Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km [2][3][4][5]. Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Miño
Tui Miño 060415 1
Vista do río Miño e de Tui desde Valença (Portugal)
PaísEspaña España
Portugal Portugal
Comunidade autónoma e rexiónGalicia Galicia
Flag of Portugal.svg Norte
NacementoFonte do Forto no Pedregal de Irimia [1]
Altitude700 m
Lonxitude307,5 km [2][3]
Conca17 026 km² [2]
Caudal medio419,9 m³/s [2]
Caudal relativo24,7 L/s/km² [2]
DesembocaduraOcéano Atlántico
Altitude desembocadura0 m
Hidrogalicia rio minno
Conca do río Miño no territorio galego

Etimoloxía

O río Miño era chamado de Minius ou Baenis polos antigos historiadores.[Cómpre referencia]

Curso

Nacemento

O Miño nace no pedregal de Irimia, na serra de Meira, no concello lugués de Meira, formando tamén a súa cabeceira regos como o Porto da Pena e o Xirómeno.[1][2][3]

Curso alto

Máis adiante acrecenta o seu caudal coas augas da Lagoa de Fonmiñá, na Pastoriza (Lugo), a uns 50 km curso arriba, ao norte da capital de provincia.

Curso medio

Atravesa Lugo e Ourense. Neste curso o seu cauce está encaixoado en moitos lugares, e preséntanse varios encoros (Belesar - o maior do río-, Peares, Velle, Castrelo e Crecente, por ordede descenso), e recibe ó seu principal afluente, o río Sil, pola esquerda.

Curso baixo

A última parte do seu curso ten unha baixa pendente e ladeiras máis amplas, se ben segue a presentar montañas a ambas beiras en case todo o recorrido.

Desembocadura

Desemboca na Guarda (Pontevedra) facendo fronteira con Portugal, onde desemboca en Caminha polo beira portuguesa.

Xeografía

Despois de recibir o Sil, flúe cara ao suroeste e, a partir do encoro de Frieira ata a desembocadura, o Miño constitúe fronteira entre Galicia e Portugal. En Ribadavia, ás súas beiras, prodúcese o célebre viño do Ribeiro de Avia. Fai de fronteira uns 80 km, no centro dun val de forte produción agrícola, con millo ou patacas, por exemplo, así como forraxe para o gando. Na tirada final tamén se ve bordeado por viñas de albariño.

Flora e fauna

Flora

Na bacía alta do Miño existen diversos tipos de ecosistemas acuáticos, característicos da rexión bioclimática atlántica. Afluentes como o Parga, o Ladra e o Támoga integran un característico complexo húmido, formado por unha extensa rede de canles, lagoas e terreos inundados aos que se asocian pasteiros, zonas agrícolas, bosques de ribeira, turbeiras ombotróficas, breixeiras e carballeira. Esta grande diversidade de hábitat acolle numerosas especies de aves durante o período invernal.[6]

No tramo alto atopamos unha vexetación formada por bosques aluviais de ameneiros (Almus glutinosa) e freixos (Fraxinus escelsior), carballeiras (Quercus robur e Quercus pyrenaica) e uceiras húmidas atlánticas (Erica cillaris e Erica tetralix). No relativo á fauna, están presentes numerosos anátidos (Anas platyrhynchos, Anas clypeata), así como un pequeno núcleo de sisón (Tetrax tetrax). Como especies piscícolas atopamos poboacións de ciprínidos como o cacho (Lenciscus carditerti), a reñosa (Rutilus arcani) e a boga (Choridostona polylepis duriensis). Dentro dos gasterosteidos, o espiñeiro europeo (Gasterosteus aculeatus).

O tramo do baixo Miño da lugar a un esteiro estreito e con insuas que é unha importante reserva: a zona especial de conservación Baixo Miño.

Fauna

En todo o curso do río atópanse peixes como a troita (Salmo trutta) e a anguía (Anguilla anguilla) e mamíferos como o aguaneiro (Galemys pyrenaicus) e a lontra (Lutra, lutra).

O tramo baixo do Miño alberga durante o inverno gran numero de aves acuáticas, como o parrulo cristado (Aythya fuligula), a píllara dourada (Pluvialis apricaria), a píllara cincenta (Pluvialis squatarola) e a avefría (Vanellus vanellus). Tamén conta cunha importante variedade de peixes, entre os que destaca o salmón (que presenta neste río o linde de distribución máis meridional de toda Europa) e a lamprea (Petromyzon marinus) pescada tradicionalmente nestas augas, en cuxa captura empregábanse diques de feitura peculiar, denominadas pesqueiras. Outras especies piscícolas que se atopan neste tramo son a zamborca (Alosa alosa), a sabela (Alosa fallax), a carpa vermella (Carassius auratus), a perca americana (Micropterus salmoides) e a solla (Platichthys flesus).

Os últimos 40 quilómetros do río Miño están colonizados pola ameixa asiática (Corbicula fluminea). A ameixa adaptouse ás condicións e ocupou o espazo, case eliminando outras especies. A ameixa asiática foi detectada por vez primeira no río Miño en 1989. Antes diso, xa chegara ao río Texo, tal vez transportada en navíos de transporte.

Impacto humano

Ademais dos encoros, as construcións feitas nas marxes (coma o paseo e parque da Canuda en Salvaterra de Miño), e da polución que sofre o río no último treito, especialmente dende que recibe as augas do río Tea; un dos principais problemas son as especies invasoras.

No esteiro do Miño os problemas de conservación a que se ve sometida esta zona radican na alta presión urbanística, cinexética e pesqueira, ademais da contaminación producida polos residuos urbanos.

Aproveitamento

Encoro da Frieira
Encoro da Frieira, entre Crecente e Padrenda.

O Miño é o río máis caudaloso de Galicia tras o seu encontro co Sil, que achega máis auga que o tramo alto do Miño: no anuario hidrolóxico da confederación hidrográfica Miño-Sil aparece que o encoro de San Pedro, no río Sil a poucos quilómetros da xuntanza co Miño, rexistra moito máis paso de auga que o de Os Peares, o último do río miño antes do encontro (5492 hm3 fronte a 2762,9 hm3 de media anual).[7]

Ten como principal afluente o Sil, que aporta un caudal semellante na fronteira entre as provincias de Lugo e Ourense (Os Peares, 30 km ao norte de Ourense). Está inzado de encoros: 3 entre Lugo e Ourense (Belesar, 654 hm³; Os Peares, 182 hm³; Velle, 17 hm³); e dous entre Ourense e Portugal (Castrelo de Miño, 60 hm³; Frieira, 44 hm³).

É navegábel de xeito transversal, e lonxitudinalmente en pequenos tramos e na súa desembocadura.

Insuas

Existen 14 insuas ou illas fluviais en todo o trazado do río Miño partillado entre Portugal e Galicia, catro das cales son consideradas como internacionais, non sendo "disputadas" por ningún dos estados español e portugués. Son os casos de Morraceira de Seixas, Morraceira de João de Sá e Varandas, estas máis próximas da freguesía de Lanhelas (Caminha), alén da Morraceira, máis próxima da costa galega.

Atribuídas a Galicia están as insuas Canosa, Morraceira do Grilo, Morraceira das Varandas, Vacariza e Fillaboa. Esta última, con 110 000 metros cadrados, segundo o anuncio público feito polo concello galego de Salvaterra de Miño, que a adquiriu a privados, deberá "abrir ao público" en 2013 como centro de interpretación ambiental.

Consideradas territorio portugués no río Miño son as illas dos Amores, Boega e Lenta, ambas en Vila Nova de Cerveira, e as de São Pedro e Conguedo, en Valença[8].

Cultura

1907-06-15, Blanco y Negro, Orillas del Miño, Avendaño (cropped)
Río Miño por Serafín Avendaño (Blanco y Negro, 1907)

O río Miño era o viveiro máis importante na cría de peixes da Península Ibérica até a metade do século XX. Estragado por represamentos e pola polución das augas, ficou convertido nunha sucesión de presas hidroeléctricas. A riqueza natural daba emprego a uns tres mil pescadores [9].

Salmóns, peixe sabre, lampreas, anguías, sollas, bogas, escalos..., a variedade de peixes do Miño era grande. Con diferentes modos de pesca para satisfacer a necesidade de alimento, como pesqueiras, con voitirón e cabaceira, alén de alxerife en arrastre, estacadas, trasmallo, redes dun pano, chumbeira, nasas, palangres e canas. Peixes destinados ao consumo local e á exportación, que chegou ao Brasil a finais do século XIX.

Pesca realizada desde embarcacións, como o carocho e a maseira ou gamela. Tamén navegaron polo río Miño barcazas de carga, vapores entre Valença e Caminha na metade do século XIX, e baixeis, pinazas, navíos e naos na Idade Media, en tempos dos activos portos de Tui e Valença.

Afluentes

Afluentes do río Miño por orde, dende o nacemento ata a desembocadura:

  1. Río Madanela:[1] desemboca en Miñoto (A Pastoriza) pola marxe dereita.
  2. Río Pequeno:[1] desemboca no Pumar (Castro de Rei) pola marxe dereita.
  3. Río Azúmara:[1] desemboca en Coea (Castro de Rei) pola marxe esquerda.
  4. Río Anllo:[1] desemboca en Triabá (Castro de Rei) pola marxe dereita.
  5. Río Lea:[1] desemboca en Beloi (Castro de Rei) pola marxe esquerda.
  6. Río Támoga:[1] desemboca entre Os Porrás (Begonte) e Rego (Cospeito) pola marxe dereita.
  7. Río Ladra:[1] desemboca fronte a Santa Isabel (Outeiro de Rei) pola marxe dereita.
  8. Río Robra:[1][10] desemboca en Robra (Outeiro de Rei) pola marxe esquerda.
  9. Río Narla:[1] desemboca en Ombreiro (Lugo) pola marxe dereita.
  10. Río Mera:[1] desemboca na Mera (Lugo) pola marxe dereita.
  11. Río Rato (tamén chamado río da Chanca):[11] desemboca na cidade de Lugo pola marxe esquerda.
  12. Río Chamoso:[1] desemboca en Chamoso (O Corgo) pola marxe esquerda.
  13. Río Neira:[1] desemboca entre A Veiga (O Corgo) e Vilasante (O Páramo) pola marxe esquerda.
  14. Río Ferreira:[1] desemboca en Pacios (Guntín) pola marxe dereita.
  15. Río Loio:[1] desemboca en Cabo de Vila (Paradela) pola marxe esquerda.
  16. Río Zamoelle:[2] desemboca en Ferreiroá (Portomarín) pola marxe dereita.
  17. Río Pez:[1] desemboca entre Teibel e Marzán (O Saviñao) pola marxe esquerda.
  18. Rego de Moreda:[1] desemboca en San Xián (Taboada) pola marxe dereita.
  19. Río Sardiñeira:[1] desemboca en Montegrande (O Saviñao) pola marxe esquerda.
  20. Río de Pesqueiras:[1] desemboca en Pesqueiras (O Saviñao) pola marxe esquerda.
  21. Río Asma:[1] desemboca no Castro (Chantada) pola marxe dereita.
  22. Río Búbal:[1] desemboca nos Peares pola marxe dereita.
  23. Río Sil:[1] desemboca nos Peares pola marxe esquerda.
  24. Río de Barra:[1] desemboca en Barra de Miño (Coles) pola marxe dereita.
  25. Río Lonia:[1] desemboca na Lonia de Abaixo (Ourense) pola marxe esquerda.
  26. Río Barbaña:[1] desemboca na cidade de Ourense pola marxe esquerda.
  27. Río Barbantiño:[1] desemboca entre Arrabaldo (Ourense) e Izás (Punxín) pola marxe dereita.
  28. Río Avia:[1] desemboca na vila de Ribadavia pola marxe dereita.
  29. Río Ceves:[2] desemboca en Prexigueiro (Ribadavia) pola marxe dereita.
  30. Río Arnoia:[1] desemboca nos Chaos (A Arnoia) pola marxe esquerda.
  31. Río Deva:[1] desemboca entre Casaldálvaro (Cortegada) e O Valiño (Pontedeva) pola marxe esquerda.
  32. Río Troncoso ou Barxas:[1] forma parte da Raia, e desemboca fronte á Frieira (Crecente), entre Acivido (Padrenda) e Cevide (Melgaço) pola marxe esquerda.
  33. Río Ribadil:[1] desemboca na Foz (Crecente) pola marxe dereita.
  34. Río Deva:[1] desemboca entre O Cruceiro e O Pumar (Arbo) pola marxe dereita.
  35. Río Cea:[1] desemboca na Ponte Cabaleiros (Arbo) pola marxe dereita.
  36. Río Mouro:[1] desemboca en Forte (Monção) pola marxe esquerda.
  37. Río Termes:[1] desemboca entre Sucarreira e A Laxe (As Neves) pola marxe dereita.
  38. Regueira Xuliana:[1] desemboca en Liñares (As Neves) pola marxe dereita.
  39. Rego de Lobeira:[1] desemboca nas Regueiras (Salvaterra de Miño) pola marxe dereita.
  40. Río Tea:[1] desemboca na Quinta de Fillaboa (Salvaterra de Miño) pola marxe dereita.
  41. Río da Gadanha:[1] desemboca en Troporiz (Monção) pola marxe esquerda.
  42. Río Caselas:[1] desemboca entre A Agrela (Salvaterra de Miño) e Caldelas de Tui (Tui) pola marxe dereita.
  43. Río Manco:[1] desemboca en Friestas (Valença) pola marxe esquerda.
  44. Río Louro:[1] desemboca na cidade de Tui pola marxe dereita.
  45. Río Furnia:[2] desemboca en Carregal de Abaixo (Tomiño) pola marxe dereita.
  46. Río Cereixo:[1] desemboca en Forcadela (Tomiño) pola marxe dereita.
  47. Río do Pego:[1] desemboca en Vilar de Matos (Tomiño) pola marxe dereita.
  48. Río Tollo:[1] desemboca entre Fontela (Tomiño) e Carril (O Rosal) pola marxe dereita.
  49. Río Tamuxe:[1] desemboca entre A Ponte da Tamuxe e Pías (O Rosal) pola marxe dereita.
  50. Río Coura:[1] desemboca na cidade de Caminha pola marxe esquerda.

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes do río Miño
Minho River map

Mapa do río Miño.

Panoramica do río Miño (Minho river) cara a Ourense desde o Monte San Trocado, (Galicia, Spain)

Panorámica do Miño desde San Trocado, Punxín.

Sarria 0018

O río Miño ao seu paso por Portomarín arredor de 1920.

Tui Miño 060415 1

Vista do río Miño e de Tui desde Valença (Portugal).

Guarda desembocadura Miño 01-04b

Foz do río Miño (Camposancos, A Guarda).

Caneiro do Piago - Río Miño

O río Miño ao paso polo caneiro do Piago, en Lugo.

Río Miño

Notas

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 1,26 1,27 1,28 1,29 1,30 1,31 1,32 1,33 1,34 1,35 1,36 1,37 1,38 1,39 1,40 1,41 1,42 1,43 1,44 1,45 1,46 1,47 Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 43°12'46.5"N 7°15'46.1"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 Núñez Pérez, Manuel; Lois Lois, Adela; Daporta Padín, Mon (2007). Os ríos de Galiza. A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas, S.A. p. 34. ISBN 978-84-8341-136-0.
  3. 3,0 3,1 3,2 Cañada, Silverio, ed. (2003). "Miño 4". Gran Enciclopedia Galega 29. El Progreso - Diario de Pontevedra. pp. 187–196. ISBN 84-87804-26-8.
  4. Cañada, Silverio, ed. (1974). "Miño". Gran Enciclopedia Galega 21. p. 78.
  5. "Enciclopedia Galega Universal". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2008. Consultado o 01 de outubro de 2008.
  6. Hidrográfica do Miño-Sil
  7. ANUARIO DE AFOROS 2011-12 CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DEL MIÑO - SIL, saih.chminosil.es/files/informes/anuario/ANUARIO%20AFOROS%20CHMS%202011_12.pdf
  8. "Ilha espanhola é a primeira das 14 existentes no rio Minho a abrir ao público".
  9. Vázquez, José Manuel (2015): O rio Minho galego-português, ISBN 9781326350161
  10. Concello de Outeiro de Rei. "Robra (San Pedro Fiz)". Concello de Outeiro de Rei. Consultado o 30 de marzo de 2016.
  11. Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, buscar Lugo, Campus Universitario" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 4 de xullo de 2019.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

A Guarda

A Guarda é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE no ano 2016 tiña 10.133 habitantes (4.937 homes e 5.196 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é guardés.

A Sariña, Chantada

San Vicente da Sariña é unha parroquia do concello de Chantada, situada preto da ribeira do río Miño, a 2 km da ponte de Portotide, e a 6 km da vila de Chantada. No ano 2015 tiña 26 habitantes distribuídos en 1,14 km², segundo datos do INE e do IGE, deles 22 eran homes e 22 eran mulleres.

Arbo

Arbo é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca da Paradanta. Segundo o INE en 2015 tiña 2846 habitantes (4121 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «arbés» ou «arbense».

Comarca do Ribeiro

A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

Ocupa unha superficie de 407,1 km², nos que viven 16.547 habitantes (2017). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

Dorsal galega

Dorsal galega é o nome que recibe unha cadea montañosa de 210 quilómetros de lonxitude que se estende de norte a sur por Galiza, concretamente de Estaca de Bares á fronteira que o río Miño delimita con Portugal.

Encoro de Belesar

O encoro de Belesar é un pantano artificial creado en 1963 no río Miño (o máis grande deste río), situado entre os concellos de Taboada, Chantada, O Saviñao, Paradela, O Páramo, Guntín e Portomarín. A súa capacidade é de 654,5 hm³ e ocupa unha superficie de 2.000 hectáreas e unha cola de 50 quilómetros. Na zona de maior profundidade acada os 135 metros. Ten unha potencia máxima de 227 MW, e produce unha media de 732 GWh ó ano.

A presa, construída entre os concellos de Chantada e O Saviñao, toma o seu nome do núcleo onde primeiro se proxectou, o lugar de Belesar (nas parroquias de Belesar e Diomondi), situado a unha distancia de 4,5 quilómetros río abaixo, no Encoro dos Peares.

Meira

Meira é un concello da provincia de Lugo, pertence á comarca de Meira. Segundo o padrón municipal, en 2018 tiña 1.711 habitantes (1.794 no 2007,1.774 no 2006, 1.780 no 2005, 1.789 no 2004, 1.806 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «meirao», «meirego» ou «meirense».

O Rosal

O Rosal é un concello situado ó suroeste da provincia de Pontevedra. Pertence á comarca do Baixo Miño, situándose á beira da desembocadura do río Miño. Limita polo sur coa Guarda, polo norte con Oia e polo nordeste con Tomiño. O seu xentilicio é rosaleiro.

Paradela

Paradela é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria, que forma parte da Ribeira Sacra. Segundo o INE a súa poboación no 2017 era de 1.851 habitantes (2.307 no 2006, 2.367 no 2005, 2.408 no 2004, 2.463 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «paradelense».

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Río Avia

O río Avia é un afluente do río Miño pola súa banda dereita.

Río Sil

O Sil é un río do noroeste da Península Ibérica que discorre polas provincias de León e Ourense, facendo no seu último tramo de fronteira entre esta última e a de Lugo, na zona noroeste de España. É o principal afluente do río Miño e o río máis caudaloso de Galicia, popularmente dise que «o Sil leva a auga e o Miño a fama», afirmación comprobable, pois o caudal do Sil é maior que o do Miño.

Ríos de Galicia

Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Porén, os altos desniveis provocan a existencia de numerosas fervenzas.

Amais da pesca fluvial, existe aproveitamento industrial dos ríos mediante os muíños e os encoros para a produción de enerxía eléctrica e o abastecemento de auga.

Serra de Meira

A serra de Meira é unha aliñación montañosa da provincia de Lugo, pertencente ao macizo Galaico e forma parte das serras orientais de Galiza.

Esténdese ao oeste do río Eo. Na súa vertente oeste nace o río Miño. Está formada por lousas paleozoicas. O seu monte máis alto é o monte Meira, de 896 m de altitude.

Serra de Monciro

A serra de Monciro é unha das serras orientais de Galiza, situada no límite lesta da comarca da Terra Chá, nos concellos de Pol e Castroverde. As súas montañas están conformadas por pelitas e calcarias.

Na aba occidental nacen os ríos Lea e Azúmara, afluentes ambos os dous do río Miño.

O punto de maior altura é o Monciro, con 861 metros sobre o nivel do mar.

Serra do Pozo

A serra do Pozo é unha das serras orientais de Galiza. Ten orientación norte-sur e limita a norte co río Eo e polo leste cun dos seus afluentes. No sur do sistema nace o río Neira, afluente do río Miño.

O punto de maior altitude é o monte Panda, con 933 metros sobre o nivel do mar.

Serras do sur de Galicia

As serras do sur de Galiza son aquelas que se estenden polo país ao longo da raia con Portugal até o río Miño. Trátase dunha agrupación de serras que non teñen unha continuidade dado que están interrompidas pola depresión de Monterrei. Teñen a fractura de varias fallas con orientación N-S ou NE-S.

Tui

Tui é un concello galego da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Baixo Miño da que é capital. Tui foi a capital dunha das sete provincias de Galicia até 1833, da provincia de Tui. Segundo o IGE a súa poboación en 2016 era de 16.966 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é tudense.

Dende o 10 de febreiro de 2012, forma coa cidade portuguesa de Valença do Minho unha eurocidade, como mostra de cooperación e integración dos dous concellos, separados tan só polo río Miño.

Valença, Portugal

Valença, tamén coñecida como Valença do Minho, é un concello portugués do distrito de Viana do Castelo, dentro da Região Norte e subrexión do Minho-Lima.

O concello abrangue 117,43 km² de área e 14.127 habitantes (2011), subdividido en dezaseis freguesías. Linda polo leste co municipio de Monção, polo sur con Paredes de Coura, polo oeste con Vila Nova de Cerveira e ao noroeste e norte únese a Tui a través do río Miño.

Dende o 10 de febreiro de 2012, forma coa cidade galega de Tui unha eurocidade, como mostra de cooperación e integración dos dous concellos, separados tan só polo río Miño.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.