Río Neira

O río Neira nace na Serra do Portelo e ten 56 km de lonxitude. As súas fontes, a 940 m de altitude, están situadas na Fontaneira, concello de Baleira.

Río Neira
Rio Neira
NacementoSerra do Portelo
Altitude940 msmn
Lonxitude56 km
Conca830 km² país = Galicia Galicia
DesembocaduraRío Miño
Hidrogalicia rio minno
Conca do río Miño no territorio galego

Características

A súa cunca abrangue uns 830 km² e está flanqueada por diversas serras que a separan das cuncas veciñas: ó norte, o Monciro e a Serra do Mirador son a divisoria coas augas da Terra Chá, e o bloque do Corgo sepárao do río Chamoso.

Do río Eo sepárana os montes do Cádavo, e do Navia, a Serra do Portelo e a da Pena do Pico ó leste. Polo sur, a Serra do Oribio é a divisoria co río Lor, e a Serra de Edramo, a que a separa do Cabe.

No seu curso alto orixina os vales de Neira de Rei e Baralla, nos que se encaixa fortemente, abríndose no val de Xusá. Dende a Pobra de San Xiao ata a súa desembocadura discorre suavemente.

Entre Láncara e Carracedo recibe pola esquerda ó río Lamas e máis adiante os seus dous principais afluentes, o Tórdea e o Sarria. Desemboca pola marxe esquerda do Miño, na confluencia dos Concellos de Guntín, O Páramo e O Corgo.

O Neira recibe pola dereita as augas do Trabazas, Val Pedroso, Mazuco, A Pena, Xenil, Guimarei, Basille, A Cabaleira, A Aspara, O Val, O Novo, Obira e o río Tórdea.

É un río con gran riqueza piscícola e ecolóxica. Nas súas vertentes mostra fragas de carballos, castiñeiros e bidueiros, onde atopa refuxio unha numerosa e variada fauna.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do río Neira.
Rio Neira - Galicia
A Ponte de Neira

O topónimo A Ponte de Neira ten a súa orixe no río Neira, afluente do Miño; pode referirse a:

A Ponte de Neira, lugar da parroquia de San Miguel de Neira de Rei, no concello de Baralla;

A Ponte de Neira, lugar da parroquia de Cela, no concello do Corgo;

A Ponte de Neira, lugar da parroquia de Vilarmosteiro, no concello do Páramo.

Baralla

Baralla é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o IGE en 2014 tiña 2774 habitantes (2889 no 2011, 2955 no 2009, 3100 no 2006, 3134 no 2005, 3193 no 2004, 3242 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é barallés.

Covas, Baralla

Santiago de Covas é unha parroquia que se localiza no concello de Baralla. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 131 habitantes (66 homes e 65 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 163 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 105 habitantes, sendo 52 homes e 53 mulleres.

Galería de imaxes de ríos de Galicia

Ríos de Galicia

Galería de imaxes do río Neira

O río Neira nace na Serra do Portelo e desemboca no Miño, na confluencia dos Concellos de Portomarín, O Páramo e Láncara

Neira

O topónimo Neira pode referirse a:

O río Neira, afluente do Miño.

Neira, parroquia do concello do Páramo.

Neira, lugar de dita parroquia;

Neira de Cabaleiros, parroquia do concello de Láncara;

Neira de Cabaleiros, lugar de dita parroquia;

Riba de Neira, parroquia do concello de Baralla;

San Martín de Neira de Rei, parroquia do concello de Baralla;

San Miguel de Neira de Rei, parroquia do concello de Baralla;

Neira de Rapados, lugar da parroquia de Vilaleo no concello de Láncara;

O Castro de Neira, lugar da parroquia de Vilarmosteiro no concello do Páramo;

Neira de Abaixo, lugar da parroquia de San Mamede de Ribadulla no concello de Vedra;

Neira de Arriba, lugar da parroquia de San Mamede de Ribadulla no concello de Vedra;

O Corgo

O Corgo é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.695 habitantes (4.192 no 2006, 4.236 no 2005, 4.264 no 2004, 4.183 no 2003).

O Páramo

O Páramo é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria. Segundo o IGE en 2014 tiña 1484 habitantes (1823 no 2006, 1858 no 2005, 1887 no 2004, 1873 no 2003).

Piñeira, Baralla

San Salvador de Piñeira é unha parroquia que se localiza no concello de Baralla. Segundo o IGE en 2010 tiña 91 habitantes (46 homes e 45 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 116 habitantes.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Riba de Neira

O topónimo de Riba de Neira ten a súa orixe no río Neira, afluente do Miño; pode referirse a:

Riba de Neira, parroquia do concello de Baralla;

Quintá de Riba de Neira, lugar de dita parroquia.

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Río Sarria

O Sarria, tamén chamado Oribio, é un río da provincia de Lugo, en Galicia. É un afluente do río Neira, e este á súa vez do río Miño.

Ríos de Galicia

Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Porén, os altos desniveis provocan a existencia de numerosas fervenzas.

Amais da pesca fluvial, existe aproveitamento industrial dos ríos mediante os muíños e os encoros para a produción de enerxía eléctrica e o abastecemento de auga.

San Xoán de Río

San Xoán de Río é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Terra de Trives. Segundo o padrón municipal, en 2018 tiña 549 habitantes (913 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é riés.

Sarria

Sarria é unha vila galega da provincia de Lugo, capital da comarca de Sarria. Cos seus 13.345 habitantes (13.352 no 2006, 13.155 no 2005, 13.132 no 2004, 13.142 no 2003) segundo o INE é o quinto en poboación da provincia. O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) sarriao/sarriá.

Sarria (homónimos)

Co topónimo Sarria podemos referirnos a:

Sarria, un concello lugués na comarca de Sarria.

Sarria, unha parroquia do concello de Sarria.

Sarria, un lugar da parroquia de Sarria no concello de Sarria.

Comarca de Sarria, unha comarca galega na provincia de Lugo.

Río Sarria, un río afluente do río Neira e este á súa vez do río Miño.

Serra do Pozo

A serra do Pozo é unha das serras orientais de Galiza. Ten orientación norte-sur e limita a norte co río Eo e polo leste cun dos seus afluentes. No sur do sistema nace o río Neira, afluente do río Miño.

O punto de maior altitude é o monte Panda, con 933 metros sobre o nivel do mar.

Vilasantán, Covas, Baralla

Vilasantán é un lugar da parroquia de Covas no concello lugués de Baralla na comarca dos Ancares. Tiña 36 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE,, dos cales 18 eran homes e 18 eran mulleres. A aldea está regada polo río Neira, mesmo forma un pequeno canón ao seu paso por ela despois do cal comeza o val de Láncara.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.