Río Outón

O río Outón é un afluente do Grande pola marxe dereita. A fervenza de Entrecruces atópase no seu curso.

Río Outón
Fervenza de Sampaio 1V2016 05
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaGalicia Galicia
NacementoPreto de Ferrol, Rus (Carballo), ó pé do Monte de Alborín[1][2]
Altitude422 m [2]
DesembocaduraRío Grande
Altitude desembocadura172 m [1][2]
Cadea fluvialRío Outón,
Río Grande,
Río Rosende,
Río Anllóns
Hidrogalicia ria de corme e laxe
Conca do Río Anllóns marcada en azul escuro

Curso

Nace a 422 m ó pé do monte Alborín, preto de Ferrol, Rus (Carballo) e pasa polo Outón (Carballo) e pola Torre (Tordoia).[1] Na ponte de Ouxas recibe pola dereita o río de Calvos e pola esquerda o río Cativo, nunha paraxe dominada polo castro de Ouxas.[1][3][4] A partir deste punto descende rápidamente para formar un pequeno canón na presa de Sánchez (antiga central hidroeléctrica de 1915 que abasteceu a Carballo), que remata na fervenza de Entrecruces, un conxunto de saltos naturais de 50 m de altura total.[1] Finalmente descende entre rápidos ata o val do río Grande, onde desemboca entre San Paio e Férveda, na parroquia de Entrecruces (Carballo).[1]

Galería de imaxes

Río Outón 1V2016 01

Ruta das Férvedas PR-G 142 á beira do Outón.

Río Outón 1V2016 03

Río Outón augas abaixo da fervenza.

Río Outón 1V2016 04

Val do Outón dende o miradoiro de Férveda.

Fervenza de Entrecruces, Carballo (4467017047)

Fervenza de Entrecruces nunha enchente.

Fervenza de Sampaio 1V2016 01

Fervenza de Entrecruces.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 43°07'14.9"N 8°37'16.1"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019.
  2. 2,0 2,1 2,2 Xunta de Galicia. "Mapa de fondo: Mapa Base Vectorial" (Mapa). Mapa Base Vectorial con capas de Hidrografía. 1:2.257. Información Xeográfica de Galicia. Consultado o 8/05/2016.
  3. La Voz - Carballo (27/03/2006). "El Seprona ya ha realizado varias inspecciones en el castro de Ouxas". La Voz de Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2015. Consultado o 12/05/2016.
  4. Xan X. Fernández Carrera (29/03/2006). "O Castro de Ouxas". La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2015. Consultado o 12/05/2016.
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Carballo

Carballo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños. É un concello grande (186,8 km²) que segundo o IGE en 2015 tiña 31.283 habitantes segundo o IGE (31.358 no 2012, 31.303 no 2011, 31.149 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballés/carballesa.

Entrecruces, Carballo

San Xens de Entrecruces é unha parroquia situada ao sur do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2011 tiña 863 habitantes (441 mulleres e 422 homes), distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 968 habitantes.

Entrecruces é unha parroquia que está dividida en dúas partes: Entrecruces da Alta e Entrecruces da Baixa. Estes nomes foron postos polos propios veciños da parroquia, fixándose na posición xeográfica de cada parte.

Esta parroquia posúe unha igrexa na cal se organizan enterros, cabos de ano e misas cada domingo. Tamén dispón dun cemiterio, que coidan os veciños, alternándose cada vez que teñen que limpar os panteóns ou cortar a herba do camposanto. Esta repartición da limpeza tamén o levan a cabo cando teñen que limpar a igrexa ou o xardín que a rodea

A parroquia ten sona pola fervenza do salto da Férveda, situada no río Outón, duns 50 metros de altura. Está rodeada de vexetación, e preto das ruínas dunha antiga central hidroeléctrica (a primeira central que lle proporcionou electricidade ao concello de Carballo) e de muíños restaurados.

Fervenza

Unha fervenza, tamén denominada abanqueiro, cadoiro, freixa, ruxida, ruxidoira, salto, salto de auga ou seimeira é unha caída de auga desde certa altura provocada por un desnivel na canle dun río.

Unha fervenza componse da censa, que é o salto de auga propiamente dito; a fervenza como tal, onde se forma a escuma; e a mergulleira, onde a auga da fervenza se mergulla.

Unha gran fervenza recibe o nome de catarata mentres que unha pequena denomínase cachoada, ou tamén cachoeira, cachón, callón ou pincheira.

Fervenza de Entrecruces

A fervenza de Entrecruces, tamén coñecida como salto da Férveda, férveda de Sampaio ou fervenza de San Paio, é un salto de auga natural situado na parroquia de Entrecruces (Carballo) no río Outón, preto da súa desembocadura no río Grande.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.