Río Arnoia

O río Arnoia é un afluente do Miño pola banda esquerda. A súa lonxitude é de 84,5 quilómetros, o que o converte no río máis longo da provincia de Ourense. Un seu homónimo é o portugués río Arnoia, de feito o nome de Arnoia é un hidronímico común en Europa, en linguas prerromanas.

Río Arnoia
Allariz rio Arnoia 02
PaísGalicia Galicia
NacementoSerra de San Mamede
Lonxitude84,5 km
DesembocaduraRío Miño
Allariz ecoespazo O Rexo 09
Pontella sobre o río Arnoia (Requeixo de Valverde, Allariz)

Toponimia

Coa mesma raíz ca o río Arnego, procede dunha raíz hidronímica celto-indoeuropea er-, or- co significado de excitar, pór en movemento[1].

Curso

Fontes

Nace no concello de Vilar de Barrio, a partir da confluencia de varios regos da serra de San Mamede.

Percorrido

Baña os concellos de Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Allariz, A Merca e Celanova. Logo segue marcando o límite entre os concellos de Ramirás e Gomesende (no norte) e Cartelle e Cortegada (no sur) a través dun canón que antes de chegar ó concello da Arnoia forma un canón cunha pendente de 300 metros durante sete quilómetros, entre penedías e fragas. Finalmente, chega ao concello da Arnoia onde desemboca no Río Miño no lugar de Portocarreiro fronte a un pequeno illote granítico. No concello da Arnoia o río conforma dous vales unidos, o val de San Vicente (O Rial, O Outeiro, Remuiño, O Pomar, A Ponte, Carnós) e o val de San Amaro (Os Chaos, A Laxa, Quinteiros, A Paixón, Bacelo e Outeiro Cruz).

Afluentes

Os principais tributarios do Arnoia son o Maceda, o Ambía e o Ourille e outros pequenos regatos ao longo do camiño.

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal na Galería de imaxes do río Arnoia
AceaAllariz

Acea en Allariz

Allariz rio Arnoia 03

Río Arnoia ó seu paso por Allariz

Allariz rio Arnoia 02
Arnoia river in Allariz, Ourense, Galicia

Río Arnoia ó seu paso por Allariz

  1. Notas acerca de Hidronimia Gallega Abelardo Moralejo Laso, Universidade de Santiago de Compostela
A Arnoia

A Arnoia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2016 tiña 1002 habitantes (1040 en 2014). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «arnoiao».

A Bola

A Bola é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o IGE en 2015 tiña 1339 habitantes (1549 en 2004 e 1540 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) bolés.

A Merca

A Merca é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2015 era de 2.021 persoas (2.373 en 2003).

Allariz

Allariz é un concello da provincia de Ourense pertencente á bisbarra de Allariz - Maceda. Segundo o IGE en 2018 tiña 6.110 habitantes (6049 en 2015, 5506 no 2007, 5433 no 2006, 5351 no 2005, 5313 no 2004, 5216 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é allaricense ou allarizao.

Arnoia

O topónimo galego Arnoia pode referirse a:

río Arnoia, afluente do Miño;

A Arnoia, concello da provincia de Ourense;

A Arnoia, parroquia de dito concello;

Arnoia Seca, lugar da parroquia do Val no concello de Gomesende;

Cartelle

Cartelle é un concello da provincia de Ourense, pertencente á Comarca da Terra de Celanova. Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 2.944 habitantes (3.641 en 2003).

Castro de Castromao, Celanova

O castro de Castromao é un castro situado no actual concello de Celanova, no sueste da provincia de Ourense. Suponse que foi habitado polo pobo dos coelernos. En 2018 foi declarado Ben de Interese Cultural.

Freixo, Celanova

Santa Cristina de Freixo é unha parroquia do concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova. No ano 2007 tiña 139 habitantes (60 homes e 79 mulleres), seis menos ca en 2000. Ten cinco entidades de poboación.

Na parroquia está a ponte do Freixo, sobre o río Arnoia, construción romana declarada Monumento Histórico-Artístico.

Galería de imaxes de Allariz

Galería de imaxes do concello de Allariz na provincia de Ourense.

Galería de imaxes de ríos de Galicia

Ríos de Galicia

Galería de imaxes do río Arnoia

Galería de imaxes do río Arnoia.

O río Arnoia nace no concello de Vilar de Barrio e desemboca no Miño no concello da Arnoia.

Gomesende

Gomesende é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o padrón municipal, en 2015 tiña 829 habitantes (1105 en 2003).

Lugares de importancia comunitaria en Galicia

En Galicia existen 21 novas propostas de lugares de importancia comunitaria (LIC) e 28 de ampliación de zonas especiais de conservación (ZEC) desde 2011. Esta proposta da Xunta de Galicia, e por solicitude da Comisión Europea, suporía aumentar a Rede Natura 2000 galega en 154.174 ha. e acadar, se se aprobase, un total de 528.609 ha. protexidas polos ZEC e ZEPAs.

Ramirás

Ramirás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o Padrón municipal de habitantes no 2014 tiña unha poboación de 1.643 persoas (2.053 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é ramirao ou ramiranense.

Requeixo de Valverde, Allariz

Requeixo de Valverde é unha parroquia situada no leste do concello de Allariz. Limita coas parroquias allaricenses de Meire e Allariz (Santo Estevo), e co concello de Xunqueira de Ambía.

Reserva da biosfera Área de Allariz

A Área de Allariz e unha reserva da biosfera declarada o 25 de xuño do ano 2005 e que abrangue os concellos de Allariz (bisbarra de Allariz-Maceda), A Bola (Terra de Celanova), Vilar de Santos e Rairiz de Veiga (A Limia), todos eles pertencentes na provincia de Ourense. A reserva ten unha superficie de 21.482 hectáreas e nela vive unha poboación de menos de 10.000 persoas.

Ríos de Galicia

Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Porén, os altos desniveis provocan a existencia de numerosas fervenzas.

Amais da pesca fluvial, existe aproveitamento industrial dos ríos mediante os muíños e os encoros para a produción de enerxía eléctrica e o abastecemento de auga.

Verea

Verea é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.059 habitantes (1.387 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vereense».

Vilar de Barrio

Vilar de Barrio é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1500 habitantes (1963 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «barriés».

Espazos protexidos de Galicia
Parque Nacional:
Parque Natural:
Monumento Natural:
Rede Natura 2000:
Zona húmida protexida:
Reserva da Biosfera:
Outros:

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.