Río Douro

O río Douro[1] (en castelán: Duero e en portugués: Douro) é un río do centro-norte e oeste da Península Ibérica, da vertente atlántica. O seu nome provén do latín, Durius flumen, e do grego, Δόυριος ποταμού. Cos seus 897 km, é o terceiro río máis longo da Península Ibérica despois do río Texo e do río Ebro, e cos seus 97.290 km², posúe a maior conca hidrográfica peninsular (78.952 km² corresponden a territorio español e o resto a territorio portugués).

Río Douro
Vila Nova de Foz Coa rio Douro (14282784962)
PaísEspaña España e Portugal Portugal
NacementoDuruelo de la Sierra, Soria, España
Altitude2.160 msnm
Lonxitude897 km
Conca97.299 km²
Caudal medio675 m³/s
DesembocaduraOcéano Atlántico
Duero-Zamora
O río Douro ao seu paso por Zamora

Características

O Douro nace nos Picos de Urbión (no Sistema Ibérico) a uns 2.160 m de altitude e percorre terras castelás, leonesas e portuguesas, pasando por Soria, Aranda de Duero, Laguna de Duero, Toro, Zamora e Miranda do Douro, até chegar á súa desembocadura na cidade do Porto. Ten 112 km de fronteira compartida con Portugal e 213 km portugueses. A súa altitude media é de 700 metros.

No inicio do seu curso é un río longo e pouco caudaloso. De Zamora á súa foz, corre entre fragas en canóns profundos (as Arribas do Douro). O forte declive do río -o desnivel medio é de 3 m/km-, as curvas, as rochas saíntes, os caudais violentos, as múltiples irregularidades, os rápidos e os "saltos" tornaban este río indomábel ata a realización dos encoros a partir de 1961. Con eles conseguiuse a doma do río e a navegación fluvial.

Afluentes principais

SpainDueroBasin
Conca do Douro.
Porto Gaia Foz do Douro
Desembocadura do Douro na Foz do Douro.

Pola dereita

Pola esquerda

Encoros

Presa Aldeadávila desembalsando
A presa de Aldeadávila posúe a central hidroeléctrica con maior produción en España.
Presa de Miranda
Presa de Miranda.

O Douro ten sete encoros en zona española e nove en zona portuguesa.

  • O encoro da Cuerda del Pozo (Vinuesa, Soria) é o de maior capacidade (249 hm³) e o único que regula o caudal na súa cabeceira. As súas funcións principais son a atracción turístico-deportiva, o regadío (26.000 ha) e abastecemento de auga a Soria e Valladolid. Secundariamente, o seu potencia hidroeléctrica é de 6.080 kW (8,5 GWh de media).
  • Destaca especialmente o Salto de Aldeadávila I e II por ser, en conxunto, a primeira de España en potencia (1.146 MW) e produción anual (3.500 GWh de media: un 6,3% do total nacional). Isto únese á espectacularidade das obras, cun muro de contención, que ten forma abovedada, de 140 m de altura e 250 m de lonxitude.
  • Tamén a presa de Saucelle I e II é impresionante, cun muro de 92 m de altura e 178 m de lonxitude. A súa potencia é de 525 MW no seu conxunto.
Encoro Provincia Capacidade
(hm³)
Superficie
(ha)
Potencia
(MW)
Cuerda del Pozo España Soria 229 2176 7
Los Rábanos España Soria 8 98 4
San José España Valladolid 6 250 0,56
Villalcampo España Zamora 66 445 206
Castro España Zamora 26 180 190
Miranda Flag of Portugal.svg Braganza 28 - 390
Picote Flag of Portugal.svg Braganza 63 - 180
Bemposta Flag of Portugal.svg Braganza 129 - 210
Aldeadávila España Salamanca 115 364 1143
Saucelle España Salamanca 181 589 525
Pocinho Flag of Portugal.svg Guarda 83 - 186
Valeira Flag of Portugal.svg Viseu 97 - 216
Régua Flag of Portugal.svg Vila Real 95 160
Carrapatelo Flag of Portugal.svg Porto 148 - 201
Crestuma-Lever Flag of Portugal.svg Porto 110 - 108

Galería de imaxes

Hidrogalicia rio douro

Conca do Douro en Galiza.

El almezal de Mieza

O río ao seu paso polo Parque Natural de Arribas do Douro.

Douro River Portugal

O Douro no Porto.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para zamorano.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Abezames

Abezames é un concello da comarca de Terra de Campos, ao seu paso pola provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León, España

Ten unha superficie de 12,26 quilómetros cadrados, cunha poboación de 98 habitantes.

Destaca ao achegarse ao pobo, polo tono da súa pedra gris presidindo, no alto, toda a localidade, a igrexa de San Miguel, a actual parroquia. Ao outro lado, nas aforas, están as ruínas da que foi tamén parroqui até o primeiro terzo do século XX, a igrexa de San Salvador.

A elevación máis destacada é o cerro ou teso Lutero, relativamente próximo ao núcleo de poboación.

Ao lado, ao oeste, vello pombais, hoxe derruídos, poden verse nas terras circundantes, similares aos máis coñecidos da veciña Malva.

O río, case todo o ano seco, que atravesa a localidade, é o Adalia (arroyo de Adalia), que desemboca no río Douro, entre Touro e Monte la Reina.

Beira, Portugal

A Beira foi unha das seis divisións -comarcas, despois provincias- nas que se dividía Portugal até o século XIX. É a área que corresponde, aproximadamente, aos posteriores distritos de Castelo Branco, Viseu, Guarda, Coimbra e Aveiro.

Inicialmente, correspondía á faixa interior do territorio portugués, limitada ao norte polo río Douro e ao sur polo río Texo. Máis tarde, pasou tamén a incluír unha faixa litoral de territorio -entre o Douro e o Mondego- que, antes, pertencía á Estremadura, tornándose a maior provincia portuguesa.

Brácaros

Os brácaros (latín: bracari) foron un pobo prerromano de cultura castrexa da Gallaecia bracarense que habitaba no noroeste do actual Portugal, entre os río Tâmega e Cávado. A extensión do seu territorio chegaría até o río Douro e acadaría a costa. No seu territorio, por volta do ano -16 construíuse a capital do convento xurídico bracarense, Bracara Augusta.

Seguindo a inscrición epigráfica da Fonte do Ídolo adicada á deusa Nabia e ó deus Tongoenabiagus no nome da cidade de Tongobriga (en Marco de Canaveses), este pobo falaría unha lingua celta.

Canelas, Penafiel

Canelas é unha freguesía portuguesa do concello de Penafiel, cunha área de 11,86 km² e 1649 habitantes (2011). Densidade: 139 hab/km². Situada na marxe dereita do río Douro, Canelas está a 14 km da sede do concello.

Castronuño

Castronuño é un municipio de España, ao suroeste da provincia de Valladolid, comunidade autónoma de Castela e León e comarca da Tierra del Vino, na marxe esquerda do río Douro..

Gormaz

Gormaz é un concello español da provincia de Soria. A súa poboación é de 629 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 76,24 km².

Lamego, Portugal

Lamego é unha cidade portuguesa no Distrito de Viseu, Rexión Norte e subrexión do Douro, con cerca de 10.900 habitantes. Situada na marxe sur do río Douro, a cidade é parte da provincia tradicional de Tras-os-Montes e Alto Douro.

Lusitania (provincia)

Lusitania (/ˌluːsɪˈteɪniə/; portugués: Lusitânia; galego: Lusitania) ou Hispania Lusitana foi unha antiga provincia romana na península ibérica onde se atopa o moderno Portugal (ao sur do río Douro) e parte do oeste de España (a actual comunidade autónoma de Estremadura) e unha parte da provincia de Salamanca. Foi nomeado así polos Lusitani ou lusitanos (un pobo protoindoeuropeo).

A súa capital foi Emerita Augusta (actualmente Mérida, España), e foi inicialmente parte da provincia romana de Hispania Ulterior, antes de converterse en provincia independente. Os romanos chegaron por primeira vez ao territorio a mediados do século II a.C. Seguiu unha guerra con tribos lusitanas do 155 ao 139 a.C. No 27 a.C., creouse a provincia.

Porto, Portugal

O Porto é unha cidade portuguesa, a segunda cidade e o terceiro concello máis poboado do país, capital do Distrito do Porto, situado na Rexión Norte e subrexión do Grande Porto, e tamén á Área Metropolitana do Porto. A cidade é considerada unha cidade global gama. O concello, com 41,42 km² de área, ten unha poboación de 237 591 habitantes (2011) dentro dos seus límites administrativos, sendo subdividido en sete freguesías.É a cidade que deu o nome a Portugal – dende moi cedo (c. -200), cando se chamaba Portus Cale, chegando a converterse máis tarde na capital do Condado Portucalense, dende onde se formou Portugal. É aínda unha cidade coñecida mundialmente polo seu viño, polas súas pontes e arquitectura contemporánea e antiga, o seu centro histórico, clasificado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, pola calidade dos seus restaurantes e pola súa gastronomía, polo seu principal equipo de fútbol, o Futebol Clube do Porto, pola súa principal universidade pública: a Universidade do Porto, que se atopa entre as 200 mellores universidades do mundo e entre as 100 mellores universidades de Europa, ben como pola calidade dos seus centros hospitalarios.É a sede da Área Metropolitana do Porto, que agrupa 17 concellos con 1 757 413 habitantes en 2 089 km² de área, cunha densidade de poboación de 1 098 hab/km², o que sitúa a cidade na 13ª área urbana máis poboada da Unión Europea, sendo, polo tanto, a segunda maior zona urbana portuguesa. O Porto e a Área Metropolitana do Porto constitúen o núcleo estrutural da Rexión Norte, que ten unha área de 21 278 km² (24% do Continente) e unha poboación de 3 689 609 habitantes (censos de 2011). Comprende 8 subrexións ou unidades de nivel III (NUTS III).O Porto, xunto cos concellos veciños de Vila Nova de Gaia e de Matosinhos, forma a Fronte Atlántica do Porto, que constitúe o núcleo de poboación máis urbanizado da Área Metropolitana, situado no litoral, delimitado, no oeste, polo Océano Atlántico, coa influencia estrutural do estuario do río Douro, que une Gaia con Porto.

O Porto é a cidade máis importante da altamente industrializada zona litoral da Rexión Norte, onde se atopan grande parte dos grupos económicos do país, tales como a Altri, o Grupo Amorim/Corticeira Amorim, o Banco BPI, a BIAL, a EFACEC, a Frulact, a Lactogal, o Millennium BCP, a Porto Editora, a Sonae, a Unicer ou o Grupo RAR. A Associação Empresarial de Portugal ten sede no Porto. A Rexión Norte é a única rexión portuguesa que exporta máis do que importa.

Río Pisuerga

O río Pisuerga é un curso fluvial do noroeste da Península Ibérica, afluente do río Douro pola súa marxe dereita. Ten un curso total de 283 km.

Río Tormes

O río Tormes é un curso fluvial de Castela e León, que verte as súas augas na marxe esquerda do río Douro, logo dun percorrido de 247,1 km.

Río Támega

O río Támega (Tâmega en portugués), é un curso fluvial que nace en Galiza, e percorre parte do norte de Portugal, ata desembocar no río Douro, logo dun percorrido de 145 km. É o único río galego, xunto cos seus afluentes, que pertence á Confederación hidrográfica do río Douro.

Salduero

Salduero é un concello español da provincia de Soria (Castela e León). A súa poboación é de 172 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 2,69 km².

San Esteban de Gormaz

San Esteban de Gormaz é un concello español da provincia de Soria (Castela e León). A súa poboación é de 3.223 (INE 2012) repartidos en máis de 20 localidades.

Foi declarada Conxunto Histórico-Artístico. Debido ao influxo romano, conserva nos muros restos de epigrafía romana, funeraria e relixiosa e restos medievais de igrexas e fortificacións. Foi repoboada en 912, en 917 o rei de Galiza Ordoño II venceu unha incursión árabe nesta localidade. Foi considerada unha das portas de Castela e durante o século X, un campo de batalla pola súa importancia estratéxica na liña defensiva do río Douro.

Serra da Azoreira

A serra de Azoreira é unha serra galega localizada entre o concello da Mezquita e a provincia de Zamora. Está conformada por materiais graníticos. Os seus ríos verten á conco do río Douro.

O cumio de maior altitude é o pico Azoreira, con 1.394 metros sobre o nivel do mar.

Soria

Soria é unha cidade e concello español da provincia de Soria (da que é capital), en Castela e León. Sitúase á beira do río Douro e é a segunda capital de provincia española menos poboada. Ten unha poboación de 40.147 habitantes (INE 2012) e unha densidade de poboación de 147,72 hab./km². Como monumentos máis salientables da cidade están a Concatedral de San Pedro, en estilo plateresco e a Igrexa de Santo Domingo.

Vila Nova de Gaia

Vila Nova de Gaia é unha cidade portuguesa no Distrito do Porto, na Rexión Norte e subrexión do Grande Porto, con cerca de 273.100 habitantes. A cidade está localizada na marxe esquerda da foz do río Douro.

É sede dun municipio con 170,82 km² de área e 300.868 habitantes (2004), subdividido en 24 freguesías. O concello limita polo norte co municipio do Porto -sepáraos o Douro -, ao nordeste con Gondomar, polo sur con Santa Maria da Feira e Espinho e polo oeste ten litoral no Océano Atlántico. Non foi elevada á categoría de cidade ata o 28 de xuño de 1984.

Villafranca de Duero

Villafranca de Duero é un concello español da provincia de Valladolid, en Castela e León. Como o seu nome indica, o lugar foi repoboado polos francos cara ao século XI.

Atópase na marxe esquerda do río Douro, preto do encoro de San José. Limita ao norte con Toro e ao oeste con Villabuena del Puente, os dous concellos na provincia de Zamora; ao sur con Castronuño e ao leste con San Román de Hornija.

A súa economía baséase nas actividades agrícolas e gandeiras. Produce viños brancos con DO Rueda e viños tintos con DO Toro.

Entre os seus monumentos destaca a Igrexa de Santa María Magdalena. As súas festividades máis importantes son as festas patronais de Santa María Magdalena (22 de xullo), San Isidro Labrador (15 de maio), San José Obrero (1 de maio), Santa Águeda (5 de febreiro), o Carnaval e o Mércores de Cinsa.

Zamora

Zamora é unha cidade situada en Castela e León, capital da provincia de Zamora. En 2017 tiña 62 389 habitantes. Está atravesada polo río Douro, que continúa cara a Portugal.

Artisticamente ten numerosas igrexas de estilo románico, destacando a súa catedral, do mesmo estilo. Esta cidade tivo a súa etapa de maior importancia política durante a Reconquista.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.