Río Caselas

O río Caselas é un pequeno río galego da provincia de Pontevedra, afluente do Miño, no seu curso baixo, pola marxe dereita.

Río Caselas
PaísGalicia Galicia
NacementoMonte Corucho, Salceda de Caselas
Lonxitude12 Km
Caudal medio? m³/s
DesembocaduraRío Miño
Hidrogalicia rio minno
Conca do río Miño no territorio galego

Percorrido

O Caselas nace ao norte do concello de Salceda de Caselas, nas inmediacións do monte Corucho (450 msnm).

Atravesa o municipio de Salceda de Caselas para entrar logo no de Salvaterra de Miño, encurvándose e servindo de linde entre os dous concellos. No seu tramo final é linde entre os concellos de Tui e Salvaterra, antes de desaugar no río Miño. O seu percorrido total atinxe 12 km.

Afluentes

Os seus afluentes son regatos de escaso desenvolvemento.

Réxime hídrico

É un río de réxime pluvial, de tipo oceánico.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.
A Igrexa, Caldelas de Tui, Tui

A Igrexa é un lugar da parroquia de Caldelas de Tui, no concello pontevedrés de Tui, na comarca do Baixo Miño. No ano 2009 tiña 46 habitantes (22 homes e 24 mulleres), segundo o padrón municipal de habitantes do Instituto Nacional de Estadística. Isto supón un incremento do 15 por cento respecto ao ano 2000, aínda que un descenso en relación ao 2008.

Caselas

O topónimo galego e portugués Caselas pode referirse a:

Caselas, lugar da parroquia de Verís, no concello de Irixoa;

Caselas, lugar da parroquia do Rosal, no concello do Rosal;

As Caselas, lugar da parroquia de Santa Comba, no concello de Santa Comba;

O río Caselas, afluente do río Miño;

Salceda de Caselas, concello da provincia de Pontevedra;

Caselas, barrio da cidade de Lisboa.

Galería de imaxes de Salceda de Caselas

Galería de imaxes do concello de Salceda de Caselas, na provincia de Pontevedra.

Hidrografía de Galicia

A densa rede hidrográfica de Galicia permite que esta sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, a teor da cantidade de cursos fluviais cos que conta. En xeral, e debido ó seu escaso caudal, os ríos galegos non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura ou nos moitos encoros e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran festas semi-acuáticas como as chamadas "zaleas").

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Existen moitos encoros para a produción de enerxía eléctrica. Son características da costa de Galicia as rías, que son indentacións formadas na costa ao seren anegados polo mar os vales fluviais costeiros por descenso do nivel terrestre. As rías están tradicionalmente divididas en Rías Altas e Rías Baixas, segundo a súa posición respecto a Fisterra como punto máis occidental de Galicia.

Río Louro

O río Louro é un afluente do Miño, no seu tramo final, pola súa marxe dereita. Ten todo o seu percorrido na provincia de Pontevedra. Atravesa os concellos de Pazos de Borbén, Mos, Redondela, Porriño e Tui.

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Ríos de Galicia

Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Porén, os altos desniveis provocan a existencia de numerosas fervenzas.

Amais da pesca fluvial, existe aproveitamento industrial dos ríos mediante os muíños e os encoros para a produción de enerxía eléctrica e o abastecemento de auga.

Salceda de Caselas

Salceda de Caselas é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. A súa poboación en 2015 era de 8873 persoas, segundo o Padrón municipal de habitantes. 2007, 7686 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «salcedán» ou «caseleiro».

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.