Río Pexegueiro

O Pexegueiro é un río galego que nace na parroquia redondelá do Viso, e desemboca xunto co Alvedosa no esteiro de Redondela. Atravesa as parroquias de Viso, Cesantes, e Redondela.[1]

A flora e a fauna fluvial foron alterados por mor da presenza humana, polo que a vexetación autóctona da ribeira quedou seriamente danada, sendo na actualidade meras canles de escoamento con apenas diversidade.[2]

Pexegueiro
Rio Pexegueiro2
Río Pexegueiro ao seu paso pola parroquia de Redondela
PaísGaliza
NacementoO Viso, Redondela
Lonxitude6 Km
DesembocaduraEsteiro de Redondela, enseada de San Simón, na ría de Vigo.

Galería de imaxes

Rio Pexegueiro

Letriro nunha rocha á beira do río.

Rio Pexegueiro3

Notas

  1. "Redondela, ámbito territorial". Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2013. Consultado o 04 de febreiro de 2013.
  2. Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología. (ed.). "Redondela: biodiversidade aos teus pés." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de abril de 2014. Consultado o 16 de abril de 2014.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Camiño Portugués

Baixo a denominación de Camiño Portugués agrúpanse distintas vías do Camiño de Santiago que, con orixe en Portugal, van cara a Santiago de Compostela. Tradicionalmente, descríbense dúas rutas principais que ascenden desde o sur de Portugal, unha pola costa desde Lagos a Lisboa, Coímbra e Tui; e outra polo interior desde Faro a Évora, Chaves e Verín. Estas dúas rutas principais presentan numerosas variantes locais e comunicacións entre unha e outra formando unha rede de Camiños interconectados cara ao norte. En consecuencia, o acceso a Galicia faise por Valença do Minho a Tui ou por Braga a Ourense, sendo a primeira alternativa a máis utilizada, con diferenza, e a que, xa en Galicia, recibe oficialmente o nome de Camiño Portugués. Mesmo existe unha terceira variante que entra por Caminha á Guarda e ascende pola costa de Pontevedra, que recibe o nome de Camiño Monacal en referencia ó mosteiro de Oia, por onde pasa.

A Asociación de Amigos do Camiño Portugués comezou a sinalizar e cartografar o Camiño Portugués en 1993, desde Tui. Membros desta asociación cifraban en 500 peregrinos anuais os que seguían esta ruta nos seus inicios, experimentando desde hai anos un crecemento progresivo ata alcanzar os 52.000 do ano 2016, o que o converteu na segunda ruta Xacobea en importancia, aínda que a gran distancia do Camiño Francés. Segundo a Oficina do Peregrino, nos últimos anos accederon a Santiago polo Camiño Portugués un número crecente de peregrinos: 35.494 en 2014 (un 14,92% do total de peregrinos por tódolos camiños), 43.158 en 2015 e 52.190 en 2016., fronte ós 176.329 que chegaron polo Camiño Francés en 2016 (o 63,38% do total). Canto á nacionalidade dos peregrinos, os portugueses representan ó redor do 5% e manteñen ano tras ano un cuarto posto, por detrás de españois (ó redor do 50%), alemáns (8%) e italianos (6,5%).

Para mellorar e aumentar o atractivo desta ruta, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia e mais os doce concellos polos que transcorre o Camiño acordaron en 2014 crear unha mesa de seguimento para analizar os problemas detectados, afrontar labores de mantemento e deseñar medidas para potencialo. En setembro dese mesmo ano comezaron os traballos de limpeza e sinalización, cun orzamento dun millón de euros.

Cesantes, Redondela

San Pedro de Cesantes é unha parroquia que se localiza no concello de Redondela.

A parroquia de Cesantes limita ao Norte con Soutoxuste (O Viso, Redondela), ao leste coa parroquia do Viso, ao sur con Redondela e ao oeste coa ría de Vigo. Abarca, á parte do territorio peninsular, as illas de San Simón e San Antón. Nos tempos nos que era maioritariamente poboada por mariñeiros, popularmente era coñecida polo nome de "Os-Tras", que subsiste aínda entre a xente maior e nalgúns rótulos comerciais.

Os seus principais barrios son Outeiro das Penas, Carballiño, O Coto e San Pedro, pero podemos atopar subzonas coma A Pantalla, Catapeixe ou Couto do Mexo, ademais da illa de San Simón, que administrativamente pertence a Cesantes. A parroquia ten unha extensión aproximada de 12 km². A pesar de ser unha vila costeira conta cun relevo bastante irregular. A superficie arbórea ronda o 5 por cento e a parroquia é atravesada polo río Pexegueiro. Ten porto propio, lonxa e unha confraría de Pescadores, a confraría de San Xoán. Ademais aloxa un porto deportivo e un peirao.

Esteiro de Redondela

O esteiro de Redondela é un pequeno esteiro situado no concello pontevedrés de Redondela. Está formado pola desembocadura dos ríos Alvedosa e Pexegueiro, que finalmente tributan á enseada de San Simón, na ría de Vigo. Está delimitado pola Punta da Portela no suroeste e a Punta da Canteira no noroeste.O esteiro é unha área de importante marisqueo, xa que os ríos que nel desembocan arrastran unha gran cantidade de sedimentos de gran fino que dan lugar a unha chaira intermareal e áreas de marisma na súa beira.

Festa da coca de Redondela

A festa da Coca é unha celebración de orixe pagá que ten lugar no concello de pontevedrés de Redondela, e que ten lugar o día do Corpus Christi. A orixe desta celebración radica na lenda mitolóxica da coca, un ser da mitoloxía galega que vive nas augas do mar ou dos ríos. Foi declarada Festa de Interese Turístico Galego en 2001.A razón da celebración é a derrota deste animal mitolóxico a mans dos mozos de Redondela. Así, para conmemorar esta vitoria, realízanse representacións tanto do propio animal coma da batalla na cal a Coca foi derrotada. Esta representación coñécese como danza das Espadas, representando aos mozos que comezaron a danzar coas súas armas arredor do animal morto após de derrotalo, e baile das Penlas, representando a celebración das doncelas liberadas das fauces do dragón.

Ademais de en Redondela, a festa da Coca segue a celebrarse en diferentes lugares do conxunto etnográfico galego-portugués, como Betanzos ou Monção. Está última localidade posúe desde o ano 2002 un irmandamento con Redondela, e desde o 2003 ambas as dúas celebracións son publicitadas baixo unha promoción turística conxunta.

O Viso, Redondela

Santa María do Viso é unha parroquia situada ó norte do concello de Redondela. Linda coas parroquias de Cesantes, Ventosela e co Concello de Soutomaior. Está formada por catro núcleos de poboación: Tuimil, A Nogueira, Soutoxuste e Saramagoso, onde convivían 1.504 veciños en 2014 (735 homes e 769 mulleres).

Pavillón municipal de Redondela

O Pavillón Municipal de Redondela, tamén coñecido como A Bomboneira polo seu aspecto desde o exterior, é un recinto deportivo cuberto do concello pontevedrés de Redondela. É usado como feudo local polos equipos da Sociedade Atlética Redondela de balonmán e o Redondela FS de fútbol sala.

O pavillón localízase no barrio da Marisma, á beira do río Pexegueiro.

Redondela

Redondela é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. O seu xentilicio é redondelán. Ten unha superficie de 52,1 km² e, segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2018 tiña 29.194 habitantes, dos cales 14.219 eran varóns e 14.975 eran mulleres, resultando unha densidade de poboación de 560,35 hab./km². É o cuarto concello máis poboado da provincia, por detrás de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa, e está situado entre as dúas primeiras, a 13 km de Vigo e a 20 km de Pontevedra.

 
Ríos de Redondela

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.