Río Avia

O río Avia é un afluente do río Miño pola súa banda dereita.

Río Avia
Ribadavia 060115 60
PaísGalicia Galicia
NacementoSerra de Suído
Lonxitude36,7 km
DesembocaduraRío Miño
Ribadavia 060115 19
O río Avia o seu paso por Ribadavia

Descrición

Nace na serra do Suído a 880 msnm, no lugar de Fonte Avia, pertencente á parroquia de Nieva, no concello de Avión.

Segue unha dirección suroeste-nordeste até chegar ao encoro de Albarellos, entre os concellos de Leiro, Boborás e Avión. Despois do encoro segue até Boborás, vira cara o sueste, desde Leiro, fai fronteira entre Cenlle e Leiro até Ribadavia, lugar onde desemboca tras percorrer un total de 36,7 Km.

En Albarellos, Boborás, atópase o encoro de Albarellos, concedido en explotación a Gas Natural Fenosa. Ten unha capacidade total de 90,73 Hm³. É empregado para a produción de electricidade.[1]

Toponimia

Avia (e o seu diminutivo río Avión) procede da raíz indoeuropea celta av- ou au-, fonte, corrente de auga. Comparte orixe co río Ave (chamado Avo na época da Gallaecia, hoxe Ave, ao norte do Porto) e con outro ríos franceses, españois e italianos[2].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do río Avia.
Ribadavia ponte de San Francisco

Ribadavia. Rio Avia debaixo da ponte de San Francisco

Ribadavia.Paseo fluvial nocturno

Paseo fluvial nocturno do Avia en Ribadavia.

Rio Avia en Leiro

O Avia na ponte das Poldras en Leiro

Rio Avia CHN estación 127 (6 12 2006)

Seguimento dos niveis do río Avia

Notas

  1. "Confederación Hidrográfica do Miño-Sil". Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2010. Consultado o 12 de marzo de 2010.
  2. Notas acerca de Hidronimia Gallega Abelardo Moralejo Laso, Universidade de Santiago de Compostela

Véxase tamén

Outros artigos

A Carixa, Castrelo de Miño, Castrelo de Miño

A Carixa é un lugar da parroquia de Castrelo de Miño no concello ourensán de Castrelo de Miño na comarca do Ribeiro. Tiña 13 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 6 eran homes e 7 mulleres. Iso supón un mantemento da poboación respecto a 2010, cando tiña 13 habitantes (6 homes e 7 mulleres).

Para acceder a ela, hai que coller a estrada que vai dende Castrelo de Miño ó concello de Arnoia. É unha zona de aire puro, existindo moitos liques nas árbores preto da estrada. Na primavera e no verán é frecuente ver víboras na estrada. Dende o alto hai unha fermosa vista sobre un pequeno canón do río Miño, ata a xuntanza co río Avia.

Avión

Avión é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2016 era de 1910 habitantes (1962 en 2015, 2730 no 2006, 2780 no 2005, 2804 no 2004, 2881 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é avionés.

Esposende, Cenlle

Santa Mariña de Esposende é unha parroquia do concello de Cenlle na beira esquerda do río Avia. É anexo de San Lourenzo da Pena. Segundo o IGE en 2010 tiña 78 habitantes (42 mulleres e 36 homes), 41 menos ca en 1999. É limítrofe coa parroquia homónima de Esposende, do concello de Ribadavia.

Galería de imaxes de Ribadavia

Galería de imaxes do concello de Ribadavia na provincia de Ourense.

Galería de imaxes de ríos de Galicia

Ríos de Galicia

Galería de imaxes do río Avia

O río Avia é un afluente do río Miño. Nace na serra do Suído a 880 m., no lugar de Fonte Avia (pertencente á parroquia de Nieva, concello de Avión). Deseboca en Ribadavia, tras percorrer un total de 36,7 Km.

Leiro

Pazos de Arenteiro, Boborás

Ribadavia

Outras

Leiro

Leiro é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o Padrón municipal de habitantes no 2015 tiña unha poboación de 1.630 habitantes, o que representa unha diminución constante respecto ós anos 2004, cando tiña 1.940 habitantes, e 2003, con 1.967.

Lentille, A Pena, Cenlle

Lentille é un lugar da parroquia de San Lourenzo da Pena no concello ourensán de Cenlle.

Neste lugar no alto da costa que baixa ao val do Avia, está a casa Grande de Lentille que domina o lugar dende a súa privilexiada posición. Na estrada desde Lentille ata san Lorenzo hai un cruceiro cunha posición privilexiada, xa que desde alí pode verse todo o val do río Avia, con vilas como Ribadavia, Leiro ou Beade.

Liña Monforte de Lemos - Vigo

A liña ferroviaria Monforte de Lemos-Vigo é unha liña de ferrocarril de ancho ibérico, que une as cidades de Monforte de Lemos (Lugo) e Vigo, pasando por Ourense.

O Carballiño

O Carballiño é un concello da provincia de Ourense, capital da comarca do Carballiño, á que dá nome. Segundo o INE en 2018 tiña 13.939 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballiñés.

O Irixo

O Irixo é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o padrón municipal, en 2015 tiña 1.600 habitantes (2.092 en 2003).

Pazos de Arenteiro, Boborás

San Salvador de Pazos de Arenteiro é unha parroquia do concello ourensán de Boborás. Sitúase na confluencia dos dous ríos máis coñecidos da comarca, o Avia e o Arenteiro. Segundo o IGE en 2011 tiña 123 habitantes (52 homes e 71 mulleres).

Pena Corneira

Pena Corneira é un espazo natural de 998 hectáreas declarado monumento natural da comarca ourensá do Ribeiro, entre Avión, Carballeda de Avia e Leiro, e que se caracteriza por se asentar sobre un vasto macizo granítico senlleiro cun grande interese pola súa singularidade e importancia dos seus valores científicos, culturais e paisaxísticos. Carballeda de Avia o municipio que alberga unha maior superficie, seguido dos concellos de Leiro e Avión, todos na comarca do Ribeiro.No cumio do monte existe a a Pena Corneira, un penedo vertical de dez metros de altura.

Ribadavia

Ribadavia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2018 tiña 5.028 habitantes (5.540 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é ribadaviense.

Río Arenteiro

O río Arenteiro é un curso fluvial galego, afluente do río Avia. Nace a unha altura de 840 m na Pena de Francia. Tamén recibe as súas primeiras augas desde riba da aldea da Cabana (no concello de San Cristovo de Cea), un pouco máis abaixo da Pena Bico. Pouco despois para pola aldea de Arenteiriño.

Tras recibir pola banda esquerda o río Oseira baña a vila do Carballiño. Ao final, desemboca no Avia, na parroquia de Pazos de Arenteiro, Boborás, tras percorrer 33 km en dirección NL-SO.

San Clodio, Leiro

San Clodio é unha parroquia do concello de Leiro, na comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2011 tiña 98 habitantes (45 homes e 53 mulleres).

Está situado a medio camiño entre Ribadavia e O Carballiño, a carón do río Avia. O mosteiro de San Clodio actualmente acolle un hotel.

San Lourenzo, A Pena, Cenlle

San Lourenzo é un lugar da parroquia de San Lourenzo da Pena, no concello de Cenlle, situado na pendente que cae cara ao río Avia.

Conserva a súa igrexa de fábrica románica, moi reformada, polo que só quedan vestixos da antiga fábrica.

Seavia, Coristanco

San Mamede de Seavia é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2017 tiña 833 habitantes (423 mulleres e 410 homes) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.069 habitantes.

Serra do Suído

A serra do Suído é un sistema montañoso galego, que fai de fronteira entre as provincias de Pontevedra e Ourense. Nesta provincia sitúase nos concellos de Avión e Beariz, e nela nace o río Avia, na de Pontevedra espállase polos concellos da Lama, Fornelos de Montes e Covelo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.