Río Támoga

O río Támoga, no seu comezo chamado Santa Baia, é un afluente do río Miño que discorre pola provincia de Lugo.[1]

Río Támoga
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaGalicia Galicia
NacementoFontemuín (Abadín)
Monte Monseibán, Serra do Xistral [1][2][3]
Altitude476 m
DesembocaduraRío Miño [1]
Altitude desembocadura386 m
Cadea fluvialRío Támoga,
Río Miño
Hidrogalicia rio minno
Conca do río Miño no territorio galego

Localización e características

Nace na serra do Xistral, transcorre polos concellos chairegos de Abadín e Cospeito, onde co seu afluente, o río Guisande, enche a lagoa de Cospeito, unha das zonas húmidas máis importantes de Galicia.[4] Na súa xuntanza co río Miño, xunto a parroquia de San Xiao de Támoga, forma a insua de San Roque, no punto onde limitan os concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Cospeito. A área da súa bacia é de 233 km²[5].

Etimoloxía

O nome do río é prerromano, dunha raíz indoeuropea *tam- 'de cor escura', que aparece noutros hidrónimos galegos: Tambre, Tamuxe, Támega, e tamén noutros países europeos, baste lembrar o británico Támese, en inglés Thames[6].

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 43°20'50.8"N 7°33'03.9"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019.
  2. Cañada, Silverio, ed. (2003). "Anllo". Gran Enciclopedia Galega 41. El Progreso - Diario de Pontevedra. p. 208. ISBN 84-87804-43-8.
  3. Núñez Pérez, Manuel; Leiro Lois, Adela; Daporta Padín, Mon (2007). Os ríos de Galiza. A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas, S.A. p. 40. ISBN 978-84-8341-136-0.
  4. [1]
  5. Área do río Támoga Arquivado 23 de setembro de 2009 en Wayback Machine. (en portugués)
  6. Artigo no Portal das Palabras da RAG onde falan da etimoloxía de Tambre
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.
Batán

Un batán é unha máquina hidráulica movida pola auga dun río. Como topónimo pode referirse a:Batán, lugar da parroquia de Aldixe, no concello de Abadín;

O Batán, lugar da parroquia de Monteagudo, no concello de Arteixo;

O Batán, lugar da parroquia de Dormeá, no concello de Boimorto;

O Batán, lugar da parroquia de San Martiño de Porto, no concello de Cabanas;

O Batán, lugar da parroquia de Ramil, no concello de Castro de Rei;

O Batán, lugar da parroquia de Santa Baia de Castro, no concello de Coristanco;

O Batán, lugar da parroquia de Loureiro, no concello de Cerdedo-Cotobade;

O Batán, lugar da parroquia de San Tomé de Lourenzá, no concello de Lourenzá;

O Batán, lugar da parroquia de Santo Adrao de Lourenzá, no concello de Lourenzá;

O Batán, lugar da parroquia de Tioira, no concello de Maceda;

O Batán, lugar da parroquia de Meis, no concello de Meis;

O Batán, lugar da parroquia do Novelúa, no concello de Monterroso;

O Batán, lugar da parroquia de Rebón, no concello de Moraña;

O Batán, lugar da parroquia de Burgo, no concello de Muras;

O Batán, lugar da parroquia de San Pedro de Nós, no concello de Oleiros;

O Batán, lugar da parroquia de Leira, no concello de Ordes;

O Batán, lugar da parroquia de Mandaio, no concello de Oza-Cesuras;

O Batán, lugar da parroquia de Vilamourel, no concello de Paderne;

O Batán, lugar da parroquia de Ramil, no concello de Palas de Rei;

O Batán, lugar da parroquia de Vilar de Ortelle, no concello de Pantón;

O Batán, lugar da parroquia de Sa, no concello do Páramo;

O Batán, lugar da parroquia de Posmarcos, no concello da Pobra do Caramiñal;

O Batán, lugar da parroquia do Araño, no concello de Rianxo;

O Batán, lugar da parroquia de Naraío, no concello de San Sadurniño;

O Batán, lugar da parroquia de Mezonzo, no concello de Vilasantar;

O Batán, lugar da parroquia de Chavín, no concello de Viveiro;

O Batán, lugar da parroquia de Galdo, no concello de Viveiro;

Vilariño de Batán, lugar da parroquia de San Mamede de Belaz, no concello de Portomarín;

O río Batán, afluente do río Anllóns;

O rego do Batán, afluente do río Masma;

O rego do Batán, afluente do río Támoga;

O regato do Batán, afluente do río Te.

Begonte

Begonte é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o INE a súa poboación no 2016 era de 3115 habitantes (3413 no 2010, 3587 no 2006, 3616 no 2005, 3682 no 2004, 3684 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é begontés ou begontino.

Guisande

O topónimo Guisande pode referirse a:

En Galicia

Guisande, lugar da parroquia de Pousada, no concello de Boqueixón;

Guisande, lugar da parroquia dos Ánxeles, no concello de Brión;

Guisande, lugar da parroquia de Anos, no concello de Cabana de Bergantiños;

Guisande, lugar da parroquia de Goá, no concello de Cospeito;

Guisande, lugar da parroquia de San Miguel de Presqueiras, no concello de Forcarei;

Guisande, lugar da parroquia de Vincios, no concello de Gondomar;

Guisande, lugar da parroquia de Sindrán, no concello de Monforte de Lemos;

Guisande, lugar da parroquia de Friolfe, no concello do Páramo;

Guisande, lugar da parroquia de Santa Comba, no concello de Santa Comba;

O río Guisande, afluente do río Támoga;

O río Guisande, afluente do río Xallas.En Portugal

Guisande, freguesía do concello de Braga;

Guisande, freguesía no concello de Santa Maria da Feira.

Hidrografía de Galicia

A densa rede hidrográfica de Galicia permite que esta sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, a teor da cantidade de cursos fluviais cos que conta. En xeral, e debido ó seu escaso caudal, os ríos galegos non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura ou nos moitos encoros e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran festas semi-acuáticas como as chamadas "zaleas").

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Existen moitos encoros para a produción de enerxía eléctrica. Son características da costa de Galicia as rías, que son indentacións formadas na costa ao seren anegados polo mar os vales fluviais costeiros por descenso do nivel terrestre. As rías están tradicionalmente divididas en Rías Altas e Rías Baixas, segundo a súa posición respecto a Fisterra como punto máis occidental de Galicia.

Rego do Batán

O rego do Batán é un afluente do río Támoga que transcorre pola provincia de Lugo.

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Ríos de Galicia

Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Porén, os altos desniveis provocan a existencia de numerosas fervenzas.

Amais da pesca fluvial, existe aproveitamento industrial dos ríos mediante os muíños e os encoros para a produción de enerxía eléctrica e o abastecemento de auga.

Tamaganos

Os tamaganos (latín: tamagani) eran un pobo galaico da antiga Gallaecia, que se localizaron na actual comarca de Verín, no val do río Támega até Portugal.

Támoga

O termo Támoga pode referirse a:

a parroquia de Támoga do concello de Cospeito, na comarca da Terra Chá.

o río Támoga afluente do Miño.

o castro do Torrillón, tamén coñecido como Castro de Támoga.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.