Río Ladra

O río Ladra é un curso de auga galego que percorre o oeste da Terra Chá luguesa.

Río Ladra
MuinhoVilalbaOsPasos
Nacemento do río Ladra no muíño dos Pasos, en Vilalba
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaGalicia Galicia
NacementoXunta dos ríos Madanela e Trimaz preto de Vilalba.[1]
DesembocaduraRío Miño
Cadea fluvialRío Ladra,
Río Miño
Cunca Río Ladra
Cunca do río Ladra, incluíndo un breve tramo do Miño (ver indicación de cara a onde corre). A orientación do plano é N arriba.
Río Ladra 27III2016
Vista do río Ladra á altura de Begonte.

Curso

Ten como cabeceiras aos ríos Madanela e Trimaz, que lle dan nacemento ó xuntarse, e desemboca no río Miño. Como afluentes principais, pola esquerda ten o río Fabilos, e pola dereita, o río Labrada e o río Parga.

Galería de imaxes

ConfluenzaMadanelaFabilos

Vista da xunta dos ríos Madanela e Trimaz, no lugar dos Pasos, en Vilalba, pouco antes de entroncar co río Fabilos, formando o Río Ladra. O río Madanela aparece pola parte dereita da imaxe e o Trimaz pola esquerda, saíndo a auga pola parte de baixo da foto.

Río Ladra cerca de Baamonde (Lugo, Galicia, España) 01

Río Ladra preto de Baamonde

Río Ladra cerca de Baamonde (Lugo, Galicia, España) 02

Río Ladra preto de Baamonde

Parga e Ladra 1IV2016

Xunta dos ríos Parga e Ladra

Rego de Riocaldo 1IV2016

Xunta co rego de Riocaldo

Rego de Lousado 1IV2016

Xunta co rego do Porto Lousado

Notas

  1. Instituto Geográfico Nacional de España. "Iberpix. Buscar Vilalba." (Mapa). Mapa Topográfico Nacional (WMTS de cartografía raster do IGN ed.). 1:25.000. MTN25. Consultado o 3/04/2016.
Caneiro do Piago

O caneiro do Piago é un caneiro situado no leito do río Miño, á altura da parroquia de Robra, no concello de Outeiro de Rei, na provincia de Lugo, que conta cunha fervenza artificial de máis de 50 metros de largura que xorde da unión do río Ladra co propio Miño. Trátase dunha zona moi próxima á cidade de Lugo, polo que adoita ser visitado nos meses de verán, máis aínda cando existen unha serie de rochas espalladas a rentes do caneiro que serven de zona fluvial.

Galería de imaxes de Vilalba

Galería de imaxes do concello de Vilalba na provincia de Lugo.

Hidrografía de Galicia

A densa rede hidrográfica de Galicia permite que esta sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, a teor da cantidade de cursos fluviais cos que conta. En xeral, e debido ó seu escaso caudal, os ríos galegos non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura ou nos moitos encoros e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran festas semi-acuáticas como as chamadas "zaleas").

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Existen moitos encoros para a produción de enerxía eléctrica. Son características da costa de Galicia as rías, que son indentacións formadas na costa ao seren anegados polo mar os vales fluviais costeiros por descenso do nivel terrestre. As rías están tradicionalmente divididas en Rías Altas e Rías Baixas, segundo a súa posición respecto a Fisterra como punto máis occidental de Galicia.

Illán, Begonte

Santiago de Illán é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 133 habitantes (67 mulleres e 66 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 128 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 114 habitantes, sendo 56 homes e 58 mulleres.

Labrada

O topónimo galego Labrada pode referirse a:

Labrada, parroquia do concello de Abadín;

Labrada, parroquia do concello de Guitiriz;

Labrada, lugar da parroquia das Grañas do Sor, no concello de Mañón.

Labrada, lugar da parroquia de Bravos, no concello de Ourol;

Labrada, lugar da parroquia de Conforto, no concello da Pontenova;

A Labrada, lugar da parroquia de Foxado, no concello de Curtis;

A Labrada, lugar da parroquia de Barxa de Lor, no concello da Pobra do Brollón;

A Labrada, lugar da parroquia de Meixente, no concello de Sarria;

A Labrada, lugar da parroquia de Ortoá, no concello de Sarria;

O río Labrada, afluente do río Abadín;

O río Labrada, afluente do río Ladra;

A Torre de Labrada, lugar da parroquia de Labrada, no concello de Guitiriz.Amais o apelido Labrada pode referirse a:

Lucas Labrada, ilustrado galego (1762-1842).

Parga-Ladra-Támoga

Parga - Ladra - Támoga é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe a ríos como o Parga, Ladra, Narla, Azúmara, Támoga, Madalena e Trimaz, todos afluentes do río Miño na súa cabeceira, as súas ribeiras e lagoas como a de Cospeito. Esta área de conservación ocupa 4.939 ha. nas comarcas da Terra Chá e Lugo, nos concellos de Xermade, Vilalba, Abadín, Guitiriz, Cospeito, Begonte, Rábade, Outeiro de Rei, Castro de Rei, Friol e Lugo. Isto é, abrangue aos ríos da depresión central lucense, que é a Terra Chá.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Río Madanela

O río Madanela é un curso de auga galego, que percorre o noroeste da comarca da Terra Chá luguesa.

É unha das cabeceiras do río Ladra, onde desemboca ó pouco de pasar á beira de Vilalba.

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Río Parga

O río Parga é un curso fluvial da Terra Chá. Nos terreos cuaternarios de Begonte, preto da aldea de Insua, desemboca no río Ladra, á súa vez afluente do río Miño.

Atravesa as parroquias de Rocha, Roimil, Carlín, Bra e Seixón (Friol), Mariz, Santa Locaia, Santo Estevo e San Breixo de Parga e Roca (Guitiriz), e Baamonde, Bóveda e San Martiño de Pacios (Begonte).

O Parga posúe diversas fontes, que veñen de drenar a vertente nororiental da Serra da Cova da Serpe e do Cordal de Montouto, ademais de recoller as augas do Cordal de Ousá.

Río Trimaz

O río Trimaz é unha das cabeceiras do Ladra, ó que da nacemento ó xuntarse co río Madanela no lugar dos Pasos en Vilalba, Lugo.

Ríos de Galicia

Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Porén, os altos desniveis provocan a existencia de numerosas fervenzas.

Amais da pesca fluvial, existe aproveitamento industrial dos ríos mediante os muíños e os encoros para a produción de enerxía eléctrica e o abastecemento de auga.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.