Río Tea

O río Tea é un afluente do río Miño, duns 50 quilómetros de longo, que atravesa a bisbarra do Condado, no sur da provincia de Pontevedra.

Río Tea
Río Tea Ribadetea
.
PaísGalicia Galicia
Lonxitude50 km
Caudal medio17,5 m³/s
DesembocaduraRío Miño
Hidrogalicia rio minno
Conca do río Miño no territorio galego
Tea
O río Tea o seu paso por Ponteareas

Etimolxía

Segundo Edelmiro Bascuas o hidrotopónimo "Tea" parte da raíz hidronímica indoeuropea galaica *tekw‑, co significado de ‘fluír’[1].

Características

Nace da confluencia de dous brazos, dos cales un nace na parte sur da Serra do Suído, a uns 900 msnm, e outro a 940 msnm no Faro de Avión, no límite entre as provincias de Ourense e Pontevedra.[2] Baña os concellos de Covelo, Mondariz, Mondariz-Balneario, Ponteareas e Salvaterra de Miño, onde desemboca no Miño. A súa conca cobre unha área de 411 km².

O Tea é un río de característico réxime pluvial. O seu caudal medio é de 17,5 m³/s. O seu percurso inicial é encaixado, abríndose xa no val de Mondariz, atravesando logo pola vila de Ponteareas, antes de ir ao Miño. Entre os seus afluentes destaca o Alén, pola dereita, que recibe aínda na montaña. Xa no curso baixo úneselle o Uma pola esquerda.

Está declarado como zona especial de conservación (ZEC).[2]

En agosto de 2014 o río sufriu unha vertedura de sosa procedente da planta embotelladora de Augas de Mondariz[3].

Flora

A vexetación é moi rica, tipo bosque de galería dos ríos do sur de Galiza, a formación típica é o ameal ou formación de amieiros. A vexetación é completada con freixos, salgueiros, pradairos, sabugueiros, bidueiros, cerdeiras bravas e algún carballo. Seguindo o bosque de galería atopamos unha segunda formación na que aparece a carballeira ou fraga mixta dominada por carballos (Quercus robur L.), e completada con loureiros, pereiras bravas, acivros (aceviños), cerquiños, e ás veces freixos, pradairos e castiñeiros. Nos outeiros fórmanse piñeirais de piñeiro bravo (Pinus pinaster var. maritima), froito das reforestación dos séculos XIX e XX, mesturadas hoxe en día con carballos, eucaliptos etc. Complétase todo cunha rica formación arbustiva e herbácea: cáncaros, campaíñas, amorodeiras bravas (morotes), hedras (areiras ou hadreiras), silveiras, roseiras bravas, estripeiros, chuchameles (Lonicera spp.), fentos variados, brións etc. Así coma toxos, uces etc. nas zonas altas.

Fauna

Aves

Mamíferos

Peixes

Outros

Galería de imaxes

Ponte medieval de Fofe, Covelo

Ponte medieval de Fofe en Covelo.

Ponte medieval Tea Salvaterra

Ponte de Fillaboa preto da desembocadura.

Tres pontes do Tea

Tres pontes preto da desembocadura; a medieval de Fillaboa, a da estrada vella a Caldelas de Tui, e a da nova estrada PO-510

Ponte de Cernadela

Ponte de Cernadela, na parroquia de Riofrío (Mondariz)

Río Tea Cernadela

Río Tea á altura de Cernadela, na parroquia de Riofrío (Mondariz)

Río Tea Ribadetea

Río Tea ao seu paso por Ribadetea, Ponteareas.

Paso do Rio Tea por moreira (3)

Río Tea ao seu paso por Moreira, Ponteareas.

Ponte Das Partidas (3)

Ponte das Partidas, en Moreira, Ponteareas.

Notas

  1. Artigo sobre o topónimo Teo en Portal das palabras da RAG onde tamén se fala do hidrotopónimo Tea
  2. 2,0 2,1 Descrición do medio e inventario biolóxico da conca alta do río Tea (Concello de Covelo)
  3. "Un vertido de sosa en el Tea envenena miles de peces en un tramo de dos kilómetros", artigo en Faro de Vigo, 2 de agosto de 2014 (en castelán).

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Freixa, Ribadetea, Ponteareas

A Freixa é un lugar da parroquia de Ribadetea, no concello pontevedrés de Ponteareas, na Comarca do Condado. Segundo o INE, en 2010 tiña 130 habitantes (66 eran homes e 64 mulleres).

Capitán Furilo

Capitán Furilo foi unha banda de rock galega procedente de Ponteareas e fundada a mediados do ano 2006. Algúns dos seus membros proviñan da banda O Caimán do río Tea, tamén de Ponteareas.

Fofe, Covelo

San Miguel de Fofe é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Covelo na comarca da Paradanta. Segundo o INE en 2010 tiña 51 habitantes (29 mulleres e 22 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 55 habitantes.

Está atravesada polo río Tea, sobre o cal hai unha ponte medieval.

Mondariz

Mondariz é un concello da provincia de Pontevedra pertencente á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2014 tiña 4.742 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é mondaricense.

Moreira, Ponteareas

San Martiño de Moreira é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 675 habitantes (345 mulleres e 330 homes), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 654 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 723 habitantes, sendo 361 homes e 362 mulleres.

O Caimán do río Tea

O Caimán do río Tea, é unha banda de rock bravú fundada en Ponteareas no ano 1991

Ponte das Partidas

A ponte das Partidas é unha ponte medieval de orixe romana situada na parroquia pontareá de Moreira. Trátase dunha das catro pontes de orixe romana que cruzan o río Tea, afluente do Miño. No medievo, especialmente nos séculos XIV e XV, sofre varias reformas que achegan o aspecto actual.

Aínda está aberta ao tránsito malia estar catalogada pola Xunta e polo PXOM de Ponteareas como ben de interese. Relaciónase con numerosas lendas e rituais.

Ponte de Cernadela

A ponte de Cernadela é unha ponte que cruza o río Tea ao seu paso polo lugar do Ceo en Cernadela, na parroquia de Riofrío no concello pontevedrés de Mondariz. De orixe romana, a ponte actual data do século XV, con sucesivas restauracións.

Ponte de Fillaboa

A ponte de Fillaboa é unha ponte baixo-medieval de orixe romana situada na parroquia de San Lourenzo de Salvaterra, no concello pontevedrés de Salvaterra de Miño. Atravesa o río Tea no antigo camiño que unía as vilas de Ribadavia e Tui. É a máis próxima da desembocadura das catro pontes centenarias do río Tea, xunto á de Cernadela, á dos Remedios, e á das Partidas. O nome de Fillaboa débese a unha grande insua do Miño que se atopa a dous quilómetros abaixo da ponte, na desembocadura do Tea.

Ponte dos Remedios

A ponte dos Remedios ou ponte de San Roque é unha ponte de época baixo medieval sobre o río Tea situada par da vila de Ponteareas. Deu o nome á vila de Ponteareas.

Ponteareas

Ponteareas é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2014 tiña 23.115 habitantes.

Ribadetea, Ponteareas

San Xurxo de Ribadetea é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas na comarca do Condado. Segundo o padrón municipal de 2010 tiña 943 habitantes (492 mulleres e 451 homes), distribuídos en 46 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 874 habitantes.

A parroquia dista 2,5 quilómetros da capital municipal e está bañada polas augas do río Tea. No lugar da Freixa hai un cámping de primeira categoría.

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Río Pequeno

O topónimo galego Río Pequeno pode referirse a:

río Pequeno, curso fluvial do concello de Ribadeo, afluente do río Grande;

río Pequeno, curso fluvial da comarca da Terra Chá, afluente do río Miño;

río Pequeno, curso fluvial no concello de Soutomaior, afluente do río Verdugo;

río Pequeno, curso fluvial no concello de Covelo, afluente do río Tea;

Río Pequeno, lugar da parroquia de Oubiña, no concello de Cambados;O Río Pequeno, lugar da parroquia de Castrofeito, no concello do Pino;

O Río Pequeno, lugar da parroquia de Ove, no concello de Ribadeo;

O Río Pequeno, lugar da parroquia de Ribeira, no concello de Ribeira;

Río Uma

O río Uma é un afluente do río Tea pola súa dereita, á súa vez afluente do río Miño, duns 40 quilómetros de longo, que atravesa a bisbarra do Condado, no sur da provincia de Pontevedra nos concellos de Ponteareas e Salvaterra de Miño.

Salvaterra de Miño

Salvaterra de Miño é un concello da provincia de Pontevedra, pertence á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2014 tiña 9.626 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «salvaterrense».

Serra do Galleiro

A serra do Galleiro é un cordal galego situado ao leste do municipio de Vigo, que abrangue terras dos concellos de Pazos de Borbén, Mos e Ponteareas. Esténdese de norte a sur en paralelo á depresión Meridiana, ao leste da mesma. Na vertente oeste ten o río Louro, namentres que pola leste corre o río Tea. O seu pico máis alto é o Couto do Lobo, con 743 metros sobre o nivel do mar.

Teo

Teo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 18.254 habitantes (8.962 homes e 9.292 mulleres) (17.807 no 2009, 17.168 no 2006, 16.809 no 2005, 16.428 no 2004, 16.028 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «teense».

Zonas especiais de conservación en Galicia

A Rede Natura 2000 galega conta con 59 zonas especiais de conservación (ZECs) que foron aceptadas e declaradas pola Comunidade Europea e que son xestionadas pola Xunta de Galicia. Ademais á fronte da costa galega está tamén o Banco de Galicia, que foi declarado como ZEC e que está xestionado polo Goberno de España, xa que está en augas da súa competencia.

Desde 2011 existe unha proposta de ampliación de 21 novos lugares de importancia comunitaria (LICs) e de ampliación do espazos que ocupan outros 28 ZECs xa declarados, tal e como lle suxeriu a Unión Europea a Galicia. Considerando tamén a área dos LICs, contaríase así con 389.737 ha. protexidas de territorio litoral e terrestre (excluíndo ao Banco de Galicia).

Espazos protexidos de Galicia
Parque Nacional:
Parque Natural:
Monumento Natural:
Rede Natura 2000:
Zona húmida protexida:
Reserva da Biosfera:
Outros:

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.