Río Chamoso

O río Chamoso é un afluente do Miño que percorre os concellos de Castroverde, O Corgo e Lugo.

Chamoso
Río Chamoso 20XI2015 03
Río Chamoso nas proximidades da ponte da Foz, preto da desembocadura no río Miño, entre os concellos de Lugo e O Corgo.
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaGalicia Galicia
NacementoXunta dos regos da Esbaradoira e do Lameirón, preto do Vitureiro.[1]
Altitude618 m
Lonxitude31,82 km
DesembocaduraRío Miño
Altitude desembocadura356 m
Cadea fluvialRío Chamoso,
Río Miño
Hidrogalicia rio minno
Conca do río Miño no territorio galego

Curso

Nace na xunta dos regos da Esbaradoira e do Lameirón, as súas cabeceiras, preto do Vitureiro, na parroquia de Montecubeiro, en Castroverde.[1]

Recibe ó río Romeán pola marxe dereita a altura da ponte de Galiñeiros, en Arxemil. En Abuín acondicionouse unha praia fluvial con merendoiros, ó pé da A-6 [1]. Recibe ó rego de Carballido pola marxe dereita fronte ó muíño da Herdeira, na parroquia de Laxosa, e durante varios quilómetros serve de límite entre os concellos do Corgo e de Lugo [1]. Desemboca no Miño pola súa marxe esquerda, ó pasar a ponte da Foz [1].

Afluentes

Afluentes do Río Chamoso por orde, dende o nacemento ata a desembocadura:

  1. Rego da Esbaradoira:[1] cabeceira pola marxe dereita.
  2. Rego do Lameirón:[1] cabeceira pola marxe esquerda.
  3. Rego de Pereiroá:[1] desemboca preto de Pereiroá (Castroverde) pola marxe esquerda.
  4. Rego de Rodinso:[1] desemboca ó pé do Castelo de Castroverde, fronte a Bolaño (Castroverde), pola marxe esquerda.
  5. Rego de Xubil:[1] desemboca en Bolaño (Castroverde), pola marxe dereita.
  6. Rego de Outeiro:[1] desemboca en Outeiro (Castroverde), pola marxe esquerda.
  7. Rego de Anguieiro:[1] desemboca preto de Gracián (Castroverde), pola marxe dereita.
  8. Rego de Caxín:[1] desemboca preto de Queizán de Abaixo (O Corgo), pola marxe esquerda.
  9. Rego da Moa:[1] desemboca preto das Aceñas (O Corgo), pola marxe esquerda.
  10. Río Romeán:[1] desemboca na ponte de Galiñeiros, en Arxemil (O Corgo), pola marxe dereita, a 13,15 km do Miño [1].
  11. Rego dos Rofideiros:[1] desemboca na praia fluvial, en Abuín (O Corgo), pola marxe esquerda.
  12. Rego do Carballido:[1] desemboca fronte ó muíño da Herdeira, na parroquia de Laxosa (O Corgo), pola marxe dereita.
  13. Regueiro de Paradela:[1] desemboca en Paradela (O Corgo), pola marxe esquerda, a 7,76 km do Miño [1].
  14. Rego de San Fiz:[1] desemboca preto de San Fiz (O Corgo), pola marxe esquerda.

Galería de imaxes

Río Chamoso 20XI2015 01

A ponte da Foz, sobre o río Chamoso, preto da desembocadura no río Miño, entre os concellos de Lugo e O Corgo.

Río Chamoso 20XI2015 02

Interior do muíño que hai a carón da ponte da Foz, sobre o río Chamoso, preto da desembocadura no río Miño, entre os concellos de Lugo e O Corgo.

Río Chamoso 20XI2015 04

Muíño localizado a carón da ponte da Foz, sobre o río Chamoso, preto da desembocadura no río Miño, entre os concellos de Lugo e O Corgo.

Notas

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 43°03'29.9"N 7°19'12.3"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019.
Arxemil, O Corgo

San Pedro de Arxemil é unha parroquia do concello do Corgo. En 2010 tiña 82 habitantes (42 homes e 40 mulleres).

Chamoso

O topónimo Chamoso pode referirse a:

San Cristovo de Chamoso, parroquia do concello do Corgo;

San Bartolomeu de Chamoso, parroquia do concello do Corgo;

Santo André de Chamoso, parroquia do concello do Corgo;

Chamoso, lugar da parroquia de Paradela, no concello do Corgo.

Chamoso, lugar da parroquia de Fene, no concello de Fene.

Chamoso, lugar da parroquia de Perlío, no concello de Fene.

Chamoso, lugar da parroquia de Parada de Sil, no concello de Parada de Sil.

río Chamoso, afluente do río Miño;

praia de Chamoso, areal da parroquia de San Martiño de Porto (Cabanas).Amais, como apelido pode referirse a:

Manuel Chamoso Lamas, arqueólogo e escritor galego (1909-1985).

Hidrografía de Galicia

A densa rede hidrográfica de Galicia permite que esta sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, a teor da cantidade de cursos fluviais cos que conta. En xeral, e debido ó seu escaso caudal, os ríos galegos non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura ou nos moitos encoros e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran festas semi-acuáticas como as chamadas "zaleas").

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Existen moitos encoros para a produción de enerxía eléctrica. Son características da costa de Galicia as rías, que son indentacións formadas na costa ao seren anegados polo mar os vales fluviais costeiros por descenso do nivel terrestre. As rías están tradicionalmente divididas en Rías Altas e Rías Baixas, segundo a súa posición respecto a Fisterra como punto máis occidental de Galicia.

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Río Neira

O río Neira nace na Serra do Portelo e ten 56 km de lonxitude. As súas fontes, a 940 m de altitude, están situadas na Fontaneira, concello de Baleira.

Río Romeán

O río Romeán, ou río de Romeán, é un curso fluvial galego, da comarca de Lugo, con caudal regular, afluente do Chamoso.

Ríos de Galicia

Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Porén, os altos desniveis provocan a existencia de numerosas fervenzas.

Amais da pesca fluvial, existe aproveitamento industrial dos ríos mediante os muíños e os encoros para a produción de enerxía eléctrica e o abastecemento de auga.

Santa Comba, Lugo

San Pedro de Santa Comba é unha parroquia do concello de Lugo na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 265 habitantes, deles 129 eran homes e 136 eran mulleres, o que supón unha diminución de 7 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.