Río Eume

O río Eume é un río galego. Nace na xunta dos regos do Lamoso e das Toxeiras, ó pé da Lomba Longa do Seixo Branco, na Serra do Xistral, a 759 m.[2] O nacemento está localizado na parroquia de Montouto, no concello lugués de Abadín, aínda que as cabeceiras nacen na parroquia da Balsa, no concello veciño de Muras a 880 m.[1][2] O seu percorrido de 80 km transcorre placidamente por terras de Lugo ata que pouco a pouco, pasada a vila das Pontes de García Rodríguez, vaise encaixando nun val profundo coñecido como canón do Eume, en parte asolagado polo encoro do Eume. A medida que se achega á desembocadura vaise abrindo o val ata formar un amplo esteiro que en marea baixa forma unha illa coñecida como As Croas, de gran valor marisqueiro e ecolóxico.[6] Finalmente desemboca na Ría de Ares, no Golfo Ártabro, entre os concellos coruñeses de Pontedeume e Cabanas dos que é a súa fronteira natural.

Río Eume
Rio Eume (Fragas del Eume)
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaGalicia Galicia
NacementoXunta dos regos do Lamoso e das Toxeiras, que baixan do Seixo Branco, na Serra do Xistral
Montouto [1][2]
Altitude880 m [1]
Lonxitude80 km [1]
Conca470 km2 [1][3][4]
Caudal medio19,1 m3/s [3][4]
Caudal relativo40,7 L/s/km2 [3][4]
DesembocaduraRía de Ares [5]
Altitude desembocadura0 m
Hidrogalicia rio eume
Conca do Eume (en azul escuro)

A lenda dos tres ríos

Conta a lenda, recollida por José Varela, que Deus fixo nacer tres ríos na Serra do Xistral e fíxoos fluír en tres direccións diferentes: O Eume cara ó poñente, o Landro cara ó norte e o Masma cara ó abrente. Deus prometeu ofrecer un home cada ano a aquel río que antes chegara ó mar. Pouco despois de naceren, os tres ríos pactaron descansar un pouco no camiño. Despois do descanso, o Eume decatouse de que os outros dous ríos non cumpriran o pacto. Encolerizado pola traizón, acelerou a súa marcha provocando o espectacular Canón do Eume e conseguiu chegar o primeiro. Cumprindo a súa promesa, cada ano Deus fai afogar a unha persoa nas súas augas.[7]

Características

Percorre os concellos de Abadín, Muras, Vilalba, Xermade, As Pontes de García Rodríguez, A Capela, Monfero, Cabanas e Pontedeume.

No seu percorrido atópanse dous encoros: o da Ribeira, no concello das Pontes, e o do Eume, entre os concellos das Pontes de García Rodríguez e A Capela ó norte e Monfero ó sur.

No 2008 desviouse unha boa porcentaxe do seu caudal ata encher o novo lago que ocupa o furado deixado pola mina de lignito das Pontes, cunha extensión superior á da cidade da Coruña.[8] O lago rematouse de encher en 2012.[9]

Unha morea de caudais de auga máis ou menos longos e caudalosos, verten as súas augas nel. Salientan na marxe dereita o rego de Montouto, preto da capitalidade do concello de Muras, e, xa na provincia da Coruña, o río Maciñeira, o máis longo de todos os afluentes (11 km) que verte a escasos metros do Parque de Carbóns da Central térmica das Pontes, o río do Pareiro, que desemboca no Encoro do Eume formando un profundo entrante, e o río Sesín, que na súa confluencia co Eume, e xunto con el, rodea o outeiro onde se ergue o Mosteiro de San Xoán de Caaveiro.
Na marxe esquerda salientan o rego Felgado, que ten as súas fontes en terras de Xermade, o río Chamoselo, cunha ponte medieval preto da súa desembocadura no centro urbano das Pontes. Vertendo as súas augas no Encoro do Eume despois de 10 km de percorrido, está o río Frei Bermuz, o máis caudaloso de todos os afluentes e que forma unha fermosa paraxe natural no lugar da Feira do Dez. En pleno canón do Eume verte o río de San Bartolomé tamén de 10 km, cuxo caudal foi aproveitado ata non hai moitas décadas para a produción de enerxía hidroeléctrica na Central do Parrote. Xa no esteiro, desemboca o Río de Covés.

O 30 de xuño de 1997 creouse o Parque Natural das Fragas do Eume (Real Decreto 211/96 de 2 de maio) cunha superficie de 9126 ha. Abarca terras dos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero e Pontedeume.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do río Eume.
Eume Ponte Vella As Pontes

Paso pola Ponte Vella nas Pontes de García Rodríguez

Pontedeume-052

Vista da desembocadura, coas tres pontes (a da autoestrada, a da estrada e a ferrovía).

RíoEumeMündungsgebiet

Río Eume.

Cabanas.Ponte sobre o Eume.Galiza

Ponte. Ó fondo Cabanas.

Pontedeume.Cabanas.Rio Eume.Galiza

Desembocadura entre o concello de Cabanas e o de Pontedeume.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Cañada, Silverio, ed. (2003). "Eume". Gran Enciclopedia Galega 16. El Progreso - Diario de Pontevedra. pp. 57–59. ISBN 84-87804-18-7.
  2. 2,0 2,1 2,2 Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 43°26'35.0"N 7°33'54.9"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019.
  3. 3,0 3,1 3,2 Núñez Pérez, Manuel; Lois Lois, Adela; Daporta Padín, Mon (2007). Os ríos de Galiza. A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas, S.A. p. 114. ISBN 978-84-8341-136-0.
  4. 4,0 4,1 4,2 Asociación Galega de Actividades Náuticas, Agan; Tajes Rama, Mª Luisa; Allariz Villanueva, Mª del Pilar; Carneiro Hombre, Isabel; Corbelle Romero, Natalia; Fernández Álvarez, Patricia; Rodríguez Domínguez, Palmira; Romeu Caamaño, Katia; Romero Figueira, Silvia; Suárez Rama, José Javier (2008). Ríos de Galicia e augas interiores. Aulas Náuticas Medioambientais. Ir Indo. p. 65. ISBN 978-84-7680-629-6.
  5. Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 43°24'44.2"N 8°10'31.0"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019.
  6. Xunta de Galicia, ed. (24/12//2010). "Plan de ordenación do litoral de Galicia: Esteiro do Eume (descargable 03-02-105)" (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2017. El paisaje del esteiro do Eume supone un sistema ecológico de especial valor natural, como continuación funcional del Parque Natural das Fragas do Eume, espacio protegido dentro de la Red Natura 2000 y clasificado como Espacio de Interés Geomorfológico. Su elemento más característico y de mayor interés paisajístico y ambiental es la llanura intermareal fangosa que se genera en la desembocadura del río (Valoración del paisaje, páx. 3). La lámina de agua del estuario y la llanura intermareal acogen los usos más vinculados con el mar, la pesca de bajura y el marisqueo a pie (Usos del suelo, páx. 2.)
  7. Sandoval, Antonio; Sineiro, Ramón; Figueroa, Roberto; de Castro, Carlos (2003). Fragas do Eume, parque natural. Ilustrado por Nicolás Fernández, Miguel Ángel Pol e Pedro Zas. Fotografías de Miguel L. Caeiro, Luis Iglesias, Víctor Rivera e Álvaro Ramos. Xunta de Galicia. pp. 52–53. DL C-81/2003.
  8. As Pontes se prepara para albergar el mayor lago de Galicia (en castelán)
  9. "Feijóo anuncia el plan para la gestión del lago de As Pontes". La Opinión (en castelán) (A Coruña). 16/5/2012. Consultado o 13 de novembro de 2015.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Fragas do Eume. Parque natural. Xunta de Galicia. D.L. C-81/2003
  • Geografía de Galicia (Tomo I). Dirección: Mª Pilar de Torres Luna. Ed. Faro de Vigo. D.L. V-3338.2000
As Pontes de García Rodríguez

As Pontes de García Rodríguez, tamén coñecido sinxelamente como As Pontes, é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. Segundo o IGE en 2016 tiña 10 399 habitantes, dos cales 5 091 eran homes e 5 308 eran mulleres. O seu xentilicio é «pontés». Atópase entre as comarcas da Terra Chá, ó leste, e a de Ferrol, ó oeste.

Debido a que o concello das Pontes é o de maior tamaño da provincia da Coruña, pódese atopar nel unha gran variedade de paisaxes distintas. O monte Caxado, ao norte, constitúe cos seus 756 metros de altura o punto máis elevado do concello e un dos máis elevados da provincia. Entre os ríos que discorren polo concello destaca o Eume, que percorre o concello ao longo de 9 quilómetros, e dá nome á comarca. No concello aséntase tamén gran parte do parque natural das fragas do Eume.

No ano 1267 atópase o primeiro texto que constata a existencia do "Concejo das Pontes". En 1376, Henrique II de Castela concedeulle o señorío da Vila das Pontes ao cabaleiro García Rodríguez de Valcárcel. Este comezou entón a construción dun castelo e unha ponte seguindo o camiño real Lugo-Ferrol (a actual Ponte da Perfolla), dando lugar ao nome da vila de "Ponte de García Rodríguez", que posteriormente derivaría no actual nome do concello.

A principal industria do concello é a Central térmica das Pontes, cunha potencia de 1400 megavatios xunto con outra central eléctrica nova que usa o gas para producir electricidade. En 2012 rematou o proceso de enchido de auga da antiga mina de lignito esgotada, converténdoa nun lago de grandes dimensións cunha praia artificial.

Cabanas

Cabanas é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. Segundo o IGE, en 2014 tiña 3.294 habitantes (3.346 en 2011). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cabanés.

Canón do Eume

Coñécese como canón do Eume un treito do curso medio-baixo do río Eume caracterizado polo encaixe do leito do río nun abraiante desfiladeiro que dá lugar a un profundo val. Gran parte do canón áchase baixo as augas do encoro do Eume. A parte non asulagada forma parte da Reserva Integral do parque natural das fragas do Eume.

No punto onde se construíu a presa do encoro, as paredes graníticas case verticais acadan case os 300 metros de altura, sendo lugar moi frecuentado polos practicantes da escalada libre.

Comarca do Eume

A comarca do Eume é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e con capital en Pontedeume. Pertencen a esta comarca os concellos da Capela, As Pontes de García Rodríguez, Cabanas, Pontedeume e Monfero. Limita ao norte coas comarcas de Ferrolterra e Ortegal, ao sur coa de Betanzos e ao este coa da Terra Chá pertencente á provincia de Lugo.

Encoro da Ribeira

O encoro da Ribeira é o máis pequeno dos dous encoros que se achan no río Eume. A súa construción rematou en 1965. Ten unha lonxitude duns cinco quilómetros e unha capacidade de 33 hectómetros cúbicos.

O encoro alimenta unha minicentral hidroeléctrica cunha potencia de 5940 Kw. A empresa concesionaria da súa explotación é ENDESA.

O encoro está, na súa totalidade, no concello das Pontes. A súa situación río arriba, a pouca distancia da vila das Pontes, fai que abasteza de auga a esta vila e á súa central térmica. O club local de piragüismo, Grupo Xuvenil Piragüismo As Pontes, úsao como zona de adestramento.

Encoro do Eume

O encoro do Eume é o máis grande dos dous que ten o río Eume. Áchase no seu curso medio ocupando unha superficie de 450 hectáreas dos concellos da Capela, As Pontes e Monfero. Ten unha lonxitude aproximada de 15 quilómetros e un volume de 123 hectómetros cúbicos.

A empresa concesionaria da explotación da central hidroeléctrica asociada ao encoro é a compañía ENDESA.

Fragas do Eume

As fragas do Eume é un parque natural galego creado o 30 de xullo de 1997, ademais de ZEC, que abrangue 9.126 hectáreas nas beiras do río Eume. Son as fragas costeiras mellor conservadas de Europa, e un dos poucos bosques do seu tipo que quedan no continente. Esténdese polos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez, todos eles da provincia da Coruña, e nel residen 521 persoas[cando?] dos cinco concellos anteriormente nomeados. A área declarada zona especial de conservación (ZEC) coinciden cos límites do parque natural.

O bosque tradicional atlántico conservouse na zona en todo o seu esplendor, sendo consideradas as fragas como un dos mellores bosques atlánticos termófilos do continente europeo. Malia ser a flora a alfaia das fragas, existindo raras especies de felgos que habitaban a terra hai millóns de anos, tamén destacan algunhas especies animais endémicas e en perigo de extinción, dende pequenos anfibios e réptiles, como a saramaganta, ata especies maiores, como o lobo ou diversas aves de rapina.

Hórreo tipo Cabanas

O hórreo tipo Cabanas é un tipo de hórreo galego que se pode atopar nunha zona delimitada pola liña que une a ría de Ortigueira con As Pontes de García Rodríguez e continúa ao longo do val do río Eume ata Pontedeume.

Hórreo tipo Vilalba

O hórreo tipo Vilalba é un tipo de hórreo galego que se pode atopar con pouca densidade nunha área bastante extensa da parte occidental da Terra Chá delimitada pola serra da Cova da Serpe, a serra da Loba, o río Eume e o río Miño. Comparte espazo con outras tipoloxías de hórreo.

Monfero

Monfero é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. Segundo o IGE en 2017 tiña 1.985 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «monferés».

A maior parte do parque natural das Fragas do Eume está en Monfero, na súa franxa norte.

Mosteiro de San Xoán de Caaveiro

O mosteiro de San Xoán de Caaveiro é un mosteiro medieval situado nas Fragas do Eume, á beira do río Eume.

Ponte do Eume

Ponte do Eume, tamén chamada ponte de Pedra, é unha construción que comunica os concellos de Cabanas e Pontedeume, a través do río Eume.

Ponte do río Eume

A ponte do río Eume é unha construción civil que forma parte da autoestrada AP-9, cruzando o río Eume entre os concellos de Pontedeume e Cabanas.

A ponte de peaxe sobre o río Eume complétase co viaduto de 365 metros de lonxitude sobre o río de Covés para o paso da autoestrada polo esteiro do Eume.

Provincia da Coruña

A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e ocupa a punta noroeste do país e da península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. A capital leva o mesmo nome, A Coruña.

Río de Covés

O río de Covés é un río galego, afluente do Eume pola súa banda esquerda. Flúe en dirección sur-norte e ten unha lonxitude aproximada duns dous quilómetros.

As súas fontes localízanse nos altos do lugar de Covés na parroquia de Andrade. Logo de deixar Covés baña as parroquias de Nogueirosa e Vilar, actuando en moitos tramos do seu percorrido como fronteira de ambas parroquias. No seu curso medio recibe pola dereita as augas do Rego da Graña que nace nos altos de Cabría Nova.

Desemboca no esteiro do río Eume, precisamente no lugar de Esteiro.

Ríos de Galicia

Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Porén, os altos desniveis provocan a existencia de numerosas fervenzas.

Amais da pesca fluvial, existe aproveitamento industrial dos ríos mediante os muíños e os encoros para a produción de enerxía eléctrica e o abastecemento de auga.

Serra da Carba

A serra da Carba é unha serra galega considerada parte das serras setentrionais de Galiza e localizada no norte da comarca da Terra Chá, no suroeste do Xistral, sobre a beira esquerda no alto do curso de río Eume.

Está formada sobre todo por cuarcitas do período cámbrico, cunha zona de conglomerados de cantos de cuarcita e de turmalina, e mais uns afloramentos importantes de gneis e metabasitas.

O punto de maior altitude é o monte Monseivane, con 929 metros sobre o nivel do mar .

Vilapedre, Vilalba

San Mamede de Vilapedre é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). En 2011 tiña 177 habitantes (92 homes e 85 mulleres) repartidos en 40 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 1991 cando tiña 248 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.