Río Tamuxe

O río Tamuxe, tamén coñecido como río Carballo ou río Carballas, é un afluente pola dereita do río Miño no seu treito final, morrendo neste a poucos quilómetros da súa desembocadura no mar. Nace no concello de Oia, rega o val do Rosal e desemboca en Pías, no concello do Rosal.

É un río curto, duns 14 quilómetros, pero que chega a ter un caudal abondoso. Posúe numerosos muíños e pesqueiras que ademais da pesca deportiva ofrecen a posibilidade de se bañar con zonas amplas de profundidades maiores dos dous metros no verán.

Na súa cabeceira atópanse as pozas de Loureza, no lugar do mesmo nome dentro do concello de Oia. Nelas é posible nadar, tirarse á auga desde diferentes alturas e tomar o sol; ademais é habitual a práctica do nudismo.

Río Tamuxe
Río Tamuxe, o Rosal
PaísEspaña España
rexiónGalicia Galicia
Nacementoconcello de Oia
DesembocaduraRío Miño
Hidrogalicia rio minno
Conca do río Miño no territorio galego
Ponte sobre o río Tamuxe en Loureza, Oia
Ponte sobre o Tamuxe en Loureza, Oia.

Etimoloxía

O nome do río é pre-romano, dunha raíz indoeuropea *tam- "de cor escura", que aparece noutros hidrónimos galegos: Tambre, Támoga, Támega, e tamén noutros países europeos, baste lembrar o británico Támese, en inglés Thames[1].

Galería de imaxes

Río Tamuxe, o Rosal

No Rosal.

Muiño das Aceñas, río Tamuxe

Muíño das Aceñas.

Muiño das Aceñas, río Tamuxe 2

Ídem.

Véxase tamén

Bibliografía

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
  1. Artigo no Portal das Palabras da RAG onde falan da etimoloxía de Tambre
Galería de imaxes de Oia

Galería de imaxes do concello de Oia na provincia de Pontevedra.

Hidrografía de Galicia

A densa rede hidrográfica de Galicia permite que esta sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, a teor da cantidade de cursos fluviais cos que conta. En xeral, e debido ó seu escaso caudal, os ríos galegos non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura ou nos moitos encoros e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran festas semi-acuáticas como as chamadas "zaleas").

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Existen moitos encoros para a produción de enerxía eléctrica. Son características da costa de Galicia as rías, que son indentacións formadas na costa ao seren anegados polo mar os vales fluviais costeiros por descenso do nivel terrestre. As rías están tradicionalmente divididas en Rías Altas e Rías Baixas, segundo a súa posición respecto a Fisterra como punto máis occidental de Galicia.

Loureza, Oia

San Mamede de Loureza é unha parroquia que se localiza no concello de Oia na comarca do Baixo Miño, na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE, no 2013, tiña 418 habitantes (206 homes e 212 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 490 habitantes.Por Loureza transcorren as augas do río Tamuxe.

O Rosal

O Rosal é un concello situado ó suroeste da provincia de Pontevedra. Pertence á comarca do Baixo Miño, situándose á beira da desembocadura do río Miño. Limita polo sur coa Guarda, polo norte con Oia e polo nordeste con Tomiño. O seu xentilicio é rosaleiro.

Ponte

Neste artigo fálase da construción. Para outros significados, véxase Ponte (homónimos).

Unha ponte ( pronunciación ) é unha construción, normalmente artificial, que se precisa para salvar un accidente xeográfico, por exemplo un río ou un canón. Permiten, polo tanto, o paso sobre o obstáculo natural ou artificial, de persoas, automóbiles, trens, canalizacións ou condutos de auga (acuedutos).

O seu proxecto e o seu cálculo pertencen á enxeñaría, sendo numerosos os tipos de deseño que se aplicaron ao longo da historia, influídos polos materiais dispoñíbeis, as técnicas desenvolvidas e as consideracións económicas, entre outros factores.

Cando é construída sobre un curso de auga, o taboleiro é frecuentemente situado á altura calculada de xeito que posibilite o paso de embarcacións con seguridade baixo a súa estrutura. Cando é construída sobre un medio seco acostúmase chamar viaduto.

Pías, San Miguel de Tabagón, O Rosal

Pías é unha entidade de poboación da parroquia de San Miguel de Tabagón, no concello pontevedrés do Rosal. Segundo o IGE, en 2015 tiña 169 habitantes (82 homes e 87 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 2006, cando tiña 190.

Aquí desemboca o río Tamuxe, verquendo as súas augas ó Miño.

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Ríos de Galicia

Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Porén, os altos desniveis provocan a existencia de numerosas fervenzas.

Amais da pesca fluvial, existe aproveitamento industrial dos ríos mediante os muíños e os encoros para a produción de enerxía eléctrica e o abastecemento de auga.

San Lourenzo, Goián, Tomiño

San Lourenzo é un lugar da parroquia de Goián, no concello pontevedrés de Tomiño. Segundo o IGE , no 2015 tiña 110 habitantes (50 homes e 60 mulleres), o que supón un aumento respecto do ano 1999 cando tiña 76 habitantes. Pertenceu á extinta parroquia de Tollo, anexionada en 1760.

Debe o seu nome á capela de San Lourenzo que en 1517 erixiron os monxes de Oia para diciren a misa á comunidade que atendía o priorado-granxa que estableceran á beira da serra de Argallo. Este priorado, do que se conservaban restos das edificacións ata non hai moitos anos, estaba pechado cun muro de pedra, cunha superficie de 3,5 hectáreas. No medio da serra fixeron unha mina para sacar auga para uso de beber e regadío, usada na actualidade para complementar o abastecemento das casas de Goián. En documentos do baixo medievo do mosteiro de Oia citan a este barrio como San Lourenzo de Tras os Montes.

Os monxes e leigos que nel traballaban, para desprazárense ó mosteiro de Oia, usaban o camiño do Borrallo, que pasaba sobre a ponte no río Tamuxe en Loureza, cara a Mabia e Santa Comba na serra da Groba. Este camiño aínda se usa na actualidade para ir no mes de maio á romaría de Santa Comba, avogada das mulleres.

As mulleres adoitaban ofrecerse oír a misa na súa capela, cando lles tiñan problemas coa menstruación. A que a padecía con exceso, debía varrer cunha vasoira de xesta de fóra para dentro da capela, e se era en caso contrario de dentro da capela para fóra. Acudía moita xente da parroquia. Van a pé de madrugada, levando a comida e regresando antes do solpor, cantando:

vimos de Santa Calumbra

daquela terra queimada

cumprín coa promesa á Santa

non sei se me fará algo ou nada.Preto do priorado encóntrase un petróglifo, do que fixo un esbozo o pintor Antonio Fernández.

No lugar comezou a funcionar antes de 1936 un dos primeiros viveiros de plantas da provincia, co nome de Viveros Juan Peixoto.

No lugar hoxe chamado "A Fábrica do Chocolate", na serra do Argallo, funcionou unha industria de chocolate, da que era propietario un veciño de Goián retornado do Brasil, quedan restos de paredes nos primeiros anos do século XX.

San Miguel de Tabagón, O Rosal

San Miguel de Tabagón é unha parroquia do concello pontevedrés do Rosal, na comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE, no ano 2014 tiña 963 habitantes (503 mulleres e 460 homes). Pertence á diocese de Tui-Vigo, e nela, ó arciprestado da Guarda-Tebra.

En San Miguel de Tabagón desemboca o río Tamuxe no río Miño.

No lugar do Cruceiro está o cruceiro de Tabagón, unha estrutura pétrea de granito que se dispón sobre tres chanzos e un podio. O fuste é de sección cadrada, capitel e tres cruces en forma de calvario.

Tamaganos

Os tamaganos (latín: tamagani) eran un pobo galaico da antiga Gallaecia, que se localizaron na actual comarca de Verín, no val do río Támega até Portugal.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.