Río Mekong

O Mekong é o río máis longo e importante da Indochina e un dos maiores, no só de Asia, senón da Terra.

Nace no Tíbet e despois dun percorrido de cerca de 4.500 km desauga no sur do Vietnam, no Mar da China Meridional, tras atravesar antes varios países: China, Laos, Birmania, Tailandia e Camboxa. Nas proximidades de Phnom Penh o seu ancho é de 3 km. O caudal do Mekong oscila entre 15.000 m3/s no período seco e os 60.000 m3/s na estación das chuvias. É navegábel desde Laos a Vietnam e serve de fronteira entre Birmania e Laos, Tailandia e Laos, e nun curto treito do curso inferior Camboxa e Vietnam.

É denominado polos Vietnamitas Cửu Long, en tibetano Dza-chu, en chinés Lan-ts'ang Chiang (湄公河), e en tai Mae Nam Khong (แม่น้ำโขง).

Mekong
Mekong Luang Prabang
O Mekong en Luang Prabang
PaísFlag of Tibet.svg Tíbet
Flag of the People's Republic of China.svg China
Flag of Myanmar.svg Myanmar
República Democrática Popular Lao Laos
Flag of Thailand.svg Tailandia
Flag of Cambodia.svg Camboxa
Flag of Vietnam.svg Vietnam
NacementoMonte Guozongmucha (China)
Lonxitude4.350 km
Concaca. 750.000 km2
Caudal medio16.000 m3/s
DesembocaduraMar da China Meridional
Mekong river location
Localización do Mekong no mapa.
Mekong system color
Afluentes principais do Mekong

Percorrido

A nacemento do río, e polo tanto a súa lonxitude exacta, son mal coñecidos. A razón é a existencia de varios afluentes na cabeceira dentro dun contorno de acceso difícil a causa do accidentado do terreo, de modo que se teñen manexado hipóteses de que o seu curso oscila entre 4.350 km (a cifra máis aceptada) e 4.909 km.

Segundo informe da China Science Exploration Association, a fonte está en Lasagongma, a unha altura de 5.224 msnm. A Academia Chinesa das Ciencias recoñece a fonte do monte Guozongmucha e o río Zayaqu, na provincia Qinghai, en territorio tibetano, como nacemento do Mekong.

Case a metade do curso total do Mekong trancorre dentro da China, onde é chamado o "río turbulento" por mor das gargantas e precipicios que atravesa. Cando deixa China, as augas corren a 500 m de altura.

Xa logo, o río forma a fronteira entre Birmania (ou Myanmar) e Laos ao longo duns 200 km, durante os cales se lle une o río Ruak, no territorio coñecido como o "Triángulo de Ouro", zona que marca a transición entre o curso alto e o baixo do río. Pasa a continuación a facer de fronteira entre Laos e Tailandia durante varios centos de quilómetros, até que entra en Laos, onde volta a ser un río encaixado entre gargantas, nas que forma rápidos e cachoeiras, e onde a súa profundidade apenas alcanza un medio metro durante a estación seca. Ao sur de Luang Prabang o leito ensancha, até inundar a rexión cunha profundidade de 100 metros e por 4 km, sendo o curso moi variábel. Os célebres siluros eran pescados nesta zona anualmente, consonte ritos marcados pola familia real. Durante o seguinte treito o Mekong é un río exclusivamente laosiano, conformando a rexión de Si Phan Don ("catro mil illas"), antes de chegar ás fervenzas de Khone, impracticábeis para a navegación, preto da fronteira con Camboxa. Por aquí pode verse o golfiño de auga doce, especie en perigo de extinción.

En Camboxa o río pasa polos cachóns de Sambor, por enriba de Kracheh, últimos desniveis que impiden a navegación. Xusto antes de Phnom Penh, a capital camboxana, está a confluencia co afluente máis importante neste país, o Tonle Sap. Logo de Phnom Penh, o curso divídese en dous ramais, o Bassac e o propio Mekong. Ambos dous brazos reúnense xa no delta.

Xa no Vietnam, o río divídese en dous brazos principais, denominados Tiền Giang ("río de adiante") e Hậu Giang (río de atrás), que desaugan no Mar da China Meridional por nove estuarios, o que explica o nome que lle dan os vietnamitas ao río Sông Cửu Long ou "río de nove dragóns".

Afluentes

Entre os numerosos afluentes do Mekong cómpre salientar os seguintes:

  • Pola dereita:
    • Ing,
    • Ruak,
    • Mun, de 673 km, e o subafluente Chi,
    • Tonle Sap, que é un acuífero complexo lacunar-fluvial,
  • Pola esquerda:
    • Nam On,
    • Nam Ngum,
    • Nam Kading,
    • Se Kon,
    • Srepok, con 406/450 km.
Somphamit
Cachóns en Si Pha Don, Laos

Xeografía humana

Arredor de 90 millóns de persoas dependen do río, vivindo na súa conca. A maioría moran na rexión chamada o Gran Mekong, que inclúe a provincia de Yunnan en China, Birmania, Laos, Tailandia, Camboxa e Vietnam. No delta, entre Camboxa e Vietnam, viven sobre 18.000.000 de habitantes.

O principal medio de vida da zona é o cultivo do arroz. Plántanse un elevado número de variedades de arroz: das 100.000 variedades catalogadas, unhas 40.000 proveñen deste territorio.

O río, en xeral, é usado para irrigación, como receptáculo dos sistemas de drenaxe e de augas residuais, para actividades pesqueiras e de piscicultura, como vía de transporte e como fonte de subministración de auga para industrias e particulares.

Problemas medioambientais

O problemas principal está constituído pola construción de encoros; un segundo problema é destrución de cachoeiras.

Varios encoros foron xa erguidos en afluentes, salientando o de Pak Mun en Tailandia. China ten un grande proxecto de construción de presas sobre o río, un deles xa construído en Manwan e un segundo en obras en Dachaoshan, e outros doce están en estudo. Trátase dunha estratexia criticada a causa dos danos provocados ao medioambiente e ao campesiñado.

Desde a construción do primeiro encoro chinés, numerosas especies entraron en perigo de extinción, especialmente o golfiño do Mekong. O nivel da auga ten baixado, os peixes capturados son de menor tamaño e en cantidades inferiores, o porto de Chiang Rai funciona a un cuarto da súa actividade anterior, e a navegación entre esa localidade e Luang Prabang dura dúas xornadas por mor do nivel insuficiente das augas.

Os novos encoros a construír terán un impacto aínda máis negativo unha vez que entren en funcionamento. Todos os países da cunca sufrirán unha contaminación acrecentada (tanto polo desenvolvemento económico como pola falta de aplicación das leis medioambientais en China). Pesticidas en uso e residuos de industrias pesadas contaminarán as reservas de comestíbeis e avivarán o medramento de algas cos organofosfatos agrícolas. Tamén bloquearán as migracións de certas especies de peixes.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Bandeira de Laos

A bandeira de Laos foi adoptada o 2 de decembro de 1975. A bandeira fora utilizada previamente polo breve goberno nacionalista de 1945.

Champa

Champā ou Champa foi un antigo estado hinduísta situado no leste de Indochina (192–1832). Étnica e lingüisticamente estaba formado basicamente por un pobo malaio-polinesio, os cham, aínda que ao longo dos séculos o Reino de Champa sufriu a presión de falantes vietnamitas. Actualmente, os cham constitúen unha das minorías importantes en Camboxa e Vietnam.

Imperio khmer

O Imperio khmer (en khmer: ចក្រភពខ្មែរ, ) ou Imperio de Angkor foi un poderoso reino cuxo territorio central corresponde co que hoxe en día é o Reino de Camboxa no sueste asiático, pero que tamén comprendía os territorios dos modernos países de Tailandia, Laos, Vietnam, parte de Birmania e Malaisia. O imperio xurdiu como unha escisión dos reinos de Chenlá e Funán e tivo como centro a Cidade Sacra de Angkor, hoxe cidade de Siem Riep, ó norte do lago Sap. O seu esplendor e a enorme riqueza arqueolóxica e cultural son a inspiración nacional dos seus directos descendentes, a maioría deles khmer presentes sobre todo en Camboxa, pero en maior ou menor medida nos países circundantes tamén.

Kanikama

Os kanikama (marca vulgarizada), ou palillos de cangrexo, comercializados nos países de lingua castelá como palitos de cangrejo, tronquitos de Alaska, bocas de mar etc. e nos lusófonos como delícias do mar, son un tipo de alimento procesado en forma de pequeno bastón feito con carne de peixe, e sabor imitando ao de carne de cangrexo típico do Xapón. En xaponés a palabra kani significa cangrexo e deu orixe ao nome do produto porque está aromatizado con extracto ou carne dalgunhas especies destes crustáceos. Na década de 1970, o Xapón comezou a industrializar o kani, que rapidamente se fixo popular no mundo enteiro, elaborado a partir de surimi ou carne de peixe branco finamente picada, que se cura e á que se lle dá forma similar á das patas do cangrexo de Kamchatka.A empresa xaponesa Sugiyo (スギヨ) produciu por primeira vez os palillos de cangrexo en 1973, comercializándoos baixo o nome Kanikama. De feito, en varios países úsase este termo para aludir a eles de forma xenérica.

Os palillos adoitan colorearse na superficie de vermello ou vermello amarelado, e teñen forma rectangular e alongada, pudendo desmiuzarse en febras pequenas. O olor dos palillos de cangrexo é parecido ao doutros produtos de marisco, a súa textura é gomosa e o sabor lixeiramente salgado.

Os palillos de cangrexo cocíñanse durante o proceso de curado e poden comerse directamente extraídos do envase. En contra da crenza popular, moitos dos palillos de cangrexo non conteñen cangrexo ningún, e algúns fabricantes etiquetan o produto como «palitos con sabor a cangrejo». Porén, moitos dos comercializados en España si teñen extractos ou carne de braquiúros.O ingrediente principal na maioría dos palillos de cangrexo é o abadexo de Alasca (Theragra chalcogramma) do Pacífico norte, o congro bicudo dentón e o panga do delta do río Mekong.

O nome palillo de cangrexo deriva do cangrexo ruso, cangrexo de Kamchatka, ou chatka (Paralithodes camtschaticus).

Luís de Camões

Luís Vaz de Camões, nado cara a 1524 e finado o 10 de xuño de 1580, foi un poeta portugués, considerado decote como o maior poeta de lingua portuguesa e dos maiores da Humanidade. O seu xenio é comparábel ao de Homero, Virxilio, Dante e Shakespeare. Das súas obras, a epopea Os Lusíadas é a máis significativa.

Mar da China Meridional

O mar da China Meridional (en chinés 南海 ou 南洋, Nan Hai: "mar do Sur") é un mar marxinal, parte do océano Pacífico, abranguendo a área comprendida desde Singapur até o estreito de Taiwan, de aproximadamente 3 500 000 km². As minúsculas illas do mar da China Meridional, colectivamente un arquipélago, cóntanse por centos.

Panga

O panga (Pangasianodon (Pangasius) hypophthalmus (Sauvage, 1878) ) é un peixe de auga doce, pertencente á orde dos Siluriformes e familia dos Pangásidos (Pangasiidae, Bleeker 1858).

Trátase dunha especie de grande interese comercial desde que, a partir dos primeiros anos do século XXI, se converteu nun peixe de cultivo intensivo que se exporta desde Vietnam, principalmente, a numerosos países do mundo, onde se vende en filetes, conxelado ou desconxelado a prezos moi baratos, comparativamente cos doutros peixes.

Phnom Penh

Phnom Penh (en khmer: ភ្នំពេញ) é a capital de Camboxa, estado do extremo sudoriental de Asia. Amén de ser a maior e máis populosa cidade do país, con máis de 1.200.000 de habitantes. ë tamén a capital do concello homónimo. É ademais o máis importante centro político, comercial e cultural da nación.

Coñecida como a Perla de Asia, a cidade é unha das máis apetecidas metas turísticas, o mesmo a nivel nacional como internacional. Phnom Penh é famosa pola súa arquitectura, tanto polo que se refire ao estilo tradicional khmer como pola importada de Francia, e pola cordialidade das súas xentes.

Phạm Hùng

Phạm Hùng, nado en Vinh Long o 11 de xuño de 1912, finado en Hanoi o 10 de marzo de 1988, foi Primeiro Ministro do Vietnam dende 1987 até 1988.

Ponte Kizuna

A ponte Kizuna (en khmer: ស្ពានគីសូណា: ) é unha ponte sobre o río Mekong, que se atopa a carón da cidade de Kampong Cham, no distrito de Kampong Cham.

Foi inaugurado no ano 2001 e foi a primeira ponte en ser construída sobre o río Mekong en Camboxa. A construción da ponte foi financiada por 56 millóns de dólares do goberno xaponés. Con 1500 metros, foi a ponte máis longa de Camboxa até a construción da ponte Koh Kong, unha ponte tai-camboxana de 1900 metros de longo construído na cidade de Koh Kong en 2002. A ponte Kizuna conecta o leste e o oeste do país por estrada por vez primeira na historia. A construción da ponte comezou en 1999 e levou tres anos rematala. Estímase que unhas 10 000 persoas asistiron á cerimonia de inauguración.

Provincia de Amnat Charoen

Amnat Charoen (en tailandés: อำนาจเจริญ) é unha provincia do Nordeste da Tailandia. A súa capital é a cidade de Amnat Charoen.

Limita coas provincias tailandesas de (empezando polo sur e seguindo o sentido das agullas do reloxo) Ubon Ratchathani, Yasothon e Mukdahan. Polo leste linda con Salavan, provincia de Laos.

Provincia de Bueng Kan

Bueng Kan (en tai บึงกาฬ) é a 76ª provincia (changwat) da Tailandia, situada na Rexión Nordeste, en funcionamento desde o 23 de marzo de 2011. A provincia formouse a partir de distritos (amphoe) provenientes da Provincia Nong Khai. A súa capital é Bueng Kan.

Achantada no nordeste de Isan, limita polo norte e leste con Laos, co río Mekong. As provincias tailandesas coas que limita, de leste a oeste, son Nakhon Phanom, Sakon Nakhon, Udon Thani e Nong Khai

No distrito Bung Khla atópase o Santuario Phu Wua, protexendo un monte arborado a carón do río Mekong.

Río Amarelo

O Río Amarelo, tamén coñecido coma Huang He, é o segundo río máis longo da China, só superado polo río Yangtzé, e o sexto da Terra. Mide 5.464 km, e ocupa unha conca de 752.000 km².É de grande importancia para a economía chinesa pois o seu val ten terras fértiles, bos pastos e importantes xacementos minerais.

Foi nese río onde a civilización chinesa comezou. O nome Río Amarelo foi dado por causa do luor amarelo que lle dá.

Río Mun

O río Mun (en tailandés: แม่น้ำ มูล), é un río de Tailandia, un dos principais afluentes do río Mekong.

Nace no Parque Nacional de Khao Yai, cerca de Nakhon Ratchasima, na zona de Isan. Flúe cara ao leste polo sur de Isan (provincias de Buri Ram, Surin e Sisaket) recorrendo arredor de 750 quilómetros até que se une ao Mekong no amphoe de Khong Chiam, na provincia Ubon Ratchathani. A presa Pak Mun atópase próxima á confluencia co Mekong. O principal afluente do río Mun é o río Chi, que se une a este no amphoe de Kanthararom, provincia de Sisaket. Outro afluente, aínda que menos importante, é o río Dom Noi.

Río Songkhram

O río Songkhram (en tailandés: แม่น้ำสงคราม) é un río do sueste asiático, un dos afluentes tailandeses do río Mekong. Nace nas montañas localizadas entre os distritos de Nong Han (provincia Udon Thani) e Sawang Daen Din (provincia Sakon Nakhon). Logo o río pasa a través dos distritos de Seka (provincia Nong Khai), Wanon Niwat (provincia Sakon Nakhon), Si Songkhram e Tha Uthen (ambos na provincia Nakhon Phanom). Neste último atópase a desembocadura no río Mekong no tambon Chai Buri. O río Songkhram ten unha lonxitude de 420 km.

Tailandia

Tailandia (en tailandés: ประเทศไทย, Prathet Thai) oficialmente Reino de Tailandia (en tailandés: ราชอาณาจักรไทย, Ratcha Anachak Thai; [râːt.tɕʰā ʔāːnāːtɕàk tʰāj] ), antigamente coñecido Siam (en tailandés: สยาม, Sayam), é un país situado no centro da península Indochina no Sueste asiático. Comparte fronteiras ao norte con Myanmar e Laos, ao leste con Laos e Camboxa, ao sur co Golfo de Tailandia e Malaisia, e ao oeste co Mar de Andaman e o extremo meridional birmano. As súas fronteiras marítimas inclúen Vietnam no Golfo de Tailandia ao sueste, e Indonesia e a India no Mar de Andaman ao suroeste.

O país réxese por unha monarquía constitucional encabezada polo Rei Rama IX, noveno soberano da Casa de Chakri, quen goberna dende o ano 1946. Isto convérteo no xefe de estado máis veterano do mundo e no monarca tailandés cun reinado máis longo da historia. O Rei de Tailandia posúe os cargos de Xefe de Estado, Xefe das Forzas Armadas, Seguidor do Budismo e Defensor das relixións.Cunha superficie de aproximadamente 513.120 km², Tailandia é o 51º Estado máis grande do mundo en canto á súa área total e e 20º máis poboado con ao redor de 64 millóns de habitantes. A capital e cidade máis grande é Bangkok, centro cultural, político, comercial e industrial do país. Ao redor do 75% da poboación é etnicamente tai, o 14% de orixe chinesa e o 3% malaia; o resto pertence a outros grupos minoritarios como por exemplo os mons, os khmer ou as tribos do outeiro. A lingua oficial do país é a tailandesa e a principal relixión o budismo, practicado polo 95% dos seus habitantes. O calendario oficial de Tailandia está baseado na versión budista, que está 543 anos por diante do calendario gregoriano.

Tailandia experimentou un rápido crecemento económico entre 1985 e 1996, sendo un país recentemente industrializado e un importante exportador. O turismo tamén contribúe significativamente á economía tailandesa. Hai aproximadamente 2,2 millóns de inmigrantes legais e ilegais no país, atraendo tamén a certa cantidade de expatriados de países desenvolvidos.

Tailandia do Nordeste

Isan (en isan e tailandés อีสาน, tamén escrito Isaan, Issan e Esarn) é a rexión nordeste da Tailandia, achantada na Meseta de Khorat, limita polo norte e polo leste con Laos a teor do Mekong, polo sur con Camboxa e Tailandia do Leste e polo oeste con Tailandia Central e Tailandia do Norte a través das montañas de Phetchabun.

Desde principios do século XX a rexión situada no nordeste de Tailandia foi denominada oficialmente como "Isan", unha verba adoptada do sánscrito Ishan, que significa direccón do noroeste. "Isan" deriva orixinalmente de Isanapura, capital do Reino de Chenla. A poboación laosianofalante, que supón unha ampla maioría, distínguense dos laosianos de Laos, como tamén da xente do centro de Tailandia, chamándose así mesmos Khon Isan ("Xente Isan"), ou Thai Isan ("Tailandeses Isan"). Os khemeres e kuy (suai) que viven na zona sur da rexión historicamente seguiron costumes máis propios ou similares ao modo de vida de Camboxa que da propia Tailandia ou Laos.

A agricultura é a principal actividade económica de Isan, sendo a máis pobre das rexións tailandesas.

A lingua principal da rexión é o isan, que é unha variante dialectal do lao). Como dialecto do lao, escrito en caligrafía tailandesa, o isan está entre as familias de idiomas chian seng e lao-phutai que forman parte das linguas tai da familia idiomática kadai. O khemer é tamén falado na zona próxima á fronteira camboxana, na provincia de Provincia Buri Ram e Surin. O tailandés é tamén falado, con acento propio, por case todos.

Os aspectos culturais máis importantes de Isán inclúe a música mor lam, a muay thai, a pelexa de galos e as procesións como forma de celebración (en tailandés denominadas กระบวน). A comida distínguese da do resto de Tailandia, destacando o uso de arroz glutinoso (ข้าวเหนียว) e de guindillas así como o uso de pla raa (ปลาร้า). Entre as delicias da rexión é coñecida a ensalada de papaia.

Vientiane

Vientiane ( en laosiano: Viangchan) é a capital de República Popular Democrática Laos. Aséntase na marxe esquerda do río Mekong, que serve de fronteira fluvial con Tailandia. As súas coordenadas son 17°58' de latitude norte, 102°36' de lonxitude leste.

A poboación estimada no ano 2005, era de 200.000 persoas, pero os habitantes da zona metropolitana alcanzaban arredor duns 730.000.

Voo 301 de Lao Airlines

O voo 301 de Lao Airlines era un servizo regular doméstico de pasaxeiros dende Vientiane ata Pakse, en Laos. O día 16 de outubro de 2013 o ATR 72-600 que operaba a ruta esnafrouse no río Mekong preto de Pakse, matando ás 49 persoas a bordo. Foi o primeiro accidente dun ATR 72-600 e o peor no chan de Laos.O informe da investigación concluiu que a causa probable do accidente foi o fallo da tripulación en executar axeitadamente o procedemento de aproximación fallida tras abortar a aterraxe no aeroporto de Pakse.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.