Río Fervedoira

O río Fervedoira é un afluente do río Rato

Fervedoira
Río Fervedoira 6IV2016 02
Río Fervedoira preto do lugar de Fervedoira, no concello de Lugo.
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaGalicia Galicia
NacementoOuteiro de Fompedriña, preto de Vilachá, Lugo.[1]
Altitude578 m
Lonxitude11,5 km
DesembocaduraRío Rato[2]
Altitude desembocadura394 m
Cadea fluvialRío Fervedoira,
Río Rato,
Río Miño
Hidrogalicia rio minno
Conca do río Miño no territorio galego

Curso

Nace nas Carreciñas a 578 m de altitude, ó pé do Outeiro de Fonpedriña, próximo á aldea de Vilachá, na parroquia de Labio, en Lugo [1]. Adéntrase na parroquia de Rubiás, onde recibe o rego de Vilariño pola marxe esquerda e o rego Abelairas pola marxe dereita [1]. Divide despois as parroquias de Pedreda e Santa María de Muxa, onde cruza a autovía A-6 [1]. Finalmente aproxímase a cidade polo barrio de Galegos, e desemboca no río Rato.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 43°03'48.0"N 7°28'38.1"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019.
  2. Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 43°00'52.4"N 7°32'43.7"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019.

Véxase tamén

Outros artigos

Lugo

Lugo é unha cidade e concello de Galicia, capital da provincia de Lugo e da comarca homónima. Fundada no ano 25 a.C. por Paulo Fabio Máximo, é unha cidade de orixe romana e a máis antiga de Galicia. Construída nas proximidades dun castro, na época romana recibiu o nome de Lucus Augusti. Son testemuña dos seus primeiros anos de historia os numerosos restos romanos, moitos deles conservados no Museo Provincial, e sobre todo a Muralla Romana, única no mundo que conserva todo o seu perímetro e declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2000.

Ao longo da súa historia ocorreron tanto épocas de abandono como importantes momentos na historia do país, dende a xuntanza no ano 842 dun grande exército galego para conquistar Oviedo e entronizar a Ramiro I como primeiro rei da dinastía galega, ata o pronunciamento do Coronel Miguel Solís, que daría comezo á Revolución Galega de 1846.

Xeograficamente, a cidade atópase situada nun outeiro, nas terras do Alto Miño, e circundada polo propio río Miño, ademais doutros máis pequenos como o Mera. O concello, incluído na Reserva da Biosfera "Terras do Miño", é o segundo máis extenso de Galicia, e no que no ano 2014 habitaban 98.560 persoas, o que supón que sexa o cuarto de Galicia en poboación despois de Vigo, A Coruña e Ourense.

O xentilicio dos habitantes é lucense ou tamén lugués. Lugo é unha cidade comercial e de servizos, cun campus universitario especializado en Ciencias Agrarias (Veterinaria, Montes...). Destacan tamén as populosas festas realizadas na cidade como o Arde Lucus, que relembra o pasado romano e castrexo da cidade, e o San Froilán, que cada ano atrae á cidade do 4 ao 12 de outubro a máis dun millón de visitantes.

Rego de Samai

O rego de Samai é un afluente do río Rato

Río Rato

O río Rato é un afluente do Miño

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.