Río Calvar

O río Calvar é un afluente do río Anllóns pola súa marxe esquerda.

Río Calvar
PaísGalicia Galicia
NacementoCoristanco
Lonxitude? km
Caudal medio? m³/s
DesembocaduraRío Anllóns
Hidrogalicia ria de corme e laxe
Cuncas dos ríos que desembocan no río Anllóns, en azul

Descrición

O Calvar nace no concello de Coristanco, da unión dos regos da Bordeseca e da Uceira. Pasa pola Agualada, Santa Baia de Castro, Valenza, San Xusto e Cereo, todas elas parroquias de Coristanco. Recibe augas do río Vao pola marxe dereita, e do Grelo e o Rodís pola esquerda.

Véxase tamén

Artigos relacionados

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.
Calvar

O topónimo galego Calvar pode referirse a:

O Calvar, lugar da parroquia de Domaio, no concello de Moaña;

río Calvar, no concello de Coristanco, afluente do río Anllóns.Amais, segundo o censo do ano 2000 o apelido Calvar tiña 1327 ocorrencias en Galicia, destacando no concello de Vilaboa (2,29 % da poboación, sendo o quinto apelido máis frecuente do concello) e Moaña (0,58 %). Pode referirse a:

Manuel Borxa Calvar Simón, futbolista galego, máis coñecido como Capi (n. 1981);

Carmen Gallego Calvar, política galega (n. 1966);

Santiago Cortegoso Calvar, dramaturgo e músico galego (n. 1974).

Cereo, Coristanco

Santa María de Cereo é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 415 habitantes (214 mulleres e 201 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 468 habitantes. Segundo o IGE, no 2016 a súa poboación descendera ata os 290 habitantes, sendo 133 homes e 157 mulleres.

Ríos de Galicia

Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Porén, os altos desniveis provocan a existencia de numerosas fervenzas.

Amais da pesca fluvial, existe aproveitamento industrial dos ríos mediante os muíños e os encoros para a produción de enerxía eléctrica e o abastecemento de auga.

Valenza, Coristanco

San Pedro de Valenza é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 479 habitantes (249 homes e 230 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 505 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 391 habitantes, sendo 197 homes e 194 mulleres.

Vao

Un vao é un lugar natural por onde poder pasar un obstáculo, normalmente cruzar unha corrente de auga ou un anaco de mar. Como topónimo pode referirse a:

Vao, lugar da parroquia de Lagoa no concello de Alfoz;

Vao, lugar da parroquia de San Martiño de Mondoñedo no concello de Foz;

Vao, lugar da parroquia de Vedro no concello de Portomarín;

Vao, lugar da parroquia de Santa Cruz do Valadouro no concello do Valadouro;

O Vao, lugar da parroquia de Folgoso, no concello de Abegondo;

O Vao, lugar da parroquia de Tuxe, no concello do Bolo;

O Vao, lugar da parroquia de Riobó, no concello de Cabana de Bergantiños;

O Vao, lugar da parroquia de Temes, no concello de Carballedo;

O Vao, lugar da parroquia de Rabiño, no concello de Cortegada;

O Vao, lugar da parroquia de Cospeito, no concello de Cospeito;

O Vao, lugar da parroquia de Cereixido, no concello da Fonsagrada;

O Vao, lugar da parroquia de Verís, no concello de Irixoa;

O Vao, lugar da parroquia de Manín, no concello de Lobios;

O Vao, lugar da parroquia de Reigada, no concello de Manzaneda;

O Vao, lugar da parroquia de San Salvador de Poio, no concello de Poio;

O Vao, lugar da parroquia de Campañó, no concello de Pontevedra;

O Vao, lugar da parroquia de Oleiros, no concello de Salvaterra de Miño;

O Vao, lugar da parroquia de Pascais, no concello de Samos;

O Vao, lugar da parroquia de Santa Cruz de Ribadulla, no concello de Vedra;

O Vao, lugar da parroquia de Coruxo, no concello de Vigo;

O Vao, lugar da parroquia de San Vicenzo de Curtis, no concello de Vilasantar;

O Vao, lugar da parroquia de Vilariño, no concello de Vilasantar;

Cruceiro de Vao, lugar da parroquia de Boiro no concello de Boiro;

Ponte do Vao, lugar da parroquia de Lagoa, no concello de Alfoz;

Ponte do Vao, lugar da parroquia de Coeo, no concello de Lugo;

A Ponte do Vao, lugar da parroquia de Laxosa, no concello do Corgo;

Porto do Vao, lugar da parroquia de San Fiz de Paz, no concello de Outeiro de Rei;

O río Vao, afluente no río Anllóns, na provincia da Coruña;

O río Vao, afluente no río Calvar, na provincia da Coruña;

Istmo do Vao, na península entre O Grove e a praia da Lanzada;

Encoro do Vao, no río Bibei;

Praia do Vao, ó carón da praia da Lavanqueira, na illa de Arousa;

Praia do Vao, entre a illa de Toralla e Canido, concello de Vigo.

Campo do Vao, campo de fútbol do Coruxo Club de Fútbol, en Coruxo, concello de Vigo.Isto aconteceu tamén na toponimia doutros territorios (Hondarribia, Atarrabia, Frankfurt, Oxford). Noutras linguas, Vao ten outros significados:

Vao, illa na provincia de Malampa, en Vanuatu;

Vao, poboación de Costa do Marfil;Vao ou VAO tamén é a abreviatura de Valle d'Aosta.

Cómpre non confundilo con van, que é o "espazo aberto por debaixo dun muro, ponte ou estrutura de sustentación".

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.