Río Támega

O río Támega (Tâmega en portugués), é un curso fluvial que nace en Galiza, e percorre parte do norte de Portugal, ata desembocar no río Douro, logo dun percorrido de 145 km. É o único río galego, xunto cos seus afluentes, que pertence á Confederación hidrográfica do río Douro.

Río Támega
Tâmega River in Chapa Amarante (2)
O Támega ao paso por Verín.
PaísGaliza e Portugal
NacementoA Alberguería
Lonxitude145 km
Conca669 km²
DesembocaduraRío Douro

Etimoloxía

O nome do río é prerromano, dunha raíz indoeuropea *tam- "de cor escura", que aparece noutros hidrónimos galegos: Tambre, Támoga, Tamuxe, e tamén noutros países europeos, baste lembrar o británico Támese, en inglés Thames[1]. Do nome do río deriva o do pobo prerromano dos tamagani, que sen dúbida habitaba o val de Monterrei.

Percorrido

O Támega nace na serra de San Mamede, no Alto de Talariño a 960 m de altura, preto da parroquia da Alberguería, no concello de Laza, na provincia de Ourense. Atravesa logo o val de Monterrei, para entrar en Portugal e cruzar o distrito de Vila Real, formando linde entre este e o de Braga, para finalmente entrar no de Porto, onde rende as súas augas ao Douro na localidade de Entre-os-Rios.

Entre as localidades máis importantes que atravesa están Laza, Castrelo do Val, Verín e Oímbra en Galiza, e mais Chaves e Amarante no norte portugués. O seu afluente máis salientábel en terras galegas é o río Búbal, que o é pola dereita.

Protección

O percurso galego do río Támega ten a cualificación de lugar de importancia comunitaria.

Datos de interese do río e do seu val

Riotamegarabal
Vista do río Tamega en Rabal.
  • Nacemento: preto da alberguería do Prado.
  • Vexetación predominante: árbores de cultivo.
  • Desembocadura: río Douro.
  • Material xeolóxico: micacitas.
  • Afluentes: río Búbal.
  • Tipo de rotación de cultivos: centeo, trigo, patacas, barbeito.
  • Lonxitude: 38,5 km na parte galega.
  • Densidade do gando: 0,8 vacún/Ha.
  • Superficie conca: 669 km².
  • Densidade explotacións: 6,7 número expl./km².
  • Densidade de poboación: 32 hab./km².
  • Precipitacións: 1157 mm.
  • Diferenza entre cotas: 1000 m.
  • Déficit hídrico: máis de 90 días.
  • Pendente: 2,26 graos.
  • Textura do solo: areoso.
  • Aceptación precipitacións: alta.
  • Porcentaxe de concellos galegos que compoñen a conca: Laza 40%, Castrelo do Val 10%, Verín 10%, Monterrei 30%, Oímbra 10%.

Véxase tamén

Outros artigos

  1. Artigo no Portal das Palabras da RAG onde falan da etimoloxía de Tambre
A Alberguería, Laza

Santa María da Alberguería é unha parroquia do concello ourensán de Laza na comarca de Verín. No ano 2007 tiña 39 habitantes (14 homes e 25 mulleres) nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución de 16 habitantes en relación ao ano 2000. É limítrofe coa homónima A Alberguería, Vilar de Barrio.

O río Támega nace no monte Talariño, a 960 m de altura, nas estribacións da Serra de San Mamede, no lugar coñecido como Fonte do Támega. Trátase do principal río galego da cunca duriense e, contando o tramo portugués, do cuarto en lonxitude, tras o Miño, o Sil e o Navia. É na localidade trasmontana de Entre-os-Ríos onde cede as súas augas ao Douro.

Castelo de Monterrei

O castelo de Monterrei é unha fortificación medieval, situada no concello de Monterrei, nun outeiro sobre o val do río Támega, na confluencia entre os camiños de Pobra de Seabra e Ourense. É unha das fortalezas mellor conservadas de Galiza. Foi declarada Monumento Nacional o 3 de xuño de 1931, e na actualidade é un Ben de Interese Cultural.

Chaves, Portugal

Chaves é unha cidade portuguesa do Distrito de Vila Real, Rexión Norte e subrexión do Alto Tras-os-Montes, cunha poboación de cerca de 19.300 habitantes. É sede dun municipio con 590,42 km² de área e 44.186 habitantes (2006), subdividido en 51 freguesías.

Denominación de Orixe Monterrei

A Denominación de Orixe Monterrei é unha das cinco cinco zonas con denominación de orixe para os seus viños existentes en Galiza.

Esténdese polo val do río Támega, ocupando algo menos de 500 hectáreas dos concellos de Castrelo do Val, Monterrei, Oímbra e Verín; outras 13.000 tamén están dedicadas a viñedos, mais fora da denominación de orixe. As 24 adegas e 380 viticultores producen dous millóns de litros anuais de viño cualificado.Uva branca: verdello, dona branca, verdello louro

Uva tinta: mencía, bastardo, araúxa

Gondulfes

O topónimo galego Gondulfes ten orixe xermánica, de Gunþi- ("loita") + -ulfus ("lobo"). Pode referirse a:

Gondulfes, parroquia do concello de Castrelo do Val;

Gondulfes, lugar de dita parroquia;

rego de Gondulfes, afluente do río Támega.

Matamá, Laza

Santa María de Matamá é unha parroquia do concello ourensán de Laza na comarca de Verín. Segundo o IGE en 2010 tiña 170 habitantes (82 homes e 88 mulleres) nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 191 habitantes.

O topónimo Matamá é un fitónimo derivado de MATTA (de orixe prerromana) MALA (de orixe latina), referido a un terreo de pouca calidade ou difícil de traballar.

O río Támega ao seu paso por Matamá, era unha das vairas máis salientábeis do val de Laza, onde xeracións enteiras de veciños foron á baña. Foi substituída no ano 2003 por unha escollera. O río crúzao unha ponte con bases románicas.

Mondim de Basto

Mondim de Basto é un concello do Distrito de Vila Real, na Rexión Norte e Subrexión de Ave. O concello ten unha extensión de 171,87 km² e unha poboación de 7.493 habitantes, residindo uns 3.200 na capital. Este concello está dividido en 8 freguesías.

O concello de Mondim de Basto limita ao nordeste co concello de Ribeira de Pena, ao sueste co de Vila Real, ao suroeste co de Amarante, ao oeste co de Celorico de Basto, e ao noroeste con Cabeceiras de Basto.

Mondim de Basto está asentado en terras fertis na marxe esquerda do río Támega e ao pé do Monte Farinha, coroado pola ermida da Senhora da Graça.

Montes de Correchouso

Os montes de Correchouso son unha prologación da serra de San Mamede cara ao sueste. O principal monte aquí situado é o chamada Alto de Baroncello, con 1.406 metros sobre o nivel do mar.

Na vertente sur nacen varios afluentes do río Támega.

Nocedo do Val, Castrelo do Val

Nocedo do Val é unha parroquia do concello de Castrelo do Val na provincia de Ourense. Situada na marxe esquerda do río Támega, os seus habitantes viven da agricultura da pataca, o millo e os cereais. Tamén é terra de noces (orixe do seu nome) e de castañas. No outono son abundantes os cogomelos. En 2011 tiña 195 habitantes (102 homes e 93 mulleres).

Visitas de interese son os muíños de auga, o forno, a fonte, a igrexa e os cruceiros. Dende o monte de Bitón ten vistas panorámicas de todo o val de Verín. Tamén pasa por esta aldea a ruta dos carboeiros.

Oímbra

Oímbra é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2014 tiña 2020 habitantes (1991 en 2003).

Padrón dos pobos

O padrón dos pobos (en portugués Padrão dos Povos) é unha columna conmemorativa da construción da ponte romana de Chaves (Portugal), colocada sobre da mesma obra, que salva o río Támega. A epígrafe dedicatoria contén unha lista de dez dos pobos indíxenas galaicos bracarenses (citados como civitates no orixinal) da Gallaecia que colaboraran no erguemento da citada ponte.

O documento está incluso no CIL II, co número 2477.

Río Búbal, río Támega

O río Búbal ou Buble é un curso fluvial galego que transcorre polos concellos ourensáns de Cualedro, Monterrei e Verín. É afluente do río Támega.

Serra das Penas Libres

A serra das Penas Libres é unhas das serras do sur de Galiza, está orientada con sentido NO-SO, na comarca de Vilardevós, e limita con Portugal ao sur. Nesta cadea nacen polo sur afluentes do río Mente, e polo oeste afluentes do río Támega.

Está conformada por pedra de gra e granitos ao norte, lousas e cuarcitas ao leste, e materiais varios como xistos cara ao sur.

O punto de maior altura é o Mairos, con 1.083 metros sobre o nivel do mar, así como tamén o Salto do Cabalo, con 1.061 m.

Tamaganos

Os tamaganos (latín: tamagani) eran un pobo galaico da antiga Gallaecia, que se localizaron na actual comarca de Verín, no val do río Támega até Portugal.

Tamaguelos, Verín

Santa María de Tamaguelos é unha parroquia do concello de Verín na comarca de Verín, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 223 habitantes, deles 105 eran homes e 118 eran mulleres, o que supón un incremento de 7 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Támega

O Támega (en portugués Tâmega) é unha subrrexión estatística portuguesa que forma parte da Rexión Norte. Os seu núcleo principal intégrase no Distrito do Porto, mais inclúe concellos dos distritos de Vila Real, Viseu e Aveiro.

Limita ao norte coas subrrexións de Ave e Alto Trás-os-Montes, ao leste coa de Douro, ao sur coas de Dão-Lafões e Entre Douro e Vouga, e ao oeste coa de Grande Porto.

Ten unha superficie de 2 629 km² e unha poboación de 550 469 habitantes (censo de 2011).

Verín

Verín é un concello da provincia de Ourense en Galicia, pertencente á comarca de Verín, da que é capital. Cunha poboación de 13 817 persoas segundo o padrón municipal de 2018, é a segunda vila da provincia en poboación, despois de Ourense.

Vilardevós

Vilardevós é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2014 tiña 2024 habitantes (2693 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é vilarexo ou vilarense .

Zonas especiais de conservación en Galicia

A Rede Natura 2000 galega conta con 59 zonas especiais de conservación (ZECs) que foron aceptadas e declaradas pola Comunidade Europea e que son xestionadas pola Xunta de Galicia. Ademais á fronte da costa galega está tamén o Banco de Galicia, que foi declarado como ZEC e que está xestionado polo Goberno de España, xa que está en augas da súa competencia.

Desde 2011 existe unha proposta de ampliación de 21 novos lugares de importancia comunitaria (LICs) e de ampliación do espazos que ocupan outros 28 ZECs xa declarados, tal e como lle suxeriu a Unión Europea a Galicia. Considerando tamén a área dos LICs, contaríase así con 389.737 ha. protexidas de territorio litoral e terrestre (excluíndo ao Banco de Galicia).

Espazos protexidos de Galicia
Parque Nacional:
Parque Natural:
Monumento Natural:
Rede Natura 2000:
Zona húmida protexida:
Reserva da Biosfera:
Outros:

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.