Río Cávado

O río Cávado é un río do Norte de Portugal que nace na serra do Larouco, a unha altitude de cerca de 1.520 metros, pasa por Braga, Barcelos e desauga no océano Atlántico xunto a Esposende, logo dun percurso de 135 quilómetros.

A conca do rio Cávado limitada ao norte con a bacía hidrográfica do río Limia e, ao leste e sur, coas concas do río Douro e do Ave; ten unha área de 1.600 km². O escoamento anual na foz do río é, de media, de 2.123 hm3.

Estímase que a conca hidrográfica do rio Cávado posúe unha capacidade total de almacenamento de recursos hídricos da orde dos 1.180 hm³, en réxime regularizado, valor que corresponde a case un 30 % do total existente en Portugal.

Río Cávado
Cavado ponte do bico
Ponte do Bico
PaísPortugal
Lonxitude135 km
Caudal medion/d
DesembocaduraAtlántico

Afluentes principais

  • Río Homem
  • Río Rabagão
  • Río Saltadouro

Encoros

No sistema Cávado - Rabagão - Homem ha varios encoros implantados nos seus percursos fluviais para aproveitamentos hidroeléctricos.

  • Encoro da Paradela
  • Encoro de Salamonde
  • Encoro da Caniçada
  • Encoro do Alto Cávado
  • Encoro do Alto Rabagão
  • Encoro da Venda Nova
  • Encoro de Vilarinho das Furnas
  • Encoro de Penide
Braga

Braga (do latín bracara, topónimo procedente dos brácaros, que habitaban no convento de bracarense, e que fai alusión as brācae , bragas ou calzas que vestían. Despois foi chamada 'Bracara Augusta'.) é a cidade máis antiga de Portugal e unha das cidades cristiás máis antigas do mundo occidental, fundada no tempo dos romanos como Bracara Augusta, ten máis de 2000 anos de historia como cidade. Está situada no Val do Cávado, no Norte de Portugal, e en 2011 tiña 181.474 habitantes. É a capital da provincia de Minho.

É unha cidade chea de cultura e tradicións, onde a Historia e a relixión conviven coa industria tecnolóxica e co ensino universitario. O Fórum Europeo da Xuventude elixiuna Capital Europea da Xuventude en 2012.

Castelo da Picoña

O castelo da Picoña é unha fortaleza situada no outeiro da Almena, no municipio de Calvos de Randín, no camiño que une Randín con Vilar e Vilariño. Está situado ó leste da actual freguesía portuguesa de Tourém. Situado na Raia, na marxe esquerda do río Salas, era a cabeza das Terras da Picoña, defendendo o chamado Couto Mixto, que pasou ó reino de España polo Tratado de Lisboa de 1864. Consérvanse as ruínas dos alicerces, carecendo de clasificación por parte do poder público e de escavacións arqueolóxicas. Actualmente, só é visible o alxibe escavado na rocha.

Castelo de Lanhoso

O Castelo de Lanhoso, tamén coñecido como Castelo de Póvoa de Lanhoso é unha fortificación situada no concello de Póvoa de Lanhoso, no distrito de Braga (Portugal). Aínda que na actualidade perdeu boa parte da súa arquitectura orixinal, é un dos castelos máis coñecidos de Portugal. En 1910 foi nomeado Monumento Nacional.

Érguese no alto do Monte do Pilar, o meirande monte granítico de Portugal, protexido polos vales dos ríos Ave e Cávado. Foi construído no século XI, aínda no Reino de Galiza, sobre un antigo poboado castrexo romanizado, o castro de Lanhoso. No século XVII ergueuse un santuario no seu interior, utilizando a propia pedra das antigas murallas.

Década de 1070

A década de 1070 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1070 e remata o 31 de decembro de 1079.

García II de Galicia

García II de Galicia tamén coñecido por García de Galiza, ou simplemente Don García, nado en 1042 e finado o 21 de marzo de 1090, foi un monarca galego que reinou entre os anos 1065 e 1071.

Fillo de Fernando I e Sancha I, herdou o Reino de Galiza, co condado de Portugal, e a protección e parias das taifas de Badaxoz e Sevilla. Educouse desde 1053 en Galiza co bispo Cresconio de Iria. En 1071 tivo que se enfrontar ó alzamento da nobreza portuguesa, derrotando a Nuno Mendes, conde de Portugal, na batalla de Pedroso. Pouco despois foi atacado e vencido polo seu irmán Sancho II de Castela, tendo que se exiliar en Sevilla. Trala morte de Sancho o ano seguinte, regresou, mais foi apreixado mediante engano polo seu irmán Afonso VI de León, pasando o resto da súa vida encadeado no castelo de Luna, preto de León.

A súa historia fixo que fose tratado coma un rei inepto e perdedor pola historiografía, á parte de ter un importante desenvolvemento na literatura.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.