Río Lengüelle

O Lengüelle é un río galego, afluente do Tambre pola súa marxe dereita, na provincia da Coruña.

Río Lengüelle
Río Lengüelle
PaísGalicia Galicia
NacementoMonte dos Curros
Tordoia
Lonxitude27 km
Conca328 km²
DesembocaduraRío Tambre
Hidrogalicia rio tambre
Cunca do río Tambre marcada en azul escuro

Percorrido

Nace no municipio de Tordoia, no monte dos Curros a uns 350 m de altura, atravesando unha pequena parte deste municipio, para a continuación formar a linde entre os municipios de Trazo e Oroso, entre os cales rende as súas augas ao Tambre, preto do lugar de Vendas do Lengüelle, en Trazo, e da Estación de Oroso, en Oroso. A súa lonxitude total é de preto de 27 km e a súa conca hidrográfica abranxe unha área de 328 km².

Afluentes

Os principais afluentes do Lengüelle son o Cabrón pola esquerda, e o río de Pontepedra pola esquerda.

Réxime hídrico

É un curso de réxime pluvial, de tipo oceánico, correspondendo a unhas precipitacións medias na súa conca de 1.600 mm anuais.

Outros datos

A pesar da pouca importancia xeográfica do Lengüelle, Eduardo Pondal fíxoo figurar nun dos seus poemas.

Lengüelle

O topónimo galego Lengüelle pode referirse a:

Lengüelle, lugar da parroquia de Ferreiros, no concello do Pino;

Río Lengüelle, afluente do Tambre.

Mercurín

O topónimo galego Mercurín pode referirse a:

Mercurín, parroquia do concello de Boimorto;

Mercurín, parroquia do concello de Ordes;

Mercurín, lugar da parroquia de Seoane do Courel, no concello de Folgoso do Courel;

Mercurín, lugar da parroquia de Recaré, no concello do Valadouro;

Río Mercurín, afluente do río Lengüelle, á súa vez afluente do río Tambre.

Ordes

Ordes é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes. Segundo o IGE en 2014 tiña 12.844 habitantes (12.868 no 2010, 12.294 no 2006, 12.272 no 2005, 12.287 no 2004, 12.266 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ordense».

Oroso

Oroso é un concello da comarca de Ordes, pertencente á provincia da Coruña. Segundo o IGE en 2014 tiña 7.400 habitantes (6.987 no 2009, 6.526 no 2006, 6.345 no 2005, 6.155 no 2004, 5.933 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é orosán.

Oroso, Oroso

San Martiño de Oroso é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Oroso. Segundo o IGE en 2014 tiña 4.465 habitantes (2.249 mulleres e 2.216 homes) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.143 habitantes. Parte do seu territorio pertence á veciña parroquia eclesiástica da Barciela.

Río Tambre

O río Tambre é un curso fluvial galego, pertencente á vertente atlántica. A súa parte media e alta (río Tambre) así como a súa desembocadura (esteiro de Tambre) foron declaradas zonas especiais de conservación.Nace na lagoa de Sobrado, que recolle as augas dos regos de Fontevirtude e de Rodelo e mailos seus afluentes, preto da aldea da Porcariza, en Sobrado, leva dirección xeral SO e desemboca na ría de Muros e Noia pola enseada de Langaño. Ten un percorrido de 125 km, e percorre os concellos de Sobrado, Curtis, Vilasantar, Boimorto, Mesía, Frades, Arzúa, O Pino, Oroso, Ordes, Trazo, Tordoia, Santiago de Compostela, Val do Dubra, Ames, A Baña, Brión, Negreira, Outes, Mazaricos, Noia e Lousame. A súa cunca abarca 1.531 km².

Os seus principais afluentes son o Dubra, o Barcala , o Maruzo, o Samo e o Lengüelle.

Ríos de Galicia

Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Porén, os altos desniveis provocan a existencia de numerosas fervenzas.

Amais da pesca fluvial, existe aproveitamento industrial dos ríos mediante os muíños e os encoros para a produción de enerxía eléctrica e o abastecemento de auga.

Sogama

Sogama, a Sociedade galega do medio ambiente, é unha empresa pública da Xunta de Galicia ao 51% e o outro 49% de Gas Natural Fenosa. Foi creada en 1992 polo Decreto 111/1992 e depende da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Vilacide de Abaixo, Oroso, Oroso

Vilacide de Abaixo é un lugar da parroquia de Oroso, no concello coruñés de Oroso.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.