Río Sil

O Sil é un río do noroeste da Península Ibérica que discorre polas provincias de León e Ourense, facendo no seu último tramo de fronteira entre esta última e a de Lugo, na zona noroeste de España. É o principal afluente do río Miño e o río máis caudaloso de Galicia, popularmente dise que «o Sil leva a auga e o Miño a fama», afirmación comprobable, pois o caudal do Sil é maior que o do Miño.

Sil
CanondoSil
Vista dos canóns do Sil
PaísEspaña España
Comunidades AutónomasGalicia Galicia
Castela e León Castela e León
NacementoLa Cueta, León
Altitude1980 m
Lonxitude228 km
Conca4 500 km²
Caudal medio100 m3/s
Desembocadurarío Miño
Hidrogalicia rio minno
Conca do río Miño no territorio galego

Características

Nace en La Cueta, León, ao pé de Peña Orniz, a 1980 metros de altitude. Após pasar polas comarcas de Laciana e do Bierzo (nesta, cruza a vila de Ponferrada), entra en Galicia pola provincia de Ourense, onde atravesa o Montefurado. Antigamente o seu leito rodeaba este monte nun percorrido de 3 km.

No seu tramo medio define a fronteira entre as provincias de Lugo e Ourense. Xúntase co Miño no lugar dos Peares. Preto da intersección entre o río Sil e o río Miño están os Canóns do Sil. O seu curso é de 228 km, pasando por vilas como Villablino, Toreno, Ponferrada, O Barco de Valdeorras, A Rúa e Quiroga. A súa conca é de 8 020 km².

Tanto o seu caudal como o dos seus afluentes é moi estable.

A sona de ser o río máis caudaloso de Galicia está xustificada: No anuario hidrolóxico da confederación hidrográfica Miño-Sil aparece que o encoro de San Pedro, a poucos quilómetros da xuntanza co Miño, rexistra moito máis paso de auga que o de Os Peares, o último do río miño antes do encontro (5492 hm3 fronte a 2762,9 hm3 de media anual).[1] Aínda así, a xuntanza de ambos, na parte baixa do Miño, produce un caudal conxunto superior.

Principais afluentes

Pola ribeira esquerda:

Pola ribeira dereita:

Encoros

Os principais encoros do río son:

Notas

  1. ANUARIO DE AFOROS 2011-12 CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DEL MIÑO - SIL, saih.chminosil.es/files/informes/anuario/ANUARIO%20AFOROS%20CHMS%202011_12.pdf

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes do río Sil
Río Sil

Ponte de ferrocarril sobre o Sil

Galicia.Canon Sil

Canón do Sil

Ribeira Sacra. Río Sil. Lugo. Galiza

O Sil na Ribeira Sacra

Ribeira Sacra. Río Sil

O Sil na Ribeira Sacra

Vista desde o Parador Santo Estevo, Luíntra, Nogueira de Ramuín

Vista desde o Parador Santo Estevo, Luíntra, Nogueira de Ramuín

Viñedossil

Viñedos á beira do Sil

Sil01

O Sil

A Rúa

A Rúa é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o IGE en 2015 tiña 4595 habitantes (5027 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «rués».

Amandi, Sober

Santa María de Amandi é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña unha poboación de 66 habitantes, 32 eran homes e 34 eran mulleres.

Limita coas parroquias de Doade ao norte e oeste, Lobios e Pinol ao oeste, e con Sacardebois, San Lourenzo de Barxacova, Cristosende e Lumeares ao sur, estas últimas na provincia de Ourense e separadas de Amandi polo río Sil.

Anllo, Sober

Santo Estevo de Anllo é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña unha poboación de 227 habitantes, 104 eran homes e 123 eran mulleres.

Limita coas parroquias de Acedre e Rosende ao norte, Frontón ao oeste, San Martiño de Anllo ao leste, e Vilar de Cerreda e Santo Estevo de Ribas de Sil ao sur, as dúas na provincia de Ourense e separadas polo río Sil.

Barantes, Sober

San Xoán de Barantes é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña unha poboación de 60 habitantes, 31 eran homes e 29 eran mulleres.

Limita ao norte coa parroquia de Figueiroá, ao oeste coa de Bolmente, ao leste coa de Santiorxo, e ao sur coa de Caxide, no concello ourensán de Parada de Sil, do que está separada polo río Sil.

Canón do Sil

Os canóns do río Sil están situados preto da unión entre o río Sil e o río Miño na zona da Ribeira Sacra. Este espazo natural abrangue unha área de superficie de 5.914 hectáreas nos concellos de Pantón, Sober, Nogueira de Ramuín e Parada de Sil e está declarado como zona especial de conservación (ZEC).Estre tramo fluvial conta con varios encoros e ten un aproveitamento turístico con aloxamentos ou paseos en catamarán nas augas. Nas ladeiras e arredores, nas que poden haber pendentes de ata 50º, atópase os cultivos das vides da D.O. Ribeira Sacra. As viñas nas abas chegan mesmo ata a auga.

Comarca de Valdeorras

A comarca de Valdeorras é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Barco de Valdeorras. A cal pertencen os concellos de O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras. En total abrangue 969,2 km², caracterízase pola súa elevación, aquí está o maior cumio de Galicia, a Pena Trevinca (2127 m). O xentilicio é valdeorrés/valdeorresa.

Doade, Sober

San Martiño de Doade é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo.

Limita ao norte e leste co concello de Monforte de Lemos, ao oeste coa parroquia de Brosmos, e ao sur coa parroquia de Amandi e cos concellos ourensáns da Teixeira e Castro Caldelas, dos que está separado polo río Sil.

Tiña unha poboación de 120 habitantes en 2016, 57 homes e 63 mulleres, agrupados nas entidades do Bidual, Castro, Ceceda, Doade, Francos, A Lampaza, Mourentán, Vilachá e Vilar de Mouros.

En plena Ribeira Sacra, é coñecida polas súas viñas e adegas desa denominación de orixe. Algunhas das vides atópanse en pendente, na ribeira dereita do río Sil, que forma nesa zona un profundo canón. Entre o seu patrimonio destacan a igrexa parroquial, do século XVII, as capelas de San Pedro e San Amaro, a fonte de San Xermán e os miradoiros sobre o canón.

As localidades de A Lambaza e Vilar de Mouros forman un exclave 5,4 quilómetros de superficie e situado a 450 metros de Sober. Este exclave limita ao norte, leste e oeste con Monforte de Lemos e ao sur co río Sil.

Liña León - A Coruña

A liña León-A Coruña é unha liña de ferrocarril de 428,2 quilómetros de lonxitude que pertence á rede ferroviaria española. Une a Meseta con Galicia polo leste percorrendo as provincias de León, Ourense, Lugo e A Coruña. Seguindo a catalogación de Adif é a liña 06-800.

Montefurado, Quiroga

San Miguel de Montefurado é unha parroquia do concello lucense de Quiroga. En 2011, segundo o IGE, tiña 162 habitantes (84 homes e 78 mulleres).

Montes de Lóuzara

Os montes de Lóuzara están localizadas nas serras orientais de Galiza e esténdense con dirección NE-SO. Atópanse rodeados polo norte e o oeste polo río Lóuzara e polo leste e sur polo río Lor. Forman o límite oeste da conca do río Sil.

O punto de maior altitude é o monte da Escrita, con 1.460 metros sobre o nivel do mar.

O Barco de Valdeorras

O Barco de Valdeorras é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras en Galicia. No ano 2014 tiña 13 899 habitantes segundo o INE (13 800 no 2006, 13 700 no 2005, 13 518 no 2004, 13 507 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é barquense ou valdeorrés.

É o terceiro concello máis poboado da provincia tras Ourense e Verín, e é a capital da comarca. Sitúase no extremo nordeste da provincia, a 112 km da capital pola estrada N-120. Localizado no val do río Sil, rodeado por montañas.

Ponferrada

Ponferrada (do latín pontem ferratam 'ponte de ferro, na que se utilizou ese material') é un concello e cidade de Castela e León, capital da comarca do Bierzo, na provincia de León. Está situada na confluencia dos ríos Sil e Boeza, e cos seus 68.121 habitantes (INE 2013), é o segundo municipio máis poboado da provincia, por detrás de León.

Atópase a 543 m de altitude nunha cunca mineira, ocupa unha superficie de 283 km² e ten unha poboación duns 65.000 habitantes. A súa fundación, no 1086, coincide coa construción dunha ponte de ferro (que deu nome á cidade, para cruzar o río Sil, ordenado levantar catro anos antes, no 1082, polo bispo Osmundo. Dende o ano 1178 ata o 1312 a cidade estivo en mans dos Templarios que construíron un castelo (século XIII) que hoxe en día é o monumento principal da cidade.

A vila de San Pedro de Devesas é de fala galega autóctona, e Fontesnovas foi de fala galega ata 1960. Ademais na vila de Ponferrada por efecto da emigración berciana hai numerosos galegofalantes, e aquí teñen a súa sede asociacións como Fala Ceibe ou a Asociación Berciana da Lingua Xarmenta.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Ribas de Sil

Ribas de Sil é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga. Segundo o INE a súa poboación no 2018 era de 970 habitantes (1.245 no 2006, 1.310 no 2005, 1.335 no 2004, 1.410 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ribasilense».

Ribeira Sacra

A Ribeira Sacra é unha zona que comprende as ribeiras do río Sil e do Miño, na zona sur da provincia de Lugo e norte da provincia de Ourense; a capital da cal acordouse que fose a cidade lucense de Monforte de Lemos.

O 5 de abril de 2019 foi aprobado polo Consello de Patrimonio Histórico do Ministerio de Cultura a súa candidatura a lista de Patrimonio da Humanidade da Unesco. A decisión tomaráse no 45º Comité de Patrimonio Mundial, no ano 2021.

Río Mao, río Sil

O río Mao é un curso fluvial galego. Nace nos altos da serra de San Mamede, no concello ourensán de Montederramo, e desauga no río Sil, entre os concellos da Teixeira e Parada de Sil.

Serra da Aciñeira

A serra da Aciñeira é unha serra galega localizada ao norte de Valdeorras, no limar coa provincia de León. Limita ao norte co val do Selmo e ao sur co val do río Sil. Está conformado por lousas, xistos, areíscas e calcarias.

O cumio de maior altitude na serra é A Turrieira, con 1.610 metros sobre o nivel do mar.

Serra das Cabanas

A serra das Cabanas é unha serra galega localizada entre os concellos de Ribas de Sil, Castro Caldelas e mais San Xoán de Río. Está circunvalada ao norte e ao leste polo río Sil. Na vertente sur nacen varios afluentes do río Edo.

O cumio de maior altitude é o Cerengo, con 1.235 metros sobre o nivel do mar.

Serra de Cereixedo

A serra de Cereixedo é un macizo localizado entre os termos municipais de Quiroga e A Rúa, que limita ao norte co río Barreiros, ao oeste polo río Soldón e ao sur co val do río Sil e máis a depresión de Valdeorras. Está conformada por lousas, granitos, guarcita e calcarias.

O cumio de maior altitude é o Lagoa Grande, con 1.246 metros sobre o nivel do mar.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.