Río Louro

O río Louro é un afluente do Miño, no seu tramo final, pola súa marxe dereita. Ten todo o seu percorrido na provincia de Pontevedra. Atravesa os concellos de Pazos de Borbén, Mos, Redondela, Porriño e Tui.

Río Louro
[[Ficheiro:
Ponte de Orbenlle, San Salvador de Budiño, O Porriño
|250px]]
Ponte de Orbelle sobre o río Louro no camiño de Santiago.
PaísGalicia Galicia
Lonxitude30 km
Caudal medio8,44 m³/s
DesembocaduraRío Miño
Hidrogalicia rio minno
Conca do río Miño no territorio galego

Topografía

Nace a 400 metros de altitude, no concello de Pazos de Borbén, e desemboca no Miño en Pazos de Reis, xa no concello de Tui. A lonxitude total do río é de 30 km, e a súa conca cobre uns 174 km² de superficie.

Xeoloxía

O río Louro aproveita unha fractura N-S na Depresión Meridiana, dando lugar ó val da Louriña. Recolle as achegas de numerosos regos procedentes da serra do Galiñeiro. O subsolo do fondo do val está composto de arxilas e areas mal drenadas, o cal, unido a un relevo moi tendido, produce fenómenos de impregnación. [Cómpre referencia]

Hidroloxía

O réxime do Louro é de tipo pluvial. As precipitacións medias na súa conca atinxen os 1.783 mm anuais, e pode superar os 2.000 mm na súa zona suroccidental. Ten un caudal medio de 8,44 m³/s.

Fauna e flora

As características xeolóxicas do val explican a orixe da formación do ecosistema das gándaras de Budiño, formado por pequenas lagoas illadas, zonas inundables e bosques de ribeira. As gándaras teñen unha superficie de 834 hectáreas cun clima atlántico que favorece a variedade de especies de flora e de fauna. Pódense atopar aquí máis de 150 especies de vertebrados, 12 de réptiles e máis de 135 de aves. [Cómpre referencia]

Impacto ambiental

Río Louro e albergue do Porriño
Río Louro ao seu paso polo Porriño, baixo a ponte da PO-331; á dereita, albergue xacobeo do camiño portugués.

A zona da Louriña foi elixida para localizar o Plan de Desenvolvemento Vigo-Porriño, que é un dos factores causantes da contaminación do río, xunto con a explotación industrial de canteiras de granito. O louro convértese nun dos ríos máis contaminados de Galicia tras o seu paso polo polígono do Porriño.[1]

O acordo asinado en 1994 entre o Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño e a Xunta de Galicia prevía a realización de obras de saneamento na cunca do río Louro. Estas obras tiñan por obxecto a recollida dos vertidos urbanos e industriais dos núcleos máis importantes das cuncas do río Louro, do río Caselas e do río Miño entre as confluencias dos ríos Caselas e San Martiño para seren tratados na estación depuradora de Guillarei. No 2001 amplíase o acordo para acometer a interceptación de augas residuais no Porriño e nos ríos Caselas e Seixal. Considérase que estas infraestruturas contribuirán a facer posible o mantemento da vida piscícola do río Louro.[2]

Notas

  1. Ministerio de Medio Ambiente[Ligazón morta].
  2. "Confederación Hidrográfica do Miño-Sil". Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2010. Consultado o 05 de marzo de 2010.
A-55

A A-55 ou Autovía do Atlántico é unha autovía galega que une as localidades de Vigo e Tui en Pontevedra e continua ata a fronteira con Portugal onde se transforma na A3 (Autoestrada Porto - Valença). Está xestionada polo Ministerio de Fomento de España.

Parte desde a praza de España en Vigo e logo de atravesar a AP-9 mediante unha ponte elevada discorre paralela a esta, atravesando O Porriño ata chegar a Tui onde converxe coa AP-9, dirixíndose entón ata a fronteira hispano-portuguesa.

Arciprestado de Louriña

O arciprestado de Louriña é un arciprestado pertencente á diocese de Tui-Vigo. Abrangue 18 parroquias e un anexo dos concellos de Mos, O Porriño e Vigo. Debe o seu nome ó río Louro. Limita cos arciprestados de Miñor, Tui, Entenza, Tea, Redondela-Oitavén, Vigo-Lavadores e Vigo-Santo André.

Batalla de Fornelos

A batalla de Fornelos foi unha batalla librada o 29 de marzo de 968, probablemente preto do río Louro, entre os viquingos noruegueses de Gunrod e as tropas reunidas polo bispo de Iria Flavia, Sisnando Méndez.

Budiño

O topónimo galego Budiño pode referirse a:

Budiño, parroquia do concello do Pino;

San Salvador de Budiño, parroquia do concello do Porriño;

Santo Estevo de Budiño, parroquia do concello de Salceda de Caselas;

Budiño, lugar da parroquia de Matamá, no concello de Vigo.Amais, como apelido pode referirse a:

Xosé Manuel Budiño, gaiteiro galego.

Catoira

Catoira é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o padrón municipal (INE 2013) conta con 3.421 habitantes (1.683 homes e 1.738 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «catoirense».

Cerceta

A cerceta (Anas crecca) é unha ave anseriforme do xénero dos patos nadadores (Anas). E o pato máis pequeño dos que viven en Europa, cunha lonxitude de entre 35 e 36 cm. Nas ribeiras do río Louro atópase a única zona de cría regular da Península Ibérica.

Galería de imaxes do Porriño

Galería de imaxes do concello do Porriño na provincia de Pontevedra.

Gándaras de Budiño

As Gándaras de Budiño son un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC) que está formado por un conxunto de lagoas, balseiros e regatos no curso do río Louro nos concellos do Porriño, Salceda de Caselas e Tui, máis preto da vila do Porriño. É unha das maiores extensión de lagoas, e outras augas continentais de Galiza.

Os xacementos arqueolóxicos achelenses fixeron que se declarara como ben de interese cultural.

Louro

O termo louro fai referencia á cor acastañada que tira a dourada:

Louro, a cor dourada do cabelo humano; persoa cos cabelos desa cor.O topónimo Louro pode referirse a:

Louro, parroquia do concello de Muros;

Louro, lugar de dita parroquia;

Monte Louro, lugar de dita parroquia;

Louro, lugar da parroquia de Sante, no concello de Trabada;

Louro, lugar da parroquia de Setecoros, no concello de Valga;

Monte e lagoa de Louro, Lugar de Importancia Comunitaria no Barbanza, formado polo monte Louro, a lagoa de Louro (tamén chamada lagoa das Xerfas) e a praia de Louro;

Río Louro, afluente do Miño.O apelido Louro pode referirse a:

Antón Louro, político galego (n. 1952).

Monte Aloia

O monte Aloia é un cumio situado na serra do Galiñeiro, declarado parque natural o 4 de decembro de 1978 e como zona especial de conservación (ZEC). Está situado no concello pontevedrés de Tui e ten unha extensión de 746 hectáreas. A súa vexetación está caracterizada por especies autóctonas acompañadas por especies de repoboación forestal. Posúe restos da cultura castrexa e elementos de interese etnográfico.

Mos

Mos é un concello da provincia de Pontevedra pertencente á comarca de Vigo. Antigamente inscribíase na histórica Comarca da Louriña, que pese a non ter valor administrativo segue tendo presenza no imaxinario colectivo e nos medios de comunicación .

O seu xentilicio é mosense. Segundo o IGE, no ano 2014 contaba con 15.324 habitantes dos cales 7.529 son homes e 7.795 mulleres .

Ten unha superficie de 53,2 km² e unha densidade de poboación de 288,04 hab/km² repartidos en dez parroquias: Cela, Dornelas, Guizán, Louredo, Mos, Pereiras, Petelos, Sanguiñeda, Tameiga e Torroso.

Este concello estableceuse constitucionalmente no ano 1836, non tendo nestes dous séculos apreciables variacións agás os diferentes cambios de capitalidade .

Nespereira, Pazos de Borbén

San Martiño de Nespereira é unha parroquia que se localiza no concello de Pazos de Borbén. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 773 habitantes (382 homes e 391 mulleres), distribuídos en oito entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 729 habitantes.

Localízase ó suroeste do concello, entre Redondela e Mos.

Celebra varias festas, a da Virxe do Carme (o 15 de xullo), a de Santa Tareixa (outubro) e dúas festas gastronómicas: A festa do ovo en maio e a da carne ó caldeiro en outubro.

Por esta parroquia pasa o río Louro, con lugares habilitados para a pesca que conta cun pequeno encoro no que se baña a xente en verán.

Entre o patrimonio está a igrexa parroquial de San Martiño e a Capela do Carme

O Porriño

O Porriño é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo, en concreto ao Val da Louriña. Segundo o IGE en 2018 tiña 19.740 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «porriñés».

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Río Ulla

O río Ulla é un curso fluvial galego pertencente á vertente atlántica.

San Salvador de Budiño, O Porriño

San Salvador de Budiño é unha parroquia que se localiza no concello do Porriño. Segundo o IGE en 2018 tiña 2.012 habitantes (1.043 mulleres e 969 homes), distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.979 habitantes.

Serra do Galleiro

A serra do Galleiro é un cordal galego situado ao leste do municipio de Vigo, que abrangue terras dos concellos de Pazos de Borbén, Mos e Ponteareas. Esténdese de norte a sur en paralelo á depresión Meridiana, ao leste da mesma. Na vertente oeste ten o río Louro, namentres que pola leste corre o río Tea. O seu pico máis alto é o Couto do Lobo, con 743 metros sobre o nivel do mar.

Tui

Tui é un concello galego da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Baixo Miño da que é capital. Tui foi a capital dunha das sete provincias de Galicia até 1833, da provincia de Tui. Segundo o IGE a súa poboación en 2016 era de 16.966 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é tudense.

Dende o 10 de febreiro de 2012, forma coa cidade portuguesa de Valença do Minho unha eurocidade, como mostra de cooperación e integración dos dous concellos, separados tan só polo río Miño.

Val da Louriña

O Val da Louriña é unha comarca histórica da provincia de Pontevedra formada polos concellos de Mos e O Porriño, é moi coñecida a zona destes municipios polo nome da Louriña fronte a denominación oficial na que se enmarcan, comarca de Vigo, así o reflicten os periódicos da provincia e locais. O seu nome outórgallo o río Louro que recolle as augas de todo o val encamiñado a crear unha das zonas naturais máis importantes do sur da provincia, as gándaras de Budiño.

Dentro da demarcación eclesiástica, a comarca do Val da Louriña constitúe un arciprestado. Este inclúe tamén a parroquia viguesa de Zamáns, e exclúe San Salvador de Budiño (pertence ó arciprestado de Entenza).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.