Río Limia

O río Limia (en portugués rio Lima) é un río ibérico que decorre por Galiza e por Portugal.

Río Limia
Rio Lima 2
O Limia en Ponte de Lima
PaísGalicia Galicia
Portugal Portugal
NacementoMonte Talariño
Altitude975 m
Lonxitude108 km
Conca2.370 km²
Caudal mediom³/s
DesembocaduraFlag of Portugal.svg Viana do Castelo
Océano Atlántico

Curso

Nace a 975 m de altitude no monte Talariño, na provincia de Ourense, atravesa o sur de Galiza, baña a Xinzo de Limia, e entra en Portugal tras percorrer 41 km xunto á árida Serra da Peneda, baña Ponte de Lima e desauga en Viana do Castelo. En total ten unha lonxitude de 108 km. Todo o seu curso, tanto en Galiza como en Portugal, atravesa rexións fértiles.

Historia

Hidrogalicia rio limia
Conca fluvial do Limia en Galiza (en azul escuro).

Os romanos identificaron o río Limia co mitolóxico río Lethes. Tiña a propiedade quen atravesase este río mítico de esquecer cal era a súa orixe e ficaba a morar na súa ribeira. Conta Plinio, que o xeneral Décimo Xunio Bruto Galaico no 138 antes da era actual atreveuse a pasalo de primeiro e, dende a outra beira, comezou a citar os nomes dos seus soldados para disipar os seus temores. Á súa beira construíuse o campamento romano Aquis Querquennis.

  • Chamáchesme dos da néboa/ porque paso o río Limia;/ eu chámote porreteiro,/ ceboleiro de Xendive [1].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do río Lima.
Ponte Eifel, o río en Viana do Castelo.
Ponte Eifel, o río en Viana do Castelo
Encoro das Conchas, situado entre Os Baños (Bande) e Muíños.
Encoro das Conchas, situado entre Os Baños (Bande) e Muíños. 
O río en Xinzo de Limia.
O río en Xinzo de Limia

Notas

  1. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 62). Xendive é lugar de San Salvador de Torno, no concello de Lobios. Xaquín Lorenxo explica que chaman “os da néboa” á xente do val do río Limia, por ser frecuentes as néboas que se producen no inverno, e que “ceboleiros” son os veciños de Xendive.

Véxase tamén

Outros artigos

  • Encoro das Conchas
  • Encoro de Lindoso

Ligazóns externas

A Bola

A Bola é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o IGE en 2015 tiña 1339 habitantes (1549 en 2004 e 1540 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) bolés.

Avefría

A avefría, galdaripo ou galo da braña (Vanellus vanellus) é unha ave zancuda da familia carádridos, é común na Europa e na Asia de clima temperado. En Galicia só quedan 50 parellas na zona do río Limia.

A ave de 30 cm de longo e 68 cm de envergadura, ten a plumaxe verde escura, branca no ventre, ás arrendondeadas, cola curta. É migratoria, chega ata o norte de África, norte da India e China. Aliméntase principalmente de insectos, pero tamén de moluscos.

Bande

Bande é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Baixa Limia. Segundo o IGE en 2018 tiña 1.591 habitantes (1735 en 2015, 2083 en 2010, 2217 en 2006, 2285 en 2005, 2326 en 2004 e 2332 en 2003). O seu xentilicio é bandés.

Buscalque, A Illa, Lobios

Buscalque é un lugar da parroquia da Illa no concello ourensán de Lobios na comarca da Baixa Limia. Está asolagado polo encoro de Lindoso, do río Limia.

Décimo Xunio Bruto Galaico

Décimo Xunio Bruto Galaico (en latín: Decimus Junius M. f. M. n. Brutus Gallaecus ou Callaecus ou Callaicus) foi un xeneral e político romano do século II a. C.

Festa do Esquecemento

A Festa do Esquecemento, organizada pola Asociación Cultural Civitas Limicorum, é un evento festivo de recreación histórica, celebrado ininterrompidamente desde o ano 2001 na localidade de Xinzo, que lembra a chegada das lexións romanas comandadas por Décimo Xuño Bruto até a marxe esquerda do río Limia.

O denominación da festa, “Esquecemento”, débese a que as tropas romanas, por mor do singular lugar en que debían cruzar o río Limia, creron acharse perante o lendario río Lethes, o río do Esquecemento, que facía esmorecer todas as lembranzas de quen o atravesase. Ante esta crenza e dificultade, Décimo Xuño Bruto, para que as lexións continuasen avanzando, viuse obrigado a cruzar o río empuñando o estandarte das aguias de Roma e a chamar polo seu nome a cada soldado desde a outra marxe para demostrar que a súa crenza era mera superstición.

A festa ten como momento máis significativo a recreación do paso do río Limia, mais hai outras moitas representacións da tradición e cultura castrexa e romana como danzas, mercado romano, banquetes romanos, desfile de lexións, loita de gladiadores, carreiras de cuadrigas etc.

Hórreo tipo Pontevedra

O hórreo tipo Pontevedra é un tipo de hórreo galego que se presenta ao longo dunha ampla e irregular área entre as provincias de Pontevedra e Ourense, delimitada por unha liña que, aproximadamente, envolve Catoira, A Estrada, Os Peares, Baños de Molgas e o río Limia, continuando logo ata a fronteira polo Lindoso portugués. Non é o tipo exclusivo desta zona, convive nela co hórreo tipo Morrazo, sobre todo nas Rías Baixas, co piorno máis ao interior, co tipo Salnés e co tipo Mahía ao norte do río Ulla.

Lobios

Lobios é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Baixa Limia, situado na Raia Seca, na fronteira entre Galicia e Portugal. Segundo o padrón municipal de habitantes en 2014 tiña unha poboación de 2.025 persoas (2.584 en 2003).

Límicos

Os Límicos (latín: Limici) eran un pobo galaico da Gallaecia, pertencente ao convento xurídico bracarense, que se situaban na actual comarca da Limia, na provincia de Ourense.

Ponte de Lima

Ponte de Lima é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, na rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 2.800 habitantes. Está caracterizada pola súa arquitectura rústica e pola área envolvente, bañada polo río Limia.

É sede dun municipio con 321,20 km² de extensión e 44.343 habitantes (2001), subdividido en 51 freguesías. O municipio limita ao norte co concello de Paredes de Coura, ao leste con Arcos de Valdevez e Ponte da Barca, ao sueste con Vila Verde, ao sur con Barcelos, ao oeste con Viana do Castelo e Caminha e ao noroeste con Vila Nova de Cerveira.

Localidade moi importante desde a era romana, posúe un Pazo da Corte do Reino de León, documentado por achados arqueolóxicos e outros documentos escritos. Recibiu Carta foral de Dona Teresa en 4 de marzo de 1125, sendo a vila máis antiga de Portugal. É de aquí orixinario o coñecido queixo Limiano. Destaca polos seus xardíns.

Quarquernos

Os quarquernos (latín: quarquerni) eran un pobo galaico da Gallaecia, sito dentro do Convento xurídico bracarense, cuxo territorio actual pode reducirse á comarca da Baixa Limia, centrados en torno aos Baños (Bande, provincia de Ourense), e nas beiras do curso medio do río Limia.

Rairiz de Veiga

Rairiz de Veiga é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1.456 habitantes (1.767 en 2003).

Reserva da biosfera Gerês-Xurés

A reserva da biosfera transfronteiriza Gerês-Xurés é a reserva da biosfera galego-portuguesa de 260 hectáreas de afluentes do río Limia, como o Vez, Homen e o Cávado, ao seu paso polas serras do Xerés, do Quinxo e da Santa Eufemia. Parte súa está en concellos galegos da Limia e Baixa Limia e en autarquías de Viana do Castelo, Braga e Vila Real das provincias portuguesas do Minho e Trás-os-Montes. É un espazo de montaña granítica, con picos como a Nevosa e a Fontefría, e de abundantes ríos que discorren case dun xeito rectilíneo. Esta reserva da biosfera ten un 24% da súa área na zona galega e dun total 260 mil ha. que están catalogadas como zonas núcleo, de máxima importancia de conservación.

Reserva da biosfera Área de Allariz

A Área de Allariz e unha reserva da biosfera declarada o 25 de xuño do ano 2005 e que abrangue os concellos de Allariz (bisbarra de Allariz-Maceda), A Bola (Terra de Celanova), Vilar de Santos e Rairiz de Veiga (A Limia), todos eles pertencentes na provincia de Ourense. A reserva ten unha superficie de 21.482 hectáreas e nela vive unha poboación de menos de 10.000 persoas.

Sarreaus

Sarreaus é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o Padrón municipal de habitantes en 2015 tiña 1.283 habitantes (1.845 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario): «sarreaus».

Trasmiras

Trasmiras é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1.456 habitantes (1.828 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é trasmirao .

Verea

Verea é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.059 habitantes (1.387 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vereense».

Xinzo de Limia

Xinzo de Limia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2015 tiña 10.043 habitantes (9.999 no 2006, 9.930 no 2005, 9.869 no 2004, 9.821 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «limiao», «limego» ou «límico».

Está situado a 45 km de Ourense e 30 de Verín.

Ártabros

Os ártabros ou arrotrebas eran unha tribo de orixe celta asentada na Gallaecia lucense ó noroeste da península Ibérica. Eran os poboadores da zona que comprende a ría da Coruña e a ría de Ferrol ata a chegada de Xulio César no ano 62 a. C. Segundo o historiador Benito Vicetto o fundador dos ártabros sería Artai, o primoxénito de Breogán.Xunto cos célticos e os nerios parecen configurar un grupo diferenciado dentro do pobo dos galaicos. Viría en apoio desta hipótese a ausencia das habituais ofrendas aos deuses galaico-lusitanos, Bandua e Reue, en substitución de Cosso (divindade tamén presente en territorio dos ástures pero non na Bracarense e Lusitania). A súa diferenciación respecto de outros galaicos tamén é comentada por Estrabón:

Estrabón refírese aos célticos da Beturia, asentados no val do actual Guadiana, e aos túrdulos célticos da costa media de Portugal. Se desertaron tras cruzar o río Limia, despréndese que non atoparon nos brácaros e nos callaecos, as mesmas relacións de identidade que cos célticos do norte.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.