Río Asma

O río Asma é un curso fluvial da provincia de Lugo, transcorre polo concello de Chantada e desemboca na marxe dereita do río Miño. Ten unha lonxitude de 25 km. O seu afluente principal é o Río Comezo[1]

Río Asma
Río Asma cheo o seu paso por Chantada 2
Río Asma cheo o seu paso por Chantada
PaísGalicia Galicia
NacementoA carón da Serra do Faro
Lonxitude25 km
Caudal mediom³/s
DesembocaduraRío Miño

Afluentes

  • Regatiño dos mirtos
  • Rego das Gándaras
  • Río Mareco
  • Rego de Bermún
  • Rego de Portafría
  • Río Comezo
  • Rego das Ximeiras
  • Río Pedroso
  • Regueiro das Buratas
  • Regueiro Darma
  • Rego Lavandeira
  • Rego Agrelas
  • Regato da Touza
  • Regato da Xesteira
  • Rego de Tarrío

Notas

  1. Silverio Cañada (1974). Gran Enciclopedia Galega. Heraclio Fournier, S.A. ISBN 84-7286-037-X.

Véxase tamén

Outros artigos

As Maus, Ordes, Rairiz de Veiga

As Maus é un lugar da parroquia de Ordes, no concello ourensán de Rairiz de Veiga. Segundo o IGE do 2008 tiña 5 habitantes deles 3 homes e 2 eran mulleres, o que supón que non variou a poboación desde 2007.

A orixe do topónimo As Maus habería que procurala nun xentilicio medieval derivado do río Asma, Asmanos. A reinterpretación como un artigo mais un substantivo, As Maus, testemúñase xa dende o século XIII.

As Maus, Os Baños, Bande

As Maus é un lugar da parroquia dos Baños no concello ourensán de Bande na comarca da Limia. Tiña 19 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 11 eran homes e 8 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 21 habitantes (12 homes e 9 mulleres).

A orixe do topónimo As Maus habería que procurala nun xentilicio medieval derivado do río Asma, Asmanos. A reinterpretación como un artigo mais un substantivo, As Maus, testemúñase xa dende o século XIII.

As Maus, Tosende, Baltar

As Maus é un lugar da parroquia de Tosende no concello de Baltar. Tiña 35 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 16 eran homes e 19 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010 cando tiña 36 habitantes (18 homes e 18 mulleres).

Segundo o INE no ano 2007 tiña 38 habitantes (19 homes e 19 mulleres), o que supón unha diminución de 9 habitantes en relación ao ano 2000.

Xunto cos lugares de Rubiás e Santiago da parroquia de Rubiás dos Mixtos (concello de Calvos de Randín) conformaba ata 1864 o Couto Mixto.

As Maus coñecíase como Meaus na época do Couto Mixto e así aparece en moita bibliografía sobre o tema.

A orixe do topónimo As Maus habería que procurala nun xentilicio medieval derivado do río Asma, Asmanos. A reinterpretación como un artigo mais un substantivo, As Maus, testemúñase xa dende o século XIII.

As Maus, Vilar de Barrio

San Pedro das Maus é unha parroquia do concello ourensán de Vilar de Barrio. Segundo o INE, no 2008 tiña 267 habitantes (130 homes e 137 mulleres), 73 menos ca no ano 2000.

As Maus de Salas, Muíños

Santa Baia das Maus de Salas é unha parroquia do concello de Muíños, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 68 habitantes, dos cales 32 eran homes e 36 mulleres.

Asma

Asma pode referirse a:

A asma, enfermidade inflamatoria do aparato respiratorio que provoca dificultade na respiración.

Carballedo

Carballedo é un concello da provincia de Lugo, pertencente a comarca de Chantada. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballedés.

Chantada

Chantada é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Chantada e á Ribeira Sacra. Segundo o IGE no ano 2017 tiña 8.371 habitantes (8.897 no 2011,8.951 no 2010,9.249 no 2006, 9.366 no 2005, 9.463 no 2004, 9.650 no 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) «chantadino» ou «chantadés».

Hidrografía de Galicia

A densa rede hidrográfica de Galicia permite que esta sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, a teor da cantidade de cursos fluviais cos que conta. En xeral, e debido ó seu escaso caudal, os ríos galegos non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura ou nos moitos encoros e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran festas semi-acuáticas como as chamadas "zaleas").

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Existen moitos encoros para a produción de enerxía eléctrica. Son características da costa de Galicia as rías, que son indentacións formadas na costa ao seren anegados polo mar os vales fluviais costeiros por descenso do nivel terrestre. As rías están tradicionalmente divididas en Rías Altas e Rías Baixas, segundo a súa posición respecto a Fisterra como punto máis occidental de Galicia.

Independentes Terras do Asma

Independentes Terras do Asma (INTA) é un partido político fundado en Chantada no 2011 por Manuel Lorenzo Varela Rodríguez. O seu nome procede do río Asma.

Maus

O topónimo galego As Maus ten a súa orixe nun xentilicio medieval derivado do río Asma, Asmanos. A reinterpretación como un artigo mais un substantivo, As Maus, testemúñase xa dende o século XIII. Pode referirse a:

As Maus, parroquia do concello de Vilar de Barrio;

As Maus, lugar de dita parroquia;

As Maus de Salas, parroquia do concello de Muíños;

As Maus, lugar de dita parroquia;

As Maus, lugar da parroquia de Tosende no concello de Baltar;

As Maus, lugar da parroquia dos Baños no concello de Bande;

As Maus, lugar da parroquia de Ordes no concello de Rairiz de Veiga.

Pena Veidosa

Pena Veidosa é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe cumes como o da pena Veidosa e bosques de montaña arredor do nacemento do río Arenteiro. Esta área de conservación ocupa 2.321 ha. dos concellos lucenses e ourensás de Carballedo e San Cristovo de Cea.

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Ríos de Galicia

Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Porén, os altos desniveis provocan a existencia de numerosas fervenzas.

Amais da pesca fluvial, existe aproveitamento industrial dos ríos mediante os muíños e os encoros para a produción de enerxía eléctrica e o abastecemento de auga.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.