Río Sardiñeira

O río Sardiñeira é un río galego da provincia de Lugo, afluente pola marxe esquerda do río Miño, que desauga nel á altura do encoro de Belesar, dentro do concello do Saviñao, (Lugo).

Río Sardiñeira
Encoro de Belesar
Vista do encoro de Belesar lugar no que desenvoca o río Sardiñeira
PaísGalicia Galicia
ConcaRío Miño
DesembocaduraEncoro de Belesar
Hidrogalicia rio minno
Conca do río Miño no territorio galego

Percorrido

A Sardiñeira, como é coñecido na zona, nace na Serra das Penas, no concello de Paradela, para desembocar en el río Miño, na parte alta do encoro de Belesar, logo de descender por suaves pendentes, e xa no concello do Saviñao.

Afluentes

A maior parte son regos e regatos, dos que compre destacar o río do Portiño, que se lle une en Eirexafeita, no municipio do Saviñao.

Réxime hídrico

É un río de réxime pluvial, do tipo oceánico, consonte unha media de precipitacións na súa conca de 1.122 mm anuais.

Fauna e vexetación

A Sardiñeira caracterízase pola alta calidade das súas augas, o que fai abundante a vexetación e fauna que vive nas súas beiras.

En canto á flora asociada ao río, predominan os carballos, castiñeiros, salgueiros e amieiros; un tanto afastados, nas partes altas das ladeiras, áchanse tamén piñeiros. Preto da ribeira encóntranse tamén, en parte debido ao abandono das terras, e en grande cantidade, arbustos tales como o toxo o a uz.

A fauna está representada principalmente pola troita común (Salmo trutta) e a boga de río (Chondrostoma polylepis). Ligada tamén ao medio acuático, e de salientar a presenza de lontras (Lutra lutra).

Respecto ás aves pódense observar azores (Accipiter gentilis), aguionchos (Circus cyaneus) e aguionchos cincentos (Circus pygargus).

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.
Encoro de Belesar

O encoro de Belesar é un pantano artificial creado en 1963 no río Miño (o máis grande deste río), situado entre os concellos de Taboada, Chantada, O Saviñao, Paradela, O Páramo, Guntín e Portomarín. A súa capacidade é de 654,5 hm³ e ocupa unha superficie de 2.000 hectáreas e unha cola de 50 quilómetros. Na zona de maior profundidade acada os 135 metros. Ten unha potencia máxima de 227 MW, e produce unha media de 732 GWh ó ano.

A presa, construída entre os concellos de Chantada e O Saviñao, toma o seu nome do núcleo onde primeiro se proxectou, o lugar de Belesar (nas parroquias de Belesar e Diomondi), situado a unha distancia de 4,5 quilómetros río abaixo, no Encoro dos Peares.

Hidrografía de Galicia

A densa rede hidrográfica de Galicia permite que esta sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, a teor da cantidade de cursos fluviais cos que conta. En xeral, e debido ó seu escaso caudal, os ríos galegos non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura ou nos moitos encoros e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran festas semi-acuáticas como as chamadas "zaleas").

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Existen moitos encoros para a produción de enerxía eléctrica. Son características da costa de Galicia as rías, que son indentacións formadas na costa ao seren anegados polo mar os vales fluviais costeiros por descenso do nivel terrestre. As rías están tradicionalmente divididas en Rías Altas e Rías Baixas, segundo a súa posición respecto a Fisterra como punto máis occidental de Galicia.

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Ríos de Galicia

Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Porén, os altos desniveis provocan a existencia de numerosas fervenzas.

Amais da pesca fluvial, existe aproveitamento industrial dos ríos mediante os muíños e os encoros para a produción de enerxía eléctrica e o abastecemento de auga.

Sardiñeira

O topónimo galego Sardiñeira pode referirse a:

A Sardiñeira, lugar da parroquia de Barrantes, no concello de Tomiño;

Trabanca Sardiñeira, lugar da parroquia do Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa;

río Sardiñeira, afluente do río Miño;

Sardiñeira, vila ficticia onde está ambientada a serie Matalobos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.