Río Loio

O río Loio é un río galego afluente do Miño, que transcorre por terras de Portomarín e Paradela, en Lugo. Trátase dun curso de auga que avanza paralelamente ao Camiño de Santiago e está situado nas inmediacións dun importante conxunto paisaxístico e arquitectónico, con lugares de referencia como a capela de Portocarneiro ou o Santa María de Loio. Morre no encoro de Belesar. Ten varios saltos de auga, o maior deles de oito metros de altura[1].

En 2012 a asociación ecoloxista ADEGA denunciou a intención de abrir tres minicentrais no seu curso[2].

Río Loio
Rioloio
O leito do río Loio antes de converxer coas augas do encoro de Belesar.
PaísEspaña España
rexiónGalicia Galicia
ConcaRío Miño
Desembocaduraencoro de Belesar
Hidrogalicia rio minno
Conca do río Miño no territorio galego

Notas

  1. Ruxidoira-Loio[Ligazón morta], documento en PDF.
  2. Nova relacionada en EL Correo Gallego

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Espazos naturais de interese local

Os espazos naturais de interese local (ENIL) e os espazos privados de interese natural (EPIN) son figuras de protección de espazos naturais públicos e privados recoñecidos polo goberno galego. Son espazos naturais, que pola súa fauna ou flora, hábitats ou interese locais de conservación, os concellos, mancomunidades ou propietarios particulares lle propoñen ao goberno galego para a súa declaración acompañados dun plano de conservación. Se o goberno avalía como válido o plano de actuacións decláranse o ENILs ou EPINs. O goberno galego vela polo cumprimento dos compromisos de conservación que as entidades públicas ou privadas adquiriron. Porén, estes espazos non forman parte da rede galega de espazos naturais.

Paradela

Paradela é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria, que forma parte da Ribeira Sacra. Segundo o INE a súa poboación no 2017 era de 1.851 habitantes (2.307 no 2006, 2.367 no 2005, 2.408 no 2004, 2.463 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «paradelense».

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Ríos de Galicia

Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Porén, os altos desniveis provocan a existencia de numerosas fervenzas.

Amais da pesca fluvial, existe aproveitamento industrial dos ríos mediante os muíños e os encoros para a produción de enerxía eléctrica e o abastecemento de auga.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.