Río Lonia

O río Lonia é un afluente do río Miño pola súa banda esquerda.

Río Lonia
Rio Lonia Cebreiros 2
O río Lonia ao seu paso por Cebreiros, Pereiro de Aguiar.
PaísGalicia Galicia
NacementoNogueira de Ramuín
Altitude700 msnm
Lonxitude27 km
DesembocaduraRío Miño
Hidrogalicia rio minno
Conca do río Miño no territorio galego

Descrición

Fonte

Nace en Loña do Monte no concello de Nogueira de Ramuín.

Percorrido

Segue unha dirección leste-oeste até chegar ao encoro de Cachamuíña, no concello de Pereiro de Aguiar. Denantes de entrar no concello de Ourense, forma outro encoro en Castadón. Chega a Ourense no barrio do mesmo nome, A Lonia, e desemboca no río Miño.

Aproveitamento

Nas beiras do río Lonia encóntranse numerosos muíños, a maioría deles en estado de abandono.

O encoro de Cachamuíña serve de abastecemento de auga á cidade de Ourense.

Afluentes

Marxe dereita

  • Regato da Boca
  • Regato Vermeaos
  • Regato do Prado Longo
  • Regueiro Grande
  • Regato do Porto

Marxe esquerda

  • Regato de Triós
  • Regato de Cachosando
  • Río do Grañal

Galería de imaxes

Muiño do Faba

Muíño do Faba, na beira do río Lonia en Cebreiros

Rio Lonia en Cebreiros

En Cebreiros

Ponte Lonia

A Ponte Lonia, en Ourense

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Covas, O Pereiro de Aguiar

San Cibrao de Covas é unha parroquia do concello do Pereiro de Aguiar na comarca de Ourense, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2011 tiña 931 habitantes, deles 461 eran homes e 470 eran mulleres, o que supón un incremento en relación ao ano 1999 cando tiña 493 habitantes.

Encoro de Cachamuíña

O encoro de Cachamuíña está situado en O Pereiro de Aguiar na provincia de Ourense. Foi finalizado en 1954 e pertence ao río Lonia. Os seus arredores están adaptados como lugar de entretemento e ocio. Está rodeado por camiños de area polos cales se pode pasear, correr ou andar en bicicleta. É habitual observar a xente pescando xa que está permitido. En cambio si que está prohibido o baño e os cans deben ir atados; o incumprimento destas normas podería causar unha multa. Actualmente utilízase a súa auga para o abastecemento. Presenta un volume de encoro de 2 hm3 e unha superficie de 27 ha, aínda que o seu caudal varía segundo a época do ano na que nos atopemos. Nalgún verán houbo épocas de seca, debido ás baixas precipitacións. Cando sucede isto pechan as comportas e axúdanse da auga do río Miño para que esta poida chegar a todas as casas.

Galería de imaxes do Pereiro de Aguiar

Galería de imaxes do concello do Pereiro de Aguiar na provincia de Ourense.

Hidrografía de Galicia

A densa rede hidrográfica de Galicia permite que esta sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, a teor da cantidade de cursos fluviais cos que conta. En xeral, e debido ó seu escaso caudal, os ríos galegos non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura ou nos moitos encoros e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran festas semi-acuáticas como as chamadas "zaleas").

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Existen moitos encoros para a produción de enerxía eléctrica. Son características da costa de Galicia as rías, que son indentacións formadas na costa ao seren anegados polo mar os vales fluviais costeiros por descenso do nivel terrestre. As rías están tradicionalmente divididas en Rías Altas e Rías Baixas, segundo a súa posición respecto a Fisterra como punto máis occidental de Galicia.

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Ríos de Galicia

Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Porén, os altos desniveis provocan a existencia de numerosas fervenzas.

Amais da pesca fluvial, existe aproveitamento industrial dos ríos mediante os muíños e os encoros para a produción de enerxía eléctrica e o abastecemento de auga.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.