Río Azúmara

O Azúmara é un pequeno río galego, da provincia de Lugo, afluente do Miño pola súa marxe esquerda.

Río Azúmara
Rio Azumara en Azumara
PaísGalicia Galicia
NacementoMontecubeiro
Lonxitude25 km
ConcaRío Miño
Caudal medio0,4 m³/s
DesembocaduraRío Miño

Fontes

O Azúmara nace na freguesía de Montecubeiro, a preto de 1000 m de altura, nas estribacións dos montes Pradairo (1029 m) e Pena Grande (935 m), na serra do Mirador, no concello lucense de Castroverde.

Percorrido

Dende o seu nacemento no concello de Castroverde intérnase logo no de Pol para, finalmente, atravesar o de Castro de Rei. Logo de 25 km de percorrido, verte as súas augas no Miño, na parroquia de Coea. O seu caudal medio absoluto é de 0,4 m³/s. A súa conca abrangue uns 200 km².

Afluentes

Destacan pola dereita o río de Pol e o Torneiros.

Réxime hídrico

O Azúmara é un río de réxime pluvial, de tipo oceánico, consonte unha precipitación media na súa conca de 1.122 mm anuais.

Galería de imaxes

Río Azúmara ó seu paso por Castro de Rei
Río Azúmara ó seu paso por Castro de Rei 
A Azúmara, Castro de Rei

San Xoán da Azúmara é unha parroquia que se localiza no concello de Castro de Rei na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2014 tiña 60 habitantes (29 mulleres e 31 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 97 habitantes.

Azúmara

O topónimo galego A Azúmara pode referirse a:

A Azúmara, parroquia do concello de Castro de Rei;

A Azúmara, lugar de dita parroquia;

río Azúmara, afluente do río Miño.

Castro de Rei

Castro de Rei é un concello da provincia de Lugo, pertence á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2016 tiña 5057 habitantes, e o seu xentilicio é «castrexo».

Galería de imaxes de Castro de Rei

Galería de imaxes do concello de Castro de Rei na provincia de Lugo.

Hidrografía de Galicia

A densa rede hidrográfica de Galicia permite que esta sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, a teor da cantidade de cursos fluviais cos que conta. En xeral, e debido ó seu escaso caudal, os ríos galegos non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura ou nos moitos encoros e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran festas semi-acuáticas como as chamadas "zaleas").

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Existen moitos encoros para a produción de enerxía eléctrica. Son características da costa de Galicia as rías, que son indentacións formadas na costa ao seren anegados polo mar os vales fluviais costeiros por descenso do nivel terrestre. As rías están tradicionalmente divididas en Rías Altas e Rías Baixas, segundo a súa posición respecto a Fisterra como punto máis occidental de Galicia.

Mosteiro, Pol

San Salvador de Mosteiro é unha parroquia do concello de Pol pertencente á comarca de Meira, na provincia de Lugo. Segundo o INE en 2016 tiña 206 habitantes (102 homes e 104 mulleres), vinte e catro máis que no ano 2000.

O Couto de A, Ramil, Castro de Rei

O Couto de A é un lugar da parroquia de Ramil, no concello lugués de Castro de Rei, na comarca da Terra Chá. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2016 tiña 25 habitantes (17 homes e 8 mulleres).

Pol

Pol é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Meira. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.738 habitantes (En 2009 tiña 1.865, 1.913 en 2007).

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Ríos de Galicia

Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Porén, os altos desniveis provocan a existencia de numerosas fervenzas.

Amais da pesca fluvial, existe aproveitamento industrial dos ríos mediante os muíños e os encoros para a produción de enerxía eléctrica e o abastecemento de auga.

Silva, Pol

Santiago de Silva é unha parroquia do concello de Pol na provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2014 tiña 152 habitantes (73 homes e 79 mulleres).

Teñen especial vinculación con Silva os lugares de Cuenza, O Bento (desaparecido no século XX), A Rigueira, Gargallán, e A Carreira Blanca (Sitieles), que administrativamente pertencen a Castro de Rei (son os chamados Medianeiros). Medianeiros que tamén se poden incluír en Santa Mariña de Ramil-Castro de Rei.

Houbo muíño en Gargallán no lugar de Muíño Albeiro -no río Azúmara- e outros mais antigos dos cales non quedan restos (A Rigueira -no Rego de Doncide-, A casa do Muíño de Gargallán -no río Azúmara-)

No occidente da parroquia de Silva, o monte de Andraíde convoca na parte mais alta (592 metros) os termos municipais de Pol e Castro de Rei, arriba da paraxe das Louseiras.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.