Río Termes

O río Termes é un río galego que transcorre polo concello pontevedrés das Neves. Afluente do río Miño pola súa marxe dereita, forma parte do lugar de importancia comunitaria do Baixo Miño[1].

Nace nos montes da Paradanta, na parroquia nevense de Cerdeira, a unha altitude aproximada de 800 metros. Ao longo dos seus 9 quilómetros de lonxitude percorre, ademais de Cerdeira, as parroquias de San Xosé de Ribarteme, San Cibrán de Ribarteme e Santiago de Ribarteme, desembocando no río Miño a xeito de fronteira entre Vide e Setados.

Río Termes
PaísGalicia Galicia
NacementoMontes da Paradanta
Lonxitude9 km
Conca?
Caudal medio?
DesembocaduraRío Miño

Notas

  1. Páxina web de Adela Leiro Presentación en Power Point Espazos Naturais:Baixo Miño.

Véxase tamén

Bibliografía

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.
A Ponte, Vide, As Neves

A Ponte é un lugar da parroquia de Vide, no concello pontevedrés das Neves. Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística do ano 2008 ten 15 habitantes (7 homes e 8 mulleres).

A ponte á que fai referencia o topónimo sitúase sobre o río Termes e comunica Vide coa parroquia de Setados.

A Portela, San Xosé de Ribarteme, As Neves

A Portela é un lugar da parroquia de San Xosé de Ribarteme no concello pontevedrés das Neves. Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística do ano 2008 ten 25 habitantes (13 homes e 12 mulleres).

Está bañada polas augas do río Termes.

A Senra, Santiago de Ribarteme, As Neves

A Senra é un lugar da parroquia de Santiago de Ribarteme no concello pontevedrés das Neves. Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística do ano 2008 ten 27 habitantes (13 homes e 14 mulleres).

As Neves

As Neves é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Condado. Segundo o IGE, contaba no 2014 con 4.121 habitantes, o que supón unha diminución de habitantes con respecto aos censos anteriores. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é nevense.

Babareira, San Xosé de Ribarteme, As Neves

Babareira é un lugar da parroquia de San Xosé de Ribarteme no concello pontevedrés das Neves. Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística do ano 2008 ten 18 habitantes (9 homes e 9 mulleres).

Por este lugar transcorre o río Termes.

Bocas, San Xosé de Ribarteme, As Neves

Bocas é un lugar da parroquia de San Xosé de Ribarteme no concello pontevedrés das Neves. Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística do ano 2008 ten 10 habitantes (5 homes e 5 mulleres).

Atópanse nel os restos dun castro e está bañado polas augas do río Termes.

Empiade, Cerdeira, As Neves

Empiade é un lugar da parroquia de Cerdeira, no concello pontevedrés das Neves. Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística do ano 2008 ten 33 habitantes (15 homes e 18 mulleres).

É o lugar de nacemento do río Termes.

O Outeiro, San Xosé de Ribarteme, As Neves

O Outeiro é un lugar da parroquia de San Xosé de Ribarteme no concello pontevedrés das Neves. Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística do ano 2008 ten 31 habitantes (15 homes e 16 mulleres).

Posúe un cruceiro e está bañado polas augas do río Termes. Dentro do seu patrimonio natural cómpre salientar a existencia dun notable carballo centenario.

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Ríos de Galicia

Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Porén, os altos desniveis provocan a existencia de numerosas fervenzas.

Amais da pesca fluvial, existe aproveitamento industrial dos ríos mediante os muíños e os encoros para a produción de enerxía eléctrica e o abastecemento de auga.

San Xosé de Ribarteme, As Neves

San Xosé de Ribarteme é unha parroquia que se localiza no concello das Neves. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 286 habitantes (138 mulleres e 148 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 314 habitantes.

No tocante á súa xeografía posúe dous elementos relevantes: o monte San Nomedio, de 690 metros de altitude e que domina toda a parroquia, e o río Termes, afluente do Miño e que transcorre por ela.

Nesta parroquia naceu o sacerdote Manuel Gómez González.

Sequeirós, San Cibrán de Ribarteme, As Neves

Sequeirós é un lugar da parroquia de San Cibrán de Ribarteme no concello pontevedrés das Neves. Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística do ano 2008 ten 48 habitantes (25 homes e 23 mulleres).

Está bañado polas augas do río Termes.

Vide, As Neves

Santa María de Vide é unha parroquia que se localiza no concello das Neves. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 492 habitantes (262 mulleres e 230 homes), distribuídos en 26 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 482 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.