Río Eo

O río Eo é un curso fluvial do noroeste da Península Ibérica que discorre por terras de Galicia e Asturias, delimitando ao cabo a fronteira entre ambas. Desemboca no mar Cantábrico pola ría de Ribadeo. A súa cunca ten unha extensión duns 819 km², dos que 3/4 atravesan terreo galego. É apto para a pesca de salmóns.

Río Eo
Ribadeo01
PaísEspaña España
Comunidades AutónomasGalicia Galicia
Principado de Asturias Asturias [1]
NacementoFonteo (Baleira) [1][2]
Altitude597 m
Lonxitude99 km [1]
Conca828 km² [1]
Caudal medio19,61 m³/s [1]
Caudal relativo23,68 L/s/km²
DesembocaduraRía de Ribadeo / Mar Cantábrico[1]
Altitude desembocadura0 m
Hidrogalicia rio eo
Conca do río Eo no territorio galego, marcada en azul escuro
050402Zepapeq
O río Eo na ría de Ribadeo, en primeiro termo a zona ZEPA

Historia

O nome provén do vocábulo Ego, que en tempos romanos alternou con Egoba, e así o testemuña Plinio ao falar dos Egobarri, os habitantes da beira da ría. De Ego vén Eo e tamén as formas medievais Iuve (775), Euve (875), e finalmente Ove (905-), nome dunha parroquia de Ribadeo, próxima á Ría.

Sen prexuízo do anterior, durante séculos o seu decurso inferior designouse como Río de Miranda, e a parte inicial do seu esteiro como Ría de Abres, aceptando como límite aproximado entre a ría de Abres e a Ría e Ribadeo a ponte estradal de Porto, Ribadeo.

Datos

  • Nacemento: Fonteo, Baleira, Lugo, Galicia
  • Desembocadura: Mar Cantábrico, formando a ría de Ribadeo, entre Ribadeo (Galicia) e Castropol (Asturias)
  • Lonxitude: 91,5 km
  • Afluentes principais
  • Outros afluentes
    • Polo oeste: río Liñeiras, río Ouria
    • Polo leste: río de Ríotorto, río Trabada
  • Poboacións que atravesa: A Pontenova en Galicia; Santiso de Abres e Abres, en Asturias. Desemboca cerca da Veiga dando lugar á mencionada ría.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 CHC. "Ficha do río Eo". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2019. Consultado o 19 de xaneiro de 2019.
  2. Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 43°03'44.2"N 7°15'45.5"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Fonteo, Baleira

Santa María de Fonteo é unha parroquia do concello de Baleira. Segundo o IGE en 2013 tiña 64 habitantes.

Hórreo tipo Ribadeo

O hórreo tipo Ribadeo (chamado normalmente na comarca cabazo ou cabozo) é un tipo de hórreo galego que se presenta no norte da provincia de Lugo, ao longo dunha área longa e estreita que bordea a costa cantábrica entre Viveiro e Navia e avanza polo val do río Masma ata Mondoñedo e polo do río Eo ata Vegadeo. Convive con outras tipoloxías, tales como o hórreo tipo Mondoñedo, que o supera en densidade, e o hórreo asturiano, co que se asocia.

Liña Ribadeo - Vilaoudriz

A liña Ribadeo - Vilaoudriz foi unha liña de ferrocarril de vía estreita que discorría polo val do río Eo e a ría de Ribadeo levando material e persoas das minas de ferro de Vilaoudriz dende a actual Pontenova até o porto de Ribadeo. Promovida inicialmente pola Sociedad Minera de Villaodriz, ao cabo serviu tamén para o transporte de pasaxeiros. Tiña un percorrido de 33,867 km, e estivo activa entre 1903 e 1965.

Martín, Baleira

Santiago de Martín é unha parroquia do concello lugués de Baleira, pertencente ao arciprestado de Luaces. A súa altitude media é de 400 metros.

Meira

Meira é un concello da provincia de Lugo, pertence á comarca de Meira. Segundo o padrón municipal, en 2018 tiña 1.711 habitantes (1.794 no 2007,1.774 no 2006, 1.780 no 2005, 1.789 no 2004, 1.806 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «meirao», «meirego» ou «meirense».

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Reserva da biosfera

As reservas da biosfera son ecosistemas terrestres ou costeiros ou mariños, ou unha combinación dos mesmos, que se recoñecen no plano internacional do Programa sobre o Home e a Biosfera (MAB, Man and the Biosphere Programme), que é iniciativa da UNESCO.

Dentro da Rede Mundial de Reservas da Biosfera do programa MAB creáronse ata o 2017 669 reservas da biosfera. Están en 120 estados da UNESCO e 20 deles son reservas transfronteirizas.Con esta designación, o programa MAB, iniciativa da UNESCO, pretende que se leve a cabo unha demarcación, xestión e conservación destes ecosistemas e da súa biodiversidade e culturas. Nunha reserva da biosfera débese incluír unha zona núcleo, área centrais protexida e con especial interese de conservación da súa biodiversidade, unha zona tampón, área de transición arredor das área núcleo na que se limitan as actividades non relacionadas coa súa conservación, e unha zona de transición, na que se promoven as actividades de conservación de biodiversidade e unha economía sustentable. Isto faise co obxectivo de manter un desenvolvemento sustentábel dos recursos naturais e as comunidades humanas que habitan nelas. Este esforzo require investigación, seguimento, educación e preparación.

Reserva da biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón

A Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón abrangue os concellos de Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Ribeira de Piquín, Baleira, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz en Galicia, e de Castropol, A Veiga, Taramundi, San Tirso de Abres, Vilanova de Oscos, Santalla de Oscos e Samartín de Oscos en Asturias. Ten unha extensión de 1595,889 km² e inclúe a máis da totalidade da cunca do río Eo dende o seu nacemento en Fonteo ata a súa desembocadura na ría de Ribadeo, a propia ría e boa parte das cuncas que nela desembocan, así como anacos das cuncas dos ríos Miño, Navia e Porcía, encadrando unha unidade de biodiversidade, cultural e patrimonial. Cando foi designada, a zona tiña unha poboación de 32 974 habitantes, se ben case tódolos municipios observan decrecemento de poboación.

Ría de Ribadeo

A ría de Ribadeo, ou ría do Eo, é formada a partir do río Eo xunto con outros ríos menores, como o río Grande, como un entrante do Cantábrico. Está situada no nordeste de Galiza e oeste de Asturias, actuando como fronteira natural. Ten 10 km de lonxitude e unha largura abondo constante duns 800 m, estreitándose ata os 600 m preto da boca, circunstancia aproveitada para construír sobre ela a Ponte dos Santos, e abríndose abondo máis á altura da enseada de Arnao, xusto á beira da súa boca, ou na enseada da Liñeira, fronte a Ribadeo, ambas na parte oriental.

A ría e o seu espazo natural da parte galega están amparados polas figuras de protección de zona especial de conservación, zona de especial protección para as aves e zona húmida protexida, e a parte asturiana como reserva natural parcial. O conxunto da ría de Ribadeo está dentro da Reserva da biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón e dentro do programa internacional de zonas húmidas Ramsar.

Ríos de Galicia

Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Porén, os altos desniveis provocan a existencia de numerosas fervenzas.

Amais da pesca fluvial, existe aproveitamento industrial dos ríos mediante os muíños e os encoros para a produción de enerxía eléctrica e o abastecemento de auga.

Santiso de Abres

Santiso de Abres (en castelán e oficialmente San Tirso de Abres e en eonaviego San Tiso d'Abres) é un concello da Comunidade autónoma do Principado de Asturias. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «santiseiro».

O municipio limita polo norte, o sur e polo oeste coa Provincia de Lugo (concellos de Trabada na zona norte e da Pontenova na zona sur) e polo leste con Taramundi e A Veiga, ambos do Principado. É o concello máis occidental do Principado.

Ten unha extensión de 31,51 km² e 590 habitantes (2006), densidade 18,72 hab/km². É atravesado de oeste a leste polo río Eo, a súa maior altitude é o Pico Xunqueira de 664 metros.

Serra da Cadeira

A serra da Cadeira é unha serra pertencente ás serras orientais de Galiza que está localizada ao leste do río Masma, entre o val de Lourenzá e mais o va do río Eo.

O punto de maior altura é Cerrochán, con 776 metros sobre o nivel do mar.

Serra de Meira

A serra de Meira é unha aliñación montañosa da provincia de Lugo, pertencente ao macizo Galaico e forma parte das serras orientais de Galiza.

Esténdese ao oeste do río Eo. Na súa vertente oeste nace o río Miño. Está formada por lousas paleozoicas. O seu monte máis alto é o monte Meira, de 896 m de altitude.

Serra do Mirador

A serra do Mirador atópase na fronteira dos concellos de Pol, Castroverde e Baleira, onde se pode ver unha vista panorámica das terras dos tres concellos. O punto máis alto desta serra está localizado no monte Pradairo a 1.034 metros de altitude.

O sector occidental está conformado por xistos, calcarias e dolomías, o central de bandas paralelas de pelitas e areíscas envolvidas por faixas estreitas de cuarcitas.

Na parte oriental nace o río Eo e o seu afluente o río Martín, así como tamén varios regos das súas cabeceiras.

Serra do Pousadoiro

A serra do Pousadorio é unha das serras orientais de Galiza, e separa os concellos de Riotorto e A Pontenova. Os ríos Ferreiravella e o Xudán, afluentes do río Eo, circulan polas súas vertentes. A serra está conformada por lousas, areiscas e cristas de cuarcitas.

A vexetación da zona está composta principalmente de eucaliptos e piñeiros, así como pequenas masas de carballo, sobre todo na parte oeste.

O punto de maior altitude é o Alto do Pousadoiro, con 666 metros sobre o nivel do mar.

Serra do Pozo

A serra do Pozo é unha das serras orientais de Galiza. Ten orientación norte-sur e limita a norte co río Eo e polo leste cun dos seus afluentes. No sur do sistema nace o río Neira, afluente do río Miño.

O punto de maior altitude é o monte Panda, con 933 metros sobre o nivel do mar.

Serras orientais de Galicia

Pódense considerar serras orientais de Galiza aquelas que discorren dende o río Eo até A Mezquita, xa na raia con Portugal. Trátase dunha serie de cadeas montañosas con distinta orientación que conectan nalgún punto coa cordilleira cantábrica.

Trabada

Trabada é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE en 2014 tiña 1 203 habitantes (1 398 no 2009, 1 479 no 2006, 1 504 no 2005, 1 552 no 2004, 1 579 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «trabadés».

Zona especial de conservación As Catedrais

As Catedrais é un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC), coa praia das Catedrais declarado como monumento natural e que forma parte da reserva da biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burón. Atópase na costa setentrional de Galicia, entre a praia de San Miguel de Reinante (ao oeste) e a praia de Olga (ao leste) entre Barreiros e Ribadeo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.