Río Narla

O río Narla é un afluente pola banda dereita do río Miño, e presenta un percorrido de 24 quilómetros. Nace no monte do Toxo, no sistema montañoso de Corno de Boi, na parroquia de Xiá (Friol). É un río próximo á cidade de Lugo. No ano 2004 o Ministerio de Medio Ambiente paralizou un encoro para o río Narla debido ao seu impacto ambiental e ao valor ecolóxico do lugar, catalogado como lugar LIC (Lugar de Importancia Comunitaria). Desemboca na parroquia de Ombreiro (Lugo).

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Río Narla
Río Narla en Friol
Río Narla na área recreativa de Friol.
PaísEspaña España
rexiónGalicia Galicia
Nacementomonte do Toxo
Lonxitude24 km
ConcaRío Miño
DesembocaduraRío Miño
Galería de imaxes de Friol

Galería de imaxes de Friol na provincia de Lugo.

Hidrografía de Galicia

A densa rede hidrográfica de Galicia permite que esta sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, a teor da cantidade de cursos fluviais cos que conta. En xeral, e debido ó seu escaso caudal, os ríos galegos non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura ou nos moitos encoros e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran festas semi-acuáticas como as chamadas "zaleas").

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Existen moitos encoros para a produción de enerxía eléctrica. Son características da costa de Galicia as rías, que son indentacións formadas na costa ao seren anegados polo mar os vales fluviais costeiros por descenso do nivel terrestre. As rías están tradicionalmente divididas en Rías Altas e Rías Baixas, segundo a súa posición respecto a Fisterra como punto máis occidental de Galicia.

Narla

O termo Narla pode referirse a:

a parroquia de Narla do concello de Friol, na comarca de Lugo;

o río Narla, afluente do Río Miño.

Parga-Ladra-Támoga

Parga - Ladra - Támoga é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe a ríos como o Parga, Ladra, Narla, Azúmara, Támoga, Madalena e Trimaz, todos afluentes do río Miño na súa cabeceira, as súas ribeiras e lagoas como a de Cospeito. Esta área de conservación ocupa 4.939 ha. nas comarcas da Terra Chá e Lugo, nos concellos de Xermade, Vilalba, Abadín, Guitiriz, Cospeito, Begonte, Rábade, Outeiro de Rei, Castro de Rei, Friol e Lugo. Isto é, abrangue aos ríos da depresión central lucense, que é a Terra Chá.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Ríos de Galicia

Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Porén, os altos desniveis provocan a existencia de numerosas fervenzas.

Amais da pesca fluvial, existe aproveitamento industrial dos ríos mediante os muíños e os encoros para a produción de enerxía eléctrica e o abastecemento de auga.

Serra de Corno de Boi

A serra de Corno de Boi ou montes do Corno do Boi é unha serra galega pertencente á dorsal galega que está localizada entre os concellos de Friol, Toques e Sobrado. O monte de maior altura é o Campelo, con 811 metros sobre o nivel do mar. Na vertente occidental nace o río Mandeo e na oriental diversos afluentes do río Narla.

Serra do Careón

A serra do Careón é unha serra e espazo natural declarada como zona especial de conservación (ZEC) que abrangue as concas dos río Furelos e Seco ata que chegan ao río Tambre polo sur. Así é que a maior área do espazo está nos concellos de Toques, Melide e Santiso, na Terra de Melide. Ten parte na áreas próximas da comarca da Ulloa e de Lugo: en Friol e Palas de Rei.Como así o recoñece o Instituto Xeolóxico e Mineiro, este espazo destaca por ser o máis extenso afloramento de rochas ultrabásicas na península Ibérica, que vai desde Sobrado ata o sur de Melide, e catalogouse como o PIG C-17: Pregamentos tombados no complexo ultrabásico de Melide. Destacan tamén a súas extensas áreas de matogueiras, como nas Gándaras de Melide.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.