Río Ulla

O río Ulla é un curso fluvial galego pertencente á vertente atlántica.

Río Ulla
Pontevea. Galicia. Río Ulla 9
Pontevea, parroquia de Reis, Teo
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaGalicia Galicia
NacementoCal de Mourelle,
Taboada [1]
Altitude648 m
Lonxitude132 km [2][3]
Conca2803,6 km² [2][3]
Caudal medio79,3 m³/s [2]
Caudal relativo28,3 L/s/km² [2]
DesembocaduraRía de Arousa
Altitude desembocadura0 m
Hidrogalicia rio ulla
Conca do Río Ulla marcada en azul escuro

Curso

Ten as súas fontes na comarca lucense da Ulloa, sendo o seu berce varios regatos que se localizan na parroquia de Olveda, no concello de Antas de Ulla. Este lugar está na comarca da Ulloa, á cal precisamente o río dálle nome. Os máis importantes afluentes do Ulla son o Arnego e o Deza. Separa as provincias da Coruña e Pontevedra a excepción de dous pequenos tramos nos concellos de Vedra e Padrón, e desemboca na ría de Arousa tras percorrer 132 km. Considéranse as Punta Palleiro e Grandoiro como a fin do río [1]. Ten unha conca de 2.764 km², a segunda máis importante de Galiza trala do río Miño.

Conta co encoro de Portodemouros, obra bastante importante no seu tempo.

Afluentes

Afluentes do Río Ulla por orde, dende o nacemento ata a desembocadura:

  1. Río Pambre:[1] desemboca no Batán (Palas de Rei, Lugo) pola marxe dereita.
  2. Río Seco:[1] desemboca entre Santo Estevo (Agolada, Pontevedra) e Barazón (Santiso, A Coruña) pola marxe dereita.
  3. Río Furelos:[1] desemboca na Pontenova (Santiso, A Coruña) pola marxe dereita.
  4. Río Arnego:[1] desemboca no encoro de Portodemouros, no Marquesado (Agolada, Pontevedra) pola marxe esquerda.
  5. Río Iso:[1] desemboca no encoro de Portodemouros, fronte a Arxe (Vila de Cruces, Pontevedra), entre o Picouto (Santiso, A Coruña) e a Igrexa (Arzúa, A Coruña) pola marxe dereita.
  6. Río Preveidiños:[1] desemboca en Besaña (Touro, A Coruña) pola marxe dereita.
  7. Río Deza:[1] desemboca entre Gres (Vila de Cruces, Pontevedra) e Cira (Silleda, Pontevedra) pola marxe esquerda.
  8. Río Liñares:[1] desemboca na Aldea Grande (A Estrada, Pontevedra) pola marxe esquerda.
  9. Río Pereiro:[1] desemboca en Agromaior (Teo, A Coruña) pola marxe dereita.
  10. Río Vea:[1] desemboca preto de Vilacriste (A Estrada, Pontevedra) pola marxe esquerda.
  11. Río de Santa Lucía:[1] desemboca en Pontevea (Teo, A Coruña) pola marxe dereita.
  12. Rego Castrelo:[1] desemboca en Herbón (Padrón, A Coruña) pola marxe dereita, a 16,7 km do mar.[1]
  13. Río Sar:[1] o brazo esquerdo desemboca na Aduana, na vila de Padrón pola marxe dereita, a 15,0 km do mar.[1]
  14. Rego Salgueirón: [Cómpre referencia] desembocaba na vila de Pontecesures pola marxe esquerda, a 14,3 km do mar.[4]
  15. Rego Fonte do Ouro:[1] desembocaba na vila de Pontecesures pola marxe esquerda, a 14,2 km do mar.[4]
  16. Río Valga:[1] desemboca no Pumariño (Valga, Pontevedra) pola marxe esquerda, a 13,0 km do mar.[1]
  17. Río Sar:[1] o brazo dereito desemboca en Afoz, na vila de Padrón pola marxe dereita, a 13,0 km do mar.[1]
  18. Río Louro:[1] desemboca na Carballa (Valga, Pontevedra) pola marxe esquerda, a 11,2 km do mar.[1]
  19. Rego de Vigo:[1] desemboca en Vigo (Dodro, A Coruña) pola marxe dereita, a 10,4 km do mar.[1]
  20. Regueiro de Carracido: [Cómpre referencia] desemboca en Carracido (Valga, Pontevedra) pola marxe esquerda, a 9,69 km do mar.[1]
  21. Rego de Tarrío:[1] desemboca en Tallós (Dodro) pola marxe dereita, a 9,13 km do mar.[1]
  22. Rego de Manselle:[1] desemboca entre Imo e Tallós (Dodro, A Coruña) pola marxe dereita, a 8,70 km do mar.[1]
  23. Rego de Imo:[1] desemboca en Imo (Dodro, A Coruña) pola marxe dereita, a 8,59 km do mar.[1]
  24. Rego dos Campelos:[1] desemboca preto da Vacariza (Rianxo, A Coruña) pola marxe dereita, a 6,07 km do mar.[1]
  25. Rego da Vacariza: [Cómpre referencia] desemboca na Vacariza (Rianxo, A Coruña) pola marxe dereita, a 5,58 km do mar.[1]
  26. Rego de Gondomil:[1] desemboca nas marismas de Oeste (Catoira, Pontevedra) pola marxe esquerda, a 4,93 km do mar.[1]
  27. Regueiro das Torres: [Cómpre referencia] desemboca nas marismas de Oeste (Catoira, Pontevedra) pola marxe esquerda, a 4,43 km do mar.[1]
  28. Río de Catoira:[1] desemboca na vila de Catoira pola marxe esquerda, a 3,68 km do mar.[1]
  29. Rego de Freixeiro:[1] desemboca fronte a Gabeira Pequena ou da Cruz entre o Outeiriño e Cores (Catoira, Pontevedra) pola marxe esquerda, a 2,70 km do mar.[1]
  30. Rego da Lagartera:[1] desemboca no Peirán, en Quintáns (Rianxo, A Coruña) pola marxe dereita, a 2,67 km do mar.[1]
  31. Rego do Souto da Vila:[1] desemboca en Cores (Catoira, Pontevedra) pola marxe esquerda, a 700 m do mar.[1]
  32. Rego dos Campos: [Cómpre referencia] desemboca preto da Dona (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra) pola marxe esquerda, a 400 m do mar.[1]

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do río Ulla.
Ponteledesma-Río Ulla GDFL7

Río Ulla á altura de Ponteledesma (Ledesma, Boqueixón)

Torrentes de Mácara

Torrentes de Mácara en Ramil.

Ponteledesma-Río Ulla GDFL9

Río Ulla en Ponteledesma

Xirimbao - Ulla 051210 012

Río Ulla en Xirimbao.

Ponteulla Vedra Galicia 06

Río Ulla en Vedra.

Notas

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 1,26 1,27 1,28 1,29 1,30 1,31 1,32 1,33 1,34 1,35 1,36 1,37 1,38 1,39 1,40 1,41 1,42 1,43 1,44 1,45 1,46 1,47 Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 42°43'21.5"N 7°47'54.1"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Núñez Pérez, Manuel; Lois Lois, Adela; Daporta Padín, Mon (2007). Os ríos de Galiza. A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas, S.A. p. 94. ISBN 978-84-8341-136-0.
  3. 3,0 3,1 Cañada, Silverio, ed. (2003). "Ulla, Río". Gran Enciclopedia Galega 42. El Progreso - Diario de Pontevedra. pp. 179–180. ISBN 84-87804-26-8.
  4. 4,0 4,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome MTN50
Carcacía, Padrón

San Pedro de Carcacía é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 785 habitantes (360 homes e 425 mulleres). Ten unha extensión aproximada de 1,5 km², e por ela pasa o río Ulla.

Foi concello independente entre 1822 e 1834.

Comarca da Ulloa

A comarca da Ulloa é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Monterroso. A esta comarca pertencen os concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei. No ano 2014 tiña 9532 habitantes, 4690 homes e 4842 mulleres. O seu nome procede do río Ulla, que nace na comarca.

Couso, A Estrada

Santa María de Couso é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2011 tiña 228 habitantes (121 mulleres e 107 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 254 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 196 persoas.

Dodro

Dodro é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca do Sar; está situado no suroeste da provincia, onde o río Ulla se funde coa ría de Arousa. O seu xentilicio é «dodrense» e ten o concello a súa capitalidade en Tallós. Dista de Santiago de Compostela arredor de 24 km e de Ribeira atopase a uns 35 km, ten unha superficie de 36,1 km² e segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2015 tiña 2882 habitantes (1396 homes e 1486 eran mulleres), cunha densidade de poboación de 81,27 hab./km².

O concello de Dodro conserva espazos naturais de grande importancia ambiental e paisaxística, como as Brañas de Laíño que se estenden a carón do río Ulla, constituíndo o espazo húmido máis grande de Galicia, incluídas no Sistema Fluvial Ulla-Deza e declarada zona de especial conservación. Preserva moitos elementos tradicionais como os cruceiros, os muíños, os hórreos e os reloxos de sol, exemplo da etnografía galega, en diferentes estados de conservación, ademais dunha rica tradición oral e escrita. Pazos históricos que lembran a nobreza de antano e igrexas do barroco completan o patrimonio arquitectónico do municipio.

Dombodán, Arzúa

San Cristovo de Dombodán é unha parroquia situada ó suroeste do concello coruñés de Arzúa na comarca de Arzúa. Segundo datos do IGE, no ano 2015 tiña unha poboación de 246 habitantes. Limita co concello de Touro. O seu relevo, aínda que non agreste tampouco é plano, e vai desde o río Ulla até o couto do Viso. A súa poboación dedícase ó sector primario de forma xeralizada, aínda que tamén estea presente o sector servizos, o comercio e a construción.

Encoro de Portodemouros

O encoro de Portodemouros é unha represa artificial da conca do río Ulla, situada no centro xeográfico de Galicia. A presa encóntrase entre os concellos de Arzúa e Vila de Cruces, e as augas inundan tamén parte dos concellos de Santiso e Agolada. Ten unha capacidade de 297 hm³. A elección do emprazamento debeuse entre outros factores á existencia na contorna dos materiais necesarios para a súa construción, ademais da excelente impermeabilidade da cerrada.

Gres, Vila de Cruces

Santiago de Gres é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 172 habitantes (88 mulleres e 84 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 174 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 146 habitantes, sendo 69 homes e 77 mulleres.

Cabe destacar a contorna coñecida como as Illas de Gres, no río Ulla na fronteira coa parroquia de Ponte Ledesma.

Desta parroquia é natural o escritor Xosé Neira Vilas e nela ten a súa sede a Unión Musical Ponteledesma

Illa da Altura

A Illa da Altura é unha illa de terra a dentro, pois formouse co encoro de Portodemouros no río Ulla.

Situada na parroquia de Beigondo do concello de Santiso, na Coruña, ten unha extensión de 58,14 hectáreas, sendo unha das máis grandes da Galicia interior.

Está rodeada toda ela por o río Iso, e ten unha altura sobre a cota máxima do encoro de 81 m, sendo a súa elevación máxima con respecto ao mar de 325 m.

Está dedicada a monte e, cando o nivel da auga baixa, convértese nunha península.

Ledesma, Boqueixón

San Salvador de Ledesma é unha parroquia do concello coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 282 habitantes (132 homes e 150 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación.

É un lugar de especial encanto pola presenza dun río Ulla que, nesta parroquia, se divide en múltiplos brazos formando vizosos illotes de doado acceso. Visita recomendable para fuxir da aceleración urbana (a 25 minutos de Santiago).

A ponte medieval (máis que romana) que lle dá nome ó lugar de Ponteledesma (ou A Ponte) está pechada ao tráfico rodado (agás motos) dende comezos do 2001 mediante uns fitos de pedra.

Portodemouros, Vila de Cruces

A parroquia de San Salvador de Portodemouros está situada ao noroeste do concello de Vila de Cruces, Portodemouros é unha das máis pequenas parroquias do concello.

O seu relevo é fortemente pronunciado cara ao norte, é dicir cara ao río Ulla, que nesta parte do seu percorrido está estancado no encoro de Portodemouros que toma o seu nome desta parroquia.

Parte do territorio de Portodemouros atópase na actualidade debaixo da auga, pero o encoro non afectou a ningún lugar da parroquia que ten dous (Arxe é Outeiro).

Conta cunha igrexa parroquial que na zona se coñece como a capela do San Ramón, por ser a festa dedicada a este Santo máis popular ca parroquial, San Salvador.

No lugar de Outeiro naceu Luis Otero Pimentel, escritor e militar, Gobernador da provincia de Manzanillo, no ano 1898 en plena guerra de Cuba, escribiu un libro de poesía titulado As campanas de Duxame, dedicado sen dúbida a lindante parroquia de Duxame.

Rianxo

Rianxo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barbanza. Linda ó norte cos municipios de Lousame e Rois, ó oeste con Boiro, ó leste con Dodro e Catoira a través da ponte sobre o río Ulla, e ó sur coa ría de Arousa. Sitúase a menos de 50 km de Santiago de Compostela e a 150 km da capital de provincia galega máis distante: Ourense.

Segundo o IGE no 2015 tiña unha poboación de 11.386 habitantes (11.729 en 2012, 11.780 en 2011, 11.826 en 2010), o que o converte no terceiro concello en poboación da comarca, despois de Ribeira e Boiro. O concello posúe unha densidade de poboación de 197,24 hab./km², e unha superficie de 58,8 km².

O seu xentilicio é rianxeiro/rianxeira.

Ría de Arousa

A ría de Arousa é a máis grande das rías de Galicia. Forma parte das Rías Baixas e está situada entre a península do Barbanza (provincia da Coruña) ao norte, e a península do Salnés (provincia de Pontevedra) ao sur. É famosa pola súa riqueza mariñeira e as súas praias.

Río Arnego

O río Arnego é un río da provincia de Pontevedra.

O río Arnego ten o seu nacemento a 800 metros de altitude, na Pena de Francia (Serra do Faro) ao unírense varios regatos. Logo de recibir os cursos de auga do Alemparte, Pedroso, Gurgueiro, Parada, Cadrón, Vilariño, e Brantega, desemboca no río Ulla en Brocos, á entrada do encoro de Portodemouros.

Río Deza

O río Deza é un afluente do río Ulla pola esquerda. O seu nacente principal está nas proximidades de Candosa e conta con outro secundario nos Montes do Testeiro, na parroquia de Zobra (Lalín), ao se xuntaren dous regueiros, o da Candosa máis o do Tasdomonte. Ten un percorrido de 51 Km e presenta unha conca de 551 km². O caudal absoluto achegado na súa desembocadura é de 18,6 m³/s.

Río Furelos

O Furelos é un pequeno río galego da provincia coruñesa, que baña a Terra de Melide, afluente do Ulla, pola súa marxe dereita.

Río Sar

O río Sar é un afluente do río Ulla pola súa banda dereita.

Río Sarela, río Sar

O río Sarela, tamén coñecido como río dos Sapos, é un afluente do río Sar pola súa banda dereita.

Nace nas abas do monte Pedroso, na parroquia da Peregrina (Santiago de Compostela), e discorre, ao longo duns 10 km, bordeando polo oeste a cidade de Santiago, polas parroquias de Vista Alegre, San Paio, e Vidán onde desemboca no río Sar no lugar da Ponte Vella .

Os seus afluentes son:

Pola banda esquerda: - o rego dos Vilares, que desemboca na Peregrina, e- o rego ou río Corgo ou Corvo, que desemboca no parque de Galeras.

Pola banda dereita:- o rego de Bar, que desemboca nas Casas do Rego (San Paio).

Este pequeno río cumpriu antano un papel fundamental no desenvolvemento da zona pola que transcorre, xa que grazas a el obtíñase auga para uso agrario, doméstico ou industrial; ademais, no curso do río houbo varios muíños e establecéronse algúns curtidoiros de coiro nas súas beiras.

Deste uso público como fonte de recursos, de espazos de traballo e de lecer, temos abondosas mostras en todo o seu percorrido. Tamén abasteceu de pesca á poboación e serviu para os xogos e o baño.Debido a todos estes usos que os composteláns fixeron del, o río sufriu moitas modificacións coa desviación das súas augas para levalas aos muíños, a construción de pontes e camiños a través do seu leito e a ocupación das beiras con muros de vivendas e outras estruturas.Así como o Sarela acompaña a cidade polo oeste, o Sar faino polo leste, de aí o dito: Entre o Sar e o Sarela, está Compostela.

Unión Musical Ponteledesma

A Banda de música Unión Musical Ponteledesma é unha agrupación musical con sede na parroquia de Gres, no concello pontevedrés de Vila de Cruces. Toma o seu nome da ponte que cruza o río Ulla e une Gres coa parroquia de Ledesma, na provincia da Coruña.

Vedra

Vedra é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 5.073 habitantes (2.477 homes e 2.596 mulleres) (5.059 no 2009, 5.052 no 2006, 5.054 no 2005, 5.057 no 2004, 5.037 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vedrense».

Ríos que percorren o concello de Silleda

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.