Río Forth

O río Forth (en gaélico escocés: Uisge For ou tamén Abhainn Dhubh, que significa augas negras), é un curto río costeiro da vertente do mar do Norte do Reino Unido que discorre integramente por Escocia. Nace no lago Ard no val de Trossachs, a uns 30 km ó oeste da cidade de Stirling. Corre en dirección leste cruzando a localidade de Aberfoyle. Pouco despois recibe as augas dos ríos Duchray e Kelty e entra na zona pantanosa coñecida como Flanders Moss, onde recibe os ríos Teith e Allan antes de atravesar a cidade de Stirling. Nesa cidade o río ensancha e empeza a estar afectado as mareas do próximo mar. Cruza as localidades de Cambus, onde recibe ao río Devon, Alloa, Fallin e Airth. Ó chegar á localidade de Kinkardine, o río ensancha e ábrese o estuario de Forth.

Durante a Idade Media, o río era navegable até Stirling. Porén, no presente é moi raro o tráfico fluvial máis aló de Kinkardine, debido á colmatación do leito do río e o aumento do tamaño das embarcacións.

Até a apertura de modernas pontes nos séculos XIX e XX, o lugar máis ó leste no que o ancho do río permitía cruzalo era Stirling, onde existiu unha ponte dende o século XIII. Sobre devandita ponte tivo lugar a Batalla da ponte de Stirling en 1297 na que as forzas escocesas de Andrew de Moray e William Wallace derrotaron ás tropas inglesas enviadas por Eduardo I de Inglaterra dentro do contexto das Guerras de independencia de Escocia.

Río Forth
River Forth near Stirling
O río Forth preto de Stirling.
PaísEscocia Escocia
Stirling
NacementoLago Ard
Altitude33 m
Lonxitude47 km
DesembocaduraEstuario de Forth

Véxase tamén

Ligazóns externas

Aldfrith de Northumbria

Aldfrith, finado o 14 de decembro de 704 ou 705, ás veces chamado Aldfrid, Aldfridus (latín), ou Flann Fína mac Ossu (Irlandés clásico) foi rei de Northumbria desde 685 até a súa morte.

Alloa

Alloa (en gaélico escocés Alamhagh) é unha vila de Escocia, centro administrativo do concello de Clackmannanshire. Está situada a 10 quilómetros ó leste de Stirling, na ribeira norte do río Forth. Segundo o censo de 2001 a súa poboación é de 18 989 habitantes.

Batalla da ponte de Stirling

A Batalla da ponte de Stirling foi un dos enfrontamentos máis importantes da Primeira Guerra de Independencia de Escocia, entre escoceses e ingleses. O 11 de setembro de 1297, as forzas de Andrew de Moray e William Wallace derrotaron ós ingleses comandados por John de Warenne, VII conde de Surrey e Hugh de Cressingham, en superioridade numérica.

Broomridge

Broomridge é un distrito da cidade de Stirling, en Escocia. Está situado ao sur do concello, próximo do límite co concello de Falkirk, e inmediatamente ao sur do centro da cidade.

Constantino II de Escocia

Constantino, fillo de Áed (en gaélico medieval: Constantín mac Áeda; en gaélico moderno: Còiseam mac Aoidh, coñecido na maioría das listas de reis como Constantino II), finado en 952, foi un rei de Escocia, coñecida daquela polo nome gaélico Alba. O reino de Alba, un termo que apareceu por vez primeira durante a vida de Constantino, sitúase na moderna Escocia. O núcleo do reino estaba formado polas terras arredor do río Tay. O seu límite polo sur era o río Forth, cara ó leste estendíase até Moray Firth e quizais Caithness, mentres que as fronteiras occidentais son descoñecidas. O avó de Constantino, Kenneth I de Escocia (Cináed mac Ailpín, finado en 858) foi o primeiro da familia en ser rei, mais como rei dos pictos. Este cambio de título, de rei dos pictos a rei de Alba, é parte dunha gran tranformación do reino picto e a orixe do reino de Alba.

O seu reinado, coma o dos seus predecesores, estivo dominado polas accións dos gobernantes viquingos das illas Británicas, particularmente Uí Ímair ("os netos de Ímar", ou Ivar o Desosado). Durante o reinado de Constantino, os gobernantes dos reinos sureños de Wessex e Mercia, posteriormente o reino de Inglaterra, estenderon a súa autoridade cara ó norte, no reino en disputa de Northumbria. Ó comezo, Constatino foi aliado dos gobernantes sureños contra os viquingos, pero despois entrou en conflito con eles. O rei Æthelstan tivo éxito en someter a Constantino en 927 e 934, pero volveu loitar con el cando Constantino se aliou cos britanos de Strathclyde e o rei viquingo de Dublín, invadindo o reino de Æthelstan en 937, mais foi derrotado na batalla de Brunanburh. En 943, Constantino abdicou e retirouse a Céli Dé (Culdee) no mosteiro de St Andrews, onde morreu en 952. Foi sucedido polo fillo do seu predecesor, Malcolm I.

Escocia

Escocia (en inglés: Scotland; en escocés: Scotland; en gaélico escocés: Alba) é un país que forma parte do Reino Unido. É o máis setentrional dos catro países constituíntes que forman o Reino Unido. Xunto con Inglaterra e Gales, forma parte da illa de Gran Bretaña, e abrangue un terzo da súa superficie total. Ademais da parte de Escocia localizada na illa de Gran Bretaña, o territorio escocés consta de máis de 790 illas, incluíndo as Shetland, as Orcadas e as Hébridas. Limita ao norte e oeste co Océano Atlántico; ao leste co Mar do Norte, ao sur con Inglaterra e ao suroeste coa Canle do Norte e o Mar de Irlanda. O territorio escocés comprende 78.772 km2, e a súa poboación estímase en 5 116 900 habitantes, o que dá unha densidade de poboación de 65 habitantes por km2.

Edimburgo, a capital do país e segunda meirande cidade, é un dos centros financeiros de Europa. Edimburgo foi o centro da Ilustración escocesa do século XVIII, que transformou a Escocia nunha das potencias comerciais, intelectuais e industriais de Europa. Glasgow, a cidade máis grande, foi outrora unha das cidades industriais máis importantes do mundo e hoxe atópase no centro da aglomeración de Gran Glasgow. As augas territoriais escocesas abranguen unha parte importante do Atlántico Norte e do Mar do Norte, contendo unha das maiores reservas de petróleo da Unión Europea. Por este motivo, Aberdeen, a terceira cidade de Escocia, ten o título de capital europea do petróleo.O Reino de Escocia foi un estado independente durante a Alta Idade Media, e continuou a súa existencia ata 1707. Nesa data produciuse unha unión persoal na que se asinaron as Actas de Unión con Inglaterra, para crear o 1 de maio de 1707 o Reino Unido da Gran Bretaña. A unión produciuse malia a oposición popular e as revoltas anti-unión en Edimburgo, Glasgow e noutras partes. O Reino Unido de Gran Bretaña entrou posteriormente noutra unión política co Reino de Irlanda, o 1 de xaneiro de 1801, para crear o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda.

O sistema legal escocés mantívose separado do de Inglaterra, Gales e Irlanda do Norte, polo que é considerada en dereito internacional como unha entidade xurídica distinta. A existencia de institucións legais, educativas e relixiosas distintas permitiron a supervivencia da cultura e da identidade nacional escocesa dende a Unión de 1707. En 1999 recuperou un poder lexislativo, o Parlamento de Escocia, grazas ó referendo de 1997, e volveu reunir a autoridade sobre moitas áreas dos asuntos de interior. En maio de 2011, o Scottish National Party (SNP, Partido Nacional de Escocia) gañou con ampla maioría as eleccións ó parlamento. Como resultado, celebrarouse un referendo de independencia o 18 de setembro de 2014, que rexeitou a independencia por un 55% contra o 45%, e cunha participación do 85%.Escocia é membro do Consello británico-irlandés, e da Asemblea parlamentaria británico-irlandesa, así como no acordo da Common Travel Area. Escocia é representada na Unión Europea e no Parlamento Europeo con seis MEPs.

Forth (homónimos)

Co termo inglés Forth, podemos referirnos:

Ao río Forth, un río de Escocia.

Ao estuario do Forth, a desembocadura dese río que forma unha ampla manga de auga entre as costas de Edimburgo e Dunfermline.

A vila de Forth, en Lanarkshire do Sur, en Escocia.

A vila de Forth, en Australia.

A linguaxe de programación informática Forth.

Forth, un álbum da banda inglesa The Verve.

Lingua escocesa

Para a lingua xermánica orixinaria de Escocia, véxase scots.O escocés ou gaélico escocés (gàidhlig) é unha lingua céltica falada hoxe en día nalgunhas illas de Escocia e tamén no norte do país; fálana só 70.000 persoas aínda que en tempos tivo unha extensión moito maior polo territorio da actual Escocia. Recentemente fixéronse intentos por recuperala e mesmo se declarou a súa cooficialidade co inglés nalgunhas administracións locais.

O gaélico escocés é membro da rama goidélica das linguas celtas, que inclúe tamén as variantes de Irlanda e de Manx. Provén do irlandés antigo, xa que chegou desde Irlanda a Escocia a partir do século IV.

Mar do Norte

O mar do Norte é un mar marxinal do océano Atlántico, situado entre as costas de Noruega e Dinamarca no leste, as das illas británicas ao oeste e as de Alemaña, os Países Baixos, Bélxica e Francia ao sur. O estreito de Skagerrak constitúe unha especie de baía ao leste do mar, o cal conéctao co Báltico a través da baía de Kattegat; tamén está conectado co Báltico mediante a canle de Kiel. A canle da Mancha a través do paso de Calais conéctao ao resto do Atlántico polo sur, mentres que polo norte conecta en través do mar de Noruega, que é o nome que adopta o mar ao norte das illas Shetland.

As mareas son bastante irregulares xa que conflúen nel unhas correntes provenientes do norte e outra do sur. Hai moita choiva e néboa durante todo o ano, e do noroeste veñen violentas tormentas que fan a navegación perigosa.

Ten unha superficie duns 750 000 km², unha lonxitude aproximada de 960 km e unha anchura máxima de 480 km. É un mar moi pouco profundo, cunha profundidade media de 95 metros: de feito que no banco Dogger, no medio do mar e a unha profundidade duns 25 metros, atoparonse restos de mamuts, proba de que durante a última glaciación ou ben estaba cuberto de xeo ou ben estaba emerxido. Co desxeo, o banco converteuse nunha especie de último reducto en forma de illa.

Ten importantes xacementos de petróleo e gas natural, os cales comezaron a explotarse nos anos 1970.

Á súa vez divídese en tres partes: mar de Wadden, Skagerrak e Kattegat

O mar do Norte constitúe unha zona de forte tránsito marítimo, de explotación petrolífera e de pesca.

Rhydderch Hael

Rhydderch I (floruit c. 580; morreu c. 614), normalmente coñecido como Rhydderch Hael ("o Xeneroso") foi un líder do Alt Clut (a rexión que está na contorna da moderna Dumbarton Rock) e a gran rexión que posteriormente foi coñecida como Strathclyde, un reino britónico que existía no val do río Clyde en Escocia durante a etapa posromana de Britania. Foi un dos máis famosos reis do Hen Ogledd ("O vello norte"), a área de fala britónica do que agora é o sur de Escocia e o norte de Inglaterra, e aparece frecuentemente en obras medievais posteriores tanto en galés como en lingua latina.

Ricsige de Northumbria

Ricsige foi un rei da Northumbria viquinga, chamada Jorvik, que gobernou despois de Ecgberht I ser deposto polo pobo no ano 873.

Stirling

Stirling (en gaélico escocés: Sruighlea, e en escocés: Stirlin) é unha pequena cidade no centro de Escocia, e que se atopa entre a Terra Alta e a Terra Baixa de Escocia. É unha vila antiga, formada ao redor dun importante castelo histórico, e que ten memoria dende a Idade Media. É ademais un centro administrativo, universitario, comercial e da industria lixeira. No censo do 2001 tiña 45.115 habitantes.

Noutro tempo capital do reino de Escocia, Stirling levou o nome de "vila real" ata o ano 2002, cando, co gallo das festas xubilares da raíña Sabela II, lle acordaron o estado de "cidade".

Óengus I

Óengus, fillo de Fergus (en picto: *Onuist map Urguist; en irlandés antigo: Óengus mac Fergusso, "Angus mac Fergus"), foi rei dos pictos dende 732 até a súa morte en 761. O seu reinado pode ser reconstruído a partir dos detalles de diferentes fontes.

Óengus converteuse en xefe e rei dos pictos despois dun período de guerra civil a finais da década de 720. Durante o seu reinado, o reino veciño de Dál Riata foi subxugado e o reino de Strathclyde foi atacado con menos éxito. O gobernante máis poderoso de Escocia durante máis de dúas décadas, estivo involucrado en guerras en Irlanda e Inglaterra. Os reis da familia Óengus dominaron as terras pictas até 839, cando unha desastrosa derrota contra os viquingos provocou un novo período de inestabilidade que rematou coa chegada ó poder de Cináed mac Ailpín.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.