Rúa de Francos, Calo, Teo

Rúa de Francos é un lugar da parroquia de Calo, no concello coruñés de Teo, na comarca de Santiago. Segundo o IGE,[1] en 2013 tiña 50 habitantes (23 homes e 27 mulleres).

Rúa de Francos
Cruceiro en Rúa de Francos, Calo, Teo
Cruceiro do s. XIV
ParroquiaCalo
ConcelloTeo
Poboación50 hab. (2013)

Lugares e parroquias

Parroquias de Teo

Notas

  1. Xunta de Galicia (ed.). "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor".
Camiño Portugués

Baixo a denominación de Camiño Portugués agrúpanse distintas vías do Camiño de Santiago que, con orixe en Portugal, van cara a Santiago de Compostela. Tradicionalmente, descríbense dúas rutas principais que ascenden desde o sur de Portugal, unha pola costa desde Lagos a Lisboa, Coímbra e Tui; e outra polo interior desde Faro a Évora, Chaves e Verín. Estas dúas rutas principais presentan numerosas variantes locais e comunicacións entre unha e outra formando unha rede de Camiños interconectados cara ao norte. En consecuencia, o acceso a Galicia faise por Valença do Minho a Tui ou por Braga a Ourense, sendo a primeira alternativa a máis utilizada, con diferenza, e a que, xa en Galicia, recibe oficialmente o nome de Camiño Portugués. Mesmo existe unha terceira variante que entra por Caminha á Guarda e ascende pola costa de Pontevedra, que recibe o nome de Camiño Monacal en referencia ó mosteiro de Oia, por onde pasa.

A Asociación de Amigos do Camiño Portugués comezou a sinalizar e cartografar o Camiño Portugués en 1993, desde Tui. Membros desta asociación cifraban en 500 peregrinos anuais os que seguían esta ruta nos seus inicios, experimentando desde hai anos un crecemento progresivo ata alcanzar os 52.000 do ano 2016, o que o converteu na segunda ruta Xacobea en importancia, aínda que a gran distancia do Camiño Francés. Segundo a Oficina do Peregrino, nos últimos anos accederon a Santiago polo Camiño Portugués un número crecente de peregrinos: 35.494 en 2014 (un 14,92% do total de peregrinos por tódolos camiños), 43.158 en 2015 e 52.190 en 2016., fronte ós 176.329 que chegaron polo Camiño Francés en 2016 (o 63,38% do total). Canto á nacionalidade dos peregrinos, os portugueses representan ó redor do 5% e manteñen ano tras ano un cuarto posto, por detrás de españois (ó redor do 50%), alemáns (8%) e italianos (6,5%).

Para mellorar e aumentar o atractivo desta ruta, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia e mais os doce concellos polos que transcorre o Camiño acordaron en 2014 crear unha mesa de seguimento para analizar os problemas detectados, afrontar labores de mantemento e deseñar medidas para potencialo. En setembro dese mesmo ano comezaron os traballos de limpeza e sinalización, cun orzamento dun millón de euros.

Cruz monumental

Unha cruz monumental é unha cruz cristiá, normalmente de pedra, illada ou que forma parte dun calvario ou dun viacrucis. Desenvolvidas dende o século XI co abrollar da arte románica, as cruces monumentais acadan ou seu apoxeo no século XVI agás no caso dos cruceiros (chamados noutras linguas "cruces de encrucilladas": croix de chemins en francés ou wayside crosses en inglés) que acadan o seu apoxeo nos século XVIII e especialmente os calvarios e cruceiros máis elaborados (calvaires en francés) no XIX. Particularmente neste período, estas estruturas convértense en lugares de reunión para pregar nas festas relixiosas (coma o Corpus Christi, o mes de María ou o Venres Santo) ou para pedir a graza de Deus contra males de todo tipo (guerras, epidemias, incendios, secas…) En Galicia e Norte de Portugal son moi abondosas (entre 10.000 e 12.000 só en Galicia e uns 9.000 na Bretaña) e normalmente se erguían en encrucilladas e lugares nos que ás veces existían xa cultos pagáns á natureza, de aí a existencia de cruces semellantes noutras zonas da Europa atlántica con semellantes ritos ancestrais.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.