Río Ebro

O río Ebro (en catalán: Ebre) é o río máis caudaloso de España e o segundo da Península Ibérica despois do Douro. É ademais o segundo río máis longo despois do Texo. Discorre na súa totalidade por España, sendo o seu río máis longo, con 910 km, o máis caudaloso e o que ten a maior conca, que chega aos 83 093 km².

Percorre o extremo nororiental da Península Ibérica, a través do val que leva o seu nome. Segue unha dirección noroeste-sueste desde o seu nacemento na Hermandad de Campoo de Suso, en Cantabria, ata o mar Mediterráneo, no que desemboca formando o delta do Ebro, entre os termos municipais de Deltebre e Sant Jaume d'Enveja.

O Ebro atravesa as comunidades autónomas españolas de Cantabria, Castela e León, A Rioxa, Navarra, Aragón e Cataluña. Ademais, a súa conca hidrográfica tamén alcanza territorios da Comunidade Valenciana (río Bergantes) e do País Vasco (case toda Áraba). Dúas capitais de comunidade autónoma, Logroño e Zaragoza, son bañadas polo río.

Río Ebro
Zaragoza shel
PaísEspaña
NacementoFontibre, Cantabria Cantabria
Altitude1980 msnm
Lonxitude910 Km
Conca86 100 km²
Caudal medio426 m³/s
DesembocaduraMar Mediterráneo
SpainEbroBasin
Cunca hidrográfica do río Ebro
Spain Ebro river in Tortosa
O Ebro ao seu paso por Tortosa

Etimoloxía

O seu nome deriva do antigo topónimo Hiber (Hiberus Flumen), que dá tamén nome á Península Ibérica e aos pobos iberos, adaptación latina do termo grego Ίβηρ (Iber), que recollen as numerosas fontes historiográficas gregas, que significaría ribeira ou marxe do río. En efecto, colonos gregos establecéronse un pouco máis ao norte cara ao 575 a.C. na importante colonia de Empúries (Ἐμπόριον). Por iso é polo que o termo de Iberia orixinalmente deriva do nome mesmo do río Ebro.

Percorrido

Nace en Fontibre, preto de Reinosa, en Cantabria, discorrendo por localidades como Miranda de Ebro, Haro, Logroño, Calahorra, Alfaro, Tudela, Alagón, Utebo, Zaragoza, Caspe, Tortosa e Amposta. Os principais macizos montañosos que delimitan a súa conca son: os Pireneos ao norte, o Sistema Ibérico ao sur e os Picos de Europa no seu nacemento.

Desemboca no mar Mediterráneo en Deltebre (Delta do Ebro), próximo a Tortosa e a Amposta, última cidade pola que pasa, ás dúas na provincia de Tarragona, formando un Delta onde a Illa de Buda divide a corrente en dous brazos principais (Golas Norte e Sur). O Delta do Ebro cobre 330 km², o 20 % dos cales son áreas naturais e a superficie restante é agrícola e urbana; os campos de arroz no delta cobren sobre unhas 21 000 ha.

Conca

Rio Ebro Miranda
O Ebro, ao seu paso por Miranda de Ebro (Burgos).

A conca hidrográfica deste río, de forma triangular, queda delimitada, ao norte, polo Cordal Cantábrico e os Pireneos; e, ao oeste e ao sur, polo Sistema Ibérico. Ao leste sitúanse as Cordilleiras Costeiras Catalás e o Mar Mediterráneo.

A súa orixe xeolóxica atópase nos sedimentos exteriores da Península Ibérica, o que deu lugar a dúas cordilleiras de tipo alpino (os Pireneos e os Sistemas Béticos). En compensación, produciuse o afundimento de dúas amplas zonas, o val do Ebro e o val do Guadalquivir, invadidos polo mar.

A conca do Ebro ocupa unha superficie de 85 362 km², que se distribúen nun 0,52% (445 km²) por Andorra, nun 0,58% (503 km²) por Francia e nun 98,8% (84 414 km²) por España.

Supón o 17,3% do territorio peninsular español e nela intégranse, total ou parcialmente, as comunidades autónomas de Cantabria, Castela e León, País Vasco, Castela-A Mancha, A Rioxa, Navarra, Aragón, Cataluña e a Comunidade Valenciana.

Está atravesada por numerosas correntes que, consideradas globalmente, suman 12 000 km de canle, dos cales 930 corresponden ao Ebro. Os seus afluentes principais presentan un percorrido total de 347 km, segundo datos da Confederación Hidrográfica do Ebro. Este organismo, que depende do Ministerio de Medio Ambiente, encárgase da súa regulación. O achegue superficial estimado cífrase nunha media de 18 217 hm³, con máximos de 29 726 hm³ e mínimos de 8 393 hm³.

Réxime fluvial

Spain Ebre river in Miravet
O Ebro en Miravet (Tarragona).
Novillas 6 Febrero 2003 FotoAerea davidnovillas
Enchente do Ebro ao seu paso por Novillas (Zaragoza), o 6 de febreiro de 2003.

O Ebro é un río caudaloso pero cun caudal irregular: a finais do verán ten fortes estiaxes e na primavera, co desxeo pirenaico, presenta o seu máximo caudal. Exemplo desta irregularidade é Tortosa, onde ten chegado a ter un caudal de 32 m³/s en período de seca e chegou a 23 484 m³/s na enchente do 23 de outubro de 1907, cando o río alcanzou os 9,95 m de altura.

O Ebro sofre as súas enchentes máis frecuentes na estación fría, de outubro a marzo, mais ás veces prolónganse no tramo final até maio; as de estación fría acostuman estar ligadas ao réxime pluvial oceánico, mentres que as ocorridas na primavera proveñen da fusión da neve dos Pireneos. As secas prodúcense no verán: de xullo a outubro, en Miranda de Ebro e de fins de agosto e primeiros de setembro en Tortosa.

As principais enchentes medidas en Zaragoza desde finais do século XIX son:

Afluentes principais

Pola esquerda

Pola dereita

  • Río Oca
  • Río Tirón
  • Río Najerilla Soporta o encoro de Mansilla
  • Río Iregua
    • Río Lumbreras
    • Río Montenegro
    • Río Albercos
    • Río Blanca
  • Río Leza
  • Río Cidacos
  • Río Alhama
    • Río Añamaza
    • Río Linares
      • Bco La Canejada
  • Río Queiles 20 hm³/ano
  • Río Huecha 40 hm³/ano
  • Río Jalón 650 hm³/ano
    • Río Isuela
    • Río Aranda
    • Río Ribota
    • Río Jiloca
      • Río Pancrudo
    • Río Piedra Soporta o encoro da Tranquera
    • Río Najima
    • Río Deza
    • Río Manubles
  • Río Huerva 35 hm³/ano Soporta o encoro de Mezalocha e o das Torcas
  • Río Aguas Vivas 35 hm³/ano Soporta o encoro de Almochuel e o de Moneva
    • Río Moyuela
  • Río Martín 60 hm³/ano Soporta o encoro de Cova Foradada
  • Río Guadalope 250 hm³/ano Soporta o encoro de Calanda de 54,2 hm³ de capacidade e o de Santolea de 54 hm³ de capacidade
    • Río Guadalopillo Soporta o encoro de Gallipuén de 4,4 hm³ de capacidade
  • Río Matarraña 50 hm³/ano
    • Río Algas

Infraestruturas hidráulicas

Pantanos e encoros

Presa de Mequinensa
Vista frontal da presa de Mequinenza.
Esclusas de Casablanca- Canal Imperial de Aragón
Esclusas de Casablanca do Canal Imperial de Aragón.
  • Encoro do Ebro (541 hm³)
  • Encoro de Cereceda (1,2 hm³)
  • Encoro de Cillaperlata
  • Encoro de Sobrón (20 hm³)
  • Encoro de Puentelarrá.
  • Encoro de Suzana
  • Azud Fuente de los Moros-Canal de Lodosa (1 hm³)
  • Azud de Tudela (1 hm³)
  • Azud del Canal de Tauste (1 hm³)
  • Encoro de Pignatelli (1 hm³)
  • Azud Manuel Lorenzo Pardo (1 hm³)
  • Encoro de Pina (1 hm³)
  • Azud de Cinco Olivas (1 hm³)
  • Azud de Sástago (1 hm³)
  • Azud de Menuza (1 hm³)
  • Azud del Monasterio de Ntra. Señora de Rueda (1 hm³)
  • Encoro de Mequinenza (1.530 hm³)
  • Encoro de Riba-roja (209,56 hm³)
  • Encoro de Flix (4,171 hm³)
  • Azud de Xerta (1 hm³)

Canais

Entre os canais do Ebro cabe destacar os seguintes: Canal de Lodosa, Canal Imperial de Aragón, Canal de Tauste, Bardenas, Los Monegros, Canal do Cinca e Canal de Aragón e Cataluña.

Produción hidroeléctrica

En todo o percorrido do Ebro atopamos centrais hidroelécticas. Ao seu paso por Aragón:

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

A Rioxa

A Rioxa (en castelán: La Rioja) é unha comunidade autónoma do norte de España, uniprovincial e sen costa, atravesada polo río Ebro. Limita co País Vasco e Navarra ao norte, con Aragón ao leste e con Castela e León ao sur.

Ten o nome do río Oja (na zona norte da comunidade), nomeando así unha extensa comarca que ocupa unha considerábel tramo do marxe dereito do Val do Ebro aos pés do Sistema Ibérico. A Rioxa administrativa e comarcal non coinciden exactamente, xa que a derradeira soleira co País Vasco, e a parte montañesa non sería Rioxa estrita.

A súa poboación é de 317 501 habitantes, e a súa capital é Logroño, cidade duns 150 000 habitantes. Outras poboacións importantes son: Calahorra, Arnedo, Haro e Alfaro.

A Rioxa é coñecida internacionalmente pola fama dos seus viños, cunha denominación de orixe estendida tamén polo sur de Áraba.

Así mesmo é importante o Mosteiro de San Millán de la Cogolla, onde se atoparon os escritos máis antigos que se conservan tanto en lingua castelá como en lingua vasca.

Ascó

Ascó é un concello de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona. Está localizado na comarca de Ribera d'Ebre.

É coñecido por albergar unha das dúas centrais nucleares existentes en Cataluña. A central nuclear de Ascó está formada por dous reactores que aproveitan a auga do río Ebro para a súa refrixeración e son o principal recurso económico da poboación, xunto á tradicional agricultura de secaño.

Conserva ruínas dun castelo medieval sobre o outeiro que domina a poboación.

Baix Ebre

O Baix Ebre (en galego: Baixo Ebro) é unha comarca da provincia de Tarragona, en Cataluña. Está situada na desembocadura do río Ebro e a súa capital é Tortosa. En 2009 tiña 81.724 habitantes.

A comarca limita co Baix Camp, a Ribera d'Ebre e a Terra Alta polo norte, co mar Mediterráneo polo leste, coa comarca do Montsià polo sur e coa Terra Alta e o Matarranya polo oeste.

Cantabria

Cantabria (en cántabro e castelán: Cantabria) é unha comunidade autónoma uniprovincial situada no norte de España, considerada como «comunidade histórica» segundo o seu Estatuto de autonomía. Limita con Asturias ao oeste, con Euskadi (provincia de Biscaia) ao leste, con Castela e León (provincias de León, Palencia e Burgos) ao sur, e co mar Cantábrico ao norte. A súa capital e cidade máis poboada é Santander.

Cantabria está situada na cornixa Cantábrica, nome dado á franxa de terra existente entre o mar Cantábrico e a cordilleira Cantábrica, no norte da Península Ibérica. Posúe un clima oceánico húmido e de temperaturas moderadas, fortemente influenciado polos ventos do océano Atlántico que chocan contra as montañas. A precipitación media é de 1.200 mm, o que permite o crecemento de frondosa vexetación. A súa maior elevación localízase no pico de Torre Blanca (2.619 m). A comunidade está formada por 102 concellos, sendo un deles, Valle de Villaverde, un exclave en Biscaia.

Cantabria é a rexión máis rica do mundo en sitios arqueolóxicos do Paleolítico Superior. Os primeiros signos de ocupación humana datan do Paleolítico Inferior, aínda que este período non estea tan ben representado na rexión. Destacan neste aspecto as pinturas da cova de Altamira, datada entre o 16.000 e 9.000 a.C e declarada, xunto a outras nove covas cántabras máis, Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

As súas primeiras referencias datan do ano 195 a. C., momento en que o escritor romano Catón O Vello fala na súa obra Orixes do nacemento do río Ebro do "país dos cántabros". A moderna provincia de Cantabria constituíuse o 28 de xullo de 1778. A Lei Orgánica do Estatuto de Autonomía de Cantabria aprobouse o 30 de decembro de 1981, dotando deste xeito á comunidade autónoma de organismos e institucións de autogoberno, co Parlamento de Cantabria como asemblea lexislativa.

Castejón, Navarra

Castejón é un municipio situado na Comunidade Foral de Navarra, no meiriñado de Tudela, a 78 km da capital provincial, Pamplona. Limita cos concellos de Valtierra ao norte, Tudela ao leste e ao sur, con Corella ao suroeste, e co concello rioxano de Alfaro ao oeste.

Castejón, á beira dereita do río Ebro e a un paso da Rioxa, tivo un castelo que se cita xa no século XII. Por aí pasaba o camiño real de Pamplona a Madrid, con servizo de barca e barqueiro para o cruzamento do río. Logo, na segunda metade do século pasado, escolleuse este punto como nó dos ferrocarrís do Nordeste de España. Con iso a poboación foi crecendo, ata que en 1927 deixou de ser barrio de Corella e foi declarado municipio independente.

Cuadrilla de Laguardia-Rioxa Arabesa

A Rioxa Arabesa, ou Cuadrilla de Laguardia-Rioja Alavesa (en éuscaro: Guardia-Arabako Errioxako Eskualdea), é unha das sete comarcas ou cuadrillas do territorio histórico de Áraba, no País Vasco.

Dous claros accidentes xeográficos marcan os seus límites norte e sur. Está delimitada ao norte pola muralla da Serra de Cantabria e a Serra de Toloño, que a separan do resto de Áraba e ao sur polo río Ebro, que a separa da veciña comunidade autónoma da Rioxa. La Sonsierra rioxana, formada polos municipios de Ábalos e San Vicente de la Sonsierra, situados ao norte do río Ebro, pertencen á comunidade autónoma da Rioxa, aínda que xeograficamente pertenza á ribeira esquerda. La Sonsierra divide á Rioxa Arabesa en dúas partes separadas: Labastida, situada ao oeste, e o resto de municipios rioxano-arabeses ao leste. Os límites con Navarra cara ao leste non están baseados en claros accidentes xeográficos.

Deltebre

Deltebre é un municipio de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona, na comarca do Baix Ebre. Formouse en 1981 pola unión dos municipios de Jesús i María e La Cava que, á súa vez, se sedgregaran de Tortosa en 1977. É a poboación máis próxima á desembocadura do río Ebro. Segundo o INE, no 2006 tiña 10 811 habitantes.

Elciego

Elciego (en éuscaro: Eltziego ou Zieko) é un concello de Áraba, no País Vasco. Pertence á cuadrilla de Laguardia-Rioxa Arabesa e tiña en 2015 unha poboación de 1.051 habitantes.

Limita ao norte con Navaridas e Laguardia, ao sur co río Ebro e Cenicero (A Rioxa), ao leste con Lapuebla de Labarca e con Mañueta ao oeste.

Haro

Haro é unha cidade e un municipio de Rioxa (España), cabeza da comarca de Haro. No ano 2006 tiña 10.965 habitantes. É a poboación máis importante da denominada Rioxa Alta. O seu concello linda coa provincia de Burgos polos Montes Obarenes ao norte, e con Áraba, río Ebro por medio, polo leste.

Haro é etapa do Camiño de Santiago, e o seu núcleo antigo ten a declaración de conxunto histórico-artístico desde 1975.

Hermandad de Campoo de Suso

A Hermandad de Campoo de Suso é un concello español da comunidade autónoma de Cantabria, que forma parte da comarca de Campoo-Los Valles. En 2015 tiña unha poboación de 1.679 habitantes.

Limita ao norte con Polaciones, Mancomunidad de Campoo-Cabuérniga e Los Tojos, ao leste con Campoo de Enmedio e Valdeolea, e ao sur coa provincia de Palencia, da que está separada pola serra de Híjar. É o segundo municipio de Cantabria por extensión, só por detrás de Valderredible, ocupando case todo o val do Híjar. Na localidade de Fontibre ten o seu nacemento o río Ebro.

Está formado polas localidades de Abiada, Argüeso, Barrio, Brañavieja, Camino, Celada de los Calderones, Entrambasaguas, Espinilla (capital), Fontibre, Hoz de Abiada, Izara, La Lomba, Mazandrero, La Miña, Naveda, Ormas, Paracuelles, Población de Suso, Proaño, Salces, La Serna, Soto, Suano, Villacantid e Villar.

Curiosamente o municipio conservou o nome de "Hermandad" (Irmandade), palabra que na Idade Media facía referencia á unión de concellos. Outros municipios da comarca como Campoo de Enmedio ou Campoo de Yuso, que tamén eran irmandades, eliminaron devandito título ao converterse en municipio.

Lapuebla de Labarca

Lapuebla de Labarca é un concello de Áraba, no País Vasco. Pertence á cuadrilla de Laguardia-Rioxa Arabesa e tiña en 2015 unha poboación de 860 habitantes.

É o municipio máis meridional de Áraba, limitando con Laguardia, que o rodea, e con Fuenmayor (A Rioxa) polo sur. Atópase na beira do río Ebro.

Logroño

Logroño é unha cidade e concello do norte de España, capital da comunidade autónoma e provincia da Rioxa. Tamén é a súa cidade de maior poboación, concentrando case a metade do total da comunidade, así como o seu centro económico, cultural e de servizos.

Bañada polo río Ebro, Logroño foi historicamente un lugar de paso e cruzamento de camiños, como o Camiño de Santiago, e de fronteiras, disputada entre os antigos reinos da Península Ibérica durante a Idade Media. No último século, a cidade experimentou un crecemento demográfico lento pero significativo respecto das poboacións próximas, provocado principalmente polos movementos migratorios desde outras comarcas da rexión. Foi capital gastronómica española en 2012 e Cidade Europea do Deporte en 2014.

Mañueta

Mañueta (en castelán: Baños de Ebro, oficialmente Baños de Ebro/Mañueta) é un concello de Áraba, no País Vasco. Pertence á cuadrilla de Laguardia-Rioxa Arabesa e tiña en 2014 unha poboación de 325 habitantes.

O municipio limita ao norte con Samaniego e Villabuena de Álava, ao leste con Elciego, ao oeste co municipio rioxano de San Vicente de la Sonsierra e ao sur co curso do río Ebro que o separa tamén do municipio rioxano de Torremontalbo.

Mañueta é un municipio rural, cun dos índices máis altos de poboación activa dedicado á actividade agraria do País Vasco (preto do 80% da poboación). A maior parte da poboación vive da agricultura e máis concretamente do cultivo da vide, que ocupa preto do 75% da área cultivada no municipio.

Móra d'Ebre

Móra d'Ebre é un concello de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona. É a capital da comarca da Ribera d'Ebre, situada á dereita do río Ebro, no centro da conca de Moura.

Entre o seu patrimonio histórico destaca o castelo de Moura con murallas ben conservadas e dúas torres circulares. A agricultura de secaño e de regadío, a industria (especialmente a alimentaria) e o comercio son as principais actividades económicas do municipio.

Navaridas

Navaridas é un concello de Áraba, no País Vasco. Pertence á cuadrilla de Laguardia-Rioxa Arabesa e tiña en 2015 unha poboación de 231 habitantes.

Atópase a medio camiño entre a Serra de Cantabria e o curso do río Ebro. Como no resto da Rioxa Arabesa, é importante a actividade vinícola.

Río Douro

O río Douro (en castelán: Duero e en portugués: Douro) é un río do centro-norte e oeste da Península Ibérica, da vertente atlántica. O seu nome provén do latín, Durius flumen, e do grego, Δόυριος ποταμού. Cos seus 897 km, é o terceiro río máis longo da Península Ibérica despois do río Texo e do río Ebro, e cos seus 97.290 km², posúe a maior conca hidrográfica peninsular (78.952 km² corresponden a territorio español e o resto a territorio portugués).

Tudela

Tudela é un municipio e cidade española situada no sur da Comunidade Foral de Navarra, cabeceira da comarca coñecida como La Ribera, así como do partido xudicial e do meiriñado homónimos. É a segunda cidade de Navarra tras Pamplona, con 35.358 habitantes segundo o Padrón Municipal de habitantes de 2012.

Está situada a beiras do caudaloso e estacional río Ebro e na desembocadura do río Queiles que atravesa a cidade.

Dista 94,3 km de Pamplona, a capital da Comunidade Foral de Navarra. A 86 km de Zaragoza, a 99,5 km de Logroño e a 90,1 km de Soria. E está situada a 264 metros de altitude.

Val do Ebro

O val do Ebro ou depresión do Ebro é unha ampla rexión do nordés da Península Ibérica por onde discorre o río Ebro. O Ebro nace no Cordal Cantábrico e desemboca no mar Mediterráneo. O val do Ebro está limitado pola cordilleira dos Pireneos ao norte, o Sistema Ibérico ao sur e as Cordilleiras Costeiras Catalás ao leste.

Valderredible

Valderredible é o concello máis meridional da comunidade autónoma de Cantabria. Limita polo norte con Valdeprado del Río, polo leste e sueste coa provincia de Burgos e polo oeste e suroeste coa provincia de Palencia, ámbalas dúas de Castela e León. Valderredible está situado na comarca de Campoo-Los Valles e por el discorre o río Ebro. É o municipio de Cantabria con maior extensión.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.