Río Sar

O río Sar é un afluente do río Ulla pola súa banda dereita.

Río Sar
Rio Sar Pontepedrina Santiago Galicia 070310 2
Río Sar
PaísGalicia Galicia
NacementoBando (Santiago de Compostela)
DesembocaduraRío Ulla

Etimoloxía

Sar (e o seu diminutivo, o río Sarela) virían dun antigo Sars documentado xa no século I por Mela, que o menciona dúas veces, unha co Tamaris (Tambre) e outra co Ulla augas abaixo de Padrón. Segundo Krahe a forma Sars remóntase a un masculino Saros, raíz hidronímica indoeuropea ser- ou sor- fluir, vivas no sánscrito actual (sara río, sarit regueiro). Comparten toponimia o galego río Sor e outros ríos franceses (Serre, Sarre), alemáns (Saar), galeses (Cwm Sorgwm) e ingleses (Soar, Sor)[1].

Curso

Nace na parroquia de Bando (Santiago de Compostela), e discorre polas parroquias tamén compostelás de Sar, Conxo, Vidán (onde desemboca nel o seu afluente o Sarela) e Laraño. De seguido, no concello de Ames atravesa a parroquia de Bugallido e baixa rapidamente ata os 30 metros sobre o nivel do mar, atravesando a parroquia de Ortoño e internándose no val da Amaía a partir de Bertamiráns, onde recibe a auga do rego dos Pasos. No concello de Brión atravesa as parroquias dos Ánxeles, onde desemboca o seu afluente río Pego, e Bastavales, onde tamén recolle augas doutros pequenos afluentes. Chega ó concello de Rois na parroquia de Ribasar ó tempo que fai límite co concello de Padrón. Preto do lugar de Seira (Rois) recibe as augas do río Rois, no cal existe unha pequena praia fluvial, para xusto despois internarse no concello padronés. Posteriormente, tras pasar por Iria Flavia e a propia vila de Padrón, desemboca no río Ulla augas abaixo de Pontecesures, facendo fronteira entre os concellos de Padrón e Dodro e recibindo xa o influxo da marea da ría de Arousa. Neste último tramo, á altura de Padrón, existe un canal de derivación que conduce parte da auga ó Ulla por riba de Pontecesures. A súa construción concluiuse no ano 1994, co obxecto de evitar os graves asolagamentos que viña sufrindo a vila producidos polas frecuentes crecidas do río.

Un tramo do río Sar está incluído na Rede Natura 2000, dentro do Sistema Fluvial Ulla-Deza.

Ecoloxía

No ano 2005 houbo mobilizacións en oposición á minicentral da Silvouta no río Sar, co apoio da asociación ecoloxista ADEGA.[2]

Dende o punto de vista ecolóxico, o máis grave problema que padece o río Sar vén dado pola grave contaminación das súas augas, motivada tanto pola insuficiente depuración das augas residuais de Santiago de Compostela coma polos numerosos verquidos incontrolados que frecuentemente se producen ó longo do seu leito. Pese a existir unha depuradora no lugar de Silvouta (Santiago de Compostela), a súa capacidade resulta insuficiente para sanear unha boa parte das augas residuais que produce a cidade. Malia estar prevista a súa ampliación, esta vense demorando por diversos motivos dende hai anos, o que segue a provocar sucidade na auga, aparición de lixo nas súas beiras, cheiros que se agravan na época estival, cando o nivel do río é máis baixo, así como a frecuente mortandade de peixes.[Cómpre referencia]

Non obstante, ó longo das súas ribeiras aínda se pode atopar unha gran cantidade de fauna: lontras, garzas, parrulos de distintas especies, anfibios e réptiles variados e gaivotas. Entre os peixes figuran a troita, a anguía e, xa preto da desembocadura, onde as augas se tornan salobres, reos e muxos. Tamén é frecuente ver crías de especies propias da auga salgada, como as sollas, xa que esta especie sobe a desovar río arriba. Outros como o salmón e a lamprea, abundantes en tempos pasados e que chegaban a remontar e ser capturadas á altura da Ponte da Condomiña (Bertamiráns), acabaron por desaparecer a causa da contaminación.[Cómpre referencia]

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do río Sar.
Río Sar

Parroquia de Sar

Notas

  1. Notas acerca de Hidronimia Gallega Abelardo Moralejo Laso, Universidade de Santiago de Compostela
  2. "Varios colectivos organizan una concentración y una marcha contra el proyecto de minicentral en el Sar" Arquivado 12/03/2016, en Wayback Machine., artigo en La Voz de Galicia, 1 de xullo do 2005.

Véxase tamén

Outros artigos

Apeadoiro de Guísamo

Guísamo foi un apeadoiro da liña León - A Coruña localizado en Guísamo (Bergondo). A el se accedía por unha escaleira desde a estrada DP-01810, que salva a vía férrea mediante un paso superior. As súas instalacións foron eliminadas.

Auga doce

A auga doce é auga que contén cantidades mínimas de sales disoltos, especialmente cloruro sódico. O ser humano, cun proceso, pódea purificar e bebela o que se chama proceso de potabilización e a auga obtida denomínase auga potábel.

A auga doce que todos os seres vivos precisan para medrar e desenvolverse representa só o 3 % da auga de todo o planeta Terra (isto é, 42 millóns de km³ dun total de 1.400 millóns de km³ de auga). Ademais encóntrase desigualmente distribuída, concentrándose máis do 90 % desta nos casquetes polares, glaciares e masas de xeo.

Casa da Conga

A casa da Conga é un edificio de principios do século XVIII sito na praza da Quintana de Santiago de Compostela.

Trátase dun edificio barroco construído para vivenda dos cóengos da catedral. As trazas iniciais débense a Domingo de Andrade, pero quen rematou a construción en 1730 foi Casas e Novoa. Está situada pechando a parte sur da praza da Quintana. Estrutúrase como un bloque de catro casas cun vistoso pórtico corrido que une as catro edificacións. É de estilo moi clasicista en contraste coa Casa da Parra situada na parte superior da praza. Na actualidade a casa da dereita é sede do Colexio de Arquitectos de Galicia e sala de exposicións. O resto está ocupado por comercios, restaurantes, bares e cafeterías.

Centro Comercial Compostela

O Centro Comercial Compostela é un edificio de tendas de El Corte Inglés, sito en Santiago de Compostela, na saída da cidade cara a Ourense. Inaugurado en 1998, foi o segundo centro comercial que se construíu na capital de Galicia.

Colexiata de Santa María a Real do Sar

A colexiata de Santa María a Real do Sar é un templo románico e casa de cóengos anexa fundado como mosteiro da regra de Santo Agostiño a carón do río Sar, no concello de Santiago de Compostela.

Comarca de Santiago

A comarca de Santiago é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Santiago de Compostela. A esta comarca pertencen os concellos de Ames, Boqueixón, Brión, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra.

El Correo Gallego

El Correo Gallego é un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José Mariano Abizanda na cidade de Ferrol en 1878.

Estación de Maside

Maside é un apeadoiro de Adif, situado no centro da vila de Maside, provincia de Ourense. Está situada na liña A Coruña-Madrid e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Estación de Santiago de Compostela

A estación de Santiago de Compostela é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Santiago de Compostela. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

En 2010 recibiu 1.771.974 pasaxeiros, sendo a estación con maior número de viaxeiros de toda Galicia.

Galería de imaxes de Padrón

Galería de imaxes do concello de Padrón na provincia da Coruña.

Galería de imaxes do río Sar

O río Sar

Santiago de Compostela

Padrón

Lamego, Seira, Rois

Lamego é un lugar da parroquia de Seira no concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Os seus lindes (todos eles pertencentes á mesma parroquia), son: ao norte, o Casal; ao sur, Seira; ao leste, linda co río Sar, delimitando o Concello de Rois co de Padrón; e ao oeste, linda ca Eirexa. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 91 habitantes (40 homes e 51 mulleres).

PATRIMONIO

No centro de Lamego, disponse como lugar de recreación dun parque infantil, e no linde sur, atópase a Praia Fluvial, restaurada recentemente. Na zona este, aproveitando o caudal do río Sar, está o chamado Muíño do Cuncheiro, que actualmente é utilizado como local hosteleiro. No oeste está situada a Igrexa da Parroquia, e cabe destacar tamén a construción da vía férrea do AVE, que atravesa Lamego.

FESTIVIDADES

Algunhas das festividades e festas parroquiais son:

-Candeloria (2 de febreiro)

-San Lourenzo (10 de agosto)

-San Bartolomeu (24 de agosto)

-Santa Lucía (13 de decembro)

Os Ánxeles, Brión

Santa María dos Ánxeles é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Brión, na comarca de Santiago. Está situada na zona baixa do concello, no Val da Amaía, á beira do río Sar. A súa extensión é de 7,5 km² e conta cunha poboación de 3.035 habitantes (1.484 homes e 1.551 mulleres) distribuídos en 21 lugares e aldeas (ano 2007), o que supón un aumento respecto ó ano 2004, cando tiña 2.093 habitantes (1.071 mulleres e 1.022 homes).

Padrón

Padrón (do latín petra, deriva de petronem< petram)[Cómpre referencia], é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca do Sar. Segundo o INE en 2015 tiña 8.643 habitantes (8.985 no 2010, 9.016 no 2006, 9.035 no 2005, 9.070 no 2004, 9.136 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «padronés» ou «iriense».

Provincia da Coruña

A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e ocupa a punta noroeste do país e da península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. A capital leva o mesmo nome, A Coruña.

Rois

Rois é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2018) tiña 4564 habitantes (4995 no 2009, 5105 no 2006, 5149 no 2005, 5122 no 2004, 5137 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é roisense.

Río Sarela, río Sar

O río Sarela, tamén coñecido como río dos Sapos, é un afluente do río Sar pola súa banda dereita.

Nace nas abas do monte Pedroso, na parroquia da Peregrina (Santiago de Compostela), e discorre, ao longo duns 10 km, bordeando polo oeste a cidade de Santiago, polas parroquias de Vista Alegre, San Paio, e Vidán onde desemboca no río Sar no lugar da Ponte Vella .

Os seus afluentes son:

Pola banda esquerda: - o rego dos Vilares, que desemboca na Peregrina, e- o rego ou río Corgo ou Corvo, que desemboca no parque de Galeras.

Pola banda dereita:- o rego de Bar, que desemboca nas Casas do Rego (San Paio).

Este pequeno río cumpriu antano un papel fundamental no desenvolvemento da zona pola que transcorre, xa que grazas a el obtíñase auga para uso agrario, doméstico ou industrial; ademais, no curso do río houbo varios muíños e establecéronse algúns curtidoiros de coiro nas súas beiras.

Deste uso público como fonte de recursos, de espazos de traballo e de lecer, temos abondosas mostras en todo o seu percorrido. Tamén abasteceu de pesca á poboación e serviu para os xogos e o baño.Debido a todos estes usos que os composteláns fixeron del, o río sufriu moitas modificacións coa desviación das súas augas para levalas aos muíños, a construción de pontes e camiños a través do seu leito e a ocupación das beiras con muros de vivendas e outras estruturas.Así como o Sarela acompaña a cidade polo oeste, o Sar faino polo leste, de aí o dito: Entre o Sar e o Sarela, está Compostela.

Río Ulla

O río Ulla é un curso fluvial galego pertencente á vertente atlántica.

Sar, Santiago de Compostela

Santa María de Sar é unha parroquia sita na parte sur do concello coruñés de Santiago de Compostela, á beira do río Sar.

Artigos sobre a cidade de Santiago de Compostela
Edificios institucionais
Edificios relixiosos
Teatros
Museos
Outros edificios
Parques
Centros comerciais
Rueiro
Transporte
Medios de comunicación
Clubs deportivos
Recintos deportivos
Outros recintos
Centros de saúde
Empresas locais
Restos arqueolóxicos
Accidentes xeográficos
Educación
Outros

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.