg
Fachada da igrexa de San Francisco. Diante, á esquerda, monumento a San Francisco, obra de Francisco Asorey.

Na beira esquerda da dirección sinalada encóntranse, adosados, a fachada leste do Hostal dos Reis Católicos (Parador) e a Facultade de Medicina da Universidade da cidade.[1]

Na beira dereita hai bares e moitas tendas de recordos para os turistas.[2]

Trátase dunha rúa tipicamente compostelá, completamente construída en pedra e cun ambiente moi especial onde se mesturan os estudantes que acoden á Facultade e os peregrinos que acceden á Catedral desde a avenida de Xoán XXIII.[1]

Problemas coa peonalización da rúa

O concello de Santiago anuncióu en 2017 a peonalización da rúa de San Francisco, como unha medida provisional. Pero tan só 24 horas despois do anuncio por parte de Raxoi, os comerciantes do casco histórico mostraron a súa descomformidade: «non vai solucionar nada e vai a crear aínda máis problemas», afirmou o presidente de Compostela Monumental, José Manuel Bello, quen indicou, ademais, que o primero que tenía que facer Raxoi «é eliminar os coches oficiais».
Desde o luns, 10 de xullo, quedará cortada ao tránsito a avenida de Xoán XXIII no treito comprendido entre o Burgo das Nacións e a confluencia coa rúa Entrerríos. «O obxectivo», indicaron os concelleiroes Jorge Duarte e Xan Duro, «é destinar unicamente ao tránsito peonil o contorno da igrexa de San Francisco, unha área na que se fai moi difícil a convivencia entre os peóns e os vehículos».[3]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Rúa de San Francisco en minube.com (en castelán).
  2. Rúa de San Francisco – Santiago de Compostela en Galiciaenteira.com (en castelán).
  3. Guerra entre Raxoi y comercio por la peatonalización de San Francisco. El Correo Gallego, 08/07/2017.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Artigos sobre a cidade de Santiago de Compostela
Edificios institucionais
Edificios relixiosos
Teatros
Museos
Outros edificios
Parques
Centros comerciais
Rueiro
Transporte
Medios de comunicación
Clubs deportivos
Recintos deportivos
Outros recintos
Centros de saúde
Empresas locais
Restos arqueolóxicos
Accidentes xeográficos
Educación
Outros

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.