Río Lea

O Lea é un río galego da provincia de Lugo, afluente do Miño pola esquerda.

Río Lea
PaísGalicia Galicia
NacementoLaga
Pol
Lonxitude23,5 km
Conca1000 mm
DesembocaduraRío Miño

Percorrido

O Lea nace preto do lugar de Laga, no Sur do concello de Pol, e logo de atravesalo pasa ao concello de Castro de Rei, desaugando no Miño neste municipio, na aldea de Beloi. A súa lonxitude é de 23,5 km.

É un río de chaira, que pode desbordar cando chuvias extraordinarias.

Afluentes

Destacan pola esquerda o río de Guimarás e o rego dos Corvos.

Réxime hídrico

É un río de réxime pluvial, de tipo oceánico, consonte a pluviometría media da súa conca, estabelecida en 1.000 mm anuais.

Nome

Recibe ese nome por atravesar a freguesía de Lea, no concello de Pol. Hai un río homónimo no País Vasco, que de seguro non ten que ver co nome do río galego. Como hai varias localidades galegas con este mesmo nome, o máis seguro, é que procedan dun posesor. Posibelmente remonte a unha *(villa) Eileuva / *(villa de) Eileuva, dun onomástico xermánico en nominativo.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.
Arquidiocese católica latina de Westminster

A arquidiocese de Westminster (en latín: Archidiœcesis Vestmonasteriensis) é unha arquidiocese católica latina en Inglaterra, erixida como vigairía apostólica no século XVII. A arquidiocese ocupa a parte de Londres ao norte do río Támese e ao oeste do río Lea, así como o distrito de Spelthorne e o condado de Hertfordshire. A diocese foi erixida como sucesora da antiga diocese de Londres, suprimida en 1569.

As dioceses sufragáneas da arquidiocese de Westminster son as de Brentwood, Anglia Oriental, Northampton e Nottingham.

Camiño do Norte

O Camiño do Norte ou ruta da costa é un dos diversos Camiños de Santiago polo que os peregrinos percorren a península para render culto ó Apóstolo. Este itinerario percorre todo o norte peninsular, bordeando a costa cantábrica, desde Irún ata Ribadeo, para logo entrar en terras galegas cara a Santiago, enlazando co Camiño Francés en Arzúa. Presenta, como é habitual nos Camiños de Santiago, numerosas rutas alternativas dentro do mesmo itinerario así como conexións co Camiño Francés desde distintas localidades.

Recollía, fundamentalmente, os peregrinos que viñan de Europa pola costa occidental francesa e mais os que viñan en barco desde Inglaterra ou distintos puntos da Europa setentrional e desembarcaban en Bordeos, Bermeo, Donostia, Santander ou Xixón, entre outros portos cantábricos. Estes peregrinos, unha vez en terra, seguían o itinerario do Camiño do Norte ou descendían perpendicularmente para enlazar co Camiño Francés: desde Irún a Burgos (Camiño Vasco do Interior), desde Torrelavega a Aguilar de Campoo e Carrión de los Condes ou desde Oviedo a Lugo e Palas de Rei (Camiño Primitivo). Á súa vez, a ruta cantábrica recollía peregrinos que viñan polo Camiño Francés e, desde León, ascendían a Oviedo polo Camiño Real, para visitar a catedral de San Salvador e seguir logo a peregrinación cara a Santiago polo Camiño do Norte.

Entre outros peregrinos célebres que fixeron este itinerario no seu camiño cara a Santiago podemos citar a Francisco de Asís, de quen a tradición conta que fixo a viaxe en 1214; o astrónomo veneciano Bartolomeo Fontana, que o fixo entre 1538 e 1539; ou Filipe I, xa no século XVI.

Segundo a Oficina do Peregrino, o Camiño do Norte ocupa o terceiro lugar en número de peregrinos, con 17.312 en 2016, observando un incremento nos últimos anos .

O Camiño do Norte percorre, bordeando a costa, as provincias de Guipúscoa, Biscaia, Cantabria e Asturias. Entra en Galicia por Ribadeo e pasa por Mondoñedo, Vilalba, Sobrado e conflúe co Camiño Francés en Arzúa.

Como acontece con outras rutas, as distintas guías e fontes que se poden consultar difiren -lixeiramente- en canto o itinerario a seguir, sendo maiores as diferenzas no número e distancia das etapas nas que dividen o Camiño. No presente artigo seguiremos a distribución proposta pola Federación Española de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago, que divide o Camiño en 32 etapas (ata Arzúa). Todos coinciden en que non sofre a masificación do Camiño Francés pero, como consecuencia, a infraestrutura está moito menos dotada en canto á sinalización, mantemento dos camiños e albergues de peregrinos (en número e capacidade).

Hidrografía de Galicia

A densa rede hidrográfica de Galicia permite que esta sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, a teor da cantidade de cursos fluviais cos que conta. En xeral, e debido ó seu escaso caudal, os ríos galegos non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura ou nos moitos encoros e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran festas semi-acuáticas como as chamadas "zaleas").

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Existen moitos encoros para a produción de enerxía eléctrica. Son características da costa de Galicia as rías, que son indentacións formadas na costa ao seren anegados polo mar os vales fluviais costeiros por descenso do nivel terrestre. As rías están tradicionalmente divididas en Rías Altas e Rías Baixas, segundo a súa posición respecto a Fisterra como punto máis occidental de Galicia.

Lea

O nome Lea pode referirse a:

Lea ou Lía, personaxe bíblica do Antigo Testamento, primeira dona de Xacob.Como topónimo pode referirse a:

Lea, parroquia do concello de Friol;

Lea, lugar de dita parroquia;

Lea, parroquia do concello de Pol;

Lea, lugar da parroquia de Santa Mariña de Lagostelle do concello de Guitiriz;

Lea, lugar da parroquia dos Vilares do concello de Guitiriz;

Río Lea, afluente do Miño.

Castro de Ribeiras de Lea, lugar da parroquia de Ribeiras de Lea do concello de Castro de Rei;

O Outeiro de Lea, lugar da parroquia de Santa Mariña de Lagostelle do concello de Guitiriz;

Ribeiras de Lea, parroquia do concello de Castro de Rei;

A Veiga de Lea, lugar da parroquia de Lea do concello de Pol.

Paz de Alfredo e de Guthrum

A Paz ou Tratado de Alfredo e Guthrum foi un acordo asinado entre Alfredo o Grande, rei de Wessex, e Guthrum, gobernante viquingo de Anglia Oriental. Non se coñece de certo cando se asinou pero, debeu de ser entre 878 e 890. Este tratado é un dos poucos documentos existentes sobre o reinado de Alfredo. Está conservado en inglés antigo no manuscrito 383 que se atopa no Colexio Corpus Christi da Universidade de Cambridge, e nunha recompilación en latín coñecida como Quadrapartitus.

Pol

Pol é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Meira. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.738 habitantes (En 2009 tiña 1.865, 1.913 en 2007).

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Reino de Essex

O Reino de Essex (Ēst Seaxna, "saxóns orientais"), un do sete reinos tradicionais da chamada Heptarquía Anglosaxoa, foi fundado ao redor de 600 e cubría o territorio actualmente ocupado polos condados de Essex, Hertfordshire e Middlesex. O primeiro documento histórico sobre o reino remóntase á Historia Eclesiástica de Beda, que reflicte a chegada do bispo Melito a Londres en 604.

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Ríos de Galicia

Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Porén, os altos desniveis provocan a existencia de numerosas fervenzas.

Amais da pesca fluvial, existe aproveitamento industrial dos ríos mediante os muíños e os encoros para a produción de enerxía eléctrica e o abastecemento de auga.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.