Río Navia

O río Navia é un curso fluvial que nace en Vilanova do Padornelo (Pedrafita do Cebreiro)[1], e desemboca no mar Cantábrico, en Navia (Asturias), entre o cabo de San Agustín e Peñafurada. Mide 99,4 km.

O afluente máis importante é o Ibias, que ten unha lonxitude de 60,5 km. e unha superficie vertente de máis de 300 km². Parte da conca alta deste río está incluída no Parque Natural das Fontes de Narcea e do Ibias. Outros afluentes son o Carbonel, o Llouredo, o d'Or e o Augüeira, cos seus afluentes d'Ío e Soutelo.

Pasa polas localidades das Nogais e Navia de Suarna na provincia de Lugo, e por Ibias, Grandas de Salime, Allande, Pezós, Eilao, Boal, Villayón, Coaña e Navia.

O importante desnivel que salva ata a súa desembocadura foi aproveitado para a construción de varias centrais hidroeléctricas, como nos encoros de Salime, Doiras e Arbón.

Río Navia
Río Navia, en Navia de Suarna (3937702060)
PaísEspaña España
Comunidades AutónomasGalicia Galicia
Principado de Asturias Asturias
NacementoSerra do Lago, preto de Vilanova do Padornelo (Pedrafita) [1]
Altitude1008 m
LonxitudeAbsoluta: 159 km
Galicia 90 km [2]
ConcaAbsoluta: 2591 km²
Galicia 1120 km² [2]
Caudal medioAbsoluto: 67,3 m³/s
Galicia 48,5 m³/s [2]
Caudal relativoAbsoluto: 25,9 l/s/km²
Galicia 25,5 l/s/km² [2]
DesembocaduraMar Cantábrico
Navia
Altitude desembocadura0 m
Hidrogalicia rio navia
Conca do río Navia no territorio galego, marcada en azul escuro
Rio Navia
Río Navia pasando por Navia de Suarna

Orixe do nome

Martín Sevilla Rodríguez afirma no seu estudo La toponimia asturiana de origen indoeuropeo prelatino que o nome do río deriva do vocábulo indoeuropeo naus, que significa "barco". O río foi chamado Nawia nunha lingua indoeuropea falada na zona en tempos bastante remotos, ó tratarse dun río navegable. Posteriormente, coa romanización, chegouse á forma Navia actual.

Outra posibilidade é que o nome se deba á deusa Navia, que na mitoloxía galaico-lusitana era a deusa da auga e dos ríos.

Percorrido

Río Navia
Río Navia transcorrendo polo concello de Negueira de Muñiz

O curso do río é bastante rectilíneo. Nace preto do Cebreiro, cerquiña do Camiño de Santiago. Pouco despois pasa baixo a estrada A-6, e logo atravesa As Nogais. Entre Envernallas e La Muria serve de fronteira entre Galiza e Asturias. Tras internarse brevemente no Principado, regresa a Galiza, pasando por Río de Porto e Ouviaño. Aí acolle o primeiro afluente importante, o Ibias, e logo, en Vilagudín, entra de forma definitiva en Asturias. Acércase entón a Villarpedre, onde recibe as augas do río del Ouru (metal que se recollía na antigüidade nas súas beiras, cheas de frondosa vexetación). Tras pasar por Salime chega ao encoro de Grandas, unha notable obra de enxeñaría, levada a cabo a comezos da década de 1950 cun importante custo en vidas humanas, gardándose aínda vivo recordo da súa construción en todo o val.

Pouco despois de Grandas está Vallina, onde comeza o encoro de Doiras e desemboca o río Agüeira. En fronte desemboca outro río, o Riellu, coa súa sucesión de fervenzas. Nesta parte do percorrido resulta impresionante o encaixe do curso do río entre as montañas. Augas abaixo van sucedéndose as vilas de San Esteban de los Buitres, Lantero, Bullaso, Cedemonio e Xío, ata chegar ó encoro de Doiras.

En Merou comeza a cola do encoro de Arbón, o máis próximo ó mar, co embarcadoiro de Castrillón. Tras recibir as augas do Polea, o Loredo e o Frío, pasa por Llendillesia, Miñagón e Serandinas. Nesta vila é posible alugar canoas para descender ata Navia. Xa preto da présa de Doiras está o campo de adestramento da Federación Española de Piragüismo e a confluencia co regato das Pontigas, que uns quilómetros augas arriba forma as fervenzas de Oneta, as máis notables da conca.

Pasada a presa de Arbón iníciase o tramo final do curso. A paisaxe faise máis ampla, pero sempre recuberta por unha vexetación desbordante. O río serpea entre fragas e prados e, de vez en cando, ábrese en intricados ramais (forcadas) e forma illotes. Deixa nas beiras do val as vilas de Villacondide, Cacabellos e o meandro de Porto.

O río ten un abondoso caudal, posiblemente o maior de toda a cornixa cantábrica. En xaneiro de 1996 chegaron a rexistrarse na súa desembocadura ata 2000 m³/s.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do río Navia.
Río Navia
Rio Navia

Notas

  1. 1,0 1,1 Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 42°43'42.5"N 7°06'06.7"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Cañada, Silverio, ed. (2003). "Navia". Gran Enciclopedia Galega 32. El Progreso - Diario de Pontevedra. pp. 66–68. ISBN 84-87804-26-8.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

  • Descenso a Nado da Ría do Navia

Ligazóns externas

Conventus lucensis

O conventus lucensis ou convento lucense, foi unha entidade administrativa romana da Gallaecia sita no Noroeste de Península Ibérica. O seu nome deriva da súa capitalidade, Lucus Augusti (Lugo), a cidade máis importante do convento e que rexía económica e administrativamente todo o territorio. Tiña como lindes o curso dos ríos Verdugo e Sil polo sur -que marcaba a raia co Conventus bracarensis-, polo norte a propia liña costeira desde O Morrazo ata a desembocadura do río Navia (territorio actual de Asturias, polo leste a propia serra dos Ancares, pertencendo o Courel xa probablemente ao Conventus asturicensis.

Doncos, As Nogais

Santiago de Doncos é unha parroquia do concello das Nogais na comarca dos Ancares, na provincia de Lugo. Tiña 198 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 90 homes e 108 mulleres. O que supón unha diminución de 53 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 251 habitantes (117 homes e 134 mulleres) e 61 menos que en 2006.

A parroquia, situada á beira dereita do río Navia, está atravesada pola N-VI e a A-6.

Espariz, Doncos, As Nogais

Espariz é un lugar da parroquia de Doncos, no concello das Nogais, na comarca dos Ancares. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2008 era de 22 persoas (10 homes e 12 mulleres) o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 25 habitantes.

Está situado na beira oeste do río Navia, a 650 m de altitude, entre a estrada N-VI e a autovía A-6. No lugar hai unha capela consagrada a san Paio.

Galego de Asturias

O galego de Asturias, eonaviego ou galego-asturiano refírese ao galego que se fala no occidente do actual Principado de Asturias, que chega polo norte ata uns oito quilómetros da beira oriental do río Navia. Esta é unha zona onde e constatábel a súa pertenza xeo-antropolóxica galaica tanto na toponimia e na cultura (cultos, lendas, patrimonio inmaterial) como en elementos arquitectónicos diferentes como os cabazos (hórreos) ou os lousados das casas, semellantes aos da bisbarra da Mariña ou da Terra Chá.

En xaneiro de 2016 o concello da Veiga declarou o galego lingua oficial do municipio, converténdose deste xeito na primeira localidade da Galicia estremeira en situalo en pé de igualdade co castelán.

Galería de imaxes de Navia de Suarna

Galería de imaxes do concello de Navia de Suarna na provincia de Lugo.

Galería de imaxes de ríos de Galicia

Ríos de Galicia

Galería de imaxes do río Navia

Río Navia.

Monte Restelo

O monte Restelo esa localizada na zona oriental de Galiza e trátase co cumio dun sistema de serras radiais que vaia decrecendo al altitude a medida que avanza cara aos vales do río Navia e do río Suarna. Dada a súa localización, é un magnifico punto para observar as serras dos Ancares, a serra Maloura, a serra de Lastra, a serra do Hospital e mais a de Follabal.

Navia

O topónimo Navia pode referirse a:

Navia de Suarna, concello da provincia de Lugo;

Navia, parroquia do concello de Vigo;

Navia, concello de Asturias, parcialmente galegofalante;

Río Navia, no occidente de Asturias.

Navia de Suarna

Navia de Suarna é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.211 habitantes (1.615 no 2006, 1.680 no 2005, 1.732 no 2004, 1.807 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «naviego».

Noceda, As Nogais

San Xoán de Noceda é unha parroquia do concello das Nogais na comarca dos Ancares, na provincia de Lugo. Tiña 218 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 123 homes e 95 mulleres. O que supón unha diminución de 64 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 282 habitantes (150 homes e 132 mulleres) e 62 menos que en 2006.

A parroquia, situada á beira dereita do río Navia, está atravesada pola N-VI e a A-6.

Nullán, As Nogais

San Cosmede de Nullán é unha parroquia do concello das Nogais na comarca dos Ancares, na provincia de Lugo. Tiña 115 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 62 homes e 53 mulleres. O que supón unha diminución de 36 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 151 habitantes (82 homes e 69 mulleres) e 45 menos que en 2006.

A parroquia está situada á beira esquerda do río Navia.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Serra de Liñares

A serra de Liñares é unha das serras orientais de Galiza, e resulta ser unha prolongación cara ao sueste da serra de Follabal. Está arrodeada polo leste polo río Navallos e no oeste polo río Suarna e mais o seu afluente o río Lamas, ambos os dous en dirección ao río Navia. A vexetación que abunda son os piñeiros de repoboación e algunhas carballeiras e soutos nas zonas máis encostas.

Nun dos afluentes do río Suarna está localizada a seimeira de Vilagocende, unha das meirandes de Galiza.

O seu punto de máis altura é o Seixón, con 953 metros sobre o nivel do mar.

Serra de Uría

A serra de Uría é unha das serras orientais de Galiza e está situada de maneira que pecha o val do río Navia polo leste, e ten unha orientación NE-SO, limitando con Asturias. No leste da serra nacen varios regatos afluentes do río Navia. Na aba desta serra está situado o encoro de Grandas de Salime.

Serra de Vilamane

A serra de Vilamane é unhas das serras orientais de Galiza e ten orientación NO-SE. Na vertente oeste nacen varios afluentes do río Navia.

O monte máis alto é o monte Lago, con 1.046 metros sobre o nivel do mar.

Serra do Surcio

A serra do Surcio é unha das serras orientais de Galiza, con orientación NO-SE e localizada no límite de Navia de Suarna con Asturias. Na súa vertente sur nace o río Rao (tamén coñecido como río Balouta), un afluente do río Navia.

O punto de maior altitude da serra é o Pico de Surcio, con 1.456 metros sore o nivel do mar.

Serra dos Ancares

A serra dos Ancares é unha cordilleira administrativamente dividida entre Galicia e Castela e León, no extremo suroeste da cordilleira Cantábrica. Encóntrase situada na parte máis oriental da provincia de Lugo e na parte máis occidental da provincia de León.

Torre de Doncos

A Torre de Doncos é o que chegou ata os nosos días dun castelo medieval, tamén coñecido como Fortaleza de Santo Agostiño ou como Fortaleza da Grupa. Foi declarado Ben de Interese Cultural coa categoría de monumento.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.