Río Rin

O Rin (Rhein en alemán, Rhin en francés, Rijn en neerlandés, Rain en retorrománico) é un dos ríos máis longos e importantes de Europa, con 1238 km e un caudal de 2300 m³/s. Atravesa Europa de sur a norte, desembocando no mar do Norte.

Loreley von Spitznack
Loreley

O nome Rin é de orixe celta e significa fluír (como en grego antigo 'rheīn'=fluír). Xunto co Danubio, o Rin constituía a maior parte da fronteira setentrional do Imperio Romano. Os romanos chamaban o río co nome de Rhenus. Desde esa época o Rin é un curso de auga moi usado para o transporte e o comercio.

Rin
Chutes du rhin
Fervenzas en Schaffhausen.
PaísSuíza Suíza
Austria Austria
Liechtenstein Liechtenstein
Flag of France.svg Francia
Alemaña Alemaña
Países Baixos Países Baixos
NacementoAlpes (Suíza)
Altitude2344 msnm
Lonxitude1238 km
Caudal medio2300 m³/s
DesembocaduraMar do Norte (Países Baixos)
Flusssystemkarte Rhein 05

Xeografía

Nace nos Alpes, no leste da Suíza, no cantón de Grisons (ou Graubünden en alemán) e é o resultado da confluencia de dous ríos, o «Rin anterior» e o «Rin posterior». Desauga no mar do Norte mesturando as súas augas coas do río Mosa no gran delta. Atravesa ou acompaña seis países: Suíza, Austria, Liechtenstein, Alemaña, Francia e os Países Baixos.
Constitúe a fronteira natural entre Suíza e Liechtenstein, entre Alemaña e Suíza e entre Alemaña e Francia.

Nos Países Baixos, o Rin divídese para formar un delta:

  • Preto de Noviomago o Rin divídese no Rin Baixo (ou Nederrijn en neerlandés), o Linga (ou Linge en neerlandés) e o Vales (ou Waal en holandés)
  • En Arnhemia, o Rin Baixo divídese no Rin Baixo e o Isala (ou IJssel en neerlandés)
  • Preto de Gorinchen, o Vales xúntase cun brazo da Mosa e continúa baixo o nome Merivido (ou Merwede en neerlandés)
  • Despois Wijk bij Duurstede, o Rin Baixo divídese na Leica (ou Lek en neerlandés), no Rin Vello (ou Oude Rijn en neerlandés) e no Rin Curvado (ou Kromme Rijn en neerlandés).

Historia

Esta característica de fronteira nacional é relativamente recente, con excepción do período durante o cal o Imperio romano o transformou nunha barreira ao norte contra os bárbaros, cunha fronteira (limes) enchida de fortificacións, como Colonia ou Estrasburgo. Entre a caída do Imperio romano e a conquista da Alsacia por Luís XIV, o Rin era parte do mundo xermánico, que o denominaba Vater Rhein, o Rin paternal.

Acontecementos históricos

Hidroloxía

Rhine canyon
Canón ou Ruinaulta, entre Ilanz/Glion e Chur, Suíza.

Con 14.000 á 17.000 anos de idade, as cataratas do Rin teñen unha altura de 23 metros (desnivel total de 33 metros) e unha largura de 150 metros, cun fluxo medio de 373 m³/s.

O fluxo medio anual na fronteira franco-alemá é de 1.240 m³/s, en Estrasburgo de 1.080 m³/s, e en Basilea de 1062 m³/s. A maior seca foi de 202 m³/s, e a maior enchente de 5.700 m³/s.

Afluentes principais

Os principais afluentes do Rin, por orde de confluencia desde o nacemento ata a desembocadura, son:

  • Aar: nace nos Alpes berneses e desemboca no Rin pola súa esquerda en Suíza. O seu curso está completamente en territorio suízo e ten unha lonxitude de 291 km. Pasa por Berna, a capital do país.
  • Neckar: nace na Selva Negra e únese ao Rin pola súa marxe dereita en Mannheim despois de percorrer 367 km. do estado alemán de Baden-Württemberg. Baña a cidade universitaria de Heidelberg.
  • Main (Río Meno): é un dos afluentes máis caudalosos do Rin. Nace na Selva de Franconia no estado alemán de Baviera preto da fronteira con Chequia. Atravesa territorio alemán en dirección este-oeste ao longo dos seus 524 km. pasando polos estados federados de Baviera e Hessen, para unirse ao Rin pola súa dereita fronte á cidade de Maguncia. No seu curso áchanse a cidade operística de Bayreuth e a cosmopolita Frankfurt.
  • Lahn: nace na rexión montañosa de Sauerland no estado federado alemán de Renania do Norte-Westfalia, para entrar pronto en Hessen e rematar o seu curso na marxe dereita do Rin preto de Coblenza no estado federado de Renania-Palatinado. Ten unha lonxitude de 242 km.
  • Mosela: ao longo dos seus 545 km. atravesa tres países: Francia, Luxemburgo e Alemaña. Nace no macizo francés dos Vosgos e discorre en dirección norte ata ser fronteira natural entre Luxemburgo e Alemaña. A partir de aquí toma a dirección nordeste, xa en territorio alemán, no estado de Renania-Palatinado, ata confluír co Rin pola súa esquerda en Coblenza. Cidades importantes polas que pasa son a francesa de Metz e a alemá de Tréveris.
  • Ruhr: coma o Lahn, nace na rexión de Sauerland e o seu curso de 221 km. discorre enteiramente polo estado federado alemán de Renania do Norte-Westfalia. O seu val está densamente poboado e industrializado, sendo unha das rexións máis urbanizadas de Europa. Baña as importantes cidades de Dortmund, Bochum, Essen e Duisburgo, pouco despois da cal desemboca no Rin pola dereita.
  • Mosa: do mesmo xeito co Mosela, percorre tres países nos seus 950 km.: Francia, Bélxica e os Países Baixos. Nace no planalto francés de Langres e discorre en dirección norte pasando polas cidades francesas de Verdun e Sedan. Ao chegar á cidade belga de Namur xira ao leste ata Liexa onde retoma o norte para entrar nos Países Baixos por Maastricht. Na súa desembocadura mestúrase co Rin pola súa marxe esquerda para formaren o Hollandsch Diep, un río, esteiro e delta común.
Meuse, in the french ardennes2
O río Mosa nas Ardenas francesas.

Economía

SchiffeMaxau
Buque mercante no Rin, preto de Karlsruhe.

Entre Basilea e o seu estuario, o Rin atravesa unha das zonas máis densamente poboadas da Europa occidental, historicamente rica en comercio e trocas. O Val do Rin tamén foi o berce dunha das principais rexións da Revolución Industrial, a rexión do Ruhr, que se beneficia dunha importante reserva de recursos minerais, de fácil acceso e favorábeis ao desenvolvemento da industrialización.

Desde a «Convención de Mannheín» de 1868, o Rin considérase unha rexión de "augas internacionais" da última ponte da Basilea até o mar do Norte, asegurándolle a Suíza un acceso libre ao mar. A sede da Comisión central pola Navegación do Rin está en Estrasburgo. Fundada en 1815 durante o Congreso de Viena, é a máis antiga organización internacional.

En 2000, a Organización das Nacións Unidas para a Educación, Ciencia e Cultura (UNESCO) inscribiu os 65 km do Val Medio do Rin na lista do Patrimonio da Humanidade, xuntamente co rochedo da Lorelei, preto da cidade de Saint-Goar, na Alemaña.

Toponimia

O Rin deu o seu nome aos dous departamentos franceses da rexión de Alsacia:

Dá tamén o seu nome a dous Estados de Alemaña:

Canais

Breisach 018.650 NT
Gran Canal da Alsacia.

O curso do Rin está afectado por diversos canais, de varias naturezas, que discorren paralelos (o gran canal da Alsacia) ou que o unen co curso doutros ríos (o Canal Saint-Symphorien que o une co Ródano-Saona).

Gran Canal da Alsacia

Comezou a construírse no ano 1920 no lado francés da Alsacia, o que permitiu a este país construír no seu territorio centrais hidroeléctricas e presas. Estas construcións fixeron baixar ostensibelmente o caudal do río e que o río Rin pasase a ser un dos máis contaminados do continente europeo, como consecuencia en 1935 o salmón desapareceu das súas augas.

Grazas ó labor conxunto dos países polos que trascorre o río este recobrou parte da súa pureza e o salmón ao igual que algunha outra especie volve ter presenza nel.

Canal Rin-Meno-Danubio

Comezou a construirse despois da Segunda Guerra Mundial e rematouse en 1993. Con 677 quilómetros de lonxitude percorre a parte meridional de Alemaña, esténdese polo Estado federado de Baviera dende Aschaffenburg ata as proximidades da fronteira con Austria. Pasa polos vales dos ríos Meno, Regnitz e Altmül, permitindo a navegación ata o Danubio e polo tanto ata o Mar Negro dende o Mar do Norte.

Cita

«Toda a historia de Europa (...) está resumida neste río de guerreiros e de pensadores, nesta onda inmensa que sacode Francia, neste murmurio profundo que fai soñar a Alemaña. O Rin reúne todo [1]» Le Rhin, Victor Hugo, 1842.

Galería de imaxes

Vue aérienne du Rhin à Dusseldorf

O Rin por Düsseldorf.

Cologne (Köln) Rhine River view

O Rin en Colonia.

Rheinfall01

As cataratas do Rin, Schaffhausen (Suíza).

BrueckeMaxau

Ponte sobre o Rin en Karlsruhe.

Notas

  1. Il y a toute l'histoire de l'Europe (...) dans ce fleuve des guerriers et des penseurs, dans cette vague superbe qui fait bondir la France, dans ce murmure profond qui fait réver l'Allemagne. Le Rhin réunit tout.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Baden-Württemberg

Baden-Württemberg é un dos 16 estados federados (Bundesländer) nos que se atopa dividida Alemaña. Baden-Württemberg atópase no suroeste do país, ó leste do río Rin. O estado limita ó norte co estado de Hesse, ó nordeste e ó leste co estado de Baviera, ó sur con 334 km de Suíza, polo oeste coa rexión francesa da Alsacia e polo noroeste co río Rin e co estado de Renania-Palatinado.

É o terceiro estado máis grande da Alemaña, cunha superficie de 35.752 km2 e unha poboación de 10.7 millóns habitantes (ao tamaño equivale a un país coma Bélxica). A súa capital é Stuttgart. Baden-Württember é o resultado da unión entre os estados independentes de Baden e Württemberg, a partir de 1952 e grazas a unha consulta popular.

Balzers

Balzers é un concello situado no suroeste do principado de Liechtenstein. Contaba en 2010 cunha poboación de 4 529 habitantes. A maior parte da localidade está situada na ribeira este do río Rin.

Basilea

Basilea (alemán: Basel ['ba:zəl]; francés: Bâle [bɑl]; italiano: Basilea [bazi'leːa]) é a terceira cidade máis poboada de Suíza despois de Zúric e Xenebra. No ano 2017 tiña 176 117 habitantes e 537 100 habitantes na conurbación, que se espalla aínda polos cantóns veciños.

Düsseldorf

Düsseldorf (en alemán [ˈdʏsl̩dɔɐ̯f] (AFI), escoitar, en baixo alemán: Düsseldörp) é a capital do estado (Bundesland) de Renania do Norte-Westfalia. É, tras Colonia, a terceira cidade en tamaño de Renania do Norte-Westfalia, cunha poboación duns 583 000 habitantes (2008). Está á beira do río Rin.

Estrasburgo

Estrasburgo (en francés: Strasbourg, [stʁaz.buʁ] (AFI); en alemán: Straßburg, [ˈʃtʁaːsbʊɐ̯k] (AFI); en alsaciano: Strossburi, [ˈʃd̥rɔːsb̥uri] (AFI)) é unha cidade situada no leste de Francia, na marxe esquerda do río Rin. É a capital da rexión administrativa francesa do Gran Leste e do departamento do Baixo Rin.

A aglomeración urbana prolóngase ata Alemaña, á cidade de Kehl, que é o espello xeográfico de Estraburgo do lado oposto do Rin.

FC Köln

O Fußball-Club Köln é un equipo de fútbol alemán, da cidade de Colonia. Foi fundado en 1948, como unha fusión dos equipos Kölner Ballspiel-Club 1901 e SpVgg Sülz 07.

Como moitos doutros clubs profesionais de fútbol de Alemaña, o FC Köln tamén incorpora departamentos doutros deportes, neste caso o balonmán, tenis de mesa e ximnasia. Os principais rivais do club son Bayer Leverkusen, Borussia Mönchengladbach, e Fortuna Düsseldorf - todos os clubs da mesma rexión xeral, cerca do río Rin.

Friburgo, Alemaña

Friburgo (en alemán: Freiburg im Breisgau) é unha cidade do Estado de Baden-Württemberg, Alemaña, na rexión do Breisgau, no extremo occidental da Selva Negra. Está situada na beira dereita do río Rin. Destaca polo seu carácter universitario e é considerada como a capital da ecoloxía neste país.

Galia

A Galia (Gallia en latín) é o conxunto de territorios ocupados polos galos, pobos denominados así polos romanos, e que corresponden coas actuais Francia, Bélxica e parte de Suíza, así como terras dos actuais Países Baixos e Alemaña situadas ao oeste do río Rin. A palabra galo refírese habitualmente aos habitantes celtas desa rexión nos tempos antigos e foi empregada principalmente polos romanos, que moi raras veces chamaban celtas a este conxunto de tribos diversas. O xentilicio conservouse a través dos tempos soamente na extensión de terras que hoxe compoñen a República francesa e aínda hoxe se continúa chamando galos aos franceses, e de feito Gallia é o nome de Francia en grego moderno.

Lago Constanza

O lago de Constanza (alemán: Bodensee) é un lago atravesado polo río Rin.

Limites romani

Limites Romani ou Limes é o nome aplicado a unha zona de fortificacións fronteirizas romanas que protexían o seu imperio. Houbo algunhas fortificacións de fronteira en Dacia, Arabia Petrea, Numidia e Britania, pero o limes principal foi o de Agri Decumates contra os xermánicos co Limes Germanicus, na zona do río Danubio e do río Rin, e estaba formado por fortíns, foxos, muros e empaladizas; nalgúns lugares había torres redondas e noutros torres de madeira de observación. Está inscrito na lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO dende o ano 1987.

As fronteiras do Imperio Romano foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, e en concreto a Muralla de Hadrián en 1987 e Limes da Alta Xermania-Recia e a Muralla de Antonino en 2005 e 2008, respectivamente. É un dos sitios transfronteirizos que existen no mundo.

Orixinalmente, a palabra "limes" designaba en latín calquera estrada custodiada polas patrullas de fronteira. Polo tanto, a palabra é usada para nomear tanto as auténticas murallas de pedra (provincia de Britania) como cadeas de fortes de madeira ou pedra a certa distancia uns de outros. Este último foi o modelo predominante na ampla e perigosa fronteira, con Germania libera, naqueles lugares onde non podían usar os grandes ríos como fronteira. Co tempo, os propios romanos contrataron ás tribos germanas como soldados para gardar as "limes".

Os principais límites fortificados durante o Imperio foron os seguintes:

A Muralla de Hadrián e a Muralla de Antonino en Gran Bretaña.

Limes Germanicus, nas provincias de Xermania Inferior e Xermania Superior, seguindo o río Rin ata as estribacións dos Alpes. O Castelo de Saalberg (montaña sal) ao norte de Frankfurt, formou parte das Limes romanas nunha especie de provincia romana que penetrou no leste do Rin, a fin de obter sal nuns lugares próximos ao macizo de Taunus, no estado federado de Hessen. Varios castelos construídos polos romanos nesta área aproveitan esta especie de cordilleira ou máis ben macizo para penetrar cara ao leste máis aló do Rin.

Limes Alutanus nalguns tramos ao norte do Danubio pasando por Dacia e Pannonia, que eran provincias do Imperio Romano.

Limes Transalutanus ', a fronteira no Danubio inferior.

Limes Moesiae, a fronteira ao leste de Romanía e Moldavia.

Limes Tripolitanus, separando a África romana dos territorios controlados por tribos bérberes no Sahara e do Cordal do Atlas.

Limes Arabicus, separando o territorio romano do deserto de Arabia, que consta dunha cadea de fortes construídos en puntos de auga, ligados por unha densa rede de estradas, para defenderse das incursións dos nómades do deserto e protexer a chegada das caravanas.

Limes orientais: apoiado no curso do Éufrates, separando as provincias Siria e Capadocia do Imperio parto e, despois, o Imperio Sasánida, formado por unha cadea de cidades e posicións fortificadas controlando os puntos de auga e os vaos do río coas fortalezas dos lexionarios na retaguarda, duns tres a cinco días de marcha.

Maguncia

Maguncia ou Mainz (en alemán: Mainz) é a capital do Estado federado alemán (Land) de Renania-Palatinado. É unha cidade do suroeste de Alemaña, á beira do río Rin, onde desemboca o río Meno. É un porto fluvial destacado. Nela inventou a imprenta Johannes Gutenberg. Hoxe, Mainz volveu ser un centro dos medios de difusión, xa que alberga a sede da ZDF, a segunda canle da televisión alemá.

Aínda que foi gravemente destruída durante a segunda guerra mundial, a cidade conserva unha parte importante da cidade vella, na que destacan as construcións realizadas en pedra de cor vermella (areísca, principalmente).

Mainz ten universidade desde 1477, chamada Johannes Gutenberg, situada cerca do centro da cidade. O seu antigo campus non só comprende aulas e salas de conferencias, senón tamén vivendas, bares e restaurantes que constitúen un barrio independente.

Con 196.950 habitantes (en 31 de marzo de 2006), é a terceira cidade máis grande da Rexión Rin-Meno.

O seu equipo de fútbol FSV Mainz 05 xoga na primeira división (Bundesliga).

Nehalennia

Nehalennia é unha deusa. De orixe incerta, quizais xermánico ou celta, Nehalennia é representada en numerosos altares votivos descubertos na actual rexión de Zelandia, nos Países Baixos, onde o Río Rin flúe cara ao Mar do Norte. A orixe do culto data do século -II, e a veneración da deuse floreceu nos séculos II e III.

Renania

Renania é unha rexión de Alemaña na ribeira do río Rin. Actualmente a súa área abránguena os estados alemáns de Renania do Norte - Westphalia e Renania - Palatinado.

Renania-Palatinado

Renania-Palatinado (en alemán: Rheinland-Pfalz) é un dos 16 Estados federados de Alemaña. Ten unha superficie de 19.846 km² e está bañado polos ríos río Rin e Mosela. A capital do estado é Maguncia. Outras cidades importantes do estado son Kaiserslautern, Tréveris, Coblenza e Ludwigshafen.

O estado federado de Renania-Palatinado ten unha composición territorial de 24 distritos rurais (Landkreise), 12 distritos urbanos (Kreisfreie Städte), 163 comunidades (Verbandsgemeinde), 37 comunidades independentes (verbandsfreie Städte und Gemeinden) así como 2.257 municipios. No 2005 había 4.059.604 habitantes no estado.

Renania-Palatinado componse das seguintes rexións: ao norte o Westerwald, ao oeste o Eifel, no medio do territorio o Hunsrück, ao leste o Taunus e o Rheinhessen e ao sur o Palatinado Renano ou Baixo Palatinado.

Río Elba

O río Elba (Elbe alemán, Labe checo, Łobjo, polaco) é un dos principais ríos da Europa central, o segundo máis longo dos que desembocan no mar do Norte, tras o río Rin. Ten unha lonxitude de 1165 km —o 17.º río máis longo de Europa— e drena unha gran conca de 148268 km² —a 12.ª conca europea e 2.ª do mar do Norte—, que corresponde a Alemaña (65,5%), República Checa (33,7%), Austria (0,6%) e Polonia (0,2%). O sistema fluvial máis longo da conca corresponde ao Elba–Moldava, con 1231 km.

O Elba nace no norte da República Checa, a 1386 m de altitude, na vertente meridional dos montañas dos Xigantes, e tras discorrer primeiro en dirección sueste e virar ao noroeste, desemboca non lonxe de Hamburgo no mar do Norte.

Administrativamente, o río discorre por catro das trece rexións da República Checa —Hradec Králové, Bohemia Central, Pardubice e Ústí nad Labem— e cinco dos 16 estados federados de Alemaña: Saxonia, Saxonia-Anhalt, Baixa Saxonia, Schleswig-Holstein e Hamburgo.

As cidades máis importantes no seu curso son as checas Hradec Králové (93035 hab.), Pardubice (89467 hab.), Ústí nad Labem (93747 hab.) e Děč ín (50289 hab.) e as alemás Dresde (525105 hab.), Dessau (85488 hab.), Magdeburgo (229924 hab.), Hamburgo (1734272 hab.) e Cuxhaven (50846 hab.).

Os seus principais afluentes son os ríos Moldava (434 km), Saale (413 km), Havel (413 km), Ohře (316 km), Elster Negro (181 km) e Mulde (147 km).A conca do Elba está habitada por 24,5 millóns de persoas.

Xermania Inferior

A Xermania Inferior foi unha provincia romana que ocupaba os territorios dos actuais Países Baixos e noroeste de Alemaña, sendo a súa fronteira oriental o río Rin (en latín Rhenus).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.