Río Turía

O río Turía é un pequeno río de 9 quilómetros a unha altitude de 250m sobre o nivel do mar, que nace no municipio de Taramundi (Asturias) e desemboca no río Eo no municipio da Pontenova (Lugo).

Río Turía
Río Turía 1
Río Turía antes de recibir a auga do río Cabreira en Taramundi.
PaísEspaña España
Comunidades AutónomasGalicia Galicia
Principado de Asturias Asturias
NacementoAs Veigas, Taramundi (Asturias)
Altitude800m - 250m
Lonxitude9 km
DesembocaduraRío Eo en A Pontenova

Descrición

Río Turía 2
Río Turía despois de recibir a auga do río Cabreira en Taramundi.

O río Turía dá nome ao val do Turía ao que cruza horizontalmente até desembocar no río Eo. O río Turía aliméntase de numerosos arroios e regatos provenientes das serras que limitan o val, e é parte da Reserva da Biosfera do Eo.

Aínda que o río nace en Asturias, a maior parte do seu caudal atópase en Lugo.

O río Turía é fonte de traballo xa que as súas augas serven para xerar actividades socio-económicas baseadas en tradicións milenarias como son a artesanía da navalla e téxtil, así como a industria primaria coa cría de salmóns na piscifactoría da Pontenova.

Véxase tamén

Bibliografía 

  • Infoasturias.com Folleto electrónico turístico editado polo Principado de Asturias, Consellería de Educación, Cultura, Deportes e Mocidade. (en castelán)
Liña Ribadeo - Vilaoudriz

A liña Ribadeo - Vilaoudriz foi unha liña de ferrocarril de vía estreita que discorría polo val do río Eo e a ría de Ribadeo levando material e persoas das minas de ferro de Vilaoudriz dende a actual Pontenova até o porto de Ribadeo. Promovida inicialmente pola Sociedad Minera de Villaodriz, ao cabo serviu tamén para o transporte de pasaxeiros. Tiña un percorrido de 33,867 km, e estivo activa entre 1903 e 1965.

Río Eo

O río Eo é un curso fluvial do noroeste da Península Ibérica que discorre por terras de Galicia e Asturias, delimitando ao cabo a fronteira entre ambas. Desemboca no mar Cantábrico pola ría de Ribadeo. A súa cunca ten unha extensión duns 819 km², dos que 3/4 atravesan terreo galego. É apto para a pesca de salmóns.

Ríos de Galicia

Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Porén, os altos desniveis provocan a existencia de numerosas fervenzas.

Amais da pesca fluvial, existe aproveitamento industrial dos ríos mediante os muíños e os encoros para a produción de enerxía eléctrica e o abastecemento de auga.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.