Río Caldo, Lobios

Santa María de Río Caldo é unha parroquia do concello de Lobios, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2010 tiña 419 habitantes, dos cales 205 eran homes e 214 mulleres, o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 457 habitantes.

Coordenadas: 41°52′26″N 8°07′24″O / 41.8739961, -8.1234471

Río Caldo
Padrendo-Lobios
O lugar de Padrendo.
ConcelloLobios
Poboación305 hab. (2017)
Entidades de poboación6

Patrimonio

  • Área recreativa de Espendelo.
  • Os Baños: Balneario, augas termais, praia fluvial.
  • Ermida da Virxe do Xurés.
  • Vía Nova: Aquis Originis (mansión viaria), miliarios.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Río Caldo, Lobios.
RíoVilameá

Río Vilameá.

Lugares e parroquias

Parroquias de Lobios

Véxase tamén

Outros artigos

A Devesa, Río Caldo, Lobios

A Devesa é un lugar da parroquia de Río Caldo no concello ourensán de Lobios na comarca da Baixa Limia. Tiña 44 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 25 eran homes e 19 mulleres.

Bubaces, Río Caldo, Lobios

Bubaces é un lugar da parroquia de Río Caldo no concello ourensán de Lobios na comarca da Baixa Limia. Tiña 85 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 40 eran homes e 45 mulleres.

Galería de imaxes da Galicia romana

Galería de imaxes da Galicia romana.

José Lamela Bautista

José Lamela Bautista, nado en Río Caldo (Lobios) o 1 de novembro de 1947, é un escritor e político galego do PSdeG-PSOE.

Os Baños, Río Caldo, Lobios

Os Baños é un lugar da parroquia de Río Caldo no concello ourensán de Lobios na comarca da Baixa Limia. Segundo o INE e do IGE en 2012 tiña 19 habitantes (sete homes e doce mulleres).

Padrendo, Río Caldo, Lobios

Padrendo é un lugar da parroquia de Río Caldo no concello ourensán de Lobios na comarca da Baixa Limia. Tiña 54 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 30 eran homes e 24 mulleres.

Reserva da biosfera Gerês-Xurés

A reserva da biosfera transfronteiriza Gerês-Xurés é a reserva da biosfera galego-portuguesa de 260 hectáreas de afluentes do río Limia, como o Vez, Homen e o Cávado, ao seu paso polas serras do Xerés, do Quinxo e da Santa Eufemia. Parte súa está en concellos galegos da Limia e Baixa Limia e en autarquías de Viana do Castelo, Braga e Vila Real das provincias portuguesas do Minho e Trás-os-Montes. É un espazo de montaña granítica, con picos como a Nevosa e a Fontefría, e de abundantes ríos que discorren case dun xeito rectilíneo. Esta reserva da biosfera ten un 24% da súa área na zona galega e dun total 260 mil ha. que están catalogadas como zonas núcleo, de máxima importancia de conservación.

Termas romanas

As termas romanas son recintos públicos destinados a baños típicos da civilización da Roma antiga. Os baños das vilas romanas chamábanse Balmes ou balneum, e se eran públicos thermae ou therma.

Estes baños públicos tiñan estancias reservadas para actividades ximnásticas e lúdicas. Tamén eran consideradas lugares de reunión, e a elas acudía a xente que non podía ter un na súa casa, como os plebeos ou escravos. A veces os emperadores ou os patricios concedían baños gratis para o resto da poboación.

Os baños, tanto públicos como privados, estiveron presentes en moitas das civilizacións ao longo da historia. Son numerosas as prácticas relixiosas e sociais, que desde a antigüidade tiveron como acto principal o baño, asociado este á limpeza, tanto hixiénica do corpo como a da alma ou espírito, a purificación.

Na civilización romana a institución dos baños, as termas, era fundamental nos servizos para a cidadanía. As termas públicas romanas respondían a unha función social e política. Foron lugares ideais para a conversa relaxada, o recreo e a relación social. Coidábase o ambiente cunha delicada decoración con frescos, mosaicos e estatuas.

Torneiros, Río Caldo, Lobios

Torneiros é un lugar da parroquia de Río Caldo no concello ourensán de Lobios na comarca da Baixa Limia. Tiña 99 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 48 eran homes e 51 mulleres.

Vilameá, Río Caldo, Lobios

Vilameá é un lugar da parroquia de Río Caldo, no concello ourensán de Lobios na comarca da Baixa Limia. Segundo o IGE do 2012 tiña 118 habitantes, dos cales 52 son homes e 66 mulleres. En 2010 tiña 110 habitantes (50 homes e 60 mulleres) o que supón o aumento no número de habitantes con respecto a 2009, cando tiña 108.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.