Río Bernesga

O Bernesga é un río que corre exclusivamente na provincia de León, no noroeste de España. É un afluente do río Esla, pola súa beira dereita, que á súa vez o é do río Douro.

Bernesga
El Bernesga por León
PaísEspaña
NacementoPorto de Pajares
Lonxitude76,8 km
Conca1.162 km²
DesembocaduraRío Esla (conca do Douro)
Puente de San Marcos
O río Bernesga o seu paso pola cidade de León

Percorrido

O Bernesga nace no porto de Pajares, case nos límites con Asturias. Corre logo en direccións sur, atravesando varias localidades leonesas como a Pola de Gordón, La Robla e a mesma capital provincial, León, onde se lle xunta o río Torío.

Logo de 76,8 km de percorrido rende a súas augas ao Esla, pola dereita deste, na localidade de Vega de Infanzones.

Afluentes

Os principais tributarios do Bernesga son:

  • Pola dereita:
    • Rodiezmo,
    • Casares,
    • Río de Los Barrios.
  • Pola esquerda:
    • Camplongo,
    • Fontún,
    • Torío.

A conca do Bernesga abrangue 1.162 km².

Réxime

O Bernesga é un río de réxime nivo-pluvial. A baixa de caudal na estiaxe é bastante acusada.

Alameda (xardinaxe)

Unha alameda é un lugar poboado de álamos, aínda que tamén se estende o uso do termo a outro tipo de árbores como o carballo, lodoeiro, tileiro, moreira ou plátano de sombra.

Cando crece na ribeira dun río e é espontánea forma parte da paisaxe natural. Pola contra se foi planificada, pensada e plantada polo ser humano forma parte da xardinaría, con frecuencia estes paseos ou parques arborados foron o tipo máis antigo de xardín público e popular.

Basicamente coñecemos dous tipos de alamedas: as plantadas con frecuencia nos bordos dos camiños, sinxela aliñación de árbores. As primeira aliñacións, como simples liñas nos bordos dos camiños comezaron a ser plantadas en torno ás murallas das cidades medievais europeas como aconteceu na cidade italiana de Lucca (Toscana).

Outro tipo de alamedas eran as formadas con numerosas aliñacións para crear un grande espazo de sombra, nos lugares nos que se realizaban concentracións de calquera tipo. Os grandes espazos sombreados con chopos estaban destinados aos mercados e a ser escenario das máis diversas actividades lúdicas entre elas, as romaxes, os bailes e o adestramento atlético, militar e hípico.

Na xardinaría centroeuropea, especialmente en Flandres e en Francia, ademais de en Italia, adornáronse tamén os camiños de acceso das grandes vilas nobiliarias e aristocráticas con aliñacións de árbores e así mesmo dispuxéronse como paseos principais dos xardíns. Dende o século XVI, co progreso dos novos coches de cabalos foron o escenario destinado aos pracenteiros paseos cos coches e carrozas. A máis antiga alameda plantada, e por iso xardín, e aberta a todo o mundo, e por iso pública, que se conserva en Europa na actualidade é a Alameda de Hércules de Sevilla (1574).

Estación de León-Norte

A Estación do Norte de León, inaugurada o 23 de agosto de 1863 atópase xunto ao río Bernesga, na rúa Astorga. Nas súas inmediacións atópanse servizos públicos de primeira orde como os xulgados, a estación de bombeiros ou a estación de autobuses.

Após a inauguración da nova estación provisional o 18 de marzo de 2011 quedou en desuso, á espera dunhas obras de soterramento e adaptación á Alta Velocidade, que permitan a súa reapertura.

Porto de Pajares

O Porto de Pajares (en asturiano: Puertu Payares) é un porto de montaña que foi tradicionalmente a principal vía de transporte entre Asturias e a Meseta Central, ata a construción da autoestrada AP-66. Cunha altitude de 1.378 metros, é coñecido polas nevadas que recibe no inverno, as súas néboas nas noites de verán, os seus pendentes que chegan ata o 17% oficialmente e pola próxima estación de esquí, Valgrande-Pajares.

Tanto a estrada N-630 como as vías de ferrocarril aproveitan o mesmo paso natural, seguindo os vales do río Pajares na vertente asturiana e do río Bernesga na leonesa.

Río Esla

O Esla é un río da provincia de León, no noroeste da Península Ibérica. É un afluente do Douro, que nace na Cordilleira Cantábrica e ten 285 km de percorrido, cruzando de Norte a Sur as provincias de León e Zamora. É o afluente máis caudaloso do Douro, de xeito que cando desmboca neste, leva máis caudal que o propio Douro (de aquí o tradicional dito "el Esla lleva el agua y el Duero la fama", análogo ao que se di do Pisuerga e tamén o Douro, ou do Sil e o Miño).

Sobre o nacemento do Esla hai controversias, desde quen asegura que nace en San Glorio, Pandetrave e Arcenorio; mentres outros aseguran que nace no Porto de Tarna, no val de Burón.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.