Rúa Reconquista de Vigo

A rúa Reconquista é unha rúa da cidade olívica que debe o seu nome, dende maio de 1882, á conmemoración da expulsión do exército francés, o 28 de marzo de 1809, por parte dos vigueses. Liga a rúa Policarpo Sanz coa praza de Compostela.

Coordenadas: 42°14′17″N 8°43′23″O / 42.23806, -8.72306

Vigo, Rúa Reconquista
Rúa Reconquista.

Urbanismo

É curta, duns 150 metros de largo e entre 13 e 15 metros de ancho. Inclinada e formada por catro mazás, dúas a cada lado. De sentido único ascendente para o tráfico rodado.

Plácido Castro, Vigo
Placa no edificio onde viviu Plácido Castro.

Comeza na alameda da praza de Compostela, rúa Victoria. Na esquina dos pares está o edificio de Correos e Telégrafos, obra de 1920 de Manuel Gómez Román.[1] Na dos impares, no n.º 1, están as instalación nas que se fundou a Editorial Galaxia no ano 1951, edificio Iglesias Curty, do arquitecto Jenaro de la Fuente Álvarez.

Ascende cara ao sur, atravesando a rúa Marques de Valladares. Nunha desas esquinas álzase o edificio Banca Viñas Aranda, obra de 1941 de Antonio Palacios,[2] que logo sería sede do Banco de Vigo, posteriormente adquirido polo Banco Popular. Na outra o inmoble da Equitativa, proxectado en 1948 por Manuel Cabanyens y Mata.[3]

Remata na rúa Policarpo Sanz. Na esquina oeste, ocupando todo o quinteiro, érguese o Teatro García Barbón, de 1927, obra tamén de Palacios e sede do Centro Cultural Caixanova. Na leste atópase a Casa das Artes, sede da Fundación Laxeiro e o Arquivo Pacheco.

No número 11 desta rúa, viviu desterrado o escritor galego Plácido Castro,[4] «a voz que acadou o recoñecemento internacional de Galicia como nación».[5]

Galería de imaxes

Correos e Telégrafos, Rúa Vitoria esquina coa Rúa Reconquista.
Correos e Telégrafos, Rúa Vitoria esquina coa Rúa Reconquista. 
Edificio Banca Viñas-Aranda, Marqués de Valladares coa R. Reconquista.
Edificio Banca Viñas-Aranda, Marqués de Valladares coa R. Reconquista. 
Edificio da Equitativa, Rúa Marqués de Valladares coa R. Reconquista.
Edificio da Equitativa, Rúa Marqués de Valladares coa R. Reconquista. 
Teatro García Barbón, Policarpo Sanz esquina Rúa Reconquista.
Teatro García Barbón, Policarpo Sanz esquina Rúa Reconquista. 
Casa das Artes, Rúa Policarpo Sanz coa Rúa Reconquista.
Casa das Artes, Rúa Policarpo Sanz coa Rúa Reconquista. 

Notas

  1. Casa de Correos y Telégrafos de Vigo
  2. Edificio Banca Viñas-Aranda
  3. Edificio da Equitativa en TurGalicia.
  4. Galicia, un País no Mundo Xornal.Vigo.org
  5. Segundo unha placa na propia beirarrúa.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Banco de Galicia (España)

O Banco de Galicia foi un banco rexional galego, filial do Banco Popular. O 25 de setembro de 2008 foi absorbido integralmente pola súa matriz, por decisión do consello de administración, xunto con outras tres filiais rexionais: Banco de Castilla, Banco de Crédito Balear e Banco de Vasconia. En 2008, o Banco de Galicia contaba cunhas 202 sucursais emprazadas principalmente en Galicia e, en menor medida, na provincia de Madrid.

Banco de Vigo

O Banco de Vigo foi unha institución bancaria galega, fundada en Vigo.

Correo

O servizo postal ou servizo de correo é un sistema dedicado a transportar cartas, así como outros documentos escritos e paquetes de tamaño pequeno ou medio ao redor do mundo, así como xiros. Todo documento enviado a través do sistema postal é chamado correo ou correspondencia. Os paquetes son "envíos postais" que se poden transportar por terra, mar, ou aire; cada un con tarifas diferentes dependendo do tipo de envío, a súa duración na entrega e se leva ou non outros servizos adicionais. Un sistema postal pode ser privado ou estatal. Os sistemas privados a miúdo teñen impostas restricións por parte dos gobernos.

O 9 de outubro celébrase o Día Mundial do Correo.

Plácido Castro

Este artigo trata sobre o xornalista e tradutor. Para o artigo sobre o seu pai, vaia a Plácido Castro Rivas.Plácido Ramón Castro del Río, nado en Corcubión o 25 de xaneiro do 1902 e finado en Cambados o 17 de xullo de 1967, foi un escritor, xornalista e tradutor galego. Foi unha figura destacada do galeguismo de entreguerras, así como un activo persoeiro da cultura galega na diáspora, durante a súa estadía no Reino Unido tras a Guerra Civil.

Reconquista de Vigo

Chámase Reconquista de Vigo ao alzamento popular que, no contexto da Guerra da Independencia española, ocorreu en Vigo o 28 de marzo de 1809, cando a tropas do exército do Primeiro Imperio Francés de Napoleón Bonaparte saíron da vila. Os vigueses, encabezados polos militares Pablo Morillo e Bernardo González “Cachamuíña” conseguiron expulsar os galos da vila, converténdose na primeira de Europa en facelo. Por estes feitos, o rei Fernando VII outorgou en 1810 o título de cidade “fiel, leal e valorosa”.

Onomástica do rueiro de Vigo
De interese en Vigo
Inmobles
Arte e cultura
Deporte e instalacións
Natureza
Outros artigos
Eventos

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.