Río Umia

O río Umia nace na parroquia de Aciveiro (Forcarei), e percorre os concellos da Estrada, Cuntis, Moraña, Caldas de Reis, Portas, Meis, Vilanova de Arousa, Ribadumia e Cambados creando unha bacía de 404 km². Finalmente, desemboca na ría de Arousa na Ponte da Barca (Cambados). Estímase unha lonxitude total de 70 km e un caudal medio de 16,3 m3.

Río Umia
Río Umia dende Paradivas.Caldas de Reis.Galiza
Encoro da Baxe no río Umia dende Paradivas. Caldas de Reis.
PaísGalicia Galicia
NacementoAciveiro (Forcarei)
DesembocaduraRía de Arousa na Ponte da Barca (Cambados)

Características

O río nace ao xuntárense os regatos de Raigosa (700 m), Filloi (720 m), Alende (620 m) e Grela. Circula por unha chaira a 500 m de altitude até A Goleta, a partir de onde baixa encaixado até Ponte Taboada. Alí xúntaselle o río Gallo e segue por outra chaira situada a 200 m. En Cesar, Caldas de Reis, cae en fervenza. En Caldas de Reis entra na Depresión Meridiana, até desembocar na ría, entre os concellos de Cambados e Ribadumia creando unhas marismas en que se poden ver, ao longo das estacións, unha gran diversidade de aves migratorias.

O río Umia ten unha grande importancia cultural, xurdindo na súa contorna diversos contos ou lendas coma a da "ponte dos padriños", en Ponte Arnelas (en Leiro, Ribadumia), no que se practicaba o rito do bautismo anticipado.

Etimoloxía

Umia < *u̯h1-m-i̯a, viría da raíz hidronímica prelatina indoeuropea *u̯h1-m (auga)̯̯ cfr. lat. ūmeō <*u̯h1-m-o, de recoñecida presenza na hidronimia galega (Río Uma, Río Mao, Acea de Ama etc).[1]

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes do río Umia
Ponte Pontearnelas 1-1

Ponte dos Padriños, en Ponte Arnelas.

Espazo de recreo a carón do Río Úmia

O río ao seu paso por Barrantes.

Río Umia ao seu paso por Ribadumia

O río ao seu paso por Ribadumia.

Notas

  1. Navaza, Gonzalo (2004). Universidade da Coruña, eds. "Os topónimos Acea de Ama e O Xurés". Revista Galega de Filoloxía 5: 141–162. ISSN 1576-2661. doi:10.17979/rgf.2016.17.0.1873.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Caldas de Reis

Caldas de Reis é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o IGE no ano 2015 tiña 9.834 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é caldense.

Comarca do Salnés

A comarca do Salnés é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Vilagarcía de Arousa á cal pertencen os concellos de Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Constitúe un dos máis importantes enclaves turísticos de Galiza. Con poucas palabras, está comprendido entre a ría de Arousa polo norte e a ría de Pontevedra polo sur, formando parte das denominadas Rías Baixas.

Recibe este nome polas antigas salinas que existían na desembocadura do río Umia. No Parochiale suevorum do século VI faise mención á Comarca Saliniense. Fontes históricas apuntan á existencia de conflitos relacionados coas salinas localizadas en diferentes puntos da comarca, concretamente nas freguesías de Nogueira, Vilalonga, Noalla e Dena, actualmente pertencentes aos concellos de Meis, Sanxenxo e Meaño.

Encoro de Caldas

O encoro de Caldas sitúase no río Umia, a un quilómetro da vila de Caldas de Reis, augas arriba. Ten unha capacidade de case sete millóns de metros cúbicos, e ocupa unha superficie de 81,7 hectáreas, cunha conca de 182 km² e un caudal medio de 9m³/s. Ten coma función a regulación do río Umia, así como o abastecemento de auga de boca a comarca do Salnés.

Forcarei

Forcarei é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en en 2018 tiña 3.451 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é forcareiés.

Galería de imaxes de Caldas de Reis

Galería de imaxes do concello de Caldas de Reis, na provincia de Pontevedra.

Galería de imaxes de Portas

Galería de imaxes do concello de Portas, na provincia de Pontevedra.

Galería de imaxes de Ribadumia

Galería de imaxes do concello de Ribadumia na provincia de Pontevedra.

Galería de imaxes de ríos de Galicia

Ríos de Galicia

Galería de imaxes do río Umia

O río Umia nace na parroquia de Aciveiro, Forcarei e desemboca na ría de Arousa na Ponte da Barca

Caldas de Reis

Ribadumia

Portas

Oubiña, Cambados

San Vicenzo de Oubiña é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cambados. Segundo o padrón municipal en 2016 tiña 452 habitantes (229 mulleres e 223 homes), cinco menos ca en 2010 e 30 menos ca en 2005. Ten 12 entidade de poboación.

A parroquia, situada na beira norte do río Umia, está atravesada pola estrada PO-300.

Ponte Arnelas

Ponte Arnelas é unha poboación ás dúas beiras do río Umia, dividida administrativamente en dúas entidades:

Ponte Arnelas, lugar da parroquia de Leiro, no concello de Ribadumia;

Ponte Arnelas, lugar da parroquia de Baión, no concello de Vilanova de Arousa.

Ponte Arnelas, Baión, Vilanova de Arousa

Ponte Arnelas é un lugar da parroquia de Baión no concello pontevedrés de Vilanova de Arousa, na comarca do Salnés. Segundo o IGE en 2016 tiña 37 habitantes (22 mulleres e 15 homes), once menos ca en 2010 e 7 menos ca en 2005.

Forma, xunto a Ponte Arnelas, do concello limítrofe de Ribadumia, un mesmo núcleo urbano, dividido polo río Umia. A Ponte dos Padriños, que une os dous lugares, foi unha das pontes senlleiras onde se practicaba o ritual do bautismo anticipado.

Ponte Arnelas, Leiro, Ribadumia

Ponte Arnelas é un lugar da parroquia de Leiro no concello pontevedrés de Ribadumia, na comarca do Salnés. Segundo o IGE en 2016 tiña 126 habitantes (64 mulleres e 62 homes), 17 menos ca en 2010 e 33 menos ca en 2005.

Forma, xunto a Ponte Arnelas, do concello limítrofe de Vilanova de Arousa, un mesmo núcleo urbano, dividido polo río Umia. A Ponte dos Padriños, que une os dous lugares, foi unha das pontes senlleiras onde se practicaba o ritual do bautismo anticipado.

Portas

Portas é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o padrón municipal, no ano 2014 tiña unha poboación de 3.025 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «portense».

Provincia de Pontevedra

Pontevedra é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. Limita ao norte coa provincia da Coruña, ao leste coa provincia de Ourense e a provincia de Lugo, ao sur con Portugal e ao oeste co océano Atlántico. A súa capital é a cidade de Pontevedra, con 82.539 habitantes en 2015, sendo Vigo a súa maior cidade cunha poboación de 294.098 habitantes (2015). É provincia máis pequena e a segunda máis poboada de Galicia trala da Coruña.

Provincia marítima de Vilagarcía

A provincia marítima de Vilagarcía, é unha das 5 provincias coas que o Ministerio de Fomento divide as costas galegas.

O seu porto máis importante é o Porto de Vilagarcía de Arousa. De norte a sur consta dos seguintes distritos marítimos:

Ribeira: Dende punta Faxilda até a punta Aguiuncho, incluíndo a illa de Sálvora.

A Pobra do Caramiñal: Até a punta Portomouro.

Vilagarcía de Arousa: Até o regato de Currás.

Cambados: Até o río Umia, incluíndo a illa de Arousa.

O Grove: Até a punta Faxilda, incluíndo a illa da Toxa

Ribadumia

Ribadumia é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE en 2015 tiña 5.087 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ribadumiense».

Ribela, A Estrada

Santa Mariña de Ribela é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2009 tiña 178 habitantes (93 mulleres e 85 homes), distribuídos en 10 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 255 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 300 persoas. Nos vinte anos que van de 1986 a 2006 a poboación pasou de 255 a 194 persoas, o cal significou unha perda do 23,92%. No ano 2019 a poboación é de 135 habitantes.

Destaca por exemplo a Igrexa de Santa Mariña de Ribela, que data do ano 1865. En Ribela é de grande importancia a presenza do río Umia, no que verte as súas augas o regueiro de Esqueiro e o fai en forma de fervenza, no lugar de Aldea Grande.

Destacar tamén a presenza do Outeiro de Trabadela, do Castro de A Aldea Grande e do Castro de Entrecastrelo (36017038), coñecido tamén como Castro de Ribela, Castro de Parada ou Castro de Eira dos Mouros, no que aínda se conservan restos de recintos amurallados e da porta de entrada, ademais de contar cuns petróglifos. Desde o mesmo castro pódense desfrutar de vistas de A Estrada e de Santiago.

Ríos de Galicia

Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Porén, os altos desniveis provocan a existencia de numerosas fervenzas.

Amais da pesca fluvial, existe aproveitamento industrial dos ríos mediante os muíños e os encoros para a produción de enerxía eléctrica e o abastecemento de auga.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.