Río Belelle

O río Belelle é un curso fluvial da provincia da Coruña, que transcorre polos concellos da Capela, Cabanas, Fene e Neda. Dá acobillo a distintas zonas de grande riqueza paisaxística e ecolóxica. É coñecido pola súa fervenza (fervenza do río Belelle), e tamén pola súa idoneidade para a pesca da troita.

Río Belelle
Cascada Belelle
PaísGalicia Galicia
NacementoGoente, As Pontes
Lonxitude31,4 km[1]
DesembocaduraRía de Ferrol
Río Belelle ó seu paso por Neda
O Río Belelle ó seu paso por Neda.

Imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do río Belelle.
Ponte peonil sobre o río Belelle

Ponte peonil sobre o río en Santa María de Neda

O Belelle no Roxal

O río Belelle ó seu paso polo Roxal, Anca, Neda

Muíño Belelle

Muíño no río Belelle ó seu paso polo Roxal en Neda en fase de recuperación.

Fervenza Belelle

Fervenza no río Belelle

Fervenza do Belelle

Fervenza no río Belelle

Fervenza no río Bellelle, Fene, Galiza

Fervenza no río Belelle, Fene.

Notas

  1. "Club de Montaña de Ferrol". Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2012. Consultado o 27 de febreiro de 2013.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Albarón, Santa María de Neda, Neda

Albarón é un lugar da parroquia de Santa María de Neda no concello de Neda na provincia da Coruña. Tiña 56 habitantes no ano 2015 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 28 homes e 28 mulleres. Neste lugar celébrase a Festa do Pan de Neda, no antigo campo da feira. Unha das características principais detse pan é a súa elaboración con fariñas do país e a auga do río Belelle.[Cómpre referencia]

Anca, Neda

San Pedro de Anca é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Neda. Segundo o IGE en 2013 tiña 604 habitantes (298 mulleres e 306 homes) distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 621 habitantes.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Cabalar, A Capela

Santa María de Cabalar é unha parroquia que se localiza no oeste do concello da Capela. Segundo o padrón municipal de 2012 tiña 300 habitantes distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 355 habitantes.

Castro de Viladonelle

O Castro de Viladonelle é un castro de cumio fortificado situado en Neda.

Situado nun cumio ao pé do río Belelle, con impresionantes vistas sobre a fervenza do Belelle. Ten forma ovalada, cunhas medidas de 90 por 60 metros, cunha soa liña defensiva e foxo ao leste. Ata os anos noventa do pasado século aproveitouse como canteira deteriorando as defensas e croa. Plantado de eucaliptos.

Fene

Fene é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrolterra. Segundo o IGE en 2014 tiña 13.498 habitantes (14.165 no 2009, 14.346 no 2006, 14.355 no 2005, 14.485 no 2004, 14.530 en 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) «fenés, fenesa».

Está situado á beira da ría de Ferrol. Ten unha superficie de 26,3 km² e conta con 8 parroquias.

Fervenza

Unha fervenza, tamén denominada abanqueiro, cadoiro, freixa, ruxida, ruxidoira, salto, salto de auga ou seimeira é unha caída de auga desde certa altura provocada por un desnivel na canle dun río.

Unha fervenza componse da censa, que é o salto de auga propiamente dito; a fervenza como tal, onde se forma a escuma; e a mergulleira, onde a auga da fervenza se mergulla.

Unha gran fervenza recibe o nome de catarata mentres que unha pequena denomínase cachoada, ou tamén cachoeira, cachón, callón ou pincheira.

Fervenza do Belelle

A fervenza do Belelle é unha das grandes fervenzas de Galiza, no curso do río Belelle. Áchase moi achegada ás Fragas do Eume, no concello coruñés de Neda, preto da parroquia do Roxal.

Galería de imaxes de Anca, Neda

San Pedro de Anca é unha parroquia que se localiza no concello de Neda.

Galería de imaxes de Cabalar, A Capela

Galería de imaxes de Cabalar, A Capela.

Galería de imaxes de Neda

Galería de imaxes do concello de Neda na provincia da Coruña.

Galería de imaxes de ríos de Galicia

Ríos de Galicia

Galería de imaxes do río Belelle

O río Belelle transcorre polos concellos da Capela, Cabanas, Fene e Neda.

Neda

Lugares de importancia comunitaria en Galicia

En Galicia existen 21 novas propostas de lugares de importancia comunitaria (LIC) e 28 de ampliación de zonas especiais de conservación (ZEC) desde 2011. Esta proposta da Xunta de Galicia, e por solicitude da Comisión Europea, suporía aumentar a Rede Natura 2000 galega en 154.174 ha. e acadar, se se aprobase, un total de 528.609 ha. protexidas polos ZEC e ZEPAs.

Neda

Neda é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol, situado na ría de Ferrol. Segundo o IGE en 2014 tiña 5.327 habitantes (5.528 no 2009, 5.675 no 2006, 5.771 no 2005, 5.804 no 2004, 5.913 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «nedense».

O Roxal, Anca, Neda

O Roxal é un lugar da parroquia de Anca no concello de Neda na provincia da Coruña. Tiña 109 habitantes no ano 2015 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 58 homes e 51 mulleres.

Pan de Neda

O pan de Neda é un tipo de pan fabricado en Neda (provincia da Coruña) sen denominación de orixe aínda que recoñecido pola Xunta de Galicia pola súa calidade e importancia social e económica. O pan de Neda é coñecido dende a Idade Media aínda que foi variando de composición co tempo. Cada ano o primeiro domingo de setembro dende 1989 celébrase a festa do Pan de Neda por iniciativa da asociación de veciños de Ancos. Actualmente a festa é organizada polo Concello de Neda e os panadeiros.

Provincia da Coruña

A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e ocupa a punta noroeste do país e da península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. A capital leva o mesmo nome, A Coruña.

Segundo Vilaboy Martínez

Segundo Vilaboy Martínez, nado en Ferrol o 28 de novembro de 1918 e falecido na mesma cidade o 19 de decembro de 1947, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Viladonelle, Neda

Santo André de Viladonelle é unha parroquia que se localiza no sueste do concello de Neda na comarca de Ferrol. Segundo o IGE en 2013 tiña 106 habitantes (50 homes e 56 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 113 habitantes.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Espazos protexidos de Galicia
Parque Nacional:
Parque Natural:
Monumento Natural:
Rede Natura 2000:
Zona húmida protexida:
Reserva da Biosfera:
Outros:

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.