Río Arnego

O río Arnego é un río da provincia de Pontevedra.

O río Arnego ten o seu nacemento a 800 metros de altitude, na Pena de Francia (Serra do Faro) ao unírense varios regatos. Logo de recibir os cursos de auga do Alemparte, Pedroso, Gurgueiro, Parada, Cadrón, Vilariño, e Brantega, desemboca no río Ulla en Brocos, á entrada do encoro de Portodemouros.

Río Arnego
Sobreiral do Arnego 1V2016 09
Pasarela da Senra, no LIC Sobreirais do río Arnego.
PaísGalicia Galicia
NacementoPena de Francia
LonxitudeKm
DesembocaduraRío Ulla
Ponte Pedroso, sobre o río Arnego
Ponte Pedroso sobre o río Arnego.

Toponimia

Coa mesma raíz ca o río Arnoia, procede dunha raíz hidronímica celto-indoeuropea er-, or- co significado de excitar, pór en movemento[1].

Galería de imaxes

Sobreiral do Arnego 1V2016 01

Vista dende a ponte da Senra, no LIC Sobreirais do Arnego.

Sobreiral do Arnego 1V2016 02

Vista dende a pasarela da Senra, no LIC Sobreirais do Arnego.

Sobreiral do Arnego 1V2016 03

Pasarela da Senra, no LIC Sobreirais do Arnego.

Sobreiral do Arnego 1V2016 05

Pequeno canón no LIC Sobreirais do Arnego.

Sobreiral do Arnego 1V2016 06

Pequeno canón no LIC Sobreirais do Arnego.

Sobreiral do Arnego 1V2016 07

Pequeno canón no LIC Sobreirais do Arnego.

Sobreiral do Arnego 1V2016 08

Pasarela da Senra, no LIC Sobreirais do Arnego.

Vila de Cruces. Río Arnego

Vista dende a pasarela da Senra, no LIC Sobreirais do Arnego.

Río Arnego. Vila de Cruces b

Vista dende a pasarela da Senra, no LIC Sobreirais do Arnego.

Vila de Cruces. Río Arnego 3

Pasarela da Senra, no LIC Sobreirais do Arnego.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
  1. Notas acerca de Hidronimia Gallega Abelardo Moralejo Laso, Universidade de Santiago de Compostela
Agolada

Agolada é un concello da provincia de Pontevedra pertencente á comarca do Deza. Segundo o IGE en 2015 tiña 2 585 habitantes (3 875 en 2003).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é agoladés ou aqualatense.

Arnego

O topónimo galego Arnego poderían proceder da raíz preindoeuropea *arn, que viría indicando a situación da poboación nun val ou depresión, ao igual que outros como Arnoia, Arnela ou Arnois. Pode referirse a:

O río Arnego, afluente do río Ulla;

Arnego, parroquia do concello de Rodeiro;

Arnego, parroquia do concello de Vila de Cruces.

Arnego, Rodeiro

Santiago de Arnego é unha parroquia que se localiza no concello de Rodeiro. Segundo o IGE en 2011 tiña 156 habitantes (79 mulleres e 77 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 246 habitantes.

Arnego, Vila de Cruces

Santa María de Arnego é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2012 tiña 35 habitantes (18 mulleres e 17 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 50 habitantes.

Brántega, Agolada

San Lourenzo de Brántega é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Agolada. Segundo o IGE de 2013 tiña 127 habitantes (66 homes e 61 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 240 habitantes. Nesta parroquia tivo a súa sede a Banda de música de Brántega

Galería de imaxes de Vila de Cruces

Galería de imaxes do concello de Vila de Cruces na provincia de Pontevedra.

Parada, Lalín

Santa María de Parada é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2013 tiña 76 habitantes (38 mulleres e 38 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 105 habitantes.

Pedroso, Rodeiro

San Xiao de Pedroso é unha parroquia que se localiza no occidente do concello de Rodeiro. Segundo o INE en 2010 tiña 113 habitantes (60 mulleres e 53 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 146 habitantes.

Nesta parroquia naceu o aviador Gumersindo Areán Rodríguez

Rodeiro

Rodeiro é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. Segundo o IGE en 2015 tiña 2.700 habitantes.

Río Arnoia

O río Arnoia é un afluente do Miño pola banda esquerda. A súa lonxitude é de 84,5 quilómetros, o que o converte no río máis longo da provincia de Ourense. Un seu homónimo é o portugués río Arnoia, de feito o nome de Arnoia é un hidronímico común en Europa, en linguas prerromanas.

Río Ulla

O río Ulla é un curso fluvial galego pertencente á vertente atlántica.

Ríos de Galicia

Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Porén, os altos desniveis provocan a existencia de numerosas fervenzas.

Amais da pesca fluvial, existe aproveitamento industrial dos ríos mediante os muíños e os encoros para a produción de enerxía eléctrica e o abastecemento de auga.

San Tomé de Insua, Vila de Cruces

San Tomé de Insua é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Vila de Cruces na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2012 tiña 131 habitantes (71 mulleres e 60 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 220 habitantes.

Serra do Farelo

A serra do Farelo é unha serra galega que se localiza no límite dos concellos de Agolada e Antas de Ulla.

Sobreira

A sobreira (Quercus suber L.) é unha árbore da familia do carballo e a aciñeira (as fagáceas, antes cupulíferas, integrada por 450 especies e con case tódolos seus xéneros boreais), espontánea e cultivada no sur de Europa e norte de África e a partir da cal é o único medio de onde se pode extraer a cortiza. Recibe en galego diferentes nomes comúns, entre os máis difundidos están corticeiro e corticeira.

Sobreiral do Arnego

O Sobreiral do Arnego é unha área forestal no val do río Arnego formada principalmente por sobreiras (Quercus Suber), especie propia dun clima máis suave que logrou prosperar grazas ás condicións climatolóxicas que presenta este enclave. No curso do río Arnego e no val de Carmoega dáse un microclima específico con temperaturas mornas ao longo de todo o ano, que resulta ser un hábitat propicio para as sobreiras. É un espazo natural declarado Zona especial de conservación (ZEC) dentro da Rede Natura 2000.

Vilanova, Brántega, Agolada

Vilanova é un lugar da parroquia de Brántega, no concello pontevedrés de Agolada, na comarca do Deza. Segundo o INE en 2008 tiña 17 habitantes (seis homes e once mulleres), seis menos ca no ano 2000.

Polo lugar pasa o regueiro das Barxas, afluente do río Arnego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.