Río Támese

O río Támese[1][2] ou río Támesis[3][4][5][6] (en inglés Thames, pronunciado /temz/) é un río de Inglaterra que conecta Londres co mar. Hoxe en día é o río máis importante de Inglaterra e a principal fonte de abastecemento de auga de Londres.

Thames (en inglés)
Támese (en galego)
Támesis (en galego)
River thames oxford
PaísReino Unido
NacementoThames Head
Altitude110 m
Lonxitude346 km
Conca12.935
Caudal medio65.8
DesembocaduraMar do Norte
Altitude desembocadura0 m
Thames map
Curso do Támese
London Thames Sunset panorama - Feb 2008
O río Támese ao paso por Londres.

Etimoloxía

O nome do río é pre-romano, dunha raíz indoeuropea *tam- "de cor escura"[7] que aparece en numerosos hidrónimos galegos: Tamuxe, Tambre, Támoga, Támega.

Curso

As fontes do Támese atópanse preto da localidade de Kemble; segue logo ata Oxford, Wallingford, Reading, Henley-on-Thames, Marlow, Maidenhead, Eton, Windsor e Londres. O Támese ten unha lonxitude de 346 quilómetros e desemboca no Mar do Norte.[Cómpre referencia]

Historia

Durante o Plistoceno, o primitivo río Támese fluía dende Gales ata Clancton-on-Sea, percorrendo o que na actualidade é o Mar do Norte para rematar sendo un afluente do Rin. Este curso bloqueouse por unha masa de xeo durante a Idade do xeo. O río desviouse ata tomar o seu curso actual, chegando ata a que hoxe é a cidade de Londres.[Cómpre referencia]

The Frozen Thames 1677
O Támese xeado (1677).

Durante os séculos XVI e XVII, o río foi un dos principais medios de transporte entre Londres e Westminster. Durante os séculos XVII e XVIII, o río conxelouse en diversas ocasións. Dende entón, o Támese non se volveu a conxelar totalmente. A construción dunha nova ponte de Londres, con menos alicerces cá antiga, permite que o río flúa con máis facilidade, evitaron que a corrente sexa demasiado lenta, o que permitiría a conxelación das augas.[Cómpre referencia]

A partir do século XIX o río comezou a contaminarse. A finais dese século e ata mediados do século XX, realizouse unha limpeza masiva do Támese. Na actualidade é un dos ríos máis limpos dos que flúen a través dunha gran cidade.[Cómpre referencia]

Finish of 2007 Oxford-Cambridge boat race

A regata Oxford-Cambridge

O Támese é o escenario dunha das carreiras máis populares do Reino Unido: a regata Oxford-Cambridge, que enfronta cada ano aos remeiros das universidades de Oxford e Cambridge.[Cómpre referencia]

Notas

  1. Fernández Salgado, B. (2004): Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega, páx. 1138. Galaxia. ISBN 978-84-8288-752-4
  2. Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2000.: "Támese (Thames) Río de Gran Gretaña..."
  3. Enciclopedia Galega Universal 15. Ir Indo. 1999-2002. p. 482. ISBN 84-7680-288-9.: "Támesis [ing:Thames] Río más importante de Inglaterra..."
  4. Santa María, Inés e Massó, Noé (2009). Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. Támesis, R.: páxinas 136 (B1) e 138 (D3). ISBN 978-84-8289-328-0.
  5. Diccionario enciclopédico galego universal 57. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 10. ISBN 84-7680-429-6.: "Támesis [ingl: Thames] Principal río de Inglaterra..."
  6. Rosón Porto, Gabriel e Varela, Ramiro, Manual de oceanografía física descritiva, UVigo, 2002.
  7. Artigo no Portal das Palabras da RAG onde falan da etimoloxía de Tambre

Véxase tamén

Bibliografía

  • Ackroyd, Peter (2007). Thames: sacred river. London: Chatto & Windus. ISBN 978-0-7011-7284-8. OCLC 137313198.
  • Cove-Smith, Chris (2006). The River Thames book: a guide to the Thames from the Barrier to Cricklade with the River Wey, Basingstoke Canal and Kennet & Avon Canal to Great Bedwyn (4th ed.). St. Ives, Cambridgeshire: Imray Laurie Norie & Wilson. ISBN 978-0-85288-892-6. OCLC 67613526.
  • Dix, Frank L. (1985). Royal river highway: a history of the passenger boats and services on the River Thames. Newton Abbot; North Pomfret, Vt.: David & Charles. ISBN 978-0-7153-8005-5. OCLC 14355016.
  • Milne, Gustav; Martin Bates; Mike D. Webber (June 1997). "Problems, potential and partial solutions: an archaeological study of the tidal Thames, England". World Archaeology 29 (1–special issue, "Riverine archaeology," ed. James Graham–Campbell): 130–46. ISSN 0043-8243. doi:10.1080/00438243.1997.9980367.
  • Oliver, Stuart (June 2010). "Navigability and the improvement of the river Thames, 1605–1815". Geographical Journal 176 (2): 164–77. ISSN 0016-7398. doi:10.1111/j.1475-4959.2010.00354.x.
  • Sinclair, Mick (2007). The Thames: a cultural history. Oxford; New York: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-531492-2. OCLC 77520502.
  • Thacker, Fred S. (1968). The Thames Highway. 2: locks and weirs ([1st ed.], new impression ed.). Newton Abbot: David & Charles. ISBN 978-0-7153-4233-6. OCLC 55209571.
  • The Royal river: the Thames, from source to sea: descriptive, historical, pictorial. Henley-on-Thames: Gresham. 1983 [1885]. ISBN 978-0-946095-05-6. OCLC 17631247.
  • Williams, Roger (2015). Father Thames. London: Bristol Book Publishing. ISBN 978-0-9928466-1-9.

Outros artigos

Ligazóns externas

Cidade de Westminster

A Cidade de Westminster (en inglés City of Westminster, pronunciado [ˈwɛstmɪnstə]) é unha municipalidade (Borough) con rango de cidade (City) do Reino Unido, situada na zona central do Gran Londres, ao oeste da Cidade de Londres e ao norte do río Támese. A mediados de 2013 tiña unha poboación estimada de 226.841 habitantes.

Década de 850

A década de 850 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 850 e remata o 31 de decembro de 859.

Década de 860

A década de 860 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 860 e remata o 31 de decembro de 869.

Essex

Essex é un condado situado ao leste de Londres, formando parte da rexión oriental de Inglaterra. Ocupa unha área de 3.670 km², cunha poboación estimada en 2010 de 1 737 900 habitantes.

A capital do condado é a cidade de Chelmsford, sendo a súa cidade máis importante. Outras cidades salientables de Essex son Colchester (a cidade máis vella da Inglaterra), e Southend, un dos maiores balnearios do Reino Unido.

Limita co Gran Londres e con Hertfordshire, Cambridgeshire e Suffolk. A súa fronteira con Kent é o río Támese.

A orixe do nome "Essex" está no antigo reino de Essex, fundado polos anglosaxóns cara o ano 600. Os saxóns chegaron a Gran Bretaña, primeiro como foederati do Imperio Romano e despois como colonos, cara finais do século IV. Os que se asentaron no leste, ó longo da vía que comunicaba Londinium e Camulodunum foron chamados estseaxni (saxóns orientais), nome que, co paso dos séculos, derivou no actual Essex.

Estaleiro

Un estaleiro é o lugar onde se constrúen e reparan buques. Pode tratarse de iates, buques militares, barcos comerciais e outro tipo de barcos para transporte de mercancías, pasaxeiros e artefactos navais flotantes ou submarinos.

Foz (xeografía)

Unha foz é un accidente xeográfico natural. É un esteiro pechado case en forma de ría onde se atopan as augas fluviais e marítimas.

As máis mencionadas na literatura galega son a do río Miño entre A Guarda e Caminha, a de Mugardos, a que lle dá nome á vila e ó concello de Foz ou a do río Támese.

Tamén significa paso estreito entre montañas, val estreito.

Fulham Football Club

O Fulham Football Club é un club de fútbol do distrito de Hammersmith e Fulham da cidade de Londres, en Inglaterra. Foi fundado en 1879, sendo o equipo profesional máis antigo de Londres. Xoga na Premier League desde a tempada 2001/02.

Greenwich

Greenwich é un distrito situado ó sueste de Londres, Inglaterra, na zona sur do río Támese no London Borough of Greenwich. É coñecido pola súa historia marítima e por dar nome ó Meridiano de Greenwich (lonxitude 0º) e o Greenwich Mean Time (GTM).

A vila orixinal foi o lugar no que se estaba o Palacio de Placentia do século XV, e foi o lugar de nacemento de moitos membros da Dinastía Tudor, incluíndo a Henrique VIII e Isabel I. O palacio foi destruído durante a Guerra Civil Inglesa e reconstruído como o Royal Navy Hospital for Sailors (Real Hospital da Mariña para Mariñeiros) por Sir Christopher Wren e os seu asistente Nicholas Hawksmoor. Este edificio pasou a ser o Greenwich Royal Naval College en 1873, e continuou sendo un centro de educación militar ata o 1998 cando pasou as mans da Fundación Greenwich. As habitacións históricas seguen abertas ó público, o resto é empregado pola Universidade de Greenwich e o Trinity College of Music.

HMS Beagle

O HMS Beagle foi un bergantín da clase Cherokee da Mariña Real Británica botado ás aguas do río Támese o 11 de maio de 1820 dende os estaleiros Woolwich; tiña 27,5 metros de eslora, 7,5 metros de manga, 3,8 metros de calado, dez canóns, 235 toneladas de carga e unha tripulación de cento vinte homes.

En xullo dese mesmo ano tomou parte na Revista Naval de celebración pola coroación do rei Xurxo IV, sendo o primeiro barco en navegar baixo a nova Ponte de Londres, quedando logo na reserva, a flote e atracado pero sen mastros ou aparellos.

Despois foi adaptado como bric-barca e participou en tres expedicións. Na segunda, baixo o mando do comandante Robert FitzRoy, viaxou a bordo o naturalista Charles Darwin cuxo traballo fixo do Beagle un dos barcos máis famosos da historia.

Kensington e Chelsea

O distrito de Kensington e Chelsea (en inglés, Royal Borough of Kensington and Chelsea) é un distrito (borough) do Gran Londres situado ao oeste da Cidade de Westminster, ao sur de Hyde Park e Mayfair e ao norte do río Támese.

Londres

Londres (en inglés: London, [ˈlʌndən] (AFI), escoitar) é a capital e cidade máis poboada de Inglaterra e do Reino Unido; atópase ás beiras do río Támese na illa de Gran Bretaña. No ano 2015 tiña unha poboación estimada de 8,31 millóns de habitantes na división administrativa do Gran Londres, composta por 32 distritos municipais (boroughs) e mais pola Cidade de Londres propiamente dita (City of London), nunha área de 1579 km². A súa área metropolitana ten preto de 17,1 millóns de habitantes.Ten a súa orixe na cidade romana de Londinium, capital da rexión administrativa romana de Britannia. A cidade acabou por se tornar o centro do Imperio Británico, contribuíndo hoxe en día co 17% do PNB dun país que é a cuarta maior economía do mundo.

Londres ten sido un dos máis importantes centros da política e do comercio mundiais por case dous milenios (a pesar de ter sido Winchester a capital de Inglaterra durante gran parte da Idade Media).

Oxford

Oxford é unha vella cidade universitaria inglesa no condado de Oxfordshire, en Inglaterra. Segundo o censo de 2001 a súa poboación é de 134.248 habitantes. A súa posición xeográfica é 51º44'29N 1º16'38W (corresponde á Torre Carfax, considerada como o centro da cidade).

Palacio de Westminster

O Palacio de Westminster é o lugar no que se reúnen as dúas cámaras do Parlamento do Reino Unido (a Cámara dos Lores e a Cámara dos Comúns). O palacio atópase situado na beira norte do río Támese en Westminster en Londres, preto doutros edificios gobernamentais en Whitehall. O palacio serviu inicialmente como residencia real, a pesar de que ningún monarca viviu nel dende o século XVI. A maior parte da estrutura actual data do século XIX, data na que o palacio foi reconstruído logo dun incendio en 1834 que destruíu a maior parte do edificio. Os arquitectos responsables da reconstrución do palacio foron Sir Charles Barry e Augustus Pugin. O edificio é un exemplo do estilo neogótico. Unha das características máis senlleiras do palacio é a torre do reloxo, unha atracción turística que aloxa a campá chamada Big Ben, nome asignado erroneamente ao reloxo da torre.

O palacio contén máis de mil habitacións, sendo as máis importantes as correspondentes aos Salóns da Cámara dos Lores e a Cámara dos Comúns. O palacio tamén inclúe salas de reunión, bibliotecas, corredores, comedores, bares e ximnasios. É o lugar onde se realizan importantes cerimonias de estado, das cales a máis importante é a Cerimonia de apertura do Parlamento. O palacio está moi asociado coas dúas Cámaras, tal como o demostran o emprego da palabra "Westminster" para referirse ao "Parlamento". As oficinas dos parlamentarios atópanse en edificios próximos, tales como a Casa Portcullis e os Edificios Norman Shaw.

Ponte da Torre de Londres

A Ponte da Torre de Londres (Tower Bridge en inglés) é unha ponte situada na cidade inglesa de Londres, sobre o río Támese. Atópase xunto á Torre de Londres. Está formada por dúas torres, unha pasarela para coches e peóns e unha pasarela superior entre ambas torres. A construción da ponte iniciouse no 1886 e rematou no 1894. Ten unha lonxitude de 286,50 m e unha altura de 43 m. Esta ponte pode ser aberta e cerrada para permitir o paso de barcos de certa altura.

Non debe ser confundido coa Ponte de Londres, outra ponte tamén situada no Támese londinense.

Río Ruhr

O Ruhr é un río da Alemaña, afluente do Rhin pola súa beira dereita. Ten unha lonxitude de curso de 221,2 km, cun caudal medio de 79 m3/s preto da súa foz en Duisburgo, o que o torna no quinto afluente do Rhin polo seu fornecemento de augas. Tal caudal é semellante ao do inglés río Támese.

Torre de Londres

A Torre de Londres é, oficialmente, O palacio e fortaleza da súa maxestade, a Torre de Londres, aínda que o derradeiro gobernante que residiu nela foi Xacobe I (1566-1625).

A Torre Branca, o edificio cadrado con torretas en cada esquina que lle deu o nome ao edificio, atópase no centro dun complexo de diversos edificios á beira do río Támese en Londres. O complexo foi empregado como fortaleza, armería, almacén do tesouro, palacio, palacio de detención, observatorio, refuxio e cárcere, especialmente para prisioneiros de "clase alta". Este último uso converteu a frase "enviar á Torre" en sinónimo de "entrar en prisión". A raíña Isabel I estivo prisioneira aquí durante o reinado da súa irmá María; a derradeira vez que a Torre foi empregada como prisión foi durante a Segunda Guerra Mundial para Rudolf Hess.

Tower Hamlets

Tower Hamlets é un distrito (borough) do Gran Londres situado ao leste do distrito da Cidade de Londres e ao norte do río Támese. Ocupa boa parte do tradicionalmente coñecido como East End. Inclúe tamén unha ampla extensión da vella zona industrial dos Docklands, reconvertida hoxe en zona comercial e financeira. Moitos dos edificios máis altos de Londres están situados na Isle of Dogs e Canary Wharf, no sur do distrito.

Tower Hamlets foi un dos cinco distritos de Londres designados para acoller os Xogos Olímpicos de verán que se celebraron na cidade en 2012.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.