Río Tambre

O río Tambre é un curso fluvial galego, pertencente á vertente atlántica. A súa parte media e alta (río Tambre) así como a súa desembocadura (esteiro de Tambre) foron declaradas zonas especiais de conservación.[4][5][6]

Nace na lagoa de Sobrado, que recolle as augas dos regos de Fontevirtude e de Rodelo e mailos seus afluentes, preto da aldea da Porcariza[1][2], en Sobrado, leva dirección xeral SO e desemboca na ría de Muros e Noia pola enseada de Langaño. Ten un percorrido de 125 km, e percorre os concellos de Sobrado, Curtis, Vilasantar, Boimorto, Mesía, Frades, Arzúa, O Pino, Oroso, Ordes, Trazo, Tordoia, Santiago de Compostela, Val do Dubra, Ames, A Baña, Brión, Negreira, Outes, Mazaricos, Noia e Lousame. A súa cunca abarca 1.531 km².

Os seus principais afluentes son o Dubra, o Barcala , o Maruzo, o Samo e o Lengüelle.

Río Tambre
Tambre.Ponte Maceira.Galicia1
Vista de Agrón (Ames) dende Ponte Maceira
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaGalicia Galicia
NacementoLagoa de Sobrado [1][2]
Altitude510 m
Lonxitude124,5 km [2][3]
Conca1.530 km² [2][3]
Caudal medio54,1 m³/s [2][3]
Caudal relativo35,4 L/s/km² [2][3]
DesembocaduraRía de Muros e Noia
Altitude desembocadura0 m
Hidrogalicia rio tambre
Cunca do río Tambre marcada en azul escuro

Etimoloxía

O nome do río é pre-romano, dunha raíz indoeuropea *tam- "de cor escura", que aparece noutros hidrónimos galegos: Támega, Támoga, Tamuxe, e tamén noutros países europeos, baste lembrar o británico Támese, en inglés Thames[7].

Curso

Nacemento

Laguna de sobrado
Lagoa de Sobrado

O río Tambre nace na lagoa de Sobrado, no concello de Sobrado a 510 m de altitude. A lagoa recolle a auga dos regos de Rodelo e Fontevirtude, que nacen na serra do Bocelo a uns 580 m de altitude.[1][2]

Curso alto

O curso alto abrangue dende o nacemento (Sobrado) ata a Ponte Alvar (Santiago de Compostela e Trazo) a 200 m de altitude, e ten unha pendente media do 1,27%.[1][2]

Tras nacer pasa por debaixo do Camiño Norte de Santiago percorre a zona meridional do concello de Sobrado. Despois serve de límite entre Sobrado e Vilasantar, Vilasantar e Boimorto, Boimorto e Mesía, Boimorto e Frades, Frades e Arzúa, Frades e o Pino, o Pino e Oroso, Oroso e Santiago de Compostela, e Santiago e Trazo.[1]

Curso medio

O curso medio abrangue dende a Ponte Alvar ata desembocadura do río Corzán (Negreira e Brión) a 80 m de altitude, e ten unha pendente media do 0,12%.[1][2] Discorre neste tramo polos Concellos de Santiago de Compostela, Val do Dubra, Ames, Brión e Negreira. Nel atópanse pontes que o atravesan en Ponte Alvar, Portomouro, Ponte Vella e Ponte Nova de Pontemaceira e Ponte de Ons (entre Brión e Negreira), os encoros de Fecha e Barrié de la Maza e a Praia Fluvial de Tapia (Ames). Pouco despois do encoro de Fecha, á altura de Vilar do Rei, tamén se atopan os vestixios doutra antiga central eléctrica. Os restos da súa presa, arruinada na actualidade, forman un impresionante rápido coñecido popularmente como "Salto da Cabra".

Curso baixo

Río Tambre GDFL200302
Canón do río Tambre

No tramo final o Tambre discorre fortemente encaixado. Este tramo abrangue dende a xunta co Corzán, ao pé do Encoro de Barrié de la Maza, ata o Esteiro do Tambre preto da Ponte Nafonso, e ten unha pendente media do 1,71%.[1][2] Neste tramo atópase a Devesa de Nimo, de grande importancia ecolóxica e paisaxística, e onde aínda se poden observar antigas pesqueiras para a captura das lampreas, peixe moi abundante noutras épocas nas súas augas.

Desembocadura

Meandros do Tambre en Noia
Meandros na desembocadura

O río Tambre desemboca na ría de Muros e Noia formando un amplo esteiro, declarado Lugar de importancia comunitaria (LIC) no 2001 e que forma parte da Rede Natura 2000.[1] Considérase a Ponte Nafonso como a fin do río.[1]

Ecosistema

O río Tambre conta cunha rica fauna nos seus arredores. Na zona de Portomouro (onde se xuntan o Tambre e o Dubra) pódense atopar numerosos animais de todo tipo en estado salvaxe (garzas, parrulos, curuxas, lontras etc.) Na auga abundan as troitas, os escalos e incluso anguías existindo coutos de pesca (Refuxio de Sigüeiro). Noutros tempos había lampreas e salmóns, existindo aínda as antigas pesqueiras onde eran capturadas entre Pontemaceira e a Central Hidroéléctrica do Tambre, preto da desembocadura. A construción do Encoro de Barrié de la Maza, entre os concellos de Brión e Negreira, levou á desaparición destes peixes e somerxeu boa parte das pesqueiras existentes naquel tramo do río. [Cómpre referencia]

Aproveitamento

Enerxético

Central hidroeléctrica do Tambre, Noia
Central hidroeléctrica do Tambre.

O río ten tres encoros, na actualidade pertencentes a Gas Natural Fenosa:encoro de Mezondo (Vilasantar), encoro de Fecha (Santiago de Compostela), e encoro de Barrié de la Maza (Brión e Negreira) que abastece, augas abaixo, ás centrais Tambre I e II (Noia). A primeira delas foi construída na década de 1920, promovida pola Sociedad Gallega de Electricidad, cun fermoso edificio deseñado por Antonio Palacios. [Cómpre referencia]

Curiosidades

O río Tambre dá nome ó condado de Trastámara (Trans Tameris) e ó grupo musical de Noia Los Tamara. [Cómpre referencia]

Afluentes

Afluentes do Río Tambre por orde, dende o nacemento ata a desembocadura:

Curso alto

  1. Rego de Lamas:[1] desemboca preto de Eirixe Nova (Sobrado) pola marxe esquerda.
  2. Rego da Cerdeira: [Cómpre referencia] desemboca entre Eirixe Nova e A Pontepedra (Sobrado) pola marxe esquerda.
  3. Rego de Sobrado: [Cómpre referencia] desemboca preto da Pontepedra (Sobrado) pola marxe dereita.
  4. Río de Caxide:[1] desemboca na Pontepedra (Sobrado) pola marxe esquerda.
  5. Rego de Vilarchao: [Cómpre referencia] desemboca preto de Vilarchao (Sobrado) pola marxe esquerda.
  6. Rego da Fonte dos Carballos:[1] desemboca preto de Vilarchao (Sobrado) pola marxe esquerda.
  7. Río Grande:[1] desemboca preto do Cotarón (Sobrado) pola marxe dereita.
  8. Rego da Marra: [Cómpre referencia] desemboca entre Sisto e A Louseira (Sobrado) pola marxe esquerda.
  9. Rego do Espiñeiro:[1] desemboca entre Sisto e Carballás (Sobrado) pola marxe esquerda.
  10. Rego de Ceños:[1] desemboca preto de Eirixe (Vilasantar) pola marxe dereita.
  11. Río Batán:[1] desemboca preto do Mesón (Sobrado) pola marxe esquerda.
  12. Río Cabalar:[1] desemboca na Ponte do Sapo (Vilasantar) pola marxe dereita.
  13. Rego das Gándaras:[1] desemboca no Batán (Vilasantar) pola marxe dereita.
  14. Rego do Vitrís:[1] desemboca no Valo (Vilasantar) pola marxe dereita.
  15. Rego da Fonte Fría:[1] desemboca preto da Ponte (Mesía) pola marxe dereita.
  16. Río Pequeno:[1] desemboca na Ponte Boado (Boimorto) pola marxe esquerda.
  17. Rego da Fraga:[1] desemboca en Barcia (Mesía) pola marxe dereita.
  18. Rego de Buazo:[1] desemboca en Froxá (Boimorto) pola marxe esquerda.
  19. Rego do Couso:[1] desemboca en Chedas (Frades) pola marxe dereita.
  20. Rego do Souto:[1] desemboca no Pazo (Boimorto) pola marxe esquerda.
  21. Rego do Muíño de San Estevo:[1] desemboca entre as Quintás de Campo (Arzúa) e Sanamil (Frades) pola marxe esquerda.
  22. Rego de Samil:[1] desemboca entre as Quintás de Campo (Arzúa) e Sanamil (Frades) pola marxe esquerda.
  23. Rego do Pío:[1] desemboca preto das Quintás de Ledoira (Frades) pola marxe dereita.
  24. Rego do Porto:[1] desemboca en Ponte Carreira (Frades) pola marxe dereita.
  25. Rego do Castro:[1] desemboca en Barcia (O Pino) pola marxe esquerda.
  26. Rego Bidueiro:[1] desemboca entre Tambre e Barcia (O Pino) pola marxe esquerda.
  27. Río Maruzo: desemboca en Cabanas (Oroso) pola marxe dereita.
  28. Río Noa: desemboca na Arnela (O Pino) pola marxe esquerda.
  29. Río Samo: desemboca preto de Carballas (Oroso) pola marxe dereita.
  30. Río Mera: desemboca entre a Tarroeira e Rabal de Abaixo (O Pino) pola marxe esquerda.
  31. Rego das Fervenzas:[1] desemboca preto de Sar (O Pino) pola marxe esquerda.
  32. Rego da Agra:[1] desemboca entre Cardama e Carollo (Oroso) pola marxe dereita.
  33. Rego do Muíño:[1] desemboca no Curro (Oroso) pola marxe dereita.
  34. Rego do Muíño:[1] desemboca na Barciela (Santiago de Compostela) pola marxe esquerda.
  35. Río Cabeceiro: desemboca en Sigüeiro (Oroso) pola marxe dereita.
  36. Rego Belendo:[1] desemboca no Valado (Santiago de Compostela) pola marxe esquerda.
  37. Río Lengüelle: desemboca entre a Estación de Oroso (Oroso) e as Vendas do Lengüelle (Trazo) pola marxe dereita.
  38. Rego do Pisín:[1] desemboca preto das Paradelas de Abaixo (Santiago de Compostela) pola marxe esquerda.
  39. Rego da Braña:[1] desemboca preto de Nogalláns (Trazo) pola marxe dereita.
  40. Rego de Nogalláns:[1] desemboca preto de Nogalláns (Trazo) pola marxe dereita.
  41. Rego Fontoira: desemboca preto da Aldeavella (Trazo) pola marxe dereita.
  42. Rego de Busto: desemboca en Barcavella (Santiago de Compostela) pola marxe esquerda.
  43. Rego de Santa Eufemia:[1] desemboca na Barca (Trazo) pola marxe dereita.
  44. Rego dos Prados:[1] desemboca preto da Irexe (Trazo) pola marxe dereita.
  45. Rego das Pesqueras:[1] desemboca en Vilouchada (Trazo) pola marxe dereita.
  46. Río Sionlla: desemboca en Insuas (Santiago de Compostela) pola marxe esquerda.
  47. Rego de Penamoura:[1] desemboca en Marzo de Abaixo (Santiago de Compostela) pola marxe esquerda.
  48. Rego de Gatofero:[1] desemboca preto da Ponte (Santiago de Compostela) pola marxe esquerda.
  49. Rego de Oufín:[1] desemboca entre Albudiño e a Ponte (Santiago de Compostela) pola marxe esquerda.
  50. Rego de Augas Santas: [Cómpre referencia] desemboca en Barqueiros (Trazo) pola marxe dereita.
  51. Rego do Pazo:[1] desemboca entre a Pontealbar e Barqueiros (Trazo) pola marxe dereita.

Curso medio

  1. Rego de Chonia:[1] desemboca preto de Tarrío (Trazo) pola marxe dereita.
  2. Rego do Feal:[1] desemboca preto de Tarrío (Trazo) pola marxe dereita.
  3. Rego de Vachao:[1] desemboca preto de Vachao (Santiago de Compostela) pola marxe esquerda.
  4. Rego de Vilar do Rei:[1] desemboca preto de Vilar do Rei (Santiago de Compostela) pola marxe esquerda.
  5. Rego da Devesa:[1] desemboca entre Vilar do Rei e a Lamela (Santiago de Compostela) pola marxe esquerda.
  6. Rego de Gallufe:[1] desemboca preto de Frensa (Santiago de Compostela) pola marxe esquerda.
  7. Rego da Granxa:[1] desemboca en Novais (Val do Dubra) pola marxe dereita.
  8. Rego de Portomeiro:[1] desemboca preto de Novais (Val do Dubra) pola marxe dereita.
  9. Río Dubra:[1] desemboca en Portomouro (Val do Dubra) pola marxe dereita.
  10. Rego de Fontán:[1] desemboca en Xermán (Val do Dubra) pola marxe dereita.
  11. Rego de Tarrulo:[1] desemboca en Xermán (Val do Dubra) pola marxe dereita.
  12. Rego de Potella:[1] desemboca entre Vilela (A Baña) e Xermán (Val do Dubra) pola marxe dereita.
  13. Rego da Anduriña:[1] desemboca preto de Covas (Ames) pola marxe esquerda.
  14. Rego do Espiño:[1] desemboca en Vilouta (Ames) pola marxe esquerda.
  15. Rego do Porto de Menlle:[1] desemboca preto de Oca (Ames) pola marxe esquerda.
  16. Rego de Portalaxe:[1] desemboca preto de Fiopáns (A Baña) pola marxe dereita, a 31,7 km do mar.[1]
  17. Rego de Portor: [Cómpre referencia] desemboca preto de Portor (Negreira) pola marxe dereita, a 28,8 km do mar.[1]
  18. Rego Sarnados:[1] desemboca preto de Miso (Ames) pola marxe esquerda, a 28,4 km do mar.[1]
  19. Rego das Pías:[1] desemboca preto da Ponte Nova (Ames) pola marxe esquerda, a 27,0 km do mar.[1]
  20. Rego da Portela ou de Rapadoiro:[1] desemboca na Barca (Negreira) pola marxe dereita, a 25,8 km do mar.[1]
  21. Rego dos Chavielos:[1] desemboca en Ons (Brión) pola marxe esquerda, a 22,7 km do mar.[1]
  22. Río Barcala:[1] desemboca preto de Negreiroa (Negreira) pola marxe dereita, a 20,7 km do mar.[1]
  23. Rego de Viceso:[1] desemboca preto da Igrexa (Brión) pola marxe esquerda, a 15,3 km do mar.[1]
  24. Rego Pequeno:[1] desemboca preto de Liñaio (Negreira) pola marxe dereita, a 11,6 km do mar.[1]
  25. Rego de Navallóns:[1] desemboca preto da Graña (Brión) pola marxe esquerda, a 11,2 km do mar.[1]

Curso baixo

  1. Río Corzán:[1] desemboca preto de Barbazán (Negreira) pola marxe dereita, a 10,0 km do mar.[1]
  2. Rego das Vaquerizas:[1] desemboca preto de Vilariño (Brión) pola marxe esquerda, a 8,57 km do mar.[1]
  3. Río de Xallas:[1] desemboca entre Lobios (Negreira) e Insua (Outes) pola marxe dereita, a 7,11 km do mar.[1]
  4. Rego de Quarenza:[1] desemboca entre Vilariño (Brión) e Nimo (Noia) pola marxe esquerda, a 6,86 km do mar.[1]
  5. Rego do Souto:[1] desemboca preto de Nimo (Noia) pola marxe esquerda, a 3,53 km do mar.[1]

Desembocadura

  1. Rego do Muíño:[1] desemboca no Castro (Noia) pola marxe esquerda, a 2,04 km do mar.[1]
  2. Río Laxoso:[1] desemboca en San Tirso (Outes) pola marxe dereita, a 940 m do mar.[1]
  3. Río Donas:[1] desemboca na Ponte Nafonso (Outes) pola marxe dereita, a 380 m do mar.[1]

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do río Tambre.
Ponte Maceira 2

Ponte Maceira

Río Tambre GDFL200301

Ponte colgante no concello de Noia

Notas

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 1,26 1,27 1,28 1,29 1,30 1,31 1,32 1,33 1,34 1,35 1,36 1,37 1,38 1,39 1,40 1,41 1,42 1,43 1,44 1,45 1,46 1,47 1,48 1,49 1,50 1,51 1,52 1,53 1,54 1,55 1,56 1,57 1,58 1,59 1,60 1,61 1,62 1,63 1,64 1,65 1,66 1,67 1,68 1,69 1,70 1,71 1,72 1,73 1,74 1,75 1,76 1,77 1,78 1,79 1,80 1,81 1,82 1,83 1,84 1,85 1,86 1,87 1,88 1,89 1,90 1,91 1,92 1,93 1,94 1,95 Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 43°02'15.1"N 8°00'49.3"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 2,9 Cañada, Silverio, ed. (2003). "Tambre". Gran Enciclopedia Galega 41. El Progreso - Diario de Pontevedra. pp. 205–207. ISBN 84-87804-26-8.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Núñez Pérez, Manuel; Lois Lois, Adela; Daporta Padín, Mon (2007). Os ríos de Galiza. A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas, S.A. p. 34. ISBN 978-84-8341-136-0.
  4. "Río Tambre, Código ZEC ES1110016. Xunta de Galicia.". Consultado o 2017-07-06.
  5. "Esteiro do Tambre, Código ZEC ES1110011. Xunta de Galicia.".
  6. "LIC de Galicia, Rede Natura 2000, Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente". Consultado o 5 de xullo de 2017.
  7. Artigo no Portal das Palabras da RAG onde falan da etimoloxía de Tambre

Véxase tamén

Bibliografía

  • Cañada, Silverio, ed. (2003). "Tambre". Gran Enciclopedia Galega 41. El Progreso - Diario de Pontevedra. pp. 205–207. ISBN 84-87804-26-8.
  • Núñez Pérez, Manuel; Lois Lois, Adela; Daporta Padín, Mon (2007). Os ríos de Galiza. A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas, S.A. p. 34. ISBN 978-84-8341-136-0.
A Baña

A Baña é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barcala. Segundo o IGE en 2014 tiña 3754 habitantes (3967 no 2012, 4102 no 2011, 4320 no 2010). No ano 1980 a poboación chegou a ser de 8775 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é bañense, avaniense ou bañés.

A Ponte Maceira

A Ponte Maceira é unha poboación ás dúas beiras do río Tambre, dividida administrativamente en dúas entidades:

A Ponte Maceira, lugar da parroquia de Agrón no concello de Ames;

A Ponte Maceira, lugar da parroquia de Portor no concello de Negreira.

A Ponte Nafonso, Roo, Noia

A Ponte Nafonso é un lugar da parroquia de Roo no concello coruñés de Noia, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 166 habitantes (81 homes e 85 mulleres).

O lugar recibe o nome da Ponte Nafonso, sobre o río Tambre.

A Porta, Sobrado

San Pedro da Porta é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Sobrado. Segundo o IGE en 2012 tiña 514 habitantes (252 mulleres e 262 homes) distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 625 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.Aquí nace o río Tambre.

Comarca de Santiago

A comarca de Santiago é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Santiago de Compostela. A esta comarca pertencen os concellos de Ames, Boqueixón, Brión, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra.

Condado de Trastámara

O de Conde de Trastámara foi un título outorgado como dignidade en diversas ocasións (e utilizado incluso polo rei Henrique II de Castela) até que foi concedido por Xoán II de Castela con carácter hereditario a Pedro Álvarez Osorio, I conde de Trastámara en 1445 e segue asociado á familia dos Osorio de Vilalobos.

No documento de concesión dicía:

As terras de Trastámara (Trans Tameris) están entre o río Tambre e o mar e danlle nome á Casa de Trastámara.

Frades

Frades (do latín fratres, irmáns, seguramente monxes, freires dunha congregación relixiosa) é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes.

Galería de imaxes do río Tambre

O río Tambre nace na parroquia da Porta, en Sobrado, leva dirección xeral SO e desemboca na ría de Muros e Noia pola enseada do Engano.

Lueiro, Negreira

Santa Baia de Lueiro é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Negreira, na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 68 habitantes (36 homes e 32 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 111 habitantes.

Está situada á beira do río Tambre.

Mera

O topónimo galego Mera pode referirse a:

En Galiza

Barcia de Mera, parroquia do concello de Covelo;

Mera, lugar de dita parroquia;

Mera, lugar da parroquia de Barcia, no concello de Navia de Suarna;

Mera, lugar dividido entre as parroquias de Maianca e Serantes, no concello de Oleiros;

A Mera, lugar da parroquia de Orbazai, no concello de Lugo;

A Mera, lugar da parroquia de Insua, no concello de Ortigueira;

A Mera, lugar da parroquia de Silleda, no concello de Silleda;

Mera de Abaixo, parroquia do concello de Ortigueira;

Ponte de Mera, lugar de dita parroquia;

Mera de Arriba, parroquia do concello de Ortigueira;

San Pedro de Mera, parroquia do concello de Lugo, na comarca de Lugo;

Santalla de Bóveda de Mera, parroquia do concello de Lugo, na comarca de Lugo;

Bóveda de Mera, lugar de dita parroquia;

Vilachá de Mera, parroquia do concello de Lugo, na comarca de Lugo;

Río Mera, desemboca na ría de Ortigueira;

Río Mera, afluente do río Tambre;

Río Mera, afluente do río Miño;

Río Mera, afluente do río do mesmo nome;

Os Muíños da Mera, lugar da parroquia de San Martiño de Calvos de Sobrecamiño, no concello de Arzúa.Fóra de Galiza

Río Mera, río de Suíza e Italia.

Monte Tremuzo

O monte Tremuzo é un curuto galego situado a 524 metros sobre o nivel do mar, localizado na zona central da ría de Muros e Noia, tendo o seu cume no concello de Outes. Dende a cima deste monte é posible albiscar o treito final do río Tambre así como o desembocadura do río Tines na enseada do Engano. No alto dispón dunha área de recreo e dun parque eólico.

Noia

Noia é un concello costeiro da provincia da Coruña, capital da comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 14.571 habitantes e ten unha extensión de 37,2 km². O seu xentilicio é noiés.

Ponte Nafonso

Ponte Nafonso é unha ponte de pedra encol do río Tambre preto da súa desembocadura no fondo da ría de Muros-Noia, unindo os concellos de Noia e Outes.

Ría de Muros e Noia

A ría de Muros e Noia forma parte das Rías Baixas, sendo a que está situada máis ó norte, entre as rías de Corcubión e Arousa. A ría foise formando na desembocadura do río Tambre.

As augas do Tambre son as que orixinan na súa confluencia co mar, un hábitat no que se desenvolverán os bivalvos, que serán o motor económico das vilas que a circundan. As ameixas e os berberechos acadan boas proporcións nos tempos da colleita, a partir do mes de setembro, nos lombos de Testal e o Freixo, grazas a esa simbiose entre as augas doces do río e a salinidade que achega o océano Atlántico.

A ría comeza a partir da punta do Castro de Baroña en Porto do Son, pola súa beira sur, e remata coa punta Carreiro en Louro (Muros), pola súa parte norte.

Entre as vilas a destacar están as que dan nome á ría: Muros, fundada detrás do monte Louro como unha vila mariñeira agochada da vista de piratas e de corsarios alá polo século XVI e XVII e Noia, vila medieval. Tamén Porto do Son, que vive fundamentalmente do turismo e do mar e Portosín, outra vila de interese pertencente ao mesmo concello.

Río Mera, río Tambre

O río Mera é un afluente que lle chega pola marxe esquerda ao río Tambre.

Serra do Careón

A serra do Careón é unha serra e espazo natural declarada como zona especial de conservación (ZEC) que abrangue as concas dos río Furelos e Seco ata que chegan ao río Tambre polo sur. Así é que a maior área do espazo está nos concellos de Toques, Melide e Santiso, na Terra de Melide. Ten parte na áreas próximas da comarca da Ulloa e de Lugo: en Friol e Palas de Rei.Como así o recoñece o Instituto Xeolóxico e Mineiro, este espazo destaca por ser o máis extenso afloramento de rochas ultrabásicas na península Ibérica, que vai desde Sobrado ata o sur de Melide, e catalogouse como o PIG C-17: Pregamentos tombados no complexo ultrabásico de Melide. Destacan tamén a súas extensas áreas de matogueiras, como nas Gándaras de Melide.

Tambre

Para o río galego vexa: Río Tambre

Para a editorial vexa: Editorial TambreTambre é unha comune (concello) da provincia de Belluno, na rexión italiana do Véneto, localizada a uns 80 km ao norte de Venecia, e a

uns 15 ao leste da capital provincial, Belluno. Segundo os datos do Istat do 31 de decembro do 2004, tiña unha poboación de 1,501 individuos, nunha área de 45.6 km².

O concello de Tambre contén as frazioni (subdivisións, principalmente vilas ou aldeas) de All'O',Broz, Civit, Pianon Sant'Anna, Fullin, Val Turcana, Tambruz, Lavina, Pian Cansiglio, e Valdenogher.

Tambre limita cos seguintes municipios: Aviano, Barcis, Budoia, Caneva, Chies d'Alpago, Farra d'Alpago, Fregona, Polcenigo, Puos d'Alpago.

Zona especial de conservación do Río Tambre

O espazo natural do río Tambre é un unha zona especial de conservación (ZEC) que ampara a cunca media e alta do río Tambre. O tramo do río protexido está nas comarcas de Ordes e Santiago: pasando por Tordoia, Ordes, Mesía, Trazo, Oroso, Frades, Santiago de Compostela e O Pino. Pretende protexer a vexetación das áreas de ribeira do río.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.